Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo e análise do deseño xornalístico, especialmente no seu aspecto formal. Tipoloxías e modelos.
2. Estudo das técnicas e procesos de maquetación e estruturación da información en soportes e medios de comunicación.
3. Estudo e análise de conceptos e termos asociados ao deseño xornalístico xeneral desde a perspectiva dos medios de comunicación.
4. Análise dos compoñentes da estrutura visual dos medios impresos e dixitais.
5. Análise e aplicación das tecnoloxías e técnicas informativas e comunicativas aplicadas ao deseño xornalístico para todos os soportes.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Retórica da imaxe
1.1. A imaxe como texto e o texto como imaxe
1.2. Roland Barthes e a retórica da imaxe
1.3. Retórica aplicada ao deseño gráfico
1.4. Figuras retóricas visuais
1.5. Unha experiencia "O laboratorio das formas"
TEMA 2. Deseño e comunicación visual
2.1 Fundamentos do deseño
2.2 Elementos básicos do deseño gráfico
2.3 A organización da linguaxe visual
2.4 Percepción e deseño: a Gestalt
TEMA 3. Tipografía
3.1. Natureza funcional e expresiva
3.2. Letra, caracter, glifo, tipo, fonte, familia
3.3. Liñas de referencia
3.4. Morfoloxía
3.5. Variables tipográficas
3.6. Identificación de fontes tipográficas
TEMA 4. Deseño e composición visual da información en prensa
4.1. Identidade, estrutura e atracción
4.2. Formatos de prensa impresa
4.3. Diagramación
4.4. A páxina. A mancha
4.5. Retícula modular
4.6. Arquitectura da páxina
4.7. A portada
4.8. A imaxe
4.9. A cor
TEMA 5. Fundamentos do deseño para cibermedios
5.1. Novos deseños para novas narrativas
5.2. Impacto da multimedialidade no deseño
5.3. Arquitectura da información
5.4. Deseño de interacción
5.5. Deseño adaptable (responsive)
5.7. Deseño de infografía
TEMA 6. Fundamentos do deseño audiovisual
6.1. Orixes e evolución
6.2. Funcións do deseño audiovisual
6.3. Espazo e tempo
6.4. Deseño audiovisual en televisión
6.5. Motion graphics (grafismo en movemento)
TEMA 7. Deseño social e ética no deseño
7.1. Deseño social
7.2. Co-deseño
7.3. UX/UI: experiencia e interface de usuario
7.4. Usabilidade e accesibilidade
7.5. Design Thinking
7.6. Código deontolóxico do deseño
7.7. Ética e intelixencia artificial
CONTIDOS PRÁCTICOS
As prácticas desenvólvense en dous formatos diferentes: unha primeira parte que será en formato taller, onde se traballará en grupos de cinco ou seis persoas, nunha aula seminario, e a outra parte desenvolverase individualmente no laboratorio informático.
Na primeira parte realizaranse prácticas con diferentes técnicas como colaxe, bosquexo, etc. para adquirir as bases do deseño.
A continuación, realizarase unha práctica de deseño editorial que servirá para coñecer algunhas claves da actividade laboral, utilizando ferramentas profesionais e tendo que resolver problemas reais; esta práctica entregarase en papel.
Finalmente, a práctica do deseño web consistirá en experimentar a diferenza entre a edición en papel e a pantalla. O deseño basearase nun xornal ou revista.
Os recursos necesarios para o desenvolvemento destas prácticas serán materiais básicos de deseño (regras, lapis, rotuladores e papel) e computador. En canto ao software, utilizaranse varios programas do paquete Creative Cloud e outras ferramentas de acceso aberto.
Esta materia prevé a realización de prácticas de campo en caso de que se obteña o financiamento necesario.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barthes, R. (1964). Retórica de la imagen. En “Lo obvio y lo obtuso” (pp. 31-54). Barcelona: Paidós. 2009.
Barro, D. (2023). “Galicia. Procesos y formas. Una historia del diseño”. Editorial Experimenta. Versión descargable en galego [visto 14/05/202]
Bergström, Bo (2009). Tengo algo en el ojo. Técnicas esenciales de Comunicación Visual. Barcelona: Promopress.
Cases i associats (2013). Diseño de la noticia: 2010-2012: proyectos gráficos y editoriales para el periodismo impreso y digital. Barcelona: Sol 90.
Doherty, S. (2017). Journalism Design: Interactive Technologies and the Future of Storytelling. London: Routledge.
Errea, J. (2018). Newspaper Design: Editorial design from the world's best newsrooms. Berlin: Gestalten.
Gäde, R. (2002). Diseño de periódicos. Sistema y método. Barcelona: Gustavo Gili.
García Martínez, A.; Parra Valcarce, D.; Rojo Villada, P. (2007). Tecnologías de la información en la producción periodística. Madrid: Universitas.
Klanten, R., Kouznetsova, A., Errea, J., Cairo, A., & Tolliver, S. (2017). Visual journalism: infographics from the world's best newsrooms and designers. Berlín: Gestalten.
Lupton, E. & Cole Phillips, J. (2009). Diseño gráfico. Nuevos fundamentos. Barcelona: GG.
Poulin, R. (2016). Fundamentos del diseño gráfico. Barcelona: Promopress.
Zappaterra, Y. (2008). Diseño editorial: revistas y periódicos. Barcelona: Gustavo Gili.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Becker, V.; Gambaro, D. & Ramos, T.S. (2017). "Audiovisual design and the convergence between HCI and audience studies". En Human-Computer Interaction. User Interface Design, Development and Multimodality: 19th International Conference, HCI International 2017, Vancouver, BC, Canada, July 9-14, Proceedings, Part I 19. Springer International Publishing, p. 3-22.
Blackwell, L. (1993). La tipografía del siglo XX. Barcelona: GG.
Errea, J.; Gil, A. (coord.) (2012). ÑH9: lo mejor del diseño periodístico España & Portugal. Pamplona: SNDE.
Fontana, R. (2021). La palabra, la letra y la página. Valencia. Campgràfic Editors.
Frutiger, A. (2012). Signos, símbolos, marcas, señales. Barcelona: Gustavo Gili.
García, M. (1984). Diseño y remodelación de periódicos. Pamplona: Eunsa.
González Díez, L. & Pérez Cuadrado, P. (2007). 30 años de diseño periodístico en España (1976-2006). Madrid: Zona Impresa.
Heller, E. (2012). Psicología del color. Cómo actúan los colores sobre los sentimientos y la razón. Barcelona: Gustavo Gili.
Julier, G. (2008). La cultura del diseño. Barcelona: Gustavo Gili.
Lupton, E. (2004). Thinking with type. New York: Princeton Architectural Press.
Müller-Brockmann, J. (2012) "Sistemas de retículas", Editorial GG
Ràfols, R. y Colomer A. (2003) "Diseño audiovisual". GG Diseño
Rivera Díaz, L.A. (2008). "La retórica en el diseño gráfico". Investigación y Ciencia, vol. 16, núm. 41, pp. 33-37.
Satué, E. (1997). Diseño gráfico en España. Madrid: Alianza Universidad.
Vilchez Arribas, J. F. (2011). Historia gráfica de la prensa diaria española (1758-1976). Barcelona: RBA.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
CON.6 - Identificar os referentes que permitirán a construción dun pensamento crítico aplicado ao xornalismo.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade xornalística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
HAB.6 - Aplicar técnicas para a xestión da intelixencia emocional no exercicio do xornalismo.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación para resolver problemas e necesidades específicas no ámbito xornalístico.
COM.3 - Deseñar e desenvolver proxectos xornalísticos en distintos medios, soportes e contextos.
CLASES EXPOSITIVAS
Aplicarase un modelo combinado de clases maxistrais (sesións expositivas impartidas polo docente) e de aula invertida, mediante o cal o profesorado compartirá materiais teóricos e outros complementarios no Campus Virtual antes de cada sesión na aula física, onde o profesor/a resumirá os conceptos e elementos claves de cada tema, contribuirá a asentalos, resolverá dúbidas e abrirá debates e discusións sobre cada tema; tamén se utilizarán recursos do Campus Virtual para a realización de microtarefas de control e seguimento da adquisición de coñecementos polo alumnado.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Traballaranse proxectos de deseño e composición aplicados ao deseño de gráficas para redes sociais, deseño de xornais e de publicacións web.
Nas clases prácticas analizaranse diferentes tipos de deseños gráficos, fomentando a reflexión, o debate e a participación. Estes deseños estarán vinculados a cada fase do curso, reforzando así os coñecementos adquiridos na parte teórica.
Ademais, realizarase a tarefa correspondente a cada práctica, tentando que se desenvolva o máximo posible na aula.
Prácticas de campo.
Proba de coñecementos: 40%
Avaliación continua: 10%. Na avaliación continua computarase unicamente a asistencia á clase, tanto expositivas como interactivas.
Prácticas experimentais: 50%
O 50% correspondente ás prácticas experimentais avaliará o deseño e composición visual de proxectos en papel e web, tanto o seu proceso (bosquexos, proposta de estrutura, material preparatorio) como o deseño en si (eficiencia, usabilidade e posta en marcha).
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/o en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase o traballo cos recursos bibliográficos e visuais da biblioteca e a exploración sistemática dos recursos recomendados para estar ao día das novidades no deseño gráfico e web. Do mesmo xeito, a exploración e práctica con software propio do deseño e composición como Photoshop ou Adobe InDesign, é moi recomendable para mellorar as habilidades adquiridas en clase e plasmar máis facilmente a cultura visual adquirida.
Algúns recursos e webs para explorar:
British Museum Press Exhibitions https://www.britishmuseum.org/commercial/british-museum-press
Design Museum Chicago https://designchicago.org/
New York Museum of Art and Design https://madmuseum.org/
Bauhaus https://www.bauhaus.de/en/
Museu del disseny de Barcelona https://ajuntament.barcelona.cat/museudeldisseny/es
Europeana https://www.europeana.eu/en
Design Museum Denmark https://designmuseum.dk/en/
London Design Museum https://designmuseum.org/
Código ético do Deseño READ https://designread.es/ya-puedes-consultar-el-codigo-deontologico-del-di…
Arquivo galego do diseño ARDE, https://arde.gal/
Uqui Permui Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- uqui.permui [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
27.05.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
27.05.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
01.07.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |