Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia TEORIA POLITICA son:
1.- Fornecer unha introdución as principais correntes e ós principais debates e argumentos da teoría política normativa contemporánea nunha perspectiva contextualista, esto é, orientada polos problemas fundamentais das democracias contemporáneas.
2.- Completar a perspectiva empírica da Ciencia política cunha normativa e pluralista do horizonte de valores, argumentos e asuncións normativas desde os que se realizan as preguntas e deseños de investigación, se implementan e avalían as políticas públicas.
3.- Desenvolver unha perspectiva crítica de análise dos presupostos subxacentes aos arranxos institucionais e políticas públicas das democracias contemporáneas así como ós programas de investigación da ciencia política actual.
4.- Requintar argumentos, ideas e conceptos políticos e arrequecer os vocabularios que permitan unha mellora da capacidade de reflexión persoal, argumentación, exposición e expresión oral e escrita en ciencia política.
5.- Relacionar os debates teórico-políticos contemporáneos con outras dimensións da vida cultural contemporánea: cinema, pintura, música, literatura.
1.-Introducción.Teoría política normativa e ciencia política. Crítica do positivismo e retorno da teoría política. O xiro contextualista na teoría política contemporánea. As correntes principais da Teoría Política actual.
2.- A liberdade dos modernos e as raíces históricas do debate contemporáneo: Ilustración e Romanticismo. O Romanticismo como conciencia crítica da modernidade.
3.- O liberalismo contemporáneo (I) A crise do Utilitarismo como punto de partida.
RAWLS: constructivismo kantiano, constructivismo político. Sociedade ben ordenada. Posición orixinal. Principios de xustiza. Consenso superposto e prioridade da xustiza sobre o ben. A idea da razón pública.
4.- O Liberalismo contemporáneo (II) NOZICK: pluralismo, utopía e cooperación voluntaria. Autonomía e self-ownership. Do estado de natureza ó estado mínimo.
5.- O comunitarismo (I) As principais críticas do comunitarismo ó liberalismo: o "eu" contextualizado, a prioridade do Ben, rexeitamento do procedimentalismo.
MacINTYRE: crítica da Ilustración e aristotelismo político. Práctica, unidade narrativa e tradición. Comunidade e obxectivismo moral.
6.- O Comunitarismo (II) WALZER: teoría pluralista dos ben sociais e congruencia nas esferas distributivas. A noción de autonomía como procedimiento metodolóxico. Ciudadanía, autorrespeto e o modelo de conversación real talk. Comunidade e tolerencia. Thick and Thin.
TAYLOR: identidade, moralidade e comunidade. A prioridade do Ben. A autenticidade vs. autonomia. Cristianismo, romanticismo e nacionalismo. Comunidade homoxénea vs. Sociedade complexa.
7.- O Nacionalismo(I). Etnia e política: a producción das identidades colectivas. ¿Nacionalismo “cívico” vs. Nacionalismo “étnico”? Crítica do concepto prepolítico de nación.
8.- O Nacionalismo (II). O debate sobre o "nacionalismo liberal" . ¿Hai un lugar para a nación na teoría da democracia? KYMLICKA: dereitos individuais e colectivos. Dereitos poliétnicos e dereitos de autogoberno. Proteccións externas e restriccións internas. Dereitos das minorías e os límites do concepto de tolerancia (negativa e positiva).
9.- O Nacionalismo (III). TAMIR: nacionalismo e liberalismo. Concepción da persoa e identidade colectiva. Elección e dereito á cultura. MILLER: identidade nacional e autodeterminación. Nacionalismo e pluralismo. Nacionalismo, patriotismo e universalismo. As lóxicas da secesión e da acomodación plurinacional. Federalismo e multinacionalismo.
9.- O multiculturalismo(I). PAREKH, CARENS. O concepto de "cultura". Multiculturalismo e multicomunitarsmo. Políticas do multiculturalismo.
10.- O multiculturalismo (II).O problema da Inmigración. Nacionalidade e cidadanía Políticas de inmigración.
11. -O republicanismo (I) Democracia participativa, deliberación e republicanismo As catro dimensións da democracia: representación, participación, deliberación e inclusión. Democracia participativa, formación das preferencias e self transformation. HABERMAS: pragmática universal e situación ideal de diálogo. Discurso, publicidade e procedementos democráticos. Autonomía e autotransformación. Política e dereito en Facticidade e Validez.
12.- O Republicanismo (II):poder e non dominación: Ph. PETTIT. Democracia e desacordo: GUTMANN & THOMPSON. Democracia, confianza e deliberación: WARREN: novas áreas para a democracia participativa
13.- O Posmodernismo. Posmodernidade e posmodernismo. Crítica das nocións de suxeito, historia, teoría e política. Decontrucción e Diferencia (LYOTARD, DERRIDA, LACLAU). Biopolítica e poder: FOUCAULT, NEGRI.
14.O ecoloxismo. Os termos cambiantes da Política medioambiental: "Survivalism", Racionalismo administrativo e económico. Desenvolvemento sostido. Romanticismo verde, Democracia ecolóxica. As diversas concepcións de sustentabilidade medioambiental. Política medioambiental, cidadanía ecolóxica: A. DOBSON. Globalización, sociedade de risco e modernización reflexiva. Medio ambiente, sustentabilidade e deliberación política.
15.- A teoría política feminista. Debates contemporáneos. Cuarta onda e novo suxeito político fragmentado no movemento de resistencia global. Vulnerabilidade e os coidados. A cuestión da violencia. ( AGRA, BUTLER, DAVIS, FRASER, MANSBRIDGE, YOUNG, SEGATO...)
MANUAIS:
Arteta, Aurelio; Elena Guitián & Ramón Máiz (eds.) (2003). Teoría Política: Poder, Moral, Democracia. Alianza Editorial
Dryzek, John S., Bonnie Honig & Anne Phillips (eds) (2006). Handbook of Political Theory. Oxford University Press.
Kymlicka, Will (2001). Contemporary Political Philosophy. An Introduction. Oxford University Press.
Máiz, Ramón (ed.) (2009). Teorías políticas contemporáneas. Tirant Lo Blanch.
Wences, Isabel (ed.) (2015). Tomando en serio la Teoría Política. Entre las herramientas del zorro y el ingenio del erizo. Centro de Estudios Institucionales.
Para cada unidade temática ofrecerase bibliografía específica.
Esta materia está destinada a proporcionar os principais argumentos, debates e conceptos das máis importantes correntes de teoría política normativa contemporánea. A Teoría Política normativa trátase desde unha perspectiva contextualista, é dicir, a partir dos máis importantes problemas das sociedades contemporáneas (multiculturalismo e emigración, nacionalismos, igualdade, desenvolvemento sostible e crise ecolóxica, etc.).
Competencias xerais (CG), competencias básicas (CB) e competencias transversais (CT):
CG1 - Coñecer o ámbito académico CG3 - Emitir xuízos, elaboración de análise e xuízos CG4 - Identificar e transmitir ideas, problemas e solucións CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía T01 - Dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres T02 - Principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade T03 - Valores propios dunha cultura de paz e de valores democráticos
A materia consta de 2 tipos de clases: expositivas e interactivas.
As clases expositivas desenvolveranse seguindo o programa que se detalla en liñas precedentes. Se espera non só a asistencia senón tamén unha participación activa do alumnado nas clases.
As clases interactivas consistirán no comentario e discusión de lecturas de artigos ou capítulos de libros de interese para a disciplina, sobre os que o alumnado deberá realizar distintos tipos de traballos. Fora das datas indicadas, os traballos non serán recollidos.
A cualificación final da materia será resultado da suma das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas clases interactivas e realización dos traballos ou actividades prácticas individuais e/ou en grupo (a asistencia á clase interactiva é un requisito para poder facer a entrega do traballo correspondente): 20%
- Exame final obrigatorio: 80%.
O alumnado deberá aprobar o exame para que a nota obtida nas clases interactivas compute para a cualificación final. A cualificación destas tarefas será a mesma tanto na convocatoria ordinaria coma na extraordinaria, sendo esta cualificación tan só valida para o curso vixente.
A asistencia presencial ás clases expositivas é un requisito para a superación da materia, sendo preceptiva para presentarse á realización do exame. Tal como recolle o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 20% das horas programadas. Entenderase como faltas xustificadas aquelas que recolle dito Regulamento. Este requisito mantense tanto na convocatoria ordinaria coma na extraordinaria.
Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de telo cumprido con anterioridade, mais non da asistencia ás clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente. O peso das avaliacións será o mesmo para este alumnado, e deberán presentarse ao exame final.
No caso do alumnado que solicite a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos Estudantes e da Revisión de Cualificacións.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 25 horas
Clases interactivas: 5 horas
Traballos tutelados: 5 horas
Tutorías: 2.5 horas
Traballo personal do estudante: 75 horas
Tratase dunha materia destinada a proporcionar un panorama xeral dos principais debates contemporáneos en teoría política e a potenciar as capacidades de análise crítica, reflexión persoal e argumentación oral e escrita, así como a debater en público empregando argumentacións sólidas e non meras opinións ad hoc.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
- Non se poderá empregar o teléfono móvil nin o ordenador, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Manuel Rivera Otero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815159
- Correo electrónico
- josemanuel.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elba Maneiro Crespo
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- elba.maneiro.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
20.05.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
07.07.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |