Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer as características fundamentais dos ámbitos profesionais da Educación Social.
2. Desenvolver habilidades de investigación, documentación e coñecemento da realidade social e educativa.
3. Elaborar e redactar informes e memorias técnicas.
4. Adquirir compromiso profesional e actuar dacordo cos principios deontolóxicos da profesión.
- Ámbitos profesionais da Educación social, funcións e rol profesional.
- Características fundamentais dos entornos socioeducativos e laborais de intervención da Educación Social.
- Habilidades de investigación, documentación e coñecemento da realidade.
- Elaboración e redacción de memorias técnicas sobre o traballo desenvolto.
Bibliografía básica:
- Area-Moreira, M., Parcerisa, A. e Rodriguez-Rodríguez, J. (2010). Materiales y recursos didácticos en contextos comunitarios. Graó.
- Rodríguez-Rodríguez, J. e Felpeto-Carballeira, X. M. (Coords) (2021). Cabreiros, 15 anos de dinamización comunitaria. Olladas e Recursos Interxeracionais na rural. Concello de Xermade, Deputación de Lugo.
Bibliografía complementaria:
En función do tipo de experiencias que se presenten na clase ou que se analicen entregaranse artigos ou documentos que dean conta do desenvolvemento da experiencia e que permitan analizar as mesmas.
En relación coa parte correspondente de observación:
- García, J. L., González, M. A. e Ballesteros, B. (2001). Introducción a la investigación en educación, Tomo II. UNED. [Tema 27].
- Martínez-Miguélez, M. (1999). Evaluación cualitativa de programas. Aveoso.
- Rincón, D., Arnal, J., Latorre, A. e Sans, A. (1995). Técnicas de investigación en Ciencias Sociales. Dykinson. [Cap. 7 e 9].
- Pérez Serrano, G. (1994). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes, Tomo II. La Muralla.
No caso da proposta alternativa "materiais nos contextos sociocomunitarios" manexaranse diferentes materiais producidos nas institucións socioeducativas.
En relación coa análise das páxinas web (entregarase unha guía de análise da experiencia elaborada polo profesorado da material).
Revistas Educativas relacionadas co ámbito: Revista de Pedagogía Social, Revista de Educación Social, Revista Galega de Educación, Eduso, Galeuso, entre outras
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTIBÚE A MATERIA
Básicas e xerais
CB1- Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos educadores e educadoras sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG5- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recuross documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educaivos, equipamentos e infraestructuras, etc.
Específicas
CE1.4- Seleccionar e facer uso de métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razonados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvementos da súa práctica profesional.
CE1.6- Identificar académica e profesionalmente aos educadores e educadoras sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.
Transversais.
CT2-Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
As actividades presenciais, xunto co estudo e elaboración de informes, contribúen a que o alumnado coñeza as características fundamentais dos escenarios profesionais da Educación Social. As actividades de documentación e investigación permítenlle reflexionar sobre os ámbitos de especialización, así como unha aproximación ao coñecemento da realidade profesional. As actividades vencelladas á avaliación do alumnado buscan o desenvolvemento da competencia de elaboración e redacción de informes e memorias técnicas, a tarvés do traballo final que a alumna ou alumno debe presentar. Por último, destacar que todas as actividades propostas favorecen a adqusisición do compromiso profesional e actuación dacordo cos principios deontolóxicos.
Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:
-Informe de Webs. Debe entregarse a mediados de marzo e conta 3 puntos na nota final (Actividade Grupal).
-Entrega 2 Fichas Material Insititución Socioeducativa. Entregar en Abril (1,5 puntos). (Actividade Individual).
-Resumo libro. Comentarase presencialmente co profesor/a a comezos de Maio (2 puntos). (Actividade Individual).
-Portafolio coa memoria dalgunhas actividades. Debe entregarse en maio e conta 3 puntos na nota final (Actividade Individual).
-Participación: 0.5 puntos na nota final.
-Asistencia: Obrigatoria.
A proposta de actividades na matería terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Cualquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)
Clases expositivas: presentación, memoria (24 horas)
Clases interactivas (24 horas)
Titorías obrigatorias (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)
Estudo e elaboración de informes (35 horas)
Análise, documentación e investigación sobre ámbitos de profesionalización (30 horas)
Elaboración da Memoria (35 horas)
Recoméndase ter coñecementos de documentación e información educativa, así como ter cursado a materia de análise e diagnóstico das realidades socioeducativas.
"A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións
de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos
poderán solicitar exención oficial de docencia".
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jesus Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813843
- Correo electrónico
- jesus.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
07.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |