Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1- Comprender o impacto social dos Medios de Comunicación e da web social no contexto social e educativo.
2- Desenvolver unha actitude reflexiva e crítica ante os medios de comunicación e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
3- Coñecer a linguaxe dos Medios de Comunicación e dos servizos e recursos Web 2.0.
4- Coñecer os tipos de redes sociais.
5- Deseñar e utilizar materiais dixitais en rede.
6- Crear e dinamizar redes e comunidades educativas virtuais.
7- Deseñar e xestionar estratexias de colaboración e participación na web social.
BLOQUE I: Linguaxe e impacto social dos medios de comunicación. Converxencia dos medios na web: presenza dos medios de comunicación con formatos mais dinámicos e participativos.
BLOQUE II: A web como plataforma social para a participación, colaboración e construción colectiva do coñecemento. Ferramentas e servizos web 2.0: uso e aplicacións educativas. Redes sociais: posibilidades e limitacións.
BLOQUE III: Deseño de escenarios educativos na web social. Metodoloxías para a colaboración e a formación en rede. Creación e dinamización de redes e comunidades virtuais. Educadores en rede. Software libre e aprendizaxe aberta.
Básica
-Ambrós Pallares, A. (2011). 10 ideas clave: Educar en medios de comunicación: la educación mediática. Barcelona: Graó .
-Cebreiro, B., Fernández-Morante, C. y Casal, L. (2023). La Tecnología Educativa y el desafío de la formación en red (63-86). En M.A. Santos, M. Lorenzo y J. García (Coords.), La educación en red. Una perspectiva multidimensional. Octaedro. ISBN 978-84-19312-65-5
-Cobo, C. y Moravec, J.W. (2011). Aprendizaje invisible. Hacia una nueva ecología de la educación. Barcelona: Colecció Transmedia XXI. Laboratori de Mitjans Interactius https://www2.educationfutures.com/books/aprendizajeinvisible/download/A…
-Gisbert, M., Lázaro, J. L., & Esteve, V. (2023). Investigar e innovar en la era digital: Aportaciones desde la tecnología educativa. Ediciones Octaedro.
Complementaria
- Barragán Sánchez, R., & Ruiz Pinto, E. (2013). Brecha de género e inclusión digital: el potencial de las redes sociales en educación. Profesorado: revista de currículum y formación del profesorado,17(1).
- Castañeda. L. y Adell, J. (Eds.), Entornos Personales de Aprendizaje: Claves para el ecosistema educativo en red (pp. 53-70). Alcoy: Marfil. Recuperado (25-5-2013) de http://digitum.um.es/xmlui/bitstream/10201/30410/1/capitulo3.pdf
- Castaño Garrido, C. (2008). Prácticas educativas en entornos Web 2.0. Madrid: Síntesis.
- Feixa, C., Fernández-Planells, A. & Figueras-Maz, M. (2016). Generación Hashtag. Los movimientos juveniles en la era de la web social. Revista Latinoamericana de Ciencias Sociales, Niñez y Juventud, 14 (1), pp. 107-120
- Garcia Aretio, L. (2019).Necesidad de una educación digital en un mundo digital. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(2), pp. 09-22.doi: https://doi.org/10.5944/ried.22.2.23911
- Tejada Garitan. E., Castaño Garrido, C., y Romero Andonegui, A. (2019). Los hábitos de uso en las redes sociales de los preadolescentes. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 22(2),pp. 119-133. https://doi.org/10.5944/ried.22.2.23245
- Gutierrez-Martín, A. y Karhleen, A. (2012) Educación para los medios, alfabetización mediática y competencia digital. Comunicar, 19(38). https://www.revistacomunicar.com/index.php?articulo=38-2012-05&contenid…
- Martínez- Pérez, A. y Lezcano-Barbero, F. (2020). Posibilidades de las herramientas web 2.0 para el trabajo de los educadores y educadoras sociales. En E. Sánchez, E. Colomo, J. Ruíz y J. Sánzhez (Eds). Tecnología Educativa y estrategias didácticas. (pp.986-995).https://www.researchgate.net/publication/345809121_Posibilidades_de_las…
- Moreno, A. y Suárez, C. (2009). Las comunidades virtuales como nuevas formas de relación social: Elementos para el análisis https://webs.ucm.es/info/especulo/numero43/covirtual.html
- Salinas, J., Pérez, A. y De Benito, B. (2008). Metodologías centradas en el alumno para el aprendizaje en red. Madrid: Síntesis.
- Siemens, G. (2006). Conectivismo. Una teoría de aprendizaje para la era digital.
- Taddeo, G., de-Frutos-Torres, B., & Alvarado, M. (2022). Creators and spectators facing online information disorder. Effects of digital content production on information skills. [Creadores y espectadores frente al desorden informativo online. Efectos de la producción de contenidos digitales en competencias informativas]. Comunicar, 72, 9-20. https://doi.org/10.3916/C72-2022-01
-Competencias Xerais e Básicas:
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
-Competencias específicas:
CE1.2 - Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5 - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.1 - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.3 - Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
CE2.4 - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que leve a cabo.
-Competencias Transversais:
CT1 -Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos
CT5 - Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
Esta materia está concibida como un proceso de aprendizaxe teórica-práctico que leve ao alumnado a coñecer os fundamentos teóricos e conceptos relacionados cos medios de comunicación e a web social, como a analizar e por en prácticas habilidades crave fronte a estes recursos.
A metodoloxía que se utilizará nesta materia estruturarase mediante dous elementos básicos: sesións expositivas e sesións interactivas de traballo.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS:
Orientaranse á presentación, explicación de temas e a análise da documentación básica incluída no dossier. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Presentación dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos.
- Dossier da materia: son unha selección de documentos representativos do contido preparados polo profesor e entregados progresivamente que son de lectura obrigatoria. Serven como complemento e profundización dos contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e o estudo individualizado sobre un tema.
- Resolución de casos, análises de experiencias e exemplos de boas prácticas a través de material audiovisual, en rede e multimedia, actividades colaborativas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS (PRÁCTICAS DE LABORATORIO):
Estas sesións estarán orientadas á execución de actividades prácticas con medios especializados e o seu seguimento para a avaliación continua: análise de medios de comunicación, aplicación de servizos e ferramentas web 2.0, deseño / dinamización de comunidades educativas virtuais, creación de materiais e escenarios educativos dixitais. Nestas sesións requírese a participación de forma continua.
Utilizaranse as ferramentas institucionais virtuais (Campus Virtual, Office 365) como espazos nos que se atoparán os materiais de traballo das prácticas, materiais dixitais complementarios e realizarase a entrega das producións dos estudantes.
As prácticas da materia que levan a cabo nas sesións de laboratorio (principalmente, aínda que teñen continuidade fóra das horas de clase) teñen como eixo o traballo sobre a web social e os medios de comunicación. Utilizaranse distintos programas e aplicacións online para a realización das tarefas. Desenvolveranse prácticas, individuais e en grupo, de rastrexo nas redes -de boas prácticas-, análises de documentos escritos e audiovisuais, inmersión na web social e pequenas dinámicas de xogos de roles.
O alumnado realizará dúas prácticas obrigatorias que terán un peso específico na avaliación:
Práctica 1 (primeira parte da materia): Análise do impacto dos Medios de Comunicación e a Web Social e creación dunha proposta de intervención socio-educativa para a alfabetización dixital e mediática nun ámbito da Educación Social.
Práctica 2 (segunda parte da materia): Diseño colaborativo e difusión dunha proposta de intervención socioeducativa a través das redes e comunidades virtuais.
Búscase que o alumnado sexa participativo e que conecte os contidos da materia coa súa realidade nunha temática conectada co noso día a día. Para iso, anímaselle a analizar críticamente as noticias, materiais cos que se atope relacionados cos contidos explícitos da materia, que poderán ser comentados nun espazo dedicado para iso nas sesións expositivas.
O seguimento das prácticas e tarefas realizarase a través da súa entrega no campus virtual nas datas acordadas definidas. Para avaliar a participación utilizarase unha lista de control nalgunhas das tarefas que requiren especificamente da mesma.
O desenvolvemento das actividades da materia esixe o uso de diferentes aplicacións e redes sociais. Se cumplicarán as recomendacións e normativas relacionadas coa protección de datos de carácter persoal.
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Neste asunto, é esencial asistir ás sesións interactivas debido ao seu contido fundamentalmente práctico e garantir o seguimento individualizado e a autoría dos informes das prácticas obrigatorias.
Podería realizarse algunha saída de campo.
Realizarase unha avaliación continua e formativa do proceso de aprendizaxe que combinará tres compoñentes, cada un cun peso específico na cualificación global da materia:
- Participación nas actividades levadas a cabo na aula. Neste apartado tomarase en consideración a participación do alumnado nas actividades de clase. Este apartado terá un peso na nota dun 10%.
- Realización de prácticas obrigatorias. Neste apartado tomaranse en consideración as prácticas realizadas de forma individual ou en grupo. Este apartado terá un peso específico na nota total dun 60%. (30% cada práctica) Debe alcanzar polo menos un 4 neste apartado para poder facer media co resto dos apartados da avaliación.
- Realización de probas específicas. Neste apartado tomarase en consideración o resultado na proba sobre os contidos da materia. Para aprobar a materia será preciso conseguir, polo menos, un 4 neste apartado, para poder facer media. Este apartado terá un peso específico na nota total dun 30%. A proba específica parte da posta en práctica dalgúns dos contidos procedimentales e conceptuais traballados ao longo da materia e é complementaria á avaliación continua desenvolvida ao longo do curso.
O traballo individual ou grupal dos estudantes debe ser orixinal. Calquera traballo copiado suporá a suspensión da materia.
O uso de ferramentas generativas, de Intelixencia Artificial, para a elaboración dos traballos da materia, deberá ser referido, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas poderá substituír ou suplantar as habilidades e coñecementos requiridos. O cal suporá suspender a materia.
Para fins de avaliación, o mesmo traballo non se pode utilizar para varias materias, excepto nas actividades programadas de maneira coordinada.
Para os casos de rendemento fraudulento de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento do estudante e a revisión de cualificacións.
O alumnado que non supere algunha das partes, pode recuperar esa parte na segunda oportunidade (exceptuando a participación).
Para esta materia, a exención docente só pódese solicitar nas sesións expositivas, nas sesións de laboratorio interactivas é obrigatoria a asistencia. O alumnado exención de docencia deberá porse en contacto coas docentes nas dúas primeiras semanas do curso e deberá participar nas actividades de seguimento a través de de as ferramentas virtuais institucionais (Campus Virtual da materia, office 365). O sistema de avaliación será o mesmo (a porcentaxe de 10% de participación irá destinado á proba específica, tendo esta un valor de 40%).
-As sesións expositivas permiten ao estudante comprender conceptos clave, traballar sobre documentos escritos, audiovisuais, realizando pequenas dinámicas, aínda que, o tempo de estudo na aula non é suficiente para a súa comprensión e relación, e aconséllase ao alumnado traballar sobre o material explicado durante as clases, de forma autónoma. Trátase de contidos moi vinculado entre eles, polo que é importante ir comprendendo o que se explica nas sesións anteriores. Se o alumno/a mostra dificultades na súa comprensión, recoméndase solicitar unha titoría coas docentes –evitar deixar as dúbidas para o final da materia-.
-As sesións interactivas permitirán ao alumnado adquirir habilidades e poñer en práctica outras destrezas vinculadas aos contidos da materia. O alumnado iniciará as tarefas na aula, tanto de forma grupal como individual, aínda que será necesario que dedique tempo fora da aula ao progreso nas mesmas.
- Recoméndase, previo a realización desta materia, cursar as materias “Documentación e Información Educativa”, “Tecnoloxía Educativa” e “Contextos ámbitos e axentes da acción socioeducativa”.
- Será necesario que o alumno/para adquirise previamente competencias dixitais básicas a nivel de usuario dos medios informáticos e telemáticos (elaboración de textos e presentacións dixitais, edición básica formatos dixitais –texto, imaxe, audio, vídeo-, navegación e comunicación na internet, seguridade na rede).
- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura ao alumno a orientación no seu estudo por parte da profesora e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades de grupo. Nas sesións de todo o grupo exponse os aspectos para traballar nas prácticas de laboratorio.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas de laboratorio e nas prácticas obrigatorias xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que se entrega.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante coa profesora)
- Uso adecuado das titorías ao longo do cuadrimestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual)
- Os traballos deben ser entregados en prazo para que sexan tidos en conta.
Responsabilidade medioambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Carmen Fernandez Morante
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813806
- Correo electrónico
- carmen.morante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Josefa Del Carmen Fernandez De La Iglesia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813807
- Correo electrónico
- c.delaiglesia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE TECNOLOGÍA |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE TECNOLOGÍA |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE TECNOLOGÍA |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE TECNOLOGÍA |
27.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |