Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 10 Clínicos EEES: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Estomatoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os contidos da materia abarcan os fundamentos da Cirurxía Oral e Maxilofacial.A Cirurxía Oral e Maxilofacial é unha especialidade médico cirúrxica que estuda as enfermidades da rexión facial e do pescozo.O obxectivo da materia é explicar os tratamentos básicos realizados nos pacientes con patoloxía maxilofacial, estudada previamente noutras materias.
1. Malformacións congénitas cervicofaciales. Beizo leporino e fisura palatina.2. Transtornos do desenvolvemento da rexión cervicofacial.3. Carcinoma oral de células escamosas. Historia natural. Manifestacións clínicas. Diagnóstico histolóxico. Diagnóstico de extensión. Tratamento.4. Patoloxía ósea dos maxilares.5. Patoloxía quística dos maxilares.6. Tumores odontogénicos e non odontogénicos dos maxilares.7. Infeccións odontogénicas.8. Patoloxía das glándulas salivares.9. Tumores das glándulas salivares.10. Tumores de partes brandas.11. Traumatismos cervicofaciales. Lesións de parte brandas.12. Traumatismos cervicofaciales. Fracturas de terzo medio facial. Fracturas de mandíbula.13.Dor facial e enfermidades neuromusculares.
Oral and Maxillofacial Pathology, Neville, Saunders, 2002Cirugía Bucal. Patología y Técnica, M Donado, Masson
Coñecementos
Con 28 Coñecer as características patolóxicas xerais das enfermidades e trastornos que afectan os sistemas orgánicos.
Con29 coñecer as manifestacións orais das enfermidades sistémicas.
Con30 Coñece-la farmacoloxía xeral e clínica na práctica odontolóxica.
Con34 Realizar tratamentos básicos da patoloxía buco-dentaria en pacientes de todas as idades. Os procedementos terapéuticos deberanse excepticar no concepto de invasión mínima e nun enfoque global e integrado do tratamento bucodental.
Con35 Diagnosticar, planificar e realizar, con carácter xeral, un tratamento multidisciplinar, secuencial e integrado de complexidade limitada en pacientes de todas as idades e condicións.
Con36 Tomar e interpretar radiografías e outros procedementos basados na imaxe, relevantes na práctica odontolóxica.
Con43 Aplicar técnicas de anestesia loco-rexional.
Habilidades o destrezas
H/D02. Comprender a importancia de tales principios para o beneficio do paciente, da sociedade e a profesión, con especial atención ao segredo profesional.
H/D09. Comprende-la importancia de manter e utiliza-los rexistros con información do paciente para a súa posterior análise, preservando a confidencialidade dos datos.
H/D13. Comprender e recoñecer as ciencias dos biomateriais esenciais para a práctica odontolóxica así como o manexo inmediato das posibles alerxias a eles.
H/D16. Comprende-los fundamentos de acción, indicacións e eficacia dos fármacos e outras intervencións terapéuticas, coñecendo as súas contraindicacións, interaccións, efectos sistémicos e interaccións sobre outros órganos, doazóndose na evidencia científica dispoñible.
H/D19. Coñecer do método científico e ter capacidade crítica para valorar os coñecementos establecidos e a información nova. Ser capaz de formular hipótese, recolectar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
H/D20. Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
H/D21. Saber realizar un exame bucal completo, incluíndo as oportunas probas radiográficas e de exploración complementarias, así como a obtención de adecuadas referencias clínicas.
Competencias
Comp07. Resolución de problemas.
Comp08. Toma de decisións.
Comp10. Traballo en equipo.
Comp12. Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar.
Comp16. Compromiso ético.
Comp17. Capacidade de aplica-los coñecementos na práctica.
Comp19. Capacidade de aprendizaxe autónomo
1.- TeoríaCada tema teórico exporase nun tempo que comprenderá entre os 45 e 50 minutos, e no dez minutos restantes resolveranse as dúbidas e incidirase nos conceptos que non queden ben aclarados. Procuraremos que a exposición se realice nun formato que permita entregalo en papel impreso ao finalizar a clase. (p.ex.: presentacións en “Power Point” ), e proxectásense os video que pola súa utilidade didáctica creamos que son un bo complemento para a exposición.2.- SeminariosSe exporán casos clínicos simples e frecuentes co propósito de xerar discusión sobre o tema. 3.- Prácticas hospitalarias Explicarase a semiológia básica ensinando ao alumno para que sexa capaz de realizar as exploracións básicas da Cirurxía Oral e Maxilofacial.4.- TutoriasMediante as mesmas tratarase que o alumno consulte as súas dúbidas ao profesor e o titor pode aconsellar e dirixir o desenvolvemento dos seus estudos.
Presentación oral (100%).
Estudo individual: 10 horas. Busqueda de material e preparación da materia e seminarios: 15 horas
1) Asistencia ás clases teóricas participando nas mesmas.2) Estudo persoal da materia teórica que se vai explicando.3) Entrar no campus virtual da USC e utilizar os materiais da materia.4) Estudo persoal das patoloxías máis habituais durante a realización das prácticas hospitalarias.5) Asistir aos seminarios e sesións clínicas hospitalarias que se lle recomenden.6) Utilizar as horas de titorías.7) Procura persoal de bibliografía dos temas ou patoloxías que se estudan ou tratan tanto nas clases teóricas como nas prácticas hospitalarias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Abel Garcia Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812355
- Correo electrónico
- abel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Maria Suarez Quintanilla
- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Estomatoloxía
- Teléfono
- 881812358
- Correo electrónico
- josemaria.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
16.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
04.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |