Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 46 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 11 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Entender as bases celulares da reprodución e do desenvolvemento humano e dos factores implicados nas súas alteracións
- Comprender que a diversidade celular xorde como consecuencia dunha especialización celular, a cal é o resultado dunha expresión diferencial e controlada dos seus xenes
- Saber aplicar a metodoloxía correcta á hora de observar e resolver problemas de desenvolvemento embrionario
- Interpretar imaxes do desenvolvemento embrionario e da organoxénese
I. Contidos Expositivos (17h)
BLOQUE TEMÁTICO I. Introducción ao desenvolvemento do ser humano (1h)
Tema 1. Introducción á Embrioloxía
Significado da Embrioloxía. A Embrioloxía ao longo da historia. Últimos avances na Embrioloxía
BLOQUE TEMÁTICO II. Bioloxía humana da reproducción (4h)
Tema 2. Gametoxénese
Ooxénese e maduración folicular. Control hormonal da ooxénese. Ciclo ovárico e ovulación. Corpo lúteo e corpo branco.
Espermatoxénese. Maduración das células xerminais masculinas. Espermioxénese. Control hormonal da espermatoxénese
Tema 3. Fecundación
Transporte e capacitación dos gametos. Fases da fecundación.
BOQUE TEMÁTICO III. Bioloxía celular e molecular do desenvolvemento (2h)
Tema 4. Mecanismos celulares do desenvolvemento
Potencialidade celular. Determinación e diferenciación celular. Control da determinación celular. Indución celular.
Tema 5. Mecanismos moleculares do desenvolvemento
Control xenético da determinación celular. Epixenética. Procesos moleculares do desenvolvemento. Regulación da expresión xénica: factores de transcrición. Procesos de sinalización celular: moléculas sinal e moléculas receptoras. Mecanismos de adhesión e migración celular.
BLOQUE TEMÁTICO IV. Bioloxía humana do desenvolvemento (10h)
Tema 6. Primeira semana do desenvolvemento: Segmentación e embrioxénese
Características do cigoto. Segmentación e formación da mórula. Formación da blástula. Implantación do blastocisto. Implantacións anormais. Propiedades do desenvolvemento dos embrións en segmentación.
Tema 7. Segunda semana do desenvolvemento: o embrión bilaminar
Disco embrionario bilaminar. Evolución da implantación durante a segunda semana. Formación da cavidade amniótica. Formación do saco vitelino. Modificacións do citotrofoblasto e sincitiotrofoblasto. Aparición do mesodermo extraembrionario.
Tema 8. Terceira semana do desenvolvemento: gastrulación
Gastrulación. Disco embrionario trilaminar. Formación da notocorda e neurulación. Derivados das tres follas xerminativas. Diferenciación dos somitos. Formación da alantoides. Sistema cardiovascular. Evolución das vellosidades placentarias.
Tema 9. Evolución da cuarta á octava semana de desenvolvemento: organoxénese
Organoxénese. Incurvamento do embrión. Evolución dos somitos. Evolución das vesículas encefálicas. Desenvolvemento das extremidades. Desenvolvemento dos arcos branquiais e bolsas farínxeas. Formación da cara. Desenvolvemento de sistemas.
Tema 10. Evolución da novena semana ata o nacemento: período fetal
Crecemento fetal. Fisioloxía fetal. Técnicas de valoración do desenvolvemento e diagnóstico prenatal.
Tema 11. Placenta e anexos fetais
Placenta e membranas fetais: estrutura, función e circulación placentaria. Cavidade amniótica. Saco vitelino. Alantoides. Cordón umbilical. Parto.
II: Contidos Interactivos
1. Seminarios (3h)
Seminario 1. Técnicas de reproducción asistida
Seminario 2. Investigación Biomédica con embrións.
Seminario 3. Teratoloxía. Embarazos de xemelgos
Prácticas de laboratorio (8h)
Práctica 1. Ooxénese
Estudo microscópico de células xerminais femeninas.
Práctica 2-3. Espermatoxénese
Estudo microscópico de células xerminais masculinas. Seminograma: concentración, vitalidade e movilidade dos espermatozoides.
Práctica 4. Desenvolvemento embrionario: A segmentación, blastulación e gastrulación. Estudo microscópico de preparacións de mórula, blástula e gastrula de rá. Interpretación de imáxenes.
Práctica 5. Diagnóstico da idade embrionaria e fetal (I). Estudio microscópico e macroscópico de preparacións de embrións/fetos. Estudio do patrón de osificación
Práctica 6. Diagnóstico da idade embrionaria e fetal (II)
Determinación da idade fetal: parámetros métricos e morfolóxicos. Observación de fetos con malformacións conxénitas
Práctica 7. Placenta e cordón umbilical
Estudo macroscópico e microscópico de cordón umbilical e placenta
Práctica 8. Casos clínicos
Anomalías do desenvolvemento relacionadas con casos clínicos
Bibliografía básica
Carlson BM. Embriología humana y biología del desarrollo. 7ª ed. Madrid: Elsevier; 2025.
Flores V. Embriología Humana: bases moleculares y celulares de la histogénesis, la morfogénesis y las alteraciones del desarrollo. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2015.
Sadler TW. Langman. Embriología médica. 15ª ed. Madrid: Lippincott, Williams & Wilkins Wolters Kluwer Health; 2023.
Moore KL, Persaud TVN, Torchia MG. Embriología clínica. 11ª ed. Madrid: Elsevier; 2020.
Moore KL, Persaud TVN, Torchia MG. Antes de Nacer: Fundamentos de embriología y anomalías congénitas. 9ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2017.
Torchia MG, Persaud TVN. Embriología Clínica Básica. Madrid: Elsevier; 2022.
Bibliografía complementaria
Alberts, B. Bray D, Lewis J, Raff M, Roberts K, Watson J. Biología molecular de la célula. 6ª ed. Barcelona: Omega; 2016.
Arteaga-Martínez M, García Peláez MI. Embriología Humana y Biología de Desarrollo. 2ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2017.
Paniagua R. Biología Celular y Molecular. 4ª ed. Madrid: Mc Graw-Hill; 2017.
Webster S, de Wreede R. Embriología, lo esencial de un vistazo. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2013.
XERÁIS
CG 5 - Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa competencia profesional, prestando especial importancia á aprendizaxe de maneira autónoma de novos coñecementos e técnicas e á motivación pola calidade.
CG 6 - Desenvolver a práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades de traballo en equipo.
CG 7 - Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
CG 9 - Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
CG 23 - Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
CG 31 - Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
CG 36 - Ser capaz de formular hipótese, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
CG 37 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora
ESPECÍFICAS
CEMI.12 - Desenvolvemento embrionario e organoxénese
CEMI.18 - Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
CEMI.20 - Recoñecer con métodos macroscópicos, microscópicos e técnicas de imaxe a morfoloxía e estrutura de tecido, órganos e sistemas
O alumnado terá a sua disposición a aula virtual da materia na plataforma Moodle. Nela poderá dispoñer de material didáctico e imaxes dixitalizadas de apoio. Ademais, na aula virtual establecerase un foro de titoría pública.
Para a avaliación dos contidos das clases expositivas e interactivas realizarase unha proba final que representará o 80% da nota final. A avaliación continua representará o 20% da nota final.
A proba de avaliación final consistirá en exame con preguntas tipo test de opción múltiple e resposta única e/ou cuestións breves.
Son requisitos para superar a materia obter un 50% na avaliación da docencia expositiva e un 50% na avaliación da docencia interactiva.
Aos estudantes que cursaron a materia en cursos anteriores conervaráselles a asistencia as clases prácticas e as calificacións obtidas nas probas ou actividades de avaliación continua no caso de existir rexistros.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
Estudo individual: 35h
Elaboración de memorias/traballos: 10h
Total horas de traballo persoal do estudiante: 45h
Recoméndase o uso de apuntamentos tomados en anos anteriores en clases e dos os textos de Embrioloxía. Realización de debuxos das estruturas e as súas relacións. Visualización dos vídeos recomendados. Os recursos bibliográficos poderán ser utilizados na súa versión en papel ou en modalidade dixital. Ademais, recoméndase o estudo periódico da materia impartida e o emprego das tirorias presenciáis/foro de tutorías da aula virtual para a resolución de dúbidas.
Ana Maria Muñoz Patiño
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812221
- Correo electrónico
- anamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
19.05.2026 10:30-13:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 4 |
19.05.2026 10:30-13:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 5 |
19.05.2026 10:30-13:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 6 |
19.05.2026 10:30-13:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 7 |
19.05.2026 10:30-13:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 8 |
26.06.2026 12:30-15:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 4 |
26.06.2026 12:30-15:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 5 |
26.06.2026 12:30-15:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 7 |
26.06.2026 12:30-15:00 | Grupo de exame | Medicina-Aula 8 |