Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 109.9 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Aplicación dos coñecementos adquiridos no Grado ao desempeño dunha actividade profesional.
- Destrezas organizativas, de planificación e de traballo en equipo
- Desenvolvemento de habilidades prácticas.
- Capacidade de integración e de contribución á dinámica de traballo dun organismo o unha institución.
A carga lectiva corresponde ós 4,5 ECTS de cada unha das materias optativas de prácticas externas distribuirase do seguinte xeito:
a) 80 horas de prácticas presenciais nunha institución colaboradora.
b) 70 horas de preparación das prácticas mediante o traballo persoal do alumno.
c) 5 horas de redacción dunha memoria das actividades realizadas, cuxa extensión deberá ser de entre 5-10 páxinas cumprindo cos mínimos sinalados a continuación:
Modelo de memoria das prácticas externas
• Datos persoais:
• Datos da Institución de destino:
• Nome do titor e cargo que ocupa na Institución de destino:
• Período de realización das prácticas externas:
1. CONTIDO
• Descrición das actividades realizadas na Institución de destino (mínimo 30 liñas)
2. VALORACIÓN:
2.1 Contribución das tarefas asignadas á formación do estudante (mínimo 15 liñas)
2.2 Grao de atención e titorización por parte do responsable na Institución de destino (mínimo 15 liñas)
2.3 Grao de implicación efectiva do estudante no desempeño das tarefas asignadas (mínimo 15 liñas)
2.4 Valoración global (mínimo 30 liñas)
1.- Os alumnos soamente poden realizar as prácticas externas en institucións colaboradoras coa Universidade de Santiago de Compostela, no marco do correspondente convenio asinado expresamente para este fin. A cada alumno asignaráselle un titor na entidade colaboradora para a realización das prácticas.
2.- A duración das prácticas externas é de oitenta horas e realizaranse durante un máximo de catro semanas, a razón de vinte horas cada semana, catro horas cada día. Malia o anterior, por acordo expreso entre o alumno e o responsable da entidade colaboradora pode acordarse unha distribución diferente da carga horaria, garantíndose, en todo caso, a duración total de oitenta horas.
3.- As prácticas externas realízanse no caso da materia do primeiro semestre nos meses de novembro, decembro, xaneiro, e no caso do segundo nos meses de febreiro, marzo, abril e maio, segundo a dispoñibilidade de cada institución colaboradora, consonte a planificación que o Decanato da Facultade fará pública no mes de outubro.
4.- A elección da institución e do período de prácticas levarase a cabo nun acto público que se celebrará na data do mes de outubro fixada polo Decanato da Facultade.
Nese acto, os alumnos matriculados nas prácticas externas serán chamados por orde da nota media simple do seu expediente, obtida directamente do Servizo de Xestión Académica. Cada alumno chamado escollerá a institución e o período de prácticas que desexe dentro dos que se atopen vacantes no momento do seu chamamento.
5.- Aqueles alumnos que non poidan asistir á reunión na data e hora sinaladas poden autorizar por escrito a outra persoa para que faga a elección no seu nome.
Os alumnos que non se atopen presentes ou representados poden solicitar con posterioridade que lles sexa adxudicada unha das prazas que resulten vacantes. Nestes casos atenderase unicamente á data da solicitude.
1.- Para obter a avaliación positiva do rendemento acadado nas prácticas externas é necesario reunir conxuntamente os tres requisitos seguintes:
a) Acreditar a asistencia a un oitenta por cento das horas programadas.
b) Recibir unha cualificación igual o superior a cinco puntos sobre dez do titor asignado pola institución na que se realicen as prácticas. Esta cualificación comunicarase ó Decanato da Facultade.
c) Presentar nos 15 días naturais seguintes ao da finalización das prácticas externas a través do correo electrónico do decanato unha memoria detallada das actividades realizadas, axustándose ao modelo descrito no apartado de Contidos. A memoria, se é valorada positivamente polo/a coordinador/a das prácticas, pode incrementar a cualificación outorgada polo/a titor/a externo ata en dous puntos e medio, sempre que a devandita cualificación sexa igual o superior a cinco puntos, e sen que a cualificación total poida superar os dez puntos.
O/a Vicedecano/a de Organización Académica da Facultade de Dereito actuará como coordinador/a académico/a, sen prexuízo de que a titoría académica corresponda a outro docente, segundo o disposto no convenio aplicable.