Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Desenvolver a capacidade para aplicar os conceptos, principios e estratexias de Marketing.
- Desenvolver coñecementos e capacidades para tomar decisións relacionadas coas accións comerciais sobre produto, prezo, distribución e comunicación
- Ser capaz de deseñar, implantar e avaliar un plan de mercadotecnia
- Ser capaz de gestionar estratexias comerciais utilizando ferramentas e canles online
- Prezo, produto e oferta
- O mix de comunicación en internet
- Internet como canle de distribución
Bibliografía básica:
- Armstrong, G.; Kotler, P.; Merino, M.J; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011): Introducción al marketing. Ed. Pearson
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Santesmases Mestre, M. (2018): Fundamentos de marketing, 2ª ed. Pirámide
Bibliografía complementaria:
Baena, V.; Moreno, M.F. (2010): Instrumentos de marketing. Decisiones sobre producto, precio, distribución, comunicación y marketing directo. Ed. UOC.
Esteban, A.; Mondéjar, J.A. (coordinadores) (2013): Fundamentos de marketing. Ed. ESIC.
García, M.D. (2008): Manual de marketing. Ed. ESIC.
-Kotler, P.T. y Armstrong, G. (2018). Principios de Marketing, Pearson Ed. (17ª edición).
Martín-Santana, J.D.; Olarte, C.; Reinares-Lara, P.; Samino-García, R. (2019). Gestión de la comunicación: un enfoque integral. ESIC Editorial.
Sainz de Vicuña Ancín, J.M. (2024): El plan de marketing en la práctica. Esic, 25ª Edición, Madrid
Santesmases, M. (2012): Marketing : conceptos y estrategias, Pirámide, 6ª edición, Madrid
Vázquez, R.; Trespalacios, J.A. (Direc.) (2005): Marketing: Estrategias y aplicaciones sectoriales. Ed. Thomson-Cívitas.
C4. Definir a estratexia comercial da empresa
C9. Analizar información relevante para a toma de decisións empresariais
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e pondo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas
Para o desenvolvemento teórico da materia, combinaranse distintas alternativas metodolóxicas buscando fomentar a flexibilidade e a participación activa do estudante. Por unha banda, as sesións expositivas combinarán a lección maxistral coa análise de artigos de actualidade, exposicións do estudantado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc.
As sesións interactivas estarán encamiñadas á resolución de exercicios, análises de casos e, outras actividades que acheguen ao estudantado aos problemas reais da dirección comercial, fomentando a creatividade e o pensamento crítico.
En caso de ser posible, levará a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos estudantes nas sesións interactivas e expositivas e realización de traballos.
Concretamente, a cualificación da materia, tanto na primeira oportunidade ordinaria como na segunda oportunidade extraordinaria, será o resultado de sumar as dúas puntuacións seguintes:
-(A) Cualificación obtida no exame de contido teórico/práctico final, que contribuirá un 60% á cualificación final da materia. O exame final cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- (B) Cualificación correspondente á avaliación continua na que se valorarán os casos prácticos, exercicios e outras actividades realizadas polo estudante nas sesións interactivas. O peso desta avaliación suporá un 40% da cualificación final da materia.
Para poder sumar a nota do exame final (A) á puntuación alcanzada no apartado B (avaliación continua), o estudantado deberá obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 6 no exame final.
Para superar a materia, será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na cualificación final.
Cando o estudantado non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar o exame final, será cualificado exclusivamente coa nota obtida na avaliación continua (B). Os estudantes que non obteñan ningunha puntuación na avaliación continua (apartado B), só poderán obter un máximo de 6 puntos na convocatoria correspondente, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 6 puntos na proba final para superar a materia.
Para os casos de REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS ou PROBAS será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
AVALIACIÓN DE RESULTADOS DE APRENDIZAXE:
Avaliación continua: C4, C9, HD2, Hd4, CP9
Exame final: C4, C9, HD2, CP9
O estudantado ao que lle sexa concedida dispénsaa de asistencia a clase (seguindo o establecido no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da USC), avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
O tempo de estudo recomendado para superar a materia é o seguinte:
-Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, tutorías e exame): 42h
-Horas de traballo autónomo (estudo autónomo e preparación de actividades): 71,5h
É recomendable que o estudiantado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica nas actividades que se vaian propondo ao longo do curso. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesorado mediante a utilización das tutorías persoais
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 6 |
Martes | |||
15:00-16:35 | Grupo /CLIS_01 | - | Aula 7 |
17:45-19:20 | Grupo /CLIS_02 | - | Aula 7 |
29.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |