Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Internacional Privado
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Comprensión dos problemas básicos do Dereito internacional privado.
2.- Dominio da normativa legal de Dereito internacional privado, en especial procura e identificación das normas que hai que aplicar e manexo axeitado dos instrumentos básicos desta disciplina.
3.- Selección do réxime aplicable e correcta aplicación a supostos prácticos de Dereito internacional privado.
4.- Identificación e delimitación dos problemas de aplicación da normativa de Dereito internacional privado e, en especial, os referentes á competencia xudicial internacional, lei aplicable e recoñecemento de decisións, documentos e actos xurídicos estranxeiros.
5.- Correcta selección e elección do réxime xurídico que hai que aplicar en cada caso.
6.- Articulación dun razoamento xurídico coherente de Dereito internacional privado.
7.- Preparación axeitada dos futuros profesionais do Dereito no campo específico do Dereito internacional privado.
1.- Identificación dos presupostos, obxecto, contido e funcións básicas do Dereito internacional privado: delimitación respecto de disciplinas afíns; precisión da situación privada internacional (situacións xuridicamente heteroxéneas; incidencia do elemento comunitario na pluralidade normativa); precisión dos termos garantía da continuidade das relacións xurídicas no espazo
2.- Procedementos de produción xurídica: a Constitución e a Lei, e os procedementos de carácter interestatal. Especial referencia ao Dereito internacional privado comunitario: convenio, directiva, regulamento
3.- Análise dos problemas de competencia xudicial internacional: identificación dos xulgados e tribunais internacionalmente competentes. 4.- Eficacia no foro de actos e resolucións estranxeiras. Atención aos distintos distintos réximes convencional, comunitario e de Dereito autónomo. Recoñecemento de resolucións especiais: laudos arbitrais; condenas en costas; transaccións xudiciais; medidas provisionais e cautelares, e actos de xurisdición voluntaria
5.- Análise da problemática de Dereito aplicable. Técnicas normativas: especial referencia á norma de conflito. Problemas de aplicación da norma de conflito na súa remisión a un Dereito estranxeiro
6.- Réxime do proceso con elemento estranxeiro: a regra lex fori regit processum e o tratamento procesual do Dereito estranxeiro
7.- Asistencia xudicial internacional. Réxime convencional e autónomo
8.- Dereito civil internacional: persoa física e capacidade; obrigas contractuais e extracontractuais; dereitos reais e cousas; familias, matrimonio e crises matrimoniais; filiación e alimentos; sucesión por causa de morte
PROGRAMA DE DEREITO INTERNACIONAL PRIVADO 2024/2025
Parte I
DEREITO INTERNACIONAL PRIVADO: INTRODUCCIÓN E PARTE XERAL
§ I
Dereito internacional privado e regulamentación xurídica de situacións privadas internacionais
LECCIÓN 1.- PRESUPOSTOS, OBXECTO, CONTIDO E FUNCIÓNS DO DEREITO INTERNACIONAL PRIVADO
1.- Presupostos do D.I.Pr.: pluralismo xurídico e xurisdiccional. 2.- Caracteres xerais da disciplina; delimitación de disciplinas afíns. 3.- Precisión do obxecto do D.I.Pr.: elemento estranxeiro e situación privada internacional. 4.- Funcións do D.I.Pr. 5.- Contido do D.I.Pr.: A) O sistema normativo: distintas concepcións; B) En especial: o chamado Dereito interrexional ou interterritorial.
§ II
Formación dun sistema de Dereito internacional privado
LECCIÓN 2.- PROCEDEMENTOS DE PRODUCCIÓN XURÍDICA
1.- Procedementos de producción xurídica de carácter estatal: A) D.I.Pr. e Constitución; B) A Lei: carácter legal e rasgos xerais do sistema español de D.I.Pr. 3.- Procedementos de producción xurídica de carácter interestatal: problemas condicionantes da codificación internacional do D.I.Pr. 4.- D.I.Pr. de la UE: A) A competencia da UE en materia de D.I.Pr.: evolución e situación actual; B) O Espazo de Liberdade, Seguridade e Xustiz e o D.I.Pr. 5.- Procedementos de producción xurídica de carácter transnacional: D.I.Pr., lex mercatoria e arbitraxe comercial internacional.
§ III
Dimensión técnico-xurídica do sistema
Sección 1ª
Competencia xudicial Internacional
LECCIÓN 3.- COMPETENCIA XUDICIAL INTERNACIONAL: ASPECTOS XERAIS
1.- Competencia xudicial internacional: A) Xurisdicción, competencia xudicial internacional e competencia xudicial interna; B) Criterios de determinación da competencia xudicial internacional. 2.- Alcance da soberanía do Estado na determinación da competencia xudicial internacional: as inmunidades de xurisdicción e execución do Estado estranxeiro e outras persoas ou entidades.
LECCIÓN 4.- DETERMINACIÓN DA COMPETENCIA XUDICIAL INTERNACIONAL NA ORDE CIVIL (I)
1.- O Regulamento (UE) nº 1215/2012, do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2012, relativo á competencia xudicial, ó recoñecemento e á execución de resolucións xudiciais en materia civil e mercantil. Ámbitos material, espacial, temporal e relacional do Regulamento. 2.- O sistema de reparto de competencias: A) Competencias exclusivas; B) Prorrogación de foro: condicións e límites. C) Competencia xeral en función do domicilio do demandado; D) competencias especiais por razón da materia; E) Competencias particulares por razón da protección dunha das partes; F) As chamadas competencias derivadas; G) Medidas provisionais e cautelares. 3.- Tratamento dos problemas particulares derivados do reparto de competencias: A) Comprobación da competencia xudicial e da admisibilidade; B) Litispendencia e conexidade internacionais. 4.- O Convenio “paralelo” de Lugano de 2007: ámbito de aplicación y solucións particulares.
LECCIÓN 5. .- DETERMINACIÓN DA COMPETENCIA XUDICIAL INTERNACIONAL NA ORDE CIVIL (II)
1.- O Regulamento (UE) 2019/1111, do Consello, de 25 de xuño de 2019, relativo á competencia, o recoñecemento e a execución de resolucións en materia matrimonial e de responsabilidade parental, e sobre a sustracción internacional de menores. A) Competencias en materia matrimonial. B) Competencias en materia de responsabilidade parental C) Supostos específicos de traslado ilícito de menores. D) Problemas de aplicación. 2.- O Regulamento 4/2009, de 18 de decembro de 2008, relativo á competencia, á lei aplicable, o reconocimiento e a execución das resolucións e a cooperación en materia de obrigas de alimentos. 3.- O Regulamento 650/2012, de 4 de xullo de 2012, en materia de sucesións. 4.- Os Regulamentos (UE) 2016/1103 e 2016/1104, sobre rexímenes económicos matrimoniais e parellas rexistradas.
LECCIÓN 6.- DETERMINACIÓN DA COMPETENCIA XUDICIAL INTERNACIONAL NA ORDE CIVIL (II)
1.- Sistema autónomo: o contexto valorativo. Principios básicos do sistema da LOPJ e Constitución. 2.- Os artigos 21 e seguintes da LOPJ: Interpretación e interrelación dos foros de competencia xudicial internacional. 3.- Problemas particulares na determinación da competencia xudicial internacional: A) Control da competencia xudicial internacional; B) Litispendencia internacional.
Sección 2ª
Réxime do proceso con elemento estranxeiro
LECCIÓN 7: RÉXIME DO PROCESO CON ELEMENTO ESTRANXEIRO
1.- O Dereito procesual internacional: a regla lex fori regit processum. 2.- Delimitación de materias incluídas e excluídas da regla lex fori regit processum: A) Capacidade; B) Lexitimación procesual; C) Representación procesual; D) Especial consideración da proba: carga da proba, presuncións legais, admisibilidade dos medios de proba e forza probatoria. . 3.- O chamado Dereito procesual europeo: A) Unificación do Dereito procesual europeo para situacións transfronteirizas; B) O proceso monitorio europeo; C) O proceso europeo de escasa cuantía. 4.- O beneficio de xustiza gratuíta. 5.- Tratamento procesual do dereito estranxeiro: alegación, coñecemento e proba de dereito estranxeiro. 6.- Asistencia xudicial internacional.
Sección 3ª
Eficacia no foro de actos e resolucións estranxeiras
LECCIÓN 8.- EFICACIA NO FORO DE RESOLUCIÓNS ESTRANXEIRAS: ASPECTOS XERAIS
1.- Validez territorial dos actos e resolucións estranxeiras: o D.I.Pr. fronte á discontinuidade no espacio dos productos xurídicos. 2.- Os efectos das resolucións xudiciais estranxeiras en España: teorías de extensión de efectos, de equiparación de efectos e de acumulación de efectos. 3. Rexímenes de recoñecemento, clases e relacións entre os mesmos: especial consideración dos rexímenes convencional e da UE. 4.- Efectos típicos e expedientes apropiados: A) A recoñecemento automático; B) O recoñecemento a título principal a través dun proceso ad hoc; C) O recoñecemento incidental; D) A declaración de executabilidade; E) O control a efectos constitutivo-rexistrais; 5.- A execución sen procedimento pr evio de recoñecemento.
LECCIÓN 9.- RECOÑECEMENTO DE DECISIÓNS (II): PRESUPOSTOS DE RECOÑECEMENTO OU DE EXECUCIÓN DE DECISIÓNS ESTRANXEIRAS
1.- Condicións de regularidade das actas e resolucións estranxeiras. 2.- Orde pública. 3.- Regularidade do procedemento estranxeiro. 4.- Non contrariedade entre decisións xudiciais. 5.- Non contrariedade cun procedemento pendente no Estado requirido. 6.- Verificación da competencia xudicial do xuíz de orixe. 7.- Control da lei aplicada polo Tribunal de orixe. 8.- O recoñecemento e a prohibición de revisión de fondo do asunto 9.- Condicións nos supostos de execución directa de resolucións estranxeiras.
LECCIÓN 10. RECOÑECEMENTO DE DECISIÓNS (III): SUPOSTOS ESPECIAIS DE RECOÑECEMENTO.
1.- Laudos arbitrais. 2.- Condenas en custas e gastos de xuízo. 3.- Recoñecemento de medidas provisionais e cautelares estranxeiras. 4.- Transaccións xudiciais. 5.- Recoñecemento dos efectos dos actos estranxeiros de xurisdicción voluntaria. 6.- O documento público estranxeiro como título de acceso a un rexistro español. 7.- Recoñecemento da forza executiva dos documentos públicos estranxeiros. 8. O título executivo europeo.
Sección 4ª
Dereito Aplicable
LECCIÓN 11.- DIMENSIÓN NORMATIVA DO DEREITO APLICABLE: PLURALIDADE NORMATIVA
1.- O método do recoñecemento fronte ao método de determinación da lei aplicable. 2.- Perspectiva formal: A) Normas reguladoras e normas de aplicación; B) Regulación directa e regulación indirecta; C) Unilateralismo-multilateralismo. 3.- Técnicas de regulamentación directas: A) Normas materiais especiais; B) Normas materiais imperativas. 4.- Técnicas de regulamentación indirectas: A) Normas de extensión e normas de conflicto unilaterais. B) A norma de conflicto: diversificación estructural e funcional da norma de conflicto. 5.- Cláusulas de excepción á lei reclamada pola norma de conflicto.
LECCIÓN 12.- DIMENSIÓN NORMATIVA DO DEREITO APLICABLE: PROBLEMAS DE APLICACIÓN DA NORMA DE CONFLICTO
1.- O problema da imperatividade da norma de conflicto. 2.- O suposto de feito da norma de conflicto: A) O problema da interpretación: normas de conflicto autónomas e normas de conflicto convencionais; B) O problema da delimitación; C) O problema da cualificación. 3.- O punto de conexión: A) O problema da interpretación do punto de conexión; B) Puntos de conexión mutables: o conflicto móbil; C) Puntos de conexión mutables: a fraude de lei. 4.- Aplicación do dereito material estranxeiro: A) O conflicto de cualificacións: delimitación de supostos e técnicas de solución; B) Os supostos de inadaptación e as súas solucións: substitución e transposición; C) A adaptación stricto sensu; D) O conflicto internacional transitorio; E) A excepción de orde pública. 5.- Apliación do dereito internacional privado estranxeiro: A) O reenvío; B) Remisión a un sistema plurilexislativo. 6.- Outros problemas de apliación: a cuestión previa.
Parte II
DEREITO CIVIL INTERNACIONAL
Sección 1ª
Persoa
LECCIÓN 13.- PERSOA FÍSICA, CAPACIDADE E RÉXIME DAS INCAPACIDADES
1.- A lei persoal: alcance do estatuto personal. 2.- Comezo da personalidade. Protección xurídica do nasciturus. 3.- Extinción da personalidade: A) A morte. Problemas derivados da conmoriencia; B) A declaración de falecemento. 4- A capacidade A) Ambito da lei aplicable; ; B) Problemas generales de aplicación y la excepción del "interés nacional". 5.- O nome das persoas físicas. A) Réxime xeral. B) Particularidades da UE C) Réxime do cambio do nome.
LECCIÓN 14.- PROTECCIÓN DE MENORES E PROTECCIÓN DE PERSOAS MAIORES
1.- Problemas de delimitación e medidas de protección de menores. 2.- O art. 9.6 CC e o Convenio de A Haia de 1996 relativo á competencia, a lei aplicable, o recoñecemento, a execución e a cooperación en materia de responsabilidade parental e de medidas de protección dos nenos. 3.- Adopción internacional: A) Convenio de A Haia relativo á protección do neno e á cooperación en materia de Adopción Internacional; B) Lei de Adopción internacional de 2007. 4.- A protección de persoas maiores no DIPr.
Sección 2ª
Obrigas e Dereitos Reais
LECCIÓN 15.- OBLIGAS CONTRACTUAIS
1.- O Regulamento núm. 593/2008, de 17 de xuño de 2008 (Roma I): A) Ámbito material de aplicación B) Carácter erga omnes, duración no tempo, relación con outras fontes. 2.- A elección de lei en xeral: A) Principios subxacentes á regulación do Regulamento Roma I; B) Forma, tempo e alcance obxectivo e subxectivo da elección de lei; C) Existencia e validez do pacto de elección de lei; 3.- A lei aplicable en defecto de elección en xeral: A) Solucións especiáis; B) Solución xeral: residencia habitual da parte que deba realizar a prestación característica; C) A regra dos vínculos máis estreitos 4.- Elección de lei e regra subsidiaria para certos contratos de consumo, contratos individuales de traballo, seguros e transporte; 5.-Ámbito material da lei aplicable; B) Cesión do crédito e subrogación legal; 5.- Aspectos suxeitos a conexión especial: A) Capacidade; B) Forma e medios de proba; 6.- Restricción da autonomía conflictual a través de normas de intervención. 6. Problemas xerais de aplicación: A) Exclusión do reenvío e reserva do orde público; B) Roma I e os Estados plurilexislativos.
LECCIÓN 16.- OBRIGAS NON CONTRACTUAIS
1.- Fontes de Dereito conflictual. A) Regulamento núm. 864/2007, do Parlamento e do Consello, de 11 de xullo de 2007, relativo á lei aplicable ás obrigas extracontractuáis (Roma II). B) Réxime convencional específico. C) Vixencia do sistema autónomo do C.c. 2.- Ámbito de aplicación do Regulamento: material, temporal, espacial e relacional. 3.- Lei aplicable, regras xerais. A) Autonomía da vontade B) Lei aplicable en defecto de pacto. 4.- Normas especiais. A)Competencia desleal e actos que restrinxan a libre competencia B) Dano medioambiental C) Infracción dos dereitos de propiedade intelectual D) Acción de conflicto colectivo E) Enriquecemento inxusto, xestión de negocios e culpa in contrahendo. 5.- O Convenio de A Haia sobre ley aplicable á responsabilidade do fabricante polos seus productos e o Convenio da Haia sobre ley aplicable á responsabilidade derivada de accidentes de circulación por estrada.
LECCIÓN 17.- DEREITOS REAIS E COUSAS
1.- Aspectos xerais: A) Bens corporais e non corporais; B) Estatuto real e estatuto patrimonial: Ámbito de aplicación da lex rei sitae. 2.- Réxime dos bens corporais: A) A regra lex rei sitae no art. 10.1 C.c.; B) Regras especiais; C) Principio de continuidade dos dereitos reais e “conflicto móbil”. 3. Os dereitos de propiedade intelectual e industrial. O art. 10.4 C.c. 5.- Protección dos bens culturáis.
Sección 3ª
Familia e Sucesións
LECCIÓN 18.- CELEBRACIÓN DO MATRIMONIO, CRISIS MATRIMONIAIS E RELACIÓNS ENTRE CÓNXUXES. PARELLAS REXISTRADAS E UNIÓNS DE FEITO
1.- Réxime da celebración do matrimonio. 2.- Nulidade matrimonial. 3.- Lei aplicable á separación e ao divorcio: o Regulamento 1259/2010 do Consello de 20 de decembro de 2010 (Roma III). 4.- Efectos do matrimonio: A) Delimitación da categoría "efectos do matrimonio"; B) Réxime económico matrimonial: o Regulamento (UE) 2016/1103. 5.- Os efectos patrimoniais das parellas rexistradas: o Regulamento (UE) 2016/1104. 6.- As chamadas "unións de feito" no D.I.Pr.
LECCIÓN 19.- FILIACIÓN E ALIMENTOS
1.- Determinación do vínculo de filiación. A.- Unidade de regulación e problemas interpretativos no art. 9.4 C.c. B) A filiación derivada de xestación por subrogación. 2.- Lei aplicable á obriga alimenticia: o Protocolo de 23 de novembro de 2007 sobre a Lei aplicable ás obrigas alimenticias; A) Ámbitos de aplicación; B) Réxime xeral de solucións; C) Supostos especiais.
LECCIÓN 20.- SUCESIÓN POR CAUSA DE MORTE
1.- Lei aplicable ás sucesións internacionais: a lei sucesoria e a lei sucesoria anticipada. 2.- O Regulamento 650/2012, sobre sucesións: A) Ámbitos de aplicación: en especial, situacións transitorias. B) A lei aplicable á sucesión. C) A lei aplicable á admisibilidade e validez material de pactos sucesorios e outras disposicións mortis causa. D) Solucións materiáis. E) Problemas de aplicación: reenvío e orden público. 3.- O art. 9.8 CC: A) Ámbitos de aplicación. B) A lei sucesoria e a lei sucesoria anticipada: posibles relacións. B) A lei aplicable ós dereitos que por ministerio da lei corresponden ó cónxuxe supérstite. C) Problemas de aplicación: orden público e reenvío.
1.- MANUAIS (recoméndase que se posúa un dos manuais seguintes).
J.C. Fernández Rozas/S. Sánchez Lorenzo, Derecho internacional privado, Civitas, Madrid, última edición.
F.J. Garcimartín Alférez, Derecho internacional privado, Civitas Thomson, Cizur Menor Navarra, última edición.
C. Esplugues Mota/J.L. Iglesias Buhígues, Derecho internacional privado, Tirant Lo Blanch, Valencia, última edición.
M. Gómez Gene, M. Guzmán Zapater y otros, Lecciones de Derecho internacional privado, Tirand lo Blanch, Valencia, última edición.
2.- BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA (dispoñible na Biblioteca Concepción Arenal).
Anuario Español de Derecho Internacional Privado (diversos anos e volumes).
A. L. Calvo Caravaca y J. Carrascosa González, Tratado de Derecho Internacional privado, 3 tomos, Tirant lo Blanch, Valencia, 2020.
3.- TEXTOS NORMATIVOS.
S. Álvarez González e outros, Legislación básica de Derecho internacional privado, Comares, Granada (última edición)
4.- RECURSOS ELECTRÓNICOS.
Os profesores encargados proporcionarán ao alumnado os necesarios recursos electrónicos para preparar as clases coa suficiente antelación.
Ademáis, o alumnado ten que estar familiarizado coa búsqueda de recursos nos seguintes sitios:
Catálogo Iacobus (USC) (http://iacobus.usc.es/)
Base de datos de legislación y jurisprudencia Westlaw Aranzadi (http://www.bugalicia.org).
Cendoj (http://www.poderjudicial.es/search/indexAN.jsp)
Unión Europea (http://europa.eu/index_es.htm), en especial Tribunal de Justicia (http://curia.europa.eu/)
BOE (https://www.boe.es/)
DOUE (https://eur-lex.europa.eu/oj/direct-access.html?locale=es)
Conferencia de A Haia de DIPr (www.hcch.net)
Portal Europeo de e-Justicia (https://beta.e-justice.europa.eu/)
1.- Familiarización do alumnado cos instrumentos propios do Dereito internacional privado e, por extensión e como parte integrante del, cos principios que informan o ordenamento xurídico.
2.- Atender o alumnado de xeito que sexa capaz de relacionar unha realidade de feito cunha serie de normas conformadas por determinados supostos de feito.
3.- Identificación, delimitación e interpretación da normativa aplicable.
4.- Valoración e crítica de doutrina e xurisprudencia. Atención polo alumnado dos medios en liña e en formato tradicional.
5.- Asunción de ensinanzas, exposición de problemas e relación de conclusións.
1.- Clases expositivas. Evitarase o tipo de clase teórica na que o docente se limita a expoñer unha parte da disciplina, sendo o alumno un simple receptor non participativo (clases maxistrais): o docente actuará, en cambio, como guía na participación do alumno, propoñendo un intercambio de ideas, de interpretacións e de informacións.
Parte do contido do programa docente poderá canalizarse a través dunha serie de conferencias que se impartirán ó longo do curso, contido que será obxeto de evaluación
2.- O docente fomentará o debate e iralle formulando preguntas á clase, orientadas á identificación, resolución ou exposición dos problemas básicos da materia. Atendendo a este obxectivo e como aspecto integrante do debate, existirá un contacto permanente coa práctica incluso nas clases expositivas.
3.- Tratarase de aproximar ó alumno á linguaxe propia do Dereito Internacional Privado.
4.- Fomentarase a participación activa do alumno no proceso de impartición docente, combinando as explicacións exhaustivas dun tema, máis alá do exposto nos manuais de costume, conseguindo facer necesaria a asistencia á clase (feito que permitirá unha mellor aprendizaxe a través da participación global da aula), xunto coas explicacións que hai que completar polos manuais ou artigos especializados (o docente orientará o alumno na selección da bibliografía adecuada).
5.- Clases interactivas. O alumno recibirá as clases interactivas programadas específicamente dirixidas ó traballo con supostos prácticos tipo, coa intención de traer ás aulas a realidade coa que se vai enfrontar o alumno na súa vida profesional dende a óptica do xuíz, do avogado ou do notario.
6.- Fomentar a consulta de fondos bibliográficos e xurisprudencia polos métodos tradicionais e por Internet.
7.- Atención individualizada ao alumno a través de titorías xerais e extraordinarias.
I.- ALUMNOS CON EXENCIÓN DE DOCENCIA.
Os alumnos que solicitaran e obteran a exención de docencia serán evaluados mediante un único exame final integrado por unha ou varias probas prácticas escritas e unha proba teórica oral. A valoración conxunta de ambalas dúas poderá implicar que un determinado grao de deficiencia en calquera das dúas probas (con independencia do grao de suficiencia acadado na outra) determine unha calificación global de deficiente.
Os alumnos con exención de docencia poderán obter a máxima cualificación posible, ó igual que o resto dos alumnos.
II.- RESTO DE ALUMNOS.
1.- A evaluación da materia impartida tanto nas clases expositivas como interactivas realizarase do seguinte xeito:
Tres probas parciais prácticas: a primeira, antes do Nadal; a segunda, antes de Semana Santa; e a terceira, antes da finalización das aulas.
Proba final teórica e práctica nas datas xa establecidas pola Xunta da Facultade de Dereito. A parte práctica será escrita para tódolos grupos; e a parte teórica será escrita para tódolos Grupos.
2.- Quen se presentara e superara CADA UNHA das tres probas prácticas parciais superarán a asignatura e obterán a calificación resultante da valoración global das mesmas.
Para a superación da proba final por quen non se presentara ás probas prácticas ou non as superara na súa totalidade, serán valoradas as dúas partes (teórica e práctica) conxuntamente. Esta valoración conxunta poderá implicar que un determinado grao de deficiencia en calquera das dúas probas (con independencia do grao de suficiencia acadado na outra) determine unha calificación global de deficiente.
Quen superara as tres probas parciais prácticas (TODAS) e decidan voluntariamente concurrir á proba final obterán a calificación resultante da valoración global de tódalas probas realizadas.
3.- O exame final constará dunha proba práctica e unha proba teórica que poderán tratar sobre calquera cuestión relativa a toda a materia impartida, e, no seu caso, ás charlas, conferencias ou seminarios programados.
Para a proba práctica, o alumno poderá contar con calquera material lexislativo.
A ponderación máxima da cualificación acadada sobre a nota final será do 80%.
O 20% restante avaliarase de conformidade co punto 5.
4.- Para poder superar asignatura, esixirase como requisito necesario unha asistencia mínima do 80% das clases efectivamente impartidas.
A xustificación das eventuais ausencias deberá facerse nun prazo máximo de dúas semanas con posterioridade ás mesmas.
Son causas xustificadas:
- A realización de exames oficiais ou probas selectivas na Administración, xustificada mediante a acreditación do órgano avaliador;
- A presenza en órganos colexiados universitarios cando sexa representante dun colectivo, acreditada mediante a correspondente convocatoria;
- O ingreso en centros hospitalarios ou as consultas médicas programadas, acreditado por xustificante do centro médico;
- A enfermidade que impida a presenza física no centro, debidamente acreditada;
- A folga ou paro académico colectivo;
- A enfermidade grave o falecemento dun familiar ata o segundo grao, debidamente acreditada;
- O cumprimento dun deber público, debidamente xustificado;
- Calquera outra causa de forza maior, a xuizo do Decanato, no graos, ou da Coordinación do máster, nos másteres.
5.- Será igualmente valorada calquera outra actividade directamente vinculada á materia e realizada baixo a supervisión e o control dos profesores responsables, tales como exposicións públicas de temas de actualidade, traballos dirixidos, lecturas específicamente recomendadas, etc. Igualmente valorarase a capacidade de comprensión e análise dos problemas, a capacidade de relación cos problemas afíns, a capacidade de resumo, abstracción e síntese, a expresión oral (rigor na utilización dos termos xurídicos e exposición dos problemas) e a claridade e a corrección da expresión escrita.
A participación en clase do alumno será especialmente requerida polo profesor. Esta participación xunto co resto das actividades programadas poderá conformar ata un 20% da nota final. A tales efectos, e entre outras actividades, poderánse ofertar probas individuais nas clases presencias, tanto expositivas como interactivas, de non máis de 20 minutos, que o alumno poderá voluntariamente cumplimentar para dispoñer dun maior número de datos obxectivos sobre dita participación.
6.- Normativa de Permanencia da Universidade para os Estudos de Grao e Máster: especificacións respecto da actividade académica avaliable conforme ó establecido na programación ou guía docente.
En cumprimento do disposto no art. 5.2 da nova Normativa de Permanencia da Universidade para os Estudos de Grao e Máster, estará suxeito a evaluación, dacordo cos parámetros e condicións especificados nesta programación docente no punto relativo a "Sistema de evaluación da aprendizaxe", todo alumno que teña realizado calquera dos exames programados ó longo do curso, tanto os exames parciais como o examen final.
7.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
1.- Horas presenciais. Dereito internacional privado goza de nove créditos, equivalentes a 90 horas de clases presenciais.
2.- Horas non presenciais. Considérase necesario un mínimo de 150 horas para fixar e asimilar os contidos da materia.
3.- Total computado: un mínimo de 240 horas de traballo dedicado ao Dereito internacional privado.
1.- Asistencia á clase dende o primeiro día de curso. A novidade da materia e a linguaxe propia da disciplina, xunto coa súa intrínseca dificultade, obstaculizan a súa comprensión e fan necesaria a presenza nas aulas dende o comezo do ano.
2.- Participación activa do alumnado na clase, que facilitará a comprensión da materia e proporcionaralle ao docente un dato importante sobre o nivel da promoción.
3.- Facerse con todos os materiais propios da materia, fundamentalmente os manuais habitualmente recomendados e a lexislación básica. Os materiáis normativos deberían ser traídos diariamente ás aulas.
4.- Estudo diario da materia. Permitirá seguir as clases con máis facilidade.
5.- Solicitude por parte do alumno de aclaración de dúbidas, tanto no momento final das clases como durante o seu transcurso.
6.- Emprego habitual e continuado das horas de titorías ordinarias.
Conviría que o alumnado gozase dunha base suficientemente sólida de, alomenos, Dereito mercantil, Dereito civil e Dereito procesual para afrontar con maiores garantías de éxito o estudo do Dereito internacional privado.
Santiago Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Internacional Privado
- Teléfono
- 881814670
- Correo electrónico
- santiago.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Maseda Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Internacional Privado
- Teléfono
- 881814745
- Correo electrónico
- javier.maseda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paula Paradela Arean
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Internacional Privado
- Teléfono
- 881814746
- Correo electrónico
- paula.arean [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 2 |
28.05.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
28.05.2025 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
28.05.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |
01.07.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
01.07.2025 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Salón de Actos |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Salón de Actos |