Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais:
.Coñecer o obxecto e finalidades da Psicoloxía do Desenvolvemento e a súa relación coa educación
.Coñecer a secuencia de logros evolutivos dende os 0 os 3 anos nos ámbitos físico e psicomotor, cognitivo lingüístico e socioemocional
.Apreciar as diferencias individuais con respecto ao desenvolvemento normativo dos nenos e nenas.
.Entender o papel dos contextos no desenvolvemento dos infantes e a súa relación coas aprendizaxes.
Procedimentais:
.Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre a Psicoloxía do Desenvolvemento ás propostas curriculares vixentes.
.Observar, analizar e interpretar conductas propias das principais dimensións do desenvolvemento
.Familiarizarse con procedementos estimuladores e de pautas optimizadoras do desenvolvemento
Actitudinais:
.Valorar a diversidade individual e cultural en relación ao desenvolvemento humano
.Adquirir hábitos de traballo favorecedores da participación, da análise crítica e da discusión de argumentos científicos que promovan a construcción autónoma do coñecemento.
.Xerar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e promover valores de respeto, tolerancia, compromiso e apertura tanto no período de formación inicial como na futura práctica profesional.
Bloque 1: Aproximación a disciplina e relación entre desenvolvemento e educación
Tema 1:Introducción coneptual e metodolóxica a psicoloxía do desenvolvemento. As relacións entre o desenvolvemento e a educación.
Bloque 2: O proceso evolutivo de 0 a 3 anos
Tema 2: O desenvolvemento prenatal, perinatal e postnatal.
Tema 3: O desenvolvemento físico e perceptivo motor
Tema 4: O desenvolvemento cognitivo
Tema 5:O desenvolvemento da linguaxe
Tema 6: O desenvolvemento socioafectivo e da identidade.
Bloque 3: Contextos de desenvolvemento e principios de atención temperá.
Tema 7: Principais contextos de desenvolvemento: a familia e a escola infantil.
Tema 8: A atención temperá.
BASICA :
Mariscal,S y Giménez-Dasí, M. (2017).Desarrollo temprano: Cognición, afectos y relaciones sociales (0-6) Paraninfo.
Martín Bravo, C.; Navarro Guzman, J.I. (2009). Psicología del desarrollo para docentes. Pirámide.
Muñoz García, A. (coord)(2010). Psicología del desarrollo en la etapa de Educación infantil. Pirámide.
Muñoz Tinoco, V. et al. (2011).Manual de psicología del desarrollo aplicado a la educación. Pirámide.
COMPLEMENTARIA:
Berger, K. S. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Editorial Médica Panamericana.
Burgos García Antonio et al. (2017).Optimización del desarrollo y prevención de riesgos en el aula de Educación Infantil. Pirámide.
Carriedo López, N. y Corral Iñigo, A. (2013). Aprendizaje, desarrollo y prácticas. UNED.
Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Siglo XXI
Descalas Tomás, A y Gil LLario, M.D. (2006). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Pirámide
García Madruga, J.A. (2002).Psicología Evolutiva vols I y II. Madrid. UNED.
Martí, E.(2022).Comportamientos que nos hacen humanos. Una mirada desde la Psicología evolutiva.Horsori.
Moraleda, M. (coord) (1992).Psicología en la escuela infantil. Eudema
Palacios, J., Marchesi, A. y Coll, C. (Comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Alianza.
Papalia, D. E.; Olds, S.W.y Feldman, R.D. (2009).Psicología del desarrollo de la infancia a la adolescencia. McGrawHill
Santrock, J.W (2007). Desarrollo Infantil. McGrawHill
Shaffer, D. R. y Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia.Thomson.
Vasta, R., Haith, M. M. y Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Ariel.
Competencias xerais
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.8.- Coñecer fundamentos da atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a función docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Competencias específicas
E.2. Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia no período 0-3.
E.3. Coñecer os fundamentos da atención temperá.
E.4. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
E.5. Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
Competencias básicas (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, MECES)
B.2. Que os estudantes saiban aplicar coñecementos o seu traballo ou vocación dunha maneira profesional y posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
A metodolóxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, potenciando o traballo autónomo do estudiante; os traballos requeridos serán entregados, ben nas clases presenciais, ben a través do campus virtual. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizajes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado nos servicios de reprografía e/ou na aula virtual.
As actividades que se realizarán nos seminarios irán dirixidas a profundizar en conceptos e procedementos concretos introducidos teóricamente con anterioridade nas clases expositivas. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados o alumnado nas correspondentes sesións de clase e na guía da materia.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos centraránse na resolución de problemas e dúbidas e no seguimento no proceso de elaboración de traballos.
A avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia; é necesario superar esta proba para ter en conta o resto de criterios de avaliación.
-20% da cualificación procederá da valoracións de informes escritos, presentacións orais e doutras actividades realizadas en grupos cooperativos. Será preciso ter entregadas en prazo un mínimo dun 80% das tarefas solicitadas.
-20% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula e as aportacións individuais de carácter obrigatorio. Será preciso ter entregadas en prazo un mínimo dun 80% das tarefas solicitadas.
-10% da cualificación corresponderá a achegas libres dos estudantes, traballos voluntarios titorizados, informes de lectura de libros, asistencia a actividades prácticas; terán carácter optativo e voluntario.
A non realización do exame ou do 80% das actividades demandadas suporá unha cualificación de Non Presentado; se tan só se supera, ben o exame, ben a parte correspondente a traballos grupais e achegas individuais, a cualificación será de Suspenso, co valor numérico mais próximo a 5 obtido nun ou outro apartado da avaliación. Os estudantes que non cumpran os requisitos de asistencia, aqueles coa materia pendente en convocatorias anteriores e os que presenten exención de docencia deberán realizar unha proba global que avaliará tanto os coñecementos teórico-conceptuais como práctico-aplicados,acadando unha porcentaxe do 100%. A convocatoria de segunda oportunidade seguirá os mesmos requisitos.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada
A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuidas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades grupais en seminarios, estudos de casos, guías e orientación de traballos e titorías, así como a realización dunha proba-examen de 2 horas.
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, búsqueda de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, búsqueda de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Dado o carácter básico da asignatura e a súa ubicación no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trasornos do desenvolvemento.
E importante que o alumado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; símesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma.
.ASISTENCIA A CLASE:O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES:
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
INDICACIONS DE RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Evitar tapas de plástico e outros envoltorios externos innecesarios, recoméndase o emprego de grampas, impresión a duas caras en calidade "aforro de tinta", sen folios en branco como separadores de apartados.
PERSPECTIVA DE XENERO:
Potenciarase o uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo de clase coma nas tarefas a realizar
EMPREGO DE FERRAMENTAS TECNOLOXICAS INSTITUCIONAIS:
Será obrigatorio o emprego da conta de correo rai. e as ferramentas tecnolóxicas institucionais.
PROTECCIÓN DE DATOS: Seguirase a normativa da USC ao respecto: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
NORMATIVA DE AVALIACION:
Dado que a avaliación da materia require de realización de exame, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
EMPREGO DO MOBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso del teléfono móbil na aula ó emprego como instrumento de traballo. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun uso inadecuado.
PRIVACIDADE DAS COMUNICACIÓNS DENTRO DO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Tendo en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (titorías e clases) é un proceso privado, enténdese como tal toda comunicación e intercambio entre o docente e o alumnado matriculado na materia.
Maria Teresa Sánchez Castaño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- mariateresa.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Co) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (M - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Cr - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
15.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
20.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |