Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Con esta materia preténdese traballar cun modelo de formación de profesorado fundamentado en actitudes crítico-reflexivas e en proxectos-proceso de aprendizaxe. Este deseño terá na súa base a vinculación coa Arte Contemporánea. Trátase de proporcionar ao alumnado os recursos necesarios para que no seu futuro labor docente enfoque o desenvolvemento da expresión plástica dende un punto de vista práctico-reflexivo.
Os elementos e técnicas da linguaxe visual e plástica que se traballaron na materia Educación Visual e Plástica: Contextos e Procesos concretaranse en proxectos artísticos que ofrezan unha visión interdisciplinaria da Educación Artística.
Podemos dividir os contidos en tres apartados que están interrelacionados e non se presentan necesariamente de forma illada.
-Bloque 1. MAE. Metodoloxías artísticas na educación. Preconceptos ao redor da educación artística, achegamento a diferentes premisas/ metodoloxías artísticas (pezas soltas, detonante, pedagoxías do camiñar, instalación…)
-Bloque 2. Educación e Arte contemporánea: arte pública, arte colaborativa, arte-natureza, activismo artístico, fotografía, vídeo dixital...). Traballo con artistas referentes. Deseño de proxectos: Principios de deseño, modos de actuación, estrutura e recursos. Metodoloxía de proxectos en Educación Artística: o modelo de proxectos-proceso entronca directamente co proceso de creación artística. Ao establecer unha analoxía entre arte e educación resáltase o papel da relación dialéctica teoría-práctica como unha posibilidade de perfeccionamento e de innovación en Educación Artística. Ademais recolle da creación artística a necesidade de vivir o propio proceso como experiencia integradora vital.
-Bloque 3. Actitudes crítico-reflexivas no rol da docente Arteducadora.
Básica:
Acaso López-Bosch, M. & Megías, C. (2017). Art Thinking. Cómo el arte puede transformar la educación. Paidós Educación.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Galaxia.
Blanco, V. & Cidrás, S. (2019). Educar a través da arte. Cara unha escola imaxinada. Kalandraka.
Eisner, E. (1995). Educar la visión artística. Paidós.
Complementaria:
Acaso López-Bosch, M. (2012). La educación artística no son manualidades. Catarata.
Acaso López-Bosch, M. (2012). Pedagogías invisibles. El espacio del aula como discurso. Catarata.
Acaso López-Bosch, M. (2011). Didáctica de las artes y la cultura visual. Akal.
Blanco, V. e Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Editorial Galaxia.
Berrocal, M. (coord.) (2005). Menús de educación visual y plástica: siete propuestas para desarrollar en el aula. Graó.
Cherry, C. (1999), Creative art for the developing child: a teacher's handbook for early childhood education, Fearon Teacher Aids.
Efland, A. D., Freedman, K. & Stuhr, P. (2003). La educación en el arte posmoderno.Paidós.
Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Paidós.
Fontal, O., Gómez, C. & Pérez, S. (2015). Didáctica de las artes visuales en la infancia. Paraninfo.
Gardner, H. (1993). Arte, mente y cerebro. Paidós.
Gardner, H. (1994). Educación artística y desarrollo humano. Paidós.
Dewey, J. (2008/1934). El arte como experiencia. Paidós.
Hargreaves, D.J. (1991). Infancia y educación artística. Morata.
Kent, C. e Steward, J. (2019). Observar, Conectar, Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. GG.
López, M. (2015). Para qué el arte. Reflexiones en torno al arte y su educación en tiempos de crisis. Editorial Fundamentos.
Marín, R. (2005). Investigación en educación artística: temas, métodos y técnicas de indagación sobre el aprendizaje. Universidad de Granada.
Mattews, J. (2002). El arte de la infancia y la adolescencia. Paidós.
Mesías Lema, J. M.(2019). Educación Artística Sensible. Cartografía contemporánea para arteducadores. Graó.
Vecchi, V. (2018). Arte y creatividad en Reggio Emilia. El papel de los talleres y sus posibilidades en Educación Infantil.
Vela, P. & Herrán, M. (2019). Piezas sueltas. El juego infinito de crear. Litera libros.
Outros:
Escola Imaxinada (escolaimaxinada.com)
INSEA. International Society for Education Through Art (insea.org)
Planea. Red de arte y escuela. (redplanea.org)
Arte, Individuo y Sociedad (https://revistas.ucm.es/index.php/aris)
Revista EARI: Educación Investigación artística: (https://ojs.uv.es/index.php/eari)
SEA. Sociedad para la educación artística (https://sociedadeducacionartistica.org)
Básicas e xerais:
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo nos estudantes.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética)
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Específicas:
E.53 - Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.56 - Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
E.57 - Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
E.58 - Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
A materia consta de 4,5 créditos ECTS, nos que a teoría e a práctica están totalmente relacionadas por entender a docencia como un proceso artístico; A diferenciación metodolóxica entre as denominados grupos interactivos e expositivos ven dada polo número de alumnas/os que forman os grupos.
-Partirase do coñecemento e bagaxe do alumno ou alumna e da aprendizaxe por descubrimento.
-Propostas baseada en proxectos-procesos de aprendizaxe artística que integran teoría e práctica.
-As actividades formativas están pensadas para expor, desenvolver e comentar diferentes metodoloxías e para crear situacións de aprendizaxe que incidan nos aspectos máis básicos e relevantes dos proxectos.
-Sempre que sexa posible, utilizarase a exposición e as presentacións de proxectos como detonante para que o alumnado se implique cun papel activo nas distintas facetas dos proxectos propostos.
-Utilizarase a aula virtual da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
A avaliación será continua, formativa e cualitativa a través do deseño e posta en práctica dos proxectos realizados (Bloques 1, 2 e 3). Ademais entregarase unha valoración reflexiva e crítica de cada un deles.
Terase en conta:
A. 10% Observación da participación na aula (presencial e virtual). Avaliarase positivamente a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades propostas tanto en clases expositivas, interactivas ou noutras plataformas virtuais.
B. 90% Proxectos (Bloques 1, 2 e 3). A nota final deste apartado extráese da media de tódolos proxectos realizados (30% cada un dos 3 bloques). A lo menos un dos proxectos realizados será individual.
Cada Proxecto conleva: produción artística, presentación na aula e entrega escrita dunha valoración crítico-reflexiva.
En cada proxecto valoraranse aspectos como o rigor na busca teórica, o grao de experimentación e busca de solucións diferentes, a calidade e coidado da resolución formal, o compromiso e a boa planificación, o cumprimento e a entrega en prazo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Convocatoria de xullo
O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos non superados, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores da entrega, será imprescindible contactar co/a docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
Dispensa e exención
-A dispensa de asistencia non se contempla para esta materia por ter grupos interactivos de laboratorio (CLIL)
-Cursar a materia baixo exención de docencia non é a modalidade de asistencia máis recomendable. As características metodológicas da materia fan que teoría e práctica estean completamente interrelacionadas. A diferenciación metodolóxica entre interactivas e expositivas ven dada so polo número de alumnas/os que forman os grupos. O alumnado con exención de docencia para clases expositivas deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros 5 días do semestre (ou desde que se produza a causa sobrevida) para concretar o plan de traballo. Como norma xeral deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposicións de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual. Compensará a ausencia ás clases expositivas realizando unha proba final relacionada co traballo proposto nas clases expositivas.
Todo o alumnado, independentemente da modalidade de asistencia, ten dereito a poder alcanzar a cualificación máxima (10)
Alumnado repetidor
Requisitos de asistencia: se ten superados os requisitos de asistencia poderá someterse ao réxime ordinario. En caso contrario deberá realizar unha proba final na que demostrar que ten adquiridos os coñecementos requeridos da materia. No caso do alumnado repetidor que non teña superados os requisitos mínimos de asistencia, terá que cursar a materia en réxime ordinario. En calquera caso, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 5 días do semestre para concretar o plan a seguir.
Asistencia a clase
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024:
-Incidencia da asistencia na avaliación: d) non terá ningunha valoración. A xustificación puntual das faltas terase en conta para non perder o dereito á evaluación continua, pero non conlevará unha puntuación. Controlarase a asistencia nas sesións interactivas e expositivas, podendo facerse a través de diferentes vías: listaxe de firmas, tarefas no campus virtual, recollida de actividades, chamamento…
-Entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia cando as faltas de asistencia non superen o 20% das horas programadas; destas, polo menos o 10% das faltas deberán estar correctamente xustificadas (ver Regulamento de asistencia). A acreditación da existencia de causa xustificada realizarase no prazo máximo de 5 días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia.
-Como norma xeral, cando as faltas totais de asistencia superen o 20% das horas programadas, o alumnado non poderá aprobar a materia na oportunidade ordinaria, perdendo a avaliación continua. Poderá facelo en sucesivas convocatorias realizando unha proba final na que demostrar que ten adquiridos os coñecementos requeridos na materia.
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade.
“Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras
do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva
dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes”.
Está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas, das que 36 corresponden ao traballo presencial na aula, 74,25 ao traballo autónomo e 2,25 a titorías.
Ademais das indicacións que se vaian facendo, estas son algunhas recomendacións para o bo aproveitamento da materia:
-Actitude aberta para aprender novos contidos e incorporalos á formación como futuro docente.
-Asistencia continuada e participación activa en clases e titorías.As características metodolóxicas desta materia fan que teoría e práctica podan estar completamente interrelacionadas tanto en clases interactivas como expositivas e a asistencia a ambas facilitará un mellor aproveitamento.
-Iniciativa na actividade autónoma (informes, traballos,...)
-Ter unha participación activa e crítica en relación cos contidos do programa, a súa posta en marcha.
-Os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación no proceso creativo.
-Cumprir co ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
-Tamén será de gran axuda a lectura e consulta da bibliografía para unha boa asimilación e afondamento nos contidos.
-É recomendable a visita a exposicións artísticas e a participación en actividades ou eventos culturais para dar sentido e nutrir a experiencia de aula.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Nas producións artísticas evitaranse materiais pouco respectuosos co medio: goma evas, purpurinas, plásticos... Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación. o Usar a dúas caras do papel, e no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”. o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1e…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Olalla Cortizas Varela
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
10:30-11:30 | Grupo /CLIL_01 + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
11:30-12:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
03.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
08.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |