Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer as condicións socioculturais e históricas que hoxe en día nos permiten abordar o lecer e o tempo libre desde unha perspectiva educativa.
• Familiarizarse coas diferentes metodoloxías de acción-intervención socioeducativa en contextos de lecer e tempo libre, situando o papel dos profesionais.
• Identificar diferentes espazos e realidades vencellados ás prácticas de lecer, analizando as súas limitacións e posibilidades desde unha perspectiva pedagóxica.
Os contidos desta materia concrétanse nos seguintes bloques e temas:
Bloque I
1.- Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea: as súas posibilidades educativas
1.1. O tempo como clave para a comprensión das realidades sociais: unha visión histórica do lecer e o tempo libre
1.2. Conceptualización do lecer e do tempo libre: o lecer como dereito
1.3. Xénese, desenvolvemento e actualidade da Pedagoxía do Lecer
1.4. Pedagoxía do lecer e desenvolvemento comunitario
Bloque II
2.- A pedagoxía do lecer como ámbito de profesionalización
2.1. A acción-intervención educativa no tempo libre. A intervención en problemáticas específicas
2.2. Espazos, ámbitos e contextos de acción-intervención no tempo libre. Ocio, escolas, familias e comunidades.
2.3. Metodoloxías de acción-intervención en ocio
2.4. Profesionais e profesións nos tempos de lecer
Bloque III
3.- Institucións, servizos, programas e equipamentos para a acción-intervención no ámbito do lecer e do tempo libre.
3.1. Administracións públicas e acción educativa no tempo libre
3.2. Terceiro sector e acción educativa no tempo libre
3.3. Sector empresarial e acción educativa no tempo libre
Bibliografía básica:
Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura (2012). Monográfico: Reflexiones sobre el ocio en el siglo XXI, vol. 188, nº 754.
Caride, J.A., Caballo, M.B. e Gradaílle, R. (coords., 2020). Tiempos, educación y ocio en una sociedad de redes. Octaedro.
Cuenca Cabeza, M. (2004). Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Universidad de Deusto.
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria (2012). Monográfico: “Tiempos educativos, tiempos de ocio”, nº 20 (tercera época).
Bibliografía complementaria:
Alonso, R.A. , Valdemoros, M.A. e Martínez, J.M. (2024). Ocio ambiental en clave intergeneracional. Motivaciones para su práctica. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 44, 133-160.
Alonso, I. E Artetxe, K. (eds., 2019). Educación en el tiempo libre: la inclusión en el centro. Octaedro
Bringué, X., Sádaba, C. e Sanjurjo, E. (2013). Menores y ocio digital en el s. XXI. Análisis exploratorio de perfiles de usuarios de videojuegos en España. Bordón, 65, 147-164.
Caballo, M.B. (coord., 2015). Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. Monográfico Jóvenes, ocio y educación en la sociedad red, nº 25 (tercera época).
Caride, J.A. (2018). Lo que el tiempo esconde, o cuando lo social necesita de la Pedagogía. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, nº 32, 17-29.
Caride, J.A., Caballo, M.B. e Gradaílle, R. (2018). Leer en tiempos de ocio: los estudiantes, futuros profesionales de la educación, como sujetos lectores. Ocnos: revista de estudios sobre la lectura, vol. 17, nº 3, 7-18.
Cimmino, M. (2018). Servicios de ocio y derecho al bienestar. Eunomía. Revista en Cultura de la Legalidad, 14, 51-70.
Cuenca, M. (2014). Ocio valioso. Documentos de Estudios de Ocio, nº 52. Universidad de Deusto
De-Juanas, A. e García-Castilla, F.J. (2018). Educación y ocio de los jóvenes vulnerables. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, nº 31
De Juanas, A., García-Castilla, F.J., Hossein Mohand, H. e Hossein_Mohand, H. (coords., 2024). Juventud y autorregulación del tiempo: intervención socioeducativa para el bienestar integral. Dykinson.
Lázaro, Y., Madariaga, A. e Doistua, J. (2012). El derecho al ocio: un derecho humano en ocasiones desconocido. Revista Siglo Cero, 43 (1).
Madariaga, A. e Ponce de León, A. (eds., 2018). Ocio y participación social en entornos comunitarios. Universidad de La Rioja.
Madariaga,A. e Rodrigo-Moriche, P. (2022, dir.). Ocio saludable y construcción de ciudadanía. Aranzadi.
Maroñas, A., Martínez, R., y Varela-Garrote, L. (2018). Tiempos de ocio compartidos en familia: una lectura socioeducativa de la realidad gallega. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 32, 71-83.
Morata, Tx e Palasí, E. (2024). Equipameintos de ocio y cultura en la ciudad: oportunidad de desarrollo y promoción para la ciudadanía. En M.J. Monteagudo (coord.). Ciudades para vivir: habitar y transitar. Los Libros de la Catarata.
Palasí, E., Moarata, Tx. E Serra, L. (2024). Ocio educativo e igualdad de oportunidades: Una revisión de experiencias en el Estado español desde la perspectiva de la inclusión. Educación Social: Revista e intervención socioeducativa, 83, 101-122.
Valdemoros, M.A., Sanz, E. e Ponce de León, A. (2016, coord). Ocio: escenario educativo y social. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, nº 86.
Revistas dixitais de interese:
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria https://www.pedagogiasocialrevista.es/
Res.Revista de Educación Social http://www.eduso.net
Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa https://raco.cat/index.php/EducacioSocial
Competencias da titulación ás que contribúe a materia
3T Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
1.2E Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar planes, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
2.2E Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade,
minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial
significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sostenibilidade.
CB1 Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG4 Promover e desenvolver accións educativas e/o socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
Competencias específicas da materia
1. Ser capaces de identificar e coñecer as condicións socioeconómicas e culturais contemporáneas que permiten abordar o fenómeno do lecer en clave educativa, así como entender o seu papel nos procesos de desenvolvemento comunitario.
2. Dominar os fundamentos teóricos e conceptuais da Pedagoxía-Educación do Ocio.
3. Coñecer diferentes metodoloxías de acción-intervención socioeducativa en ocio, situando o papel dos profesionais.
4. Identificar espazos e actuacións vinculadas ás prácticas de ocio e á súa educación, analizando as súas posibilidades e límites desde unha perspectiva pedagóxica.
5. Coñecer as fontes documentais e institucionais básicas para o traballo en Educación do Ocio, estimando a relevancia destes recursos para a formación continua das educadoras e educadores sociais neste ámbito.
A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos, en ocasións, compartidos con outras materias do semestre:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os servizos, equipamentos e recursos de ocio.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Prácticas de campo, que se concretarán na visita a equipamentos e/ou servizos educativos de lecer que sexan de interese para a adquisición das competencias desta materia.
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
A asistencia regular a clase é un requisito para a avaliación, que nesta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Participación activa nas sesións de aula, prácticas de aula e prácticas de campo (35%)
No marco desta materia as prácticas -agás algunha excepción puntual- iniciaranse e concluiranse no tempo de clases interactivas. Asemade, realizaranse, fundamentalmente, en grupo. Prevese a realización de entre 4 e 5 prácticas avaliables.
- Realización, presentación e debate na aula dun traballo grupal (mínimo 3 persoas, máximo 4) de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer(35%)
- Exame (30%)
Para obter unha valoración positiva na materia, deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como ter aprobado cada unha delas.. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
No caso do alumnado con exención oficial de docencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Traballo individual monográfico sobre o dossier documental da materia (35%)
- Traballo individual de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer (35%)
- Exame (30%)
As profesoras facilitarán nas titoría as indicacións precisas e os prazos para a realización destas actividades. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, sendo obrigatorio para as persoas con exención de docencia realizar un mínimo de tres ao longo do curso para o seguimento dos traballos encomendados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como a busca e lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos ou estudo persoal.
Recoméndase ter cursado, preferentemente, materias vinculadas ao itinerario "Acción Socioeducativa e desenvolvemento comunitario".
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental.
Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Belen Caballo Villar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813746
- Correo electrónico
- belen.caballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
16.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |