Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Fomentar o hábito lector e o gusto pola Literatura Infantil e Xuvenil.
- Ser quen de estimular o desexo de ler como unha forma de lecer e pracer.
- Determinar as características que deben posuír as obras literarias e que deben estar presentes nas actividades de aula para que resulten axeitadas e atractivas á nenez de 0 a 6 anos.
- Dar a coñecer a produción literaria máis axeitada para o alumnado de Educación Infantil.
- Coñecer as posibilidades que ofrece a dramatización na aula de Educación Infantil.
- Desenvolver o sentido crítico do alumnado do Grao en Mestre de Educación Infantil diante das creacións dirixidas á infancia.
- Propor modelos de actividades que estimulen a práctica da expresión e comprensión do discurso literario na etapa infantil.
1. A literatura infantil e xuvenil: dilucidación teórica e criterios de selección.
2. O álbum ilustrado: características principais e tipoloxías.
3. A narrativa infantoxuvenil: devir histórico, tematoloxía e compoñentes fundamentais.
4. A poesía infantoxuvenil: da lírica tradicional ás composicións actuais.
5. O teatro infantil: características dun xénero literario periférico.
6. O teatro infantil: a dimensión escénica.
7. Teatro e dramatización na escola: clarificación terminolóxica e modalidades dramáticas.
8. A expresión dramática na Educación Infantil: dimensión curricular, actividades e recursos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
COLOMER, T. (1999). Introducción a la literatura infantil y juvenil. Síntesis.
GARCÍA PADRINO, J. (2018). Historia crítica de la literatura infantil en la España actual (1939-2015). Marcial Pons.
ROIG RECHOU, B.A.(coord.)(2015): Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Xerais.
TEJERINA LOBO, I. (2004): Dramatización y teatro infantil. Siglo XXI.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ÁLVAREZ CÁCCAMO, X.M./NÚÑEZ, M. (2002): O libro dos cen poemas. Antoloxía da poesía infantil galega. Espiral Maior.
AMORÓS, P. /PARICIO, P. (2000): Títeres y titiriteros. El lenguaje de los títeres. Mira Editores.
BALLESTER, A. (2015). Poemanía. Guía práctica para hacer lectores de poesía. Algar.
BLANCH, T. /MORAS, A. /GASOL, A. (2003): 100 juegos de teatro en la Educación Infantil. Ediciones Ceac.
BRYANT, S.C. (1989): El arte de contar cuentos. Hogar del libro. 12ª ed. 1993.
CAÑAS, J. (1992): Didáctica de la expresión dramática. Octaedro.
CERRILLO, P.C. /GARCÍA PADRINO, J. (coords.) (1997): Teatro infantil y dramatización escolar. Ediciones de la Universidad de Castilla la Mancha.
CERVERA, J. (1984): Cómo practicar la dramatización con niños de 4 a 14 años. Cincel-Kapelusz.
COLOMER, T. (1998). La formación del lector literario: narrativa infantil y juvenil actual. Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
DURÁN, T. (2002): Leer antes de leer. Anaya.
GARCÍA PADRINO, J. (2004): Formas y colores. La ilustración infantil en España. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
GARCÍA TEIJEIRO, A. (2009): A poesía necesaria: lectura e creación poética dentro da aula. Galaxia.
GARRALÓN, A. (2001): Historia portátil de la literatura infantil. Anaya.
LLUCH,G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles. UCLM.
LLUCH, G. [coord.] (2007). Invención de una tradición literaria. UCLM.
MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora. Aljibe.
MÍNGUEZ, X. (2015). "Una definición altamente problemática: la literatura infantil y sus ámbitos de estudio". Lenguaje y Textos, 41, 95-106.
PELEGRÍN, Ana (2005): La aventura de oír. Anaya.
RODARI, G. (1999): Gramática da fantasía: introducción á arte de contar historias. Kalandraka.
RODRÍGUEZ ALMODÓVAR, A. (1989). Los cuentos populares o la tentativa de un texto infinito. SPUM.
ROIG RECHOU, B.A., LUCAS DOMÍNGUEZ, P. e SOTO LÓPEZ, I.(coords.) (2007): Teatro infantil. Do texto á representación. Xerais.
ENLACES DE INTERESE
-Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX): http://www.galix.org/
-Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ): http://anilij.uvigo.es/
-Bibliotecas Escolares de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/
-Fundación Germán Sánchez-Ruipérez: https://fundaciongsr.org/
-Revista Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil (CLIJ): https://www.revistaclij.com/
-Revista ELOS: https://revistas.usc.gal/index.php/elos/index
-Assitej: http://www.cervantesvirtual.com/portales/assitej/
-Asociación de artes escénicas para la infancia y la juventud: https://teveo.es/
-INAEM: https://www.teatro.es/es/tematicos/teatro-en-el-aula
Xerais:
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos e das estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G.5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos/ás demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado.
Específicas
E.45. Coñecer a tradición oral e o folclore.
E.50. Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e escritura.
E.51. Adquirir formación literaria e, en especial , coñecer a literatura infantil.
Básicas
B.2. Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que as e os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (polo xeral , dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que as e os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
As sesións expositivas centraranse na clarificación dos contidos e conceptos básicos da materia, ilustrados con materiais seleccionados especificamente para a súa análise e comprensión. O traballo expositivo complementarase con actividades prácticas relacionadas cos contidos da exposición, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das competencias citadas anteriormente.
As sesións interactivas fundamentaranse no emprego de recursos de aprendizaxe que supoñan a participación activa do alumnado. Esta parte implica un importante traballo individual ou en grupo, para propiciar o desenvolvemento de competencias ligadas ao pensamento crítico, innovador e creativo, así como ao desenvolvemento de competencias transversais, tales como o coñecemento instrumental da lingua galega e o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
A titorización individual ou en pequeno grupo permitirá orientar o alumnado, de forma máis personalizada, na resolución de problemas e no esclarecemento da información solicitada. Posibilitará tamén o seguimento das diferentes actividades realizadas para alcanzar unha correcta execución dos traballos de curso e un eficaz aproveitamento das clases teórico-prácticas.
O uso da aula virtual será necesario para un axeitado aproveitamento dos contidos abordados ao longo do cuatrimestre, pois o alumnado terá acceso a través dela a materiais e recursos que sustentarán ou complementarán tanto as sesións expositivas como as interactivas. En consecuencia, é imprescindible que o alumnado empregue con normalidade a conta de correo da USC, para garantir así que a comunicación co profesorado sexa efectiva.
Igualmente, esta materia prevé unha saída de campo, previsiblemente a un Salón ou Feira do Libro ou a algunha biblioteca singular.
Ao longo do curso empregaranse diversos instrumentos de avaliación con distinto peso no cómputo global: a realización de traballos escritos con diferentes tipos de agrupamento (35%); a exposición oral dos mesmos (5%); a participación (10%) e unha proba final (50%) que se realizará na data establecida oficialmente polo centro. Para superar a materia será imprescindible un mínimo de 4 puntos sobre 10 tanto na proba final como nas tarefas realizadas ao longo do curso. Debido ao tipo de metodoloxía empregada, requírese a asistencia ás clases interactivas, como mínimo nun 80%.
Na segunda oportunidade mantense o mesmo sistema de avaliación. En consecuencia, tan só se poderá recuperar a cualificación derivada da proba final, correspondente ao 50% da avaliación, e manterase a cualificación obtida na primeira oportunidade, resultado do proceso gradual de ensinanza-aprendizaxe realizado ao longo do cuadrimestre.
O alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia terá un sistema de avaliación adaptado, no que se manterá a proba final (50%) e dúas tarefas para realizar durante o curso (50%). Deberá pórse en contacto coas docentes ao inicio do cuadrimestre para fixar as pautas de realización das tarefas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
a)Actividades en sesións expositivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 35 horas.
b)Actividades en sesións interactivas: presenciais, 24 horas; de traballo autónomo, 45 horas.
c)Actividades en pequeno grupo ou individuais: presenciais, 3 horas; de traballo autónomo, 19 horas
Total: actividades presenciais, 51 horas; actividades de traballo autónomo, 99 horas.
- Asistencia e participación.
- Revisión dos contidos teóricos conforme se van traballando nas aulas.
- Aproveitamento das titorías para solucionar todos os problemas de comprensión da materia que non quedasen suficientemente resoltos nas aulas.
- Elaboración dos traballos encomendados con tempo suficiente.
- Realización das actividades prácticas con rigor e a medida que se vai desenvolvendo a asignatura.
- Evitar a posposición da aprendizaxe.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
CORREO ELECTRÓNICO:
É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es. Tamén o é o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
PROTECCIÓN DE DATOS:
Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
Cómpre, ademais, ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso de carácter privado. Neste contexto debe entenderse ‘privado’ ó feito de que a comunicación e o intercambio debe quedar restrinxido á interacción entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO MÓBIL:
Non se poderá empregar o teléfono móbil na aula, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- É imprescindible respectar os prazos de entrega estipulados para as tarefas encomendadas ao longo do cuadrimestre.
- Para superar a materia será requisito indispensable dominar tanto na escrita coma na oralidade a lingua galega e/ou castelá.
Monserrat Pena Presas
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- montserrat.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Jose Caamaño Rojo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812009
- Correo electrónico
- mariajose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
21.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
04.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |