Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Comprender as consecuencias de que un dereito sexa cualificado coma dereito real
b) Constatar os diferentes efectos xurídicos que ten a simple posesión así coma todas as facultades que integran o dereito de propiedade constitucionalmente protexido
c) Analizar as diferentes formas, diversas do dereito de propiedade, ofrecidas polo ordenamento xurídico para desfrutar dos bens e servizos.
d) Verificar a existencia de mecanismos fiables de garantía das obrigas.
e) Ter constancia da importancia do préstamo hipotecario como recurso fundamental da sociedade para ter acceso á propiedade da vivenda
f) Advertir a importancia do Rexistro da Propiedade para un correcto funcionamento do tráfico xurídico inmobiliario e comprender os seus mecanismos de funcionamento
g) Identificar as cuestións especialmente conflitivas na materia e as distintas solucións aportadas
GRUPO A (PROFS. DÍAZ MARTÍNEZ Y REBOLLEDO VARELA)
INTRODUCIÓN
LECCION 1.- O dereito real: concepto e caracteres.- Dereito real e dereito de crédito.- Figuras intermedias.- Clases e tipos dubidosos de dereitos reais.
A POSESIÓN
LECCION 2.- A posesión: concepto e funcións.- Clases.- Adquisición, perda e recuperación da posesión.- Liquidación do estado posesorio.- A protección procesual da posesión: accións de tutela sumaria.- Efectos da posesión no tráfico mobiliario: o art. 464 CC.
LECCION 3.- A usucapión: concepto, suxeitos e clases.- Os presupostos da usucapión: posesión e tempo.- Xusto título e boa fe na usucapión ordinaria.- Efectos.
ADQUISICIÓN E PERDA DOS DEREITOS REAIS
LECCION 4.- Constitución e adquisición dos dereitos reais.- O sistema traslativo do Dereito español: a función do título e do modo.- A tradición: concepto.- Clases: a traditio instrumental. Extinción e perda dos dereitos reais.
O DEREITO DE PROPIEDADE
LECCION 5.- O dereito de propiedade no ordenamento xurídico español: concepción constitucional.- Límites e limitacións: relacións de veciñanza e prohibicións de dispor.
LECCION 6.- Suxeito e obxecto do dominio.- A propiedade inmobiliaria: concepto de finca. A individualización das fincas.- Contido do dominio.
LECCION 7.- Modos específicos da adquisición do dereito de propiedade: ocupación, achado e tesouro.- A accesión: a accesión invertida.- As adquisicións a non domino.
LECCION 8.- A protección xurídica da propiedade. As accións declarativa e reivindicatoria.- A acción negatoria.
LECCION 9.- As comunidades de bens.- A comunidade ordinaria ou por cotas.- Dereitos e obrigas dos comuneiros.- Extinción da comunidade: a acción de división. Os montes veciñais en man común no Dereito civil de Galicia.
LECCION 10.- A propiedade horizontal.- Constitución: o título constitutivo.- A cota de participación.- Dereitos e obrigas dos propietarios en relación cos elementos comúns e privativos.- Administración e representación.- A Xunta de Propietarios.
DEREITOS REAIS LIMITADOS
DEREITOS REAIS DE GOCE
LECCION 11.- O dereito de usufruto: o principio salva rerum substantia.- Constitución.- Suxeitos e obxecto.- Contido.- Extinción.- Os dereitos de uso e habitación.
LECCION 12.- O dereito de servidume.- Clases.- Constitución: sentencia, título, signo aparente e usucapión.- Contido e extinción.- Servidume de paso, luces e vistas e medianería no Código Civil.- Servidume de paso e serventía no Dereito Civil de Galicia.
LECCION 13.- O dereito de superficie.- O dereito de sobreelevación e subedificación.- Referencia ao aproveitamento por quenda de bens inmobles.
DEREITOS REAIS DE GARANTIA E DE ADQUISICIÓN PREFERENTE
LECCION 14.- Concepto de garantía real e caracteres.- A hipoteca inmobiliaria.- Constitución: elementos persoais, reais e formais.- Contido: extensión e efectos.- Modificación e extinción.
LECCION 15.- Dereitos reais de adquisición: concepto e natureza.- Clases.- Dereitos de adquisición preferente no Código Civil.- Dereitos de adquisición preferente nas leis especiais.
A PUBLICIDADE DOS DEREITOS REAIS E O REXISTRO DA PROPIEDADE
LECCION 16.- A publicidade dos dereitos reais: o Rexistro da Propiedade.- Os asentos rexistrais.- Os principios hipotecarios. - O principio de fe pública rexistral.
GRUPO B (Profa. Margarita Herrero Oviedo)
INTRODUCIÓN
Lección 1ª. O dereito real: concepto e caracteres.- Clasificación dos dereitos reais. Dereitos patrimoniais de cualificación dubidosa.- La autonomía da vontade na creación de novos tipos de dereitos reais.
A POSESIÓN
Lección 2ª- A posesión: concepto e funcionamento
A posesión: concepto e funcións. Ius possessionis e ius possidendi.- Elementos da relación posesoria: poder de feito, suxeitos e obxecto.- Posesión civil e posesión natural. Posesión en concepto de dono e posesión en concepto distinto de dono. - Posesión mediata e inmediata. O servidor da posesión.- Posesión xusta e inxusta.- Posesión de boa e mala fe.- Posesión viciosa, non viciosa e posesión tolerada.
Lección 3ª- Adquisición, protección e extinción da posesión
A adquisición da posesión: o art. 438 do Código civil.- A perda da posesión: o art. 460 do Código Civil.- As presuncións posesorias. A interversión da posesión.- A protección posesoria e os seus medios: a defensa interdital da posesión.- A función lexitimadora da aparencia posesoria: a presunción de título e equivalencia a título. O art. 464 do Código Civil.- Liquidación do estado posesorio: froitos, gastos e responsabilidade por deterioro e perda.
ADQUISICIÓN E PERDA DOS DEREITOS REAIS
Lección 4ª- O art. 609 Código Civil
Constitución e adquisición dos dereitos reais. O art. 609 do Código civil.- O sistema de adquisición derivativa inter vivos. A tradición: concepto, clases e efectos.- A perda dos dereitos reais.
Lección 5ª- A usucapión
Concepto e clases. -Presupostos da usucapión: suxeitos e obxecto. - Requisitos comúns a toda usucapión. Posesión hábil para usucapir. O tempo: prazos e regras de cómputo. - Requisitos da usucapión ordinaria.
O DEREITO DE PROPIEDADE
Lección 6ª- A propiedade en noso ordenamento e a delimitación do seu contido
O dereito de propiedade no Código Civil e na Constitución de 1978. A función social da propiedade. - A delimitación do contido da propiedade. Límites e limitacións. - Límites institucionais: o abuso de dereito e o ius usus inocui.- Límites en interese público.- Límites en interese privado: as relacións de veciñanza.- As prohibicións de dispor.
Lección 7ª- Modos de adquirir a propiedade
A ocupación, o achado e o tesouro oculto. - A accesión: concepto e clases.- A accesión natural de inmobles.- A accesión industrial de inmobles. O principio superficie solo cedit e a súas excepcións. - A accesión mobiliaria.
Lección 8ª- A protección da propiedade
A protección do dereito de propiedade. A acción reivindicatoria. Concepto, requisitos e efectos. - A acción declarativa.- A acción negatoria.- A acción de deslinde.- A terzaría de dominio.
Lección 9ª- Formas de copropiedade
Ideas xenerais sobre a cotitularidade de dereitos - Copropiedade romana o por cotas. Concepto e fontes de regulación. Dereitos e obrigacións dos comuneiros. Extinción: a división da cosa común. - Comunidade xermánica: tipos que recolle o noso ordenamento. - A propiedade horizontal: elementos, contido e réxime organizativo.
DEREITOS REAIS LIMITADOS. DEREITOS REAIS DE GOCE
Lección 10ª- O dereito de usufruto
O dereito de usufruto: concepto.- Constitución.- Suxeitos e obxecto.- Contido.O principio salva rerum substantia- Extinción.- Usufrutos especiais: o usufruto de disposición e o cuasiusufruto.- Os dereitos de uso e habitación.
Lección 11ª- O dereito de servidume
El dereito de servidume. - Clases.- Constitución.- Contido.- Modificación e extinción.- As denominadas servidumes persoais.- As servidumes legais o forzosas. Especial consideración á servidume de paso. - As servidumes voluntarias. Especial consideración á servidume de luces e vistas. – A chamada servidume de medianería.- A servidume na Lei de Dereito Civil de Galicia.
Lección 12ª- O dereito de superficie e o aproveitamento por quenda de bens inmobles
O dereito de superficie: concepto e réxime xurídico. - O dereito de sobreelevación e subedificación. - O aproveitamento por quenda de bens inmobles de uso turístico.
DEREITOS REAIS DE GARANTÍA
Lección 13ª
Concepto de garantía real, tipoloxía e caracteres. - O dereito real de peñor: concepto, constitución e contido.- O dereito de anticrese.- A hipoteca mobiliaria e o peñor sen desprazamento da posesión.
Lección 14ª
A hipoteca inmobiliaria: natureza e función económi ca.- Modalidades de constitución, forma e suxeitos.- Obxecto da hipoteca: extensión (propia e impropia).- Contido: fase de seguridade e fase de realización de valor- Modificación e extinción da hipoteca- Clases de hipoteca.
DEREITOS REAIS DE ADQUISICIÓN PREFERENTE
Lección 15ª. Dereitos reais de adquisición: concepto e natureza.- Os dereitos reais de adquisición preferente no Código civil.- Os dereitos reais de adquisición preferente nas leis especiais.- Colisión entre os dereitos de adquisición preferente.- A opción inscrita
DEREITO INMOBILIARIO REXISTRAL
Lección 16ª- A publicidade rexistral e a inmatriculación
A publicidade dos dereitos reais inmobiliarios: o Rexistro da Propiedade. Referencia xeral aos principios hipotecarios. A inmatriculación dos predios.
Lección 17ª- Actos e dereitos con acceso ao Rexistro, cualificación e eficacia rexistral
Actos e dereitos que ten acceso ao Rexistro. Tipos de asentos rexistrais. A cualificación rexistral e recursos fronte a unha cualificación negativa. Eficacia do Rexistro da Propiedade.
Grupo C (Prof. Iglesias Redondo)
INTRODUCIÓN
LECCION 1.- O dereito real: concepto e caracteres.- Dereito real e dereito de crédito.- Ius ad rem, dereitos reais in faciendo e obrigas propter rem.- Clases e tipos dubidosos.
A POSESIÓN
LECCION 2.- A posesión: concepto e funcións.- Clases.- A adquisición da posesión.- Efectos da posesión no tráfico mobiliario: o art. 464 CC.- Perda e recuperación da posesión.- Liquidación do estado posesorio.- A protección procesual da posesión.
LECCION 3.- A usucapión: concepto, suxeitos e clases.- Os presupostos da usucapión: posesión e tempo.- Xusto título e boa fe na usucapión ordinaria.- Efectos.
ADQUISICIÓN E PERDA DOS DEREITOS REAIS
LECCION 4.- Constitución e adquisición dos dereitos reais.- O sistema traslativo do Dereito español: a función do título e do modo.- A tradición: concepto.- Clases: a traditio instrumental. Extinción e perda dos dereitos reais.
A PUBLICIDADE DOS DEREITOS REAIS E O REXISTRO DA PROPIEDADE
LECCION 5.- A publicidade dos dereitos reais: o Rexistro da Propiedade.- Os asentos rexistrais.- Os principios hipotecarios. - O principio de fe pública rexistral.
O DEREITO DE PROPIEDADE
LECCIÓN 6: O dereito de propiedade no Código civil e na Constitución de 1978: a función social da propiedade- Caracteres, suxeito e obxecto.- A propiedade inmobiliaria: concepto de finca e o problema da súa individualización.- As facultades dominicais.- Límites e limitacións: relacións de veciñanza e prohibicións de dispor.
LECCION 7.- Modos específicos da adquisición do dereito de propiedade: ocupación, achado e tesouro.- A accesión: a accesión invertida.- As adquisicións a non domino.
LECCION 8.- A protección xurídica da propiedade. As accións declarativa e reivindicatoria.- A acción negatoria.
LECCION 9.- As comunidades de bens.- A comunidade ordinaria ou por cotas.- Dereitos e obrigas dos comuneiros.- Extinción da comunidade: a acción de división. Os montes veciñais en man común no Dereito civil de Galicia.
LECCION 10.- A propiedade horizontal.- Constitución: o título constitutivo.- A cota de participación.- Dereitos e obrigas dos propietarios en relación cos elementos comúns e privativos.- Administración e representación.- A Xunta de Propietarios.
DEREITOS REAIS LIMITADOS
DEREITOS REAIS DE GOCE
LECCION 11.- O dereito de usufruto: o principio salva rerum substantia.- Constitución.- Suxeitos e obxecto.- Contido.- Extinción.- Os dereitos de uso e habitación.
LECCION 12.- O dereito de servidume.- Clases.- Constitución: sentencia, título, signo aparente e usucapión.- Contido e extinción.- Servidume de paso, luces e vistas e medianería no Código Civil.- Servidume de paso e serventía no Dereito Civil de Galicia.
LECCION 13.- O dereito de superficie.- O dereito de sobreelevación e subedificación.- Referencia ao aproveitamento por quenda de bens inmobles.
DEREITOS REAIS DE GARANTIA E DE ADQUISICIÓN PREFERENTE
LECCION 14.- Concepto de garantía real e caracteres.- A hipoteca inmobiliaria.- Constitución: elementos persoais, reais e formais.- Contido: extensión e efectos.- Modificación e extinción.
LECCION 15.- Dereitos reais de adquisición: concepto e natureza.- Clases.- Dereitos de adquisición preferente no Código Civil.- Dereitos de adquisición preferente nas leis especiais.
Bibliografía básica
BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO: Manual de Derecho civil. Derechos reales, Madrid, BERCAL, 8ª ed., 2024.
DIEZ PICAZO, L. y GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho Civil. Vol. 3º, tomo I, Derecho reales en general, 9ª ed., Madrid, Tecnos, 2016. Sistema de Derecho Civil. Vol. 3º, tomo II, Derechos reales en particular, 10ª ed., Madrid, Tecnos, 2019.
LACRUZ BERDEJO, J.L., Elementos de Derecho Civil III. Vol. 1º (3ª ed., 2008) y 2º (3ª ed, 2009). Madrid, Dykinson.
SÁNCHEZ CALERO, F. J. (coord.), Curso de Derecho Civil III. Derechos reales y Derecho Inmobiliario Registral. Tirant lo Blanch, 9ª ed., 2020 (edición papel y digital)
REYES LÓPEZ, M. J., Derecho Civil III Derechos Reales, Tirant lo Blanch, 5ª Edición, 2019 (edición digital)
- Destreza no uso da linguaxe xurídica.
- Habilidade no manexo de textos de Dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil, e da existencia en Galicia de institucións xurídico- reais propias.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflitivas en materia posesoria e dos dereitos reais.
A metodoloxía empregada na impartición da materia vén determinada pola distribución da docencia en aulas expositivas – integradas pola totalidade do grupo- e aulas interactivas – para as que se crean dous subgrupos. Ambos tipos de aulas terán carácter presencial.
As aulas expositivas teñen por obxecto a transmisión clara e sintética das ideas fundamentais e dos conceptos básicos que presiden cada un dos temas, a fin de que o alumno/a posúa as ferramentas esenciais que lle permitan afondar de maneira independente no seu estudo. Co manexo dos textos legais e da xurisprudencia máis relevante, na clase analizaranse os contados mínimos de cada materia, nun intento de propiciar o coñecemento das institucións cunha visión práctica das mesmas. Resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas situacións xurídicas máis controvertidas e se exporán as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os tribunais.
As aulas interactivas, acumuladas en catro semanas, teñen por obxecto o desenvolvemento polo alumno/a, co asesoramento e orientación da docente, de diferentes tipos de actividades, individuais e colectivas, que permitan a consolidación dos seus coñecementos teóricos mediante a súa aplicación a supostos da realidade práctica. Asemade, permiten acadar o obxectivo de potenciar a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno/a. As actividades prácticas propostas facilitaranse a través da Aula Virtual e serán realizadas polos alumnos en horario de clase.
O Campus Virtual -xestionado polo Centro de Tecnoloxías para o Aprendizaxe (CETA)- servirá como ferramenta de apoio á docencia, tanto para facilitar ó estudante a consulta das principais sentenzas e resolucións analizadas no curso das explicacións teóricas como para poñer á súa disposición, con antelación suficiente, as actividades a desenvolver nas aulas interactivas. Poderá ser utilizado como plataforma de entrega polo alumno/a das actividades propostas.
Grupo A (Profª. Díaz Martínez e prof. Rebolledo Varela)
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo. As actividades das clases interactivas terán un peso do 20% (0,5 puntos por semana de clases interactivas) e o 10% restante dependerá da asistencia activa e participación nas aulas, tanto interactivas coma expositivas.
A proba teórico-práctica final, na que se avaliarán o dominio dos conceptos teóricos adquiridos e a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final (70%). O/a alumno/a deberá obter nesta proba un mínimo de 2.8 puntos para aprobar a asignatura.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou superior. O/a alumno/a que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7). Non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0. Ao exame debe levarse e terá que utilizarse a lexislación indicada na clase polos profesores, especialmente o Código Civil e a Lei de Dereito Civil de Galicia.
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase a mesma en ambas as dúas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Cómpre advertirlles expresamente aos alumnos que, consonte a normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, xa que logo, a nota final do estudante que as cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
Para aqueles alumnos aos que se lles concedera a exención de docencia, a cualificación da materia será a obtida no examen final, que se puntuará neste caso sobre 10.
GRUPO B (Profa. Margarita Herrero Oviedo)
Sistema de avaliación: valoraráse a participación nas clases, a entrega de actividades e o exame final.
A cualificación do exame, de carácter escrito, terá en conta o dominio dos coñecementos teóricos e a súa aplicación práctica. A esta proba corresponden 7 puntos posibles sobre o total da nota (70%), calculada sobre un máximo de 10 puntos.
A cualificación da asistencia e das actividades, cun máximo de 3 puntos (30%), súmase á nota obtida no exame sempre que a cualificación deste sexa, como mínimo, de 3.5 puntos. Pero non poderá aprobarse a asignatura cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Réxime para o alumnado con EXENCIÓN DE DOCENCIA: será avaliado a través do exame final, cuxa puntuación será o 100% da nota final.
NOTA IMPORTANTE:
Segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
Igualmente e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Para que o alumno figure como non presentado será necesario que non asista alomenos a un 80% das clases nin realice ningunha actividade.
GRUPO C (Prof. Iglesias Redondo)
Sistema de avaliación: valorarase a participación nas aulas, a entrega de actividades e o exame final.
A cualificación do exame, de carácter escrito, terá en conta o dominio dos coñecementos teóricos e a súa aplicación práctica. A esta proba corresponden 7 puntos posibles sobre o total da nota (70%), calculada sobre un máximo de 10 puntos.
A cualificación da asistencia e das actividades, con un máximo de 3 puntos (30%), súmase á nota obtida no exame a partir dunha puntuación mínima neste de 3 puntos. É necesario reunir un mínimo de 5 puntos para acadar o aprobado. Pero non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha cualificación de 0.
Réximen para o alumnado con exención de docencia: a asistencia substituiráse pola entrega dun traballo académico.
Esta forma de avaliación é única para a primeira e segunda oportunidade. Para posteriores matrículas non se gardará nengunha nota.
NOTA IMPORTANTE:
Segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
Igualmente e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Para que o alumno figure como non presentado será necesario que non asista alomenos a un 80% das clases nin realice ningunha actividade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial nas aulas:
- Docencia expositiva: 37,5/45 horas
- Docencia interactiva: 17,5/10 horas
- Titorías grupo reducido: 5 horas
Traballo persoal do alumno:
- Estudo individual ou en grupo: 73 horas
- Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 horas
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos 10 horas
1. Asistencia regular a clase.
2. Participación activa dos alumnos nas aulas
3. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia)
4. Estudo diario da asignatura.
5. Uso das titorías.
Recoméndase ter superado Introdución ao Dereito civil.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Julio Ignacio Iglesias Redondo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- julioignacio.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Diaz Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814743
- Correo electrónico
- ana.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Margarita Cristina Herrero Oviedo
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814621
- Correo electrónico
- margarita.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
16:00-17:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
17:00-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Venres | |||
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
05.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
05.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
02.07.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
02.07.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |