Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Proporcionar ao estudantado o coñecemento e manexo das técnicas estatísticas necesarias para a análise descritiva de datos económicos e empresariais así como a metodoloxía das principais estatísticas das que dispoñemos.
- Dotar ao estudantado da capacidade de elaboración de informes estatísticos sobre algún fenómeno económico a partir da análise estatística dos datos e a súa interpretación.
- Iniciarse na análise de datos empíricos da realidade económica, empregando ferramentas informáticas.
- Ser quen de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada fenómeno, contextualizar os resultados obtidos e interpretalos.
- Desenvolver as capacidades de entendemento, razoamento, crítica e expresión oral e escrita, mediante a utilización dun léxico estatístico-económico-empresarial adecuado
BLOQUE 1. Análise descriptiva dunha e varias variables. Concentración.
Tema 1. Cuestións introdutorias: Conceptos, e fontes estatísticas.
Tema 2. Análise descritiva dunha variable.
Tema 3. Estatísticas descritivas para a relación entre dúas variables
Tema 4. Introdución ás técnicas de regresión e correlación.
BLOQUE 2: Números índices e series temporais.
Tema 5. Números índices
Tema 6. Análise clásica de series temporais: Definición, compoñentes e predición
BLOQUE 3. Probabilidade e variables aleatorias
Tema 7. Probabilidade e variables aleatorias.
Tema 8. Variables aleatoria continuas e discretas
BLOQUE 4 Estatísticas económicas; Aplicacións ao ámbito da economía usando software estadístico
Bibliografía básica
- Levine, D. M., Krehbiel, T. C., Ingebook, & Berenson, M. L. (2014). Estadística para administración (Sexta edición). Pearson Educación de México.
- Lind, D. A. (2019). Estadística aplicada a los Negocios y la economía (Decimoséptima edición). McGraw-Hill.
- Martín Pliego, Francisco Javier, y Marta García Secades. (2007) Introducción a la estadística económica y empresarial: teoría y práctica. 3a ed. rev. y act. / por Marta García Secades. Thomson.
- Newbold, P., Carlson, W. L., & Thorne, B. M. (2013). Estadística para administración y economía (8a ed). Pearson Educación.
- Pérez Suárez, R. (1997). Análisis de datos económicos. Pirámide.
Na aula da materia no Campus virtual indicaranse referencias máis específicas para temas concretos e indicarase outro material complementario de apoio.
C7. Coñecer e interpretar as ferramentas e técnicas cuantitativas fundamentais (matemáticas, estatísticas, econométricas) para a análise, diagnóstico e prospección económico-empresarial e para a toma de decisións.
HD1. Analizar de forma crítica información procedente de distintas fontes que permita adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas ou tomar decisións.
HD2. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, resultados, problemas e solucións.
HD4. Desenvolver capacidade para a aprendizaxe autónoma.
HD7. Manexar distintas técnicas cuantitativas e/ou cualitativas para a visualización, análise e modelización dos datos económico-empresariais.
HD8. Empregar eficientemente as ferramentas informáticas aplicadas ás diferentes materias propias da Ciencia Económica e os medios tecnolóxicos ao seu alcance.
CP8. Xerar estudos e informes a partir da análise e modelización de datos económicos, empregando técnicas e ferramentas matemáticas, estatísticas e econométricas.
A metodoloxía docente estrutúrase en base a 3 compoñentes:
1) Clases maxistrais (sesións expositivas, 24 horas). Nestas sesións explicaranse os contidos teóricos de cada un dos temas que conforman a materia, combinándoos con exemplos prácticos no ámbito da economía que permitan asimilar e comprender con máis facilidade ditos contidos. Ademais das referencias incluídas nas bibliografía, nestas sesións proporcionarse, outros materiais docentes idóneos para a correcta aprendizaxe en cada un dos bloques temáticos da materia.
2) Sesións interactivas de laboratorio (26 horas). Desenvolveranse preferentemente nas aulas de informáticas dado que a docencia práctica desenvolverase facendo emprego de programas informáticos específicos para a análise estatística. Nestas sesións, serán resoltos distintos casos prácticos de análise económica estatística que servan de aplicación aos contidos teóricos presentados nas sesións expositivas e proporanse, para a súa resolución por parte do estudantes, outros exemplos de aplicación. Dado que como se acaba de sinalar, nas clases interactivas aplicaranse os contidos explicados nas sesións expositivas, faise imprescindible a asistencia regular tanto a clases expositivas como interactivas.
3) Aprendizaxe baseado en la capacidade de resolución de problemas. Ao longo do curso proporase a resolución de problemas para a súa resolución autónoma por parte do estudante.
Lémbrase ao estudantado que cada profesor/a da materia ten dispoñibles 6 horas semanais de titorías. A través das titorías o estudantado poderá resolver aquelas dúbidas que lle xurdan con respecto á materia en canto aos conceptos presentados nas sesións expositivas, as actividades realizadas nas aulas interactivas ou no desenvolvemento do traballo autónomo.
1. Sistema xeral de avaliación:
O sistema xeral de avaliación, tanto para a primeira como a segunda convocatoria, consta de dúas compoñentes de avaliación, avaliación continua e exame, e a nota final será o resultado da suma das cualificacións obtidas en cada unha das compoñentes coa seguinte ponderación:
• O 70% da nota final obtida mediante exame escrito, incluíndo contido tanto teórico como práctico.
• O 30% da nota final é resultado da avaliación continua en base as actividades propostas ao longo do curso.
O detalle das actividades e a puntuación concreta de cada unha delas recollerase na Guía docente que se presentará o primeiro día de clase e se porá a disposición do estudantado no Campus Virtual. Na mesma Guía tamén se indicará o procedemento para compensar as actividades de avaliación continua non realizadas cando o/a estudante non asista a clase por causa xustificada
De forma xeral, o tipo de actividades que se prevé desenvolver son:
• Propostas de casos aplicados para a resolución autónoma por parte do estudante, a realizar ben individualmente ou en equipo.
• Tests/Probas para a avaliación de contidos de carácter teórico, a realizar preferentemente nas clases expositivas.
• Resolución dun caso práctico mediante o uso do programa informático para á análise estatística empregado en clase, pensada para avaliar tanto a aplicación dos contidos vistos en clase como o manexo do programa informático. Realizarase preferentemente nunha sesión interactiva e para poder realizala requírese ter resoltas correctamente as actividades prácticas propostas para a resolución autónoma (ítem 1).
Cando o estudante realizase actividades do proceso de avaliación continua recollidas na guía docente da disciplina, figurará na acta coa cualificación correspondente, incluso no caso de que non se presente o exame. Se non realiza ningunha actividade do proceso de avaliación continua e tampouco se presenta ao exame, figurará na acta coa anotación de "Non presentado".
2. Avaliación do estudantado con dispensa de asistencia a clase
A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster.
Tanto na primeira como na segunda convocatoria os estudantes aos que se lles conceda a exención de asistencia a clase serán avaliados cun exame final específico que suporán o 100% da cualificación. O exame global consta de contido tanto teórico como práctico e poderá consistir na realización dun test, cuestións teóricas e exercicios prácticos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Dado que o estudante ten aproximadamente unha carga docente de 50 horas presenciais, as 100 horas restantes son horas que debería dedicar a traballar de maneira autónoma a materia para asimilar os contidos da mesma. Este tempo de estudo e de traballo autónomo debería distribuírse ao longo do cuadrimestre de maneira regular. As actividades de avaliación continua distribúense de xeito regular ao longo do cuadrimestre, polo que é fundamental levar os coñecementos da materia ao mesmo ritmo que se expoñen nas sesións docentes expositivas e interactivas.
Para realizar ese traballo autónomo o estudante dispón dos recursos incorporados no Campus Virtual, dos manuais da bibliografía e dos programas e paquetes informáticos indicados polo profesorado nas sesións docentes. Para calquera dúbida ou problema que o estudante detecte no seu tempo de estudo e de traballo autónomo o estudante pode solicitar unha titoría co profesorado da materia.
De forma aproximada na táboa recóllese o reparto do tempo de estudo e de traballo autónomo a modo de orientación para o/a estudante
Docencia teórica____________________________24 horas
Docencia interactiva laboratorio/aula informática___26 horas
Tutorización en grupo reducido_________________1 hora
Trabajo personal del alumnado_________________ 99 horas
Xose Anton Rodriguez Gonzalez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811529
- Correo electrónico
- xoseanton.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Teresa Cancelo Marquez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811642
- Correo electrónico
- maite.cancelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Del Carmen Lopez Andion
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811641
- Correo electrónico
- carmen.lopez.andion [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Emilia Vazquez Rozas
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811524
- Correo electrónico
- emilia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Iglesias Casal
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811546
- Correo electrónico
- ana.iglesias.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xulia Guntin Araujo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811548
- Correo electrónico
- xulia.guntin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Neira Gomez
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811547
- Correo electrónico
- isabel.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pilar Exposito Diaz
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- pilar.exposito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Eva Maria Aguayo Lorenzo
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811518
- Correo electrónico
- eva.aguayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
18:30-20:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
Venres | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula C |
16.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_6 | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1a | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_1b | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_2 | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_3 | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4a | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_4b | Aula A |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIL_5 | Aula A |