Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
® Ofrecer o soporte teórico necesario para comprender a realidade e funcións das institucións, entidades, equipamentos, servizos e recursos educativos e culturais, especialmente nas realidades locais.
® Coñecer a realidade e potencialidades dos equipamentos e servizos educativos e culturais máis frecuentes, tanto de titularidade pública como privada, destacando as funcións desenvolvidas polos profesionais da Educación Social nos mesmos
Bloque 1: A crise do Estado do Benestar e as políticas educativo-culturais: novas perspectivas para a Educación Social.
1.1. A redefinición do papel dos axentes sociais nunha sociedade relacional. A súa influencia nos servizos educativos e culturais.
Bloque 2: Equipamentos e recursos educativos e culturais na acción comunitaria. Tipoloxía, características, funcións e programas.
Bloque 3: Os servizos educativos e culturais na calidade de vida das comunidades: identificación, concepto e tipoloxías.
Bloque 4: O papel das e dos profesionais da Educación Social nos equipamentos e servizos educativos e culturais.
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica
Caballo, M.B., Costa, A. e García, I. (2024). Administración local e desenvolvemento sociocomunitario. Os territorios como desexables ecosistemas educativos. En A. Sotelino (coord.). A educación en Galicia en perspectiva (281-297). Universidade de Santiago de Compostela
Díaz-Gibson, J., Civis, M., Carrillo, E. e Cortada, M. (2015). El liderazgo y la gobernanza colaborativa en proyectos educativos comunitarios. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 26, 59-83.
Observatorio Vasco de la Cultura (2016). El factor proximidad en las políticas culturales. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.
Muñoz Moreno, J.L. e Gairín Sallán, J. (2016). Desarrollo educativo en las ciudades españolas: el protagonismo de los ayuntamientos. Revista Electrónica de Investigación Educativa, 18 (3), 81-98.
Bibliografía complementaria
Caballo, M.B. (coord., 2009). O Eixo Atlántico: un territorio educador, unha comunidade educativa. Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
Caballo, B. e García, I. (2019). Papel e protagonismo educativo das administracións locais. Revista Galega de Educación, 75, 62-64.
Caride, J.A. e Pose, H. (coord., 2020). Proxecto xerf@ Formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia. https://www.xerfa.gal/
Díez, E.J e Rodríguez, J.R. (2018). La “polis” secuestrada. Propuestas para una ciudad educadora. Trea.
Fundación Kaleidos.red (2015). Las políticas y servicios de proximidad en el ámbito local: una oportunidad para la innovación social, la actividad económica y la gobernanza. Trea.
Innerarity, D. (2020). Una teoría de la democracia compleja: gobernar en el siglo XXI. Galaxia Gutenberg.
Lavandeira, F.R. e García, I. (coords., 2022). Cultura, territorio e socioeducación. Monográfico Revista Galega de Educación, 82.
López de Aguileta, I. (2009). Receitas para a xestión cultural en tempos de crise. Grial, 182, 48-51.
Pose, H. E Caride, J.A. (2020). A educación, compromiso e responsabilidade dos concellos democráticos en Galicia (1978-2018). Sarmiento. Revista galego-portuguesa de Historia da Educación, 23, 161-182.
Revista Galega de Educación (2011), nº 49. Monográfico Concellos e educación.
Subirats, J. (2015). Todo se mueve. Acción colectiva, acción conectiva. Movimientos, partidos e instituciones. Revista Española de Sociología, 24, 123-131.
Subirats, J. (2022). Replantear las políticas de bienestar. Dilemas y tensiones entre igualdad y diversidad. Nueva sociedad, 297, 43-44.
Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos: un novo xeito de pensar a cidade. Kalandraka.
Revistas
Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa https://raco.cat/index.php/EducacioSocial
Galeduso. Revista do Colexio de educadoras/es sociais de Galicia https://ceesg.gal/revista-galeduso/
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. https://www.pedagogiasocialrevista.es/
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CB1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG1 Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG4 Promover e desenvolver accións educativas e/o socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan
CG5 Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión y que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
CT5 Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica
Competencias específicas da materia:
1. Que os alumnos e alumnas coñezan os diferentes servizos educativos e culturais, así como os equipamentos e recursos educativos existentes.
2. Que os alumnos e alumnas adquiran habilidades para traballar en equipos e sensibilizar sobre a necesidade de desenvolver accións con distintos axentes, institucións, administracións públicas, asociacións e demais profesionais da acción local.
3. Que os alumnos e alumnas estean capacitados para promocionar e xestionar servizos educativos e culturais en colaboración coa administración pública e privada.
A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos, en ocasións, compartidos con outras materias do semestre:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os servizos, equipamentos e recursos educativos e/ou culturais.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións...) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
A asistencia regular a clase é un requisito para a avaliación, que nesta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Participación activa nas sesións de aula, prácticas de aula e prácticas de campo (35%).
No marco desta materia combinaranse prácticas de elaboración individual e grupal. Realizaranse un mínimo de 3 e un máximo de 5 prácticas avaliables.
- Realización, presentación e debate na aula dun traballo grupal (mínimo 4 persoas, máximo 5) de estudo, análise e valoración dun servizo e/ou equipamento educativo e/ou cultural (35%)
- Exame sobre os contidos da materia (30%)
No caso de alumnado con exención de docencia ás clases teóricas, requeriráselle un traballo individual monográfico sobre o dossier documental facilitado. Será obrigatorio a realización dun mínimo de tres titorías coas profesoras para o seguimento dos traballos encomendados.
Para obter unha valoración positiva na materia, deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como ter aprobado cada unha delas
(despois farase a oportuna ponderación). Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
No caso do alumnado con dispensa oficial de asistencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Traballo individual monográfico sobre o dossier documental da materia (35%)
- Traballo individual de estudo, análise e valoración dun servizo e/ou equipamento educativo e/ou cultural (35%)
- Exame sobre os contidos da materia (30%)
As profesoras facilitarán nas titoría as indicacións precisas e os prazos para a realización destas actividades. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións
Esta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos ou estudo persoal.
Recomendacións para o estudo da materia:
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose ós prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental.
Se a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Belen Caballo Villar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813746
- Correo electrónico
- belen.caballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
27.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |