Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como propósito introducir o alumno aos conceptos e ao método de análise da economía e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ao nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este propósito xeral, o curso persegue os seguintes obxectivos específicos. Primeiro, que o alumno adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía. Segundo, que coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das distintas áreas da economía. Finalmente que, mediante o emprego de modelos sinxelos, o alumno se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa e ao estudo do funcionamento das economías de mercado.
Pensar e traballar como un economista.
Como funciona o mercado: a oferta e a procura.
O resultado do mercado: a eficiencia.
A producción agregada, a asignación de recursos e o crecemento
Os prezo e a inflación
O sistema monetario
Bibiografía básica:
Mankiw, N. G. (2015), Principios de Economía. 7a. edición, Cengage Learning
Bibliografía complementaria:
Fernández Díaz A., D., Fischer, S. y Dornbusch, R. (2006), Economía, 8a. edición, McGraw-Hill.
Graue, Ana. (2009). Fundamentos de Economía. Pearson.
Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2015), Fundamentos de Economía. 3ª edición, Ed. Reverté.
Lipsey, Richard y Chrystal, Alec. (1999), Introducción a la Economía Positiva. 13a. edición, McGraw-Hill.
Mochón, Francisco y Castejón Rafael. (2005), Economía, Teoría y Política. 5a. edición, McGraw-Hill
Phelps, Edmund S. (1993). Economía política : un texto introductorio, Antoni Bosch, Barcelona
Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2010), Economía. 19a. edición, McGraw-Hill
Stiglitz, Joseph. y Walsh, Carl. (2009), Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Editorial. Ariel
Stiglitz, Joseph y Walsh, Carl. (2004), Macroeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel
Tugores J. y otros (1993) Introducción a la Economía. Problemas y Cuestiones. 2ª edición. Vincens Vives.
Zabaleta,A. y Castejón, R. (2009). Introducción a la Economía. 2ª edición. Prentice-Hall.
C1. Coñecer os conceptos, modelos e métodos de análise propios da Microeconomía.
C2. Coñecer os conceptos, modelos e métodos de análise propios da Macroeconomía.
HD1. Analizar de forma crítica información procedente de distintas fontes que permita adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas ou tomar decisións.
HD7. Manexar distintas técnicas cuantitativas e/ou cualitativas para a visualización, a análise e a modelización dos datos económico-empresariais.
HD9. Empregar as técnicas que se usan máis habitualmente en Economía para representar formalmente os modelos e teorías económicas.
CP2. Contribuír á xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
CP6. Avaliar o impacto social, económico e ambiental da actividade económica.
O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e discusión de problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a consolidar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e a discusión de casos e a discusión e análise de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe a materia así como a claridade e capacidade expositiva, a creatividade e a iniciativa para a participación activa. O alumno será avaliado ao longo de todo o curso e ao termino de mesmo aplicarase un exame final.
A avaliación continua ao longo do curso levará a cabo fundamentalmente durante as clases interactivas e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: preguntas e exercicios, resolución de cuestionarios tipos test e de resposta curta. As probas serán tanto parciais como acumulativas podéndose contemplar probas que deberán facerse sen ningún tipo de auxilio externo e probas que se poderán facer a libro aberto.
A nota da avaliación continua representará o 30% da nota.
O exame final pola súa banda representará como o 70% da nota.
A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster. Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispénsa de asistencia a clase, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliaráselle cun exame final que supoñerá o 100% da nota do curso. Os alumnos repetidores estarán suxeitos ás mesmas condicións de avaliación que o resto agás se teñen concedida a dispensa de asistencia a clase.
Este sistema de avaliación aplica tanto á oportunidade ordinaria como á extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
traballo persoal do estudante: 99, titoría en grupo reducido: 1
Recomendacións previas: álxebra e cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razoamento dedutivo e indutivo.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación), as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
Na nota final do curso só consideraranse como "non presentados" aqueles alumnos que non se presenten a ningunha das actividades académicas avaliables conforme ao establecido na guía docente. O "non presentado" e todo o relativo ao esgotamento de convocatorias se rexe polo establecido no DOG Número 136 do 17 de xullo de 2012.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Fernando Del Rio Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- fernando.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Manuel Amoedo Meijide
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811715
- Correo electrónico
- jm.amoedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
Venres | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 20 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
18.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |