Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. OBXECTIVOS PROPIOS DA MATERIA
Este curso ten como obxectivo primordial o de proporcionar ao alumnado os instrumentos de análise e a metodoloxía básica para o razoamento económico. Para máis detalle, a materia está dividida en catro seccións, cada unha delas cun obxectivo específico.
SECCIÓN I: INCERTEZA
A introdución do risco permíte explicar a existencia de seguros, e a clasificación dos individuos segundo a súa actitude fronte ao risco será útil para entender distintas formas de actuar nun contexto de incertidume. En particular, o problema de elección óptima de carteira pode exporse como unha elección óptima entre risco e rendemento dun individuo que ten aversión ao risco e que é consciente da relación que estas dúas variables teñen no mercado (restrición).
SECCIÓN II: TEORÍA DE XOGOS
Cando as decisións dun axente económico dependen das accións e reaccións dos seus rivais ou competidores, dicimos que estamos nun contexto de interdependencia estratéxica e a teoría de xogos é o arseal de ferramentas idóneo para analizar con rigor a toma de decisións neste contexto complexo.
SECCIÓN III: ESTRUTURAS DE MERCADO
O empresario é un axente económico que persegue a maximización do beneficio. Nesta parte, o obxectivo é comprender os distintos contextos nos que as empresas toman decisións: competencia perfecta, monopolio, competencia monopolística e oligopolio. As ferramentas proporcionadas nas seccións I e II permíten abordar as decisións dunha empresa dentro dun grupo. A interdependencia na toma de decisións e a incerteza sobre o valor dalgunhas variables caracterizan frecuentemente a toma de decisións empresariais. A teoría de xogos e a modelización da incerteza estudadas incorpóranse aos modelos explicativos do comportamento das empresas en diferentes estruturas de mercado.
SECCIÓN IV: INFORMACIÓN ASIMÉTRICA
A existencia de asimetrías na información entre as partes involucradas nunha transacción pode crear fallos de mercado, como a selección adversa e o risco moral. Debemos coñecer en que consisten estes problemas e por que xorden. É importante detectar os mercados susceptibles de verse afectados por estes fallos e as medidas que se poden tomar para tentar eliminalos ou diminuílos.
2. OBXECTIVOS XERAIS
O alumnado, ao terminar este curso, debe dominar os temas que contén o mesmo a diferentes niveis:
- Debe comprender o obxectivo de cada tema e as relacións fundamentais entre distintas variables económicas a nivel conceptual.
- Debe ser capaz de utilizar a expresión matemática deste razoamento económico, especificando o modo en que se expresan as relacións entre as variables (o modelo) e a técnica utilizada para a resolución do problema (a optimización).
- Debe ser capaz de utilizar a análise gráfica para complementar as visións anteriores.
- Debe ser capaz de combinar as tres aproximacións mencionadas para explicar por escrito, de maneira coherente e ordenada, cada un dos temas que se estudaron.
- Debe ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos ao estudo de diferentes casos prácticos.
3. OBXECTIVOS RELACIONADOS CON VALORES
A análise microeconómico efectuado nesta materia debe permitir ao alumnado identificar que persegue cada axente económico individual (cal é a variable que tenta maximizar) e en que contexto tenta lograr o seu obxectivo (as restricións ás que se enfronta e as relacións cos outros axentes económicos).
Tras a comprensión do proceso que guía a toma de decisións individuais, o alumnado debe poder analizar a posibilidade de compatibilizar os intereses individuais e o modo de resolver os conflitos entre eles. Debe poder discutir, con argumentos económicos na súa man, sobre temas como e a eficiencia, equidade e xuízos de valor. A posibilidade de discriminar entre distintas situacións a nivel global, en función de que estas sexan máis ou menos desexables socialmente, xeralmente implica a introdución dunha serie de valores que deben ser explicitamente recoñecidos; tras o estudo desta materia debe ser máis sinxelo sinalar que tipos de valores están detrás de cada elección.
Competencias específicas da materia:
A1 - A escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
TEMA 1: COMPORTAMENTO EN CONDICIÓNS DE INCERTEZA.
Probabilidades e valores esperados.
As preferencias fronte ao risco.
A elección risco-rendemento e a composición óptima de carteira.
TEMA 2: TEORÍA DE XOGOS.
Comportamento estratéxico
Estratexias dominantes e equilibrios de Nash
Refinamento do equilibrio de Nash: o equilibrio de Nash perfecto en subxogos.
Xogos repetidos.
TEMA 3: MONOPOLIO E MONOPSONIO
Monopolio e poder de monopolio.
A regulación do poder de monopolio.
O monopsonio.
TEMA 4: DISCRIMINACIÓN DE PREZOS
Tipos de discriminación de prezos.
Venta conxunta.
TEMA 5: COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA E OLIGOPOLIO.
A competencia monopolística.
Modelos de oligopolios non cooperativos (Cournot, Bertrand, Stackelberg)
Colusión
TEMA 6: INFORMACIÓN ASIMÉTRICA
Selección adversa.
Risco moral.
Bibliografía básica:
- Antelo, M. (2018), Comportamiento estratégico, Ed. Reverté, Barcelona.
- Antelo, M. (2023), El funcionamiento de los mercados no competitivos, Ed. Pirámide, Madrid.
- Pindyck, R. e Rubinfeld, D. (2018), Microeconomía, 9ª edición, Ed. Pearson, Madrid
Bibliografía complementaria:
- Varian, H. R. (2015), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 9ª edición, Ed. Antoni Bosch, Barcelona.
Core Team (2020), La Economía (https://www.core-econ.org/the-economy/book/es/text/0-3-contents.html)
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias transversais:
CT1 - -Análise e síntese
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - -Resolución de problemas.
CT7 - -Toma de decisións.
CT8 - -Razoamento crítico
Competencias específicas da materia:
A1 - A escasez e a asignación de recursos, o sistema de prezos, teoría do consumo e da producción, equilibrio competitivo, mercados no competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
D7 - Entender asinstitucions económicas como resultado e aplicación de representacions teóricas ou formales acerca de cómo funciona a economía.
O traballo no aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e a discusión de problemas.
A Aula Virtual poderá ofrecer material adicional sobre os contidos teóricos e prácticos da materia.
O traballo individual do alumnado debe orientarse cara á preparación do traballo no aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumnado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análises e expresión oral.
TODAS AS CLASES SERÁN PRESENCIAIS
Clases de pizarra en grupo grande (expositivas): Actividades presenciais de tipo expositivo que non requiren unha participación activa dos/as estudantes.
Clases en grupo reducido (interactivas): Actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos/as estudantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador etc.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o semestre considerando diversos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe. Todas as competencias sinaladas, fóra diso a CT5 se avalían no exame final.
A avaliación continua avalía as competencias transversais CT5, CT6, CT7, CT8 e as específicas A1 e D7.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous compoñentes:
a) Avaliación continua: composta polas cualificacións das actividades propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia.
b) Proba final: un exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro. Esta proba final está formada por dúas partes diferenciadas:
- b1) Unha parte inclúe preguntas test de resposta múltiple e exercicios nos que só hai que introducir ou marcar o resultado que se pide.
- b2) Unha segunda parte inclúe exercicios (nos que debe respostarse ao que se solicita, explicando o procedemento que se está a utilizar e o significado económico dos resultados obtidos) e preguntas teóricas.
As puntuacións correspondentes a cada tipo de preguntas (preguntas de tipo test, preguntas teóricas, exercicios) serán establecidas polos profesores encargados da materia e aparecerán indicadas nas instruccións do propio exame.
A cualificación final terá en conta os compoñentes anteriores, coa seguinte valoración:
a) 30% da puntuación total.
b) 70% da puntuación total.
Para aprobar a materia e preciso cumplir tres requisitos:
* obter unha puntuación mínima na parte b1), que será establecida no seu momento polos profesores encargados da materia en función do número total de preguntas test do exame.
* obter unha puntuación superior a 2,5 sobre un máximo de 7 puntos no examen final da materia.
* obter unha puntuación igual ou superior a 5 puntos na suma da avaliación continua (a) e o exame final (b).
A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, se lle avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Todos os alumnos que non teñan concedida a dispensa de asistencia serán evaluados da misma maneira, non hai sistema alternativo para repetidores e non se gardará ningúnha calificación dun curso académico para outro.
TODAS AS PROBAS SERÁN PRESENCIAIS. A avaliación continua realizarase nas clases expositivas e interactivas e a proba final terá lugar na facultade na data que se estableza.
As clases expositivas e interactivas establécense como actividades formativas obrigatorias para o estudantado matriculado, polo que, atendendo ó artigo 130, punto 2, dos Estatutos da USC, o estudantado matriculado ten o deber de asistencia e participación nas mesmas. Así mesmo, na Normativa de Asistencia a Clases (CG 25-03-2010) indícase que a asistencia regular e a participación do alumno na clases poderá ser tida en conta no sistema de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas: 31 horas
Clases interactivas: 17 horas
Total: 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 40 horas
Elaboración de exercicios: 30 horas
Preparación de exames: 30 horas
Total: 100 Horas
Recoméndase a asistencia ás sesións expositivas e interativas e o estudio semanal.
Os profesores teñen establecido un horario de titorías para atender calquera cuestión, relacionada coa materia, que os estudantes consideren necesaria.
Manel Antelo Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811535
- Correo electrónico
- manel.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rafael Trelles Gonzalez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811540
- Correo electrónico
- rafael.trelles [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
11:30-13:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula B |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 08 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula B |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_3a | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_3b | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_3a | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_3b | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3b | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
01.07.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3a | Aula B |