Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Aproximar o alumnado ás características e tendencias máis destacadas da historia económica española desde finais do século XVIII ata a actualidade, constatando as particularidades económicas que aproximan e separan a España da tendencia xeral dos países máis desenvolvidos de Europa.
2) Tendo en conta que as formacións socioeconómicas son históricas, insistirase na comprensión de que o crecemento económico ten sempre lugar dentro de formacións sociais. Polo tanto, para entender a complexidade do mundo socioeconómico, é necesaria a análise histórica, que supere as aproximacións meramente "presentistas".
3) Relacionado co obxectivo anterior, ensinaráselles ao alumnado a analizar series históricas e a interpretalas coa axuda da teoría económica e co recurso aos métodos cuantitativos.
4) Buscarase que o conxunto do alumnado desenvolva habilidades enfocadas á comprensión dos continuos procesos de cambio que afectan ao conxunto das sociedades humanas así como a súa actividade individual.
1.INTRODUCIÓN. A ECONOMÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XVIII
1.1. Crecemento da poboación e réximes demográficos. 1.2. Agricultura e reformismo agrario ilustrado. 1.3. Artesanado, manufacturas e mercados. 1.4. Gastos militares, reformas da facenda, endebedamento e creación do Banco Nacional de San Carlos
2. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E A REVOLUCIÓN LIBERAL (1789-1840)
2.1. As contradicións do legado histórico e os factores conxunturais. 2.2. Os cambios institucionais de carácter liberal. 2.3. A parálise manufactureira e os cambios no comercio. 2.4. A situación monetaria e bancaria. 2.5. Un balance do período
3. A INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA (1840-1880). FREOS E IMPULSOS
3.1. España ante os cambios no comercio e a industrialización europea. 3.2. Estado, infraestruturas e capitais. 3.3. Creación e crise da banca moderna. 3.4. A expansión agraria e os seus límites. 3.5. O desenvolvemento mineiro. 3.6. A industria: téxtil, siderometalurxia e sectores non líderes
4. DA CRISE FINISECULAR Á PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
4.1. Da Gran Depresión á modernización económica. 4.2. As políticas comercial, monetaria e fiscal. 4.3. O transporte, as comunicacións e as relacións exteriores. 4.4. O auxe intersecular, a nova banca mixta e o arranque da segunda revolución industrial
5. A ECONOMÍA ESPAÑOLA ENTRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL E A GUERRA CIVIL.
5.1. O impacto da Primeira Guerra Mundial sobre a economía española. 5.2. A crise de posguerra, a prosperidade dos anos vinte e a distribución do ingreso. 5.3. Crecemento e cambios estruturais durante a ditadura. 5.4. As políticas económicas da Ditadura de Primo de Rivera e da Segunda República. 5.5. A inversión estranxeira e o crecemento industrial. 5.6. A depresión dos anos trinta e o fracaso do reformismo social e político
6. A ESPAÑA DO PRIMEIRO FRANQUISMO (1939-1959)
6.1. A economía española durante a Guerra Civil. 6.2. Autarquía, intervencionismo e contrarreforma social. 6.3. O fracaso da autarquía e as reformas dos anos cincuenta. 6.4. A industrialización substitutiva de importacións
7. A ETAPA DO "DESARROLLISMO". DO PLAN DE ESTABILIZACIÓN Á CRISE DO PETRÓLEO
7.1. O Plan de Estabilización e a apertura externa. 7.2. A modernización agraria. 7.3. Un acelerado crecemento industrial. 7.4. A política económica e as debilidades do proceso de modernización
8. A ECONOMÍA ESPAÑOLA NO PERÍODO DEMOCRÁTICO (1976-2007)
8.1. “Shock” enerxético, crise económica e transición política en España. 8.2. Reconversión industrial, saneamento bancario e políticas estruturais. 8.3. A economía española desde a entrada na CEE ata a creación da Unión Monetaria Europea. 8.4. A economía española na Unión Económica e Monetaria.
MANUAIS BÁSICOS:
CARRERAS, A. e TAFUNELL, X. (2010), Historia económica de la España contemporánea (1789-2009). Barcelona, Crítica.
CARRERAS, A. e TAFUNELL, X. (2018), Entre el imperio y la globalización. Historia económica de la España contemporánea. Barcelona, Crítica.
COMÍN, F.; HERNÁNDEZ, M. e LLOPIS, E. (eds) (2002), Historia Económica de España (siglos X - XX). Barcelona, Crítica.
MALUQUER DE MOTES, J. (2014), La economía española en perspectiva histórica. Barcelona, Pasado y Presente.
REFERENCIAS COMPLEMENTARIAS:
ALCAIDE INCHAUSTI, J. (Dir.) (2007), Evolución de la población española en el siglo XX por provincias y comunidades autónomas. Bilbao, Fundación BBVA.
BARCIELA, C.; LÓPEZ, M. I.; MELGAREJO, J.; MIRANDA, J. A. (2005), La España de Franco (1939-1975). Madrid, Síntesis.
BRODER, A. (2000), Historia económica de la España Contemporánea. Madrid, Alianza.
CARMONA, J. e SIMPSON, J. (2003), El laberinto de la agricultura española. Zaragoza, PUZ.
CARRERAS, A., TAFUNELL, x. (coord.) (2005), Estadísticas históricas de España, siglos XIX y XX. Madrid, Banco Exterior de España.
CATALÁN, J. (1995), La economía española y la Segunda Guerra Mundial. Barcelona, Ariel.
COLLANTES, F. (2017), La economía española en 3D. Oferta, demanda y largo plazo. Madrid, Pirámide.
COMÍN, F. (1996), Historia de la Hacienda Pública II. España (1808-1995). Barcelona, Crítica.
ETXEZARRETA, M. (coord.) (1991), La reestructuración del capitalismo en España, 1970-1990. Barcelona, Icaria.
FERNANDEZ DE PINEDO, E. e HERNANDEZ MARCO, J.L. (eds.) (1988), La industrialización del norte de España. Barcelona, Univ. País Vasco/Crítica.
FONTANA, J. (ed.) (1986), España bajo el franquismo. Barcelona, Crítica.
GARCÍA DELGADO, J. L. (dir.) (1993), España. Economía. Madrid, Espasa Calpe.
GARCÍA SANZ, A.; GARRABOU, R.; JIMÉNEZ BLANCO, J. I. e BARCIELA, C. (eds.) (1985), Historia agraria de la España Contemporánea. 3 Vols. Barcelona, Crítica.
GARRABOU, R. (ed.) (1988), Las crisis agrarias de fines del siglo XIX. Barcelona, Crítica.
GERMÁN, L.; LLOPIS, E.; MALUQUER, J. e ZAPATA, S. (eds.) (2001), Historia económica regional de España, siglos XIX y XX. Barcelona, Crítica.
GÓMEZ MENDOZA, A. (1989), Ferrocarril, industria y mercado en la modernización de España. Madrid, Espasa Calpe.
GRUPO DE ESTUDIOS DE HISTORIA RURAL (1981), Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935. Madrid, Ministerio de Agricultura.
HERNÁNDEZ ANDREU, J. e GARCÍA RUÍZ, J. L. (coords.) (1996), Historia monetaria y financiera de España. Madrid, Síntesis.
LE BOT, F.; PERRIN, C. (dir.) (2011), Les chemins de l’industrialisation en Espagne et en France. Les PME et le développement des territoires (XVIIIè-XXIè siècles). Bruxelles, Peter Long.
LLOPIS, E. (ed.) (2004), El legado económico del Antigo régimen en España. Barcelona, Crítica.
LLOPIS, E. e MALUQUER DE MOTES, J. (EDS.) (2013), España en crisis. Las grandes depresiones económicas, 1348-2012. Barcelona, Pasado y Presente.
NADAL, J. (1975), El fracaso de la Revolución Industrial en España, 1814-1913. Barcelona, Ariel.
NADAL, J. (1984), La población española (siglos XVI a XX). Barcelona, Ariel.
NADAL, J.; CARRERAS, A. e SUDRIÀ, C. (eds.) (1987), La economía española en el siglo XX. Una perspectiva histórica. Barcelona, Ariel.
NAREDO, J. M. (1996), La evolución de la agricultura en España (1940-1990). Granada, Univ. de Granada.
NÚÑEZ, C. E. (1992), La fuente de la riqueza. Educación y desarrollo económico en la España contemporánea. Madrid, Alianza.
PÉREZ MOREDA, V. e REHER, D.S. (eds.), (1988), Demografía histórica en España. Madrid, El Arquero.
PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (1988), De Imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en España (1780-1930), Madrid, Alianza.
PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (2003), El progreso económico de España (1850-2000). Bilbao, Fundación BBVA.
SÁNCHEZ ALBORNOZ, N. (1988), Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930, Madrid, Alianza.
SÁNCHEZ ALONSO, B. (1995), Las causas de la emigración española, 1880-1930, Madrid, Alianza.
TORTELLA CASARES, G. (1973), Los o
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBUE A MATERIA:
• Coñecer e comprender os principios básicos da economía e da historia económica.
• Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
• Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
• Iniciarse na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
• Participar no traballo en equipo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Coñecemento dos principais trazos da economía preindustrial española e dos elementos que levaron á crise do Antigo Réxime.
- Comprensión do proceso de transformación polo que atravesaron os sectores produtivos españois ao longo do século XIX, incluíndo atrancos e avances e tendo en conta o papel xogado polas políticas económicas implementadas
- Entender os cambios económicos, sociais e políticos que se produciron na España do século XX, diferenciando claramente as principais etapas dun século marcado por dúas guerras mundiais, a Guerra Civil española e a formación da Comunidade Europea, na que España se integra tardiamente.
- Os/as futuros/as economistas, despois de cursar esta materia, deberían ter unha perspectiva xeral da evolución económica de España desde o século XVIII ata a actualidade, ser capaces de inserir o caso español dentro da evolución da economía europea e de comprender as diferenzas rexionais existentes dentro de España.
1. Leccións: a cargo do profesor ou profesora, baseándose preferentemente na lección maxistral, aínda que co apoio de novas técnicas docentes (proxeccións, promoción da intervención e o debate) e, sobre todo, do fomento dos hábitos de lectura.
2. Seminarios: trátase de sesións sobre temas específicos do programa ás que o alumnado debe acudir tendo realizadas algunhas lecturas previamentes sinaladas e outras complementarias de propia selección, para realizar intervencións, redaccións ou debates sobre o seu contido.
3. Traballo de curso facultativo: realizado polo alumnado baixo tutela do profesor, quen preestablecerá o formato dos mesmos, así como o calendario para a súa realización.
4. Resolución de exercicios prácticos na aula por parte do alumnado.
5. As titorías realizaranse de forma presencial.
6. O Campus Virtual constitúe unha importante ferramenta de apoio para o desenvolvemento da materia. Nel deixaranse materiais útiles para a súa preparación e tamén se poderá encargar a realización de actividades por parte do alumnado a través do mesmo.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
I. Modalidade de avaliación continua:
Para o alumnado que asista como mínimo ao 80% das clases interactivas. O sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Realización de diferentes actividades e participación na aula.
Peso na cualificación final: 40%
b. Proba final escrita presencial, na que se podrán combinar distintos tipos de preguntas: tipo test (dirixidas a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia); preguntas curtas ou tipo ensaio, comentario de textos e gráficos.
Peso na cualificación final: 60%.
Para superar a materia por esta modalidade é necesario cumprir os seguintes requisitos:
1) Acadar unha nota global igual ou superior a 5, obtida a partir da suma da media do conxunto de actividades de avaliación continua e máis da nota do exame final, ponderadas en cada caso polas porcentaxes indicadas máis arriba.
2) Obter en cada un dos bloques (media das actividades de avaliación continua e exame) como mínimo o 40% da cualificación máxima.
II. Modalidade de avaliación única
Para o resto do alumnado (que non asista como mínimo ao 80% das clases interactivas) a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita presencial coas características citadas anteriormente e que deberán preparar polos textos recollidos na bibliografía básica. Esta modalidade de avaliación será tamén a aplicable ao alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase.
O sistema de avaliación exposto aplicarase tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Finalmente, o alumnado repetidor terá as mesmas posibilidades de avaliación, sendo aplicados, por tanto, os mesmos criterios.
Horas presenciais:
- Clases en grupos grandes…………………………………................................................... 17 horas
- Clases interactivas en grupos reducidos............................................................. 31 horas
- Titorías en grupos moi reducidos …………………………….…..........................................3 horas
TOTAL (en clase) ……………………………………………………………...........................................51 horas
Traballo persoal da alumna ou alumno: 99 horas
Cada alumno decidirá a distribución desas 99 horas como considere máis adecuado. Non obstante, proponse como orientación o seguinte reparto:
- Estudo e preparación dos materiais correspondentes á parte teórica da materia: 32 horas (2 horas de estudo por cada hora de docencia expositiva, 16 *2=32).
- Preparación das lecturas, das exposicións orais e redacción de informes e comentarios de textos: 52 horas.
Será fundamental seguir a materia día a día e participar nas tarefas, presenciais ou virtuais, postas a disposición do alumnado, pois só nese caso se poderá superar o curso con éxito.
Bruno Esperante Paramos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- b.esperante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carlos De Francisco Mantiñan
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811668
- Correo electrónico
- carlos.francisco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
Xoves | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
26.05.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
09.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |