Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
.- Iniciar ao estudantado na xestión empresarial, proporcionándolle unha visión xeral da realidade empresarial e dos retos aos que se enfronta a dirección.
.- Identificar os elementos constituíntes da empresa.
.- Comprender a complexidade e o contido da área directiva: actividades, destrezas, decisiones.
.- Comprender os elementos que influen na empresa, tanto externos como internos.
.- Comprender a importancia da planificación para consegui-los obxectivos da organización e do control.
.- Comprender os aspectos que afectan ó deseño da estructura dunha empresa.
.- Concienciar ao estudantado da importancia que teñen as persoas e da necesidade de dirixilas adecuadamente.
1.- A empresa dende a perspectiva organizativa.
2.- Natureza da planificación e fundamentos de control.
3.- Fundamentos da estructura organizativa.
4.- Motivación, liderado e comunicación.
5.- A dirección dos recursos humanos.
6.- Fundamentos do comportamento individual e grupal.
Bibliografía básica:
ROBBINS, Stephen; COULTER, Mary (2018). Administración (13º edición). Pearson – Prentice Hall.
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2016). Introdución á dirección de empresas. Pearson.
CURTO RODRÍGUEZ, Eduardo; GARCÍA CHAS, Romina; CASTRO CASAL, Carmen (Coord.) (2012).
Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
Bibliografía complementaria
ROBBINS, Stephen; DECENZO, David (2017). Fundamentos de Administración. Conceptos esenciales y aplicaciones. Pearson.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, Esteban (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
GOMEZ-MEJIA, Luis; BALKIN, David (2003). Administración. McGraw-Hill.
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Fundamentos teóricos da toma de decisións.
- Teoría básica da empresa.
- Xestión de empresas.
- Capacidade para integrase na xestión empresarial.
Competencias específicas da materia:
– Capacidade para comprender-la empresa dende unha perspectiva organizativa.
– Capacidade para identificar e comprender os factores contextuales que afectan as empresas e organizacións.
– Coñecer e comprender as funcións básicas do proceso de dirección e as súas interrelacions
– Capacidade para relacionar a teoría coa práctica.
– Capacidade para aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da xestión.
– Capacidade de razoamento crítico.
– Capacidade de análise e síntese.
– Capacidade de argumentación e comunicación.
– Capacidade para traballar en equipo.
Por tratarse dunha materia en extinción a materia non ten docencia. O estudantado terá dereito a titorías para resolver dúbidas e solucionar problemas de aprendizaxe. As titorías realizaranse de xeito presencial e virtual (asíncrono a través do campus virtual e/ou correo electrónico).
A avaliación realizarase mediante un exame final dos contidos da materia, realizado nas datas establecidas no calendario oficial, que suporá o 100% da cualificación.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”
A materia ten 6 ECTS equivalentes a 150 horas.
Non se requiren coñecementos previos para estudar esta materia.
Paula Alvarez Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811618
- Correo electrónico
- p.alvarez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
05.06.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula 07 |
08.07.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 07 |