Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Despois do estudo desta materia o alumnado debería ser capaz de:
• Analizar a contorna e a realidade empresarial.
• Comprender a relación entre a estratexia e o deseño organizativo.
• Coñecer a natureza dinámica dos procesos organizativos.
• Coñecer como xestionar unha empresa ou organización.
• Asumir responsabilidades directivas.
• Tomar decisións.
• Comprender as funcións que debe desempeñar o persoal directivo eficaz.
• Razoar criticamente e ter iniciativa.
• Argumentar e comunicar.
1.- Dirección de empresas: conceptos básicos e evolución
2.- O contexto organizativo
3.- Fundamentos da planificación
4.- Fundamentos do deseño organizativo
5.- Fundamentos da dirección
6.- Fundamentos do control
7.- Emprendemento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2016). Introdución á dirección de empresas. Pearson.
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2012).
Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
ROBBINS, S. P.; DECENZO, D. A. (2017). Fundamentos de Administración. Pearson.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
DÍEZ DE CASTRO, J; REDONDO LÓPEZ, C.; BARREIRO FERNÁNDEZ, B.; LÓPEZ CABARCOS, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirixir na sociedade do coñecemento. Pirámide.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
GOMEZ-MEJIA, L.R.; BALKIN, D. B. (2003). Administración. McGraw-Hill.
ROBBINS, Stephen; COULTER, Mary. (2018). Administración (13º edición). Pearson
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 – Que o alumnado demostrara posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar nun nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
TRANSVERSAIS
CT3: Comunicación oral e escrita.
CT6: Resolución de problemas.
CT8: Razoamento crítico.
CT10: Traballo en equipo.
ESPECÍFICAS
A4 - Os fundamentos teóricos da toma de decisións.
A5 - Teoría básica da empresa. Organización e áreas funcionais.
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
Esta materia non ten asignada docencia neste curso académico.
O alumnado deberá preparar a materia de xeito autónomo. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levaranse a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) e asíncrona (a través do campus virtual). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
Ambas as dúas oportunidades serán avaliadas a través dun exame final de contidos que suporá o 100% da cualificación, isto é, unha proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia. Nesta proba avaliaranse todas as competencias da materia. Esta proba será presencial nas datas oficiais programadas polo centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas.
Consultar a bibliografía recomendada e consultar co profesorado para aclarar dúbidas, facendo uso das tutorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
Maria Bastida Dominguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811676
- Correo electrónico
- maria.bastida [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
12.01.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula B |
26.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 08 |