Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como obxectivos:
a) O alumno debe familiarizarse coa terminoloxía e as expresións técnicas características dos contextos sociais e profesionais no ámbito da criminalidade con especial referencia ás actividades criminais, policías, lexislativas, e procesuais, xunto coa dimensión social do delito (crime e xénero, crime e racismo, crime e marxinación, crime e enfermidades mentais, etc.).
b) O alumno debe desenvolver as técnicas de comunicación axeitadas (orais e escritas) para manexarse nos contextos que forman parte do ámbito criminolóxico.
c) O alumno debe mellorar o dominio do inglés tanto en relación ao vocabulario xeral e específico como á gramática e á pronunciación.
d) Ao final do semestre, o alumno debería ter adquirido habilidades orais que correspondan aproximadamente ao nivel B1 do «Marco común europeo de referencia para as linguas».
Legal system: civil law/common law/ tort law
Prison execution system: alternative measures, methods, strategies for social reintegration of prisoners
Criminology & society: human trafficking
Green criminology
Crime and gender - Feminism and criminology, domestic violence
Crime and racism, marginalization
Organized crime: new techniques of criminal investigation and its limits
Performing autopsy
Cybercrimes-cyberstalking
Forensic science, Forensic linguistic, Forensic anthropology, Forensic psychology
Van den Eede, K., The Language of Crime: English for Criminology Students." Leuven: Acco, 2010
-Raymond Murphy (2019). English Grammar in Use. 5th Edition
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- G. D. Brown and S. Rice, professional English in Use, Cambridge University Press, 2007.
- Alison Liebling and Shadd Maruna,The Oxford Handbook of Criminology, Oxford University Press, 5th ed. 2017
- Barnard, D., The civil Court in Action, Butterworths, Londres, 1985.
- Barnard, D., The Criminal Court in Action, Butterworths, 1988.
- Meador, D. J., American Courts, West Publishing Co., St. Paul, Minn., 1991.
- Solan, L. M., The Language of Judges, The University of Chicago Press, Chicago, 1993.
A) Compoñente cognitivo (coñecemento):
- Coñecemento da cultura criminolóxica anglo-saxona
- Técnicas de xestión e métodos de análise lingüística criminolóxica.
- Técnicas de xestión de tradución de textos do Inglés criminolóxico
- Coñecemento da variedade de tipos de texto e rexistros criminolóxicos
B) Proceso / Instrumental (Saber como):
- Capacidade de realizar análise lingüística e comentarios sobre textos criminolóxicos.
- Capacidade explicativa dos textos criminolóxicos a través de tradución.
C) Comportamento (Ser):
- Activar a motivación pola linguaxe criminolóxica
Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas presentaranse os contidos e terminoloxía criminolóxica para ser desenvolvidos de forma práctica.
O alumno debe participar activamente nas clases naquelas tarefas encomendadas.
Os alumnos terán que participar en diversas actividades que lles permitan desenvolver as súas habilidades comunicativas (fundamentalmente orais e escritas).
Presentaranse actividades e situacións onde o alumno terá que desenvolver unha conversación con interlocutores que se viran potencialmente inmersos en casos propios do ámbito criminolóxico (comisarías de policía, tribunais, etc.)
Na 1ª convocatoria de xaneiro:
O alumno deberá realizar un examen final que abarcará todos os contidos do programa que contará o 55% da valoración.
Asistencia e participación activa: 10%
Traballo oral en grupo: 20%
Prueba escrita individual: 15%
Na 2ª convocatoria de xuño:
A valoración do exame de segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios, polo que se terá en conta a asistencia e participación activa nas clases (10%) e o exame final (55%) e traballo grupal (20%) e traballo individual (15%).
Os alumnos que asistan as clases, participen nas actividades de clase e nas tarefas encomendadas de traballo persoal e grupal figurarán como NO PRESENTADOS, se non realizan o exame final tanto na primeira convocatoria de xaneiro como na segunda convocatoria de xuño.
Recoméndase aos alumnos exentos e repetidores atender as titorías para recuperar con más garantías a materia. Si responden adecuadamente ás tarefas propostas nas titorías terán un cómputo de un 40% na avaliación continua. En todo caso tamén terán que realizar o exame final (60%). Os alumnos que non dispoñan dunha avaliación continua terán que superar o exame final (100%).
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado que suspendese a materia en cursos anteriores e que repita a materia, será avaliado seguindo o sistema de avaliación xeral descrito máis arriba, a menos que lle resulte imposible asistir a clase. Neste caso, terá que informar ao coordinador da materia do seu desexo de acollerse ao sistema de avaliación que se aplica no caso de alumnado con dispensa académica.
ALUMNADO CON DISPENSA:
O alumnado con exención de asistencia terá que facer o exame final que representará un 100% da nota.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia: 75 horas
-Requírise un nivel medio de inglés (B1 do MCER).
- É fundamental que o alumno asista e participe na clase.
Sara González Bernárdez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- saragonzalez.bernardez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Inglés | Aula 17 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo clases expositivas | Inglés | Aula 17 |
21.01.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 1 |
11.06.2025 10:00-12:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |