Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e analizar diferentes contextos (social, familiar, organizativos) e a súa incidencia na escola e nos procesos educativos.
- Comprender a complexidade da vida dos centros e as variables a estudar.
- Coñecer o proceso de construción das diferentes técnicas e instrumentos de observación, recollida de datos e interpretación dos mesmos.
- Elaborar informes de observación a partir dos datos da observación da escola e o contexto.
1.- A educación en diferentes contextos: social, escolar, familiar.
2.- A observación na escola e o seu contexto.
3.- A construción de instrumentos de observación.
4.- Análise de datos e interpretación dos resultados obtidos mediante a observación.
5.- Elaboración de informes a partir de datos observacionais.
Bibliografía básica
Anguera, M.T. (coord.) (2000). Observación en la escuela: aplicaciones. Universitat de Barcelona.
Iglesias Forneiro, L. (2008). Observación y evaluación del ambiente de aprendizaje en educación infantil: dimensiones y variables a considerar. Revista Iberoamericana de educación, 47, 49-70.
Paniagua, G. e Geis, A. (2006). Criterios de calidad en los centros de Educación Infantil. En A. Geis e J. Longas (Coord.), Dirigir la escuela 0-3, pp. 139-160. Editorial Graó.
Bibliografía complementaria
Álvarez-Gayou, J.L. (2005). Cómo hacer investigación cualitativa. Fundamentos y metodología. Paidós.
Anguera, M.T. (1992). Metodología de la observación en las ciencias humanas. Cátedra.
Cuadros, D. (2009). Investigación cualitativa en el contexto natural: la observación participante. UIC
Everston, C. M. y Green, J.L. (1989). La observación como indagación y método. En C. M. Wittrock (Ed.), La investigación de la enseñanza II: Métodos cualitativos y de observación (pp. 303-406). Paidós.
Guasch, O. (2001). Observación participante. CIS.
Mckernan, J. (1999). Investigación-acción y currículum. Morata.
Pérez Serrano, G. (2007). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes II. Técnicas y análisis de datos. La Muralla.
Santos Guerra, M.A. (1990). Hacer visible lo cotidiano. Teoría y práctica de la evaluación cualitativa en los centros escolares. Akal.
Vallejo, P. , Urosa, B. y Blanco Blanco, A. (2003). Construcción de escalas de actitudes tipo Likert. La Muralla.
Witrock, C. (1989). La investigación en la enseñanza. Métodos cualitativos y de observación. Paidós.
Woods, P. (1998). Investigar el arte de la enseñanza: el uso de la etnografía en la educación. Paidós.
Revistas
http://www.edu.xunta.gal/eduga/
http://aulainfantil.grao.com/revistas/aula-infantil
http://www.mecd.gob.es/revista-de-educacion/
Páxinas web
https://www.edu.xunta.gal/portal/
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html
https://procomun.educalab.es/es/
Xerais:
G4- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G9- Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento.
Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G12- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais.
Específicas:
E23- Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora na educación infantil.
E24- Dominar as técnicas de observación e rexistro.
E25- Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
E26- Saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
Básicas:
CB2- Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo de xeito profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ético.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquellas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía a seguir será de caracter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Con este propósito, combinaranse sesións expositivas dirixidas a adquisición dos coñecementos básicos da materia con sesións interactivas nas que se desenvolverán actividades de tipo práctico en pequeno grupo que permitan ao alumnado a adquisición de habilidades no manexo das distintas técnicas de observación na escola e o seu contexto.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC no acceso a documentación e información de interese para o alumnado, así como espazo de comunicación.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación da materia terá un carácter formativo e continuo e abarcará os seguintes aspectos:
- Actividades e traballos realizados grupalmente no marco das sesións interactivas (50%). Inclúe a participación na aula, as actividades prácticas entregadas e a presentación das mesmas. Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.
- Realización dunha proba individual escrita sobre o contido da materia (50%). Esta proba constará de dúas partes e, para superar a materia, será preciso que a suma das dúas partes sexa, cando menos, de 2,5 puntos. Non se fará media cando unha delas sexa inferior a 1.25 puntos.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter entregados e realizados en prazo os traballos así como superar cada unha das partes da materia.
Seguirase a instrucción num. 1/2017, da secretaria xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia ou dispensa deberá poñerse en contacto cos/as docentes a principio de curso, onde se lle explicará o proceso de seguimento da materia. Na avaliación deste alumnado terase en conta o dossier de actividades (50%), similar ás que realizarán o resto de alumnado, e a proba individual escrita sobre o contido da materia (50%). Igualmente que o resto de alumnado, para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación da segunda oportunidade gardará aquelas partes superadas na primeira, tendo unicamente que presentarse ás non superadas.
O seguinte cadro reflicte a distribución dos 6 ECTS da materia:
Horas presenciais: 51h.
Horas expositivas: 24h.
Horas interactivas: 24h.
Horas de titoría: 3h.
Horas de traballo autónomo do alumnado: 99 h.
TOTAL HORAS: 150h.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumnado vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo os obxectivos propostos e as competencias da materia.
Asistencia a clase:
É obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, estará suxeita ás normas dictadas na instrucción num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. No caso de ter formalizada e/ou concedida a solicitude, deberá informarse ao profesorado ao inicio da materia. Igualmente de calquera outra circunstancia relacionada coa asistencia ás clases.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nas actividades académicas propostas. Pódese obter información ao respecto no enlace:
https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Comunicación co profesorado:
O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Yesica Teijeiro Boo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 818813907
- Correo electrónico
- yesica.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Garcia Antelo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Milena Villar Varela
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- milena.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (M - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Cam) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Can - L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
08.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |