Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 22 Total: 38
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Despois do estudo desta materia o estudante debería ser capaz de:
• Coñecer os principais conceptos, metodoloxías e ferramentas para a análise estratéxica
• Comprender os aspectos máis relevantes vinculados ao deseño e implementación de estratexias
• Coñecer os factores impulsores da estratexia de innovación e o seu impacto na competitividade organizativa
1. Estratexia e Dirección estratéxica
2. Análise da contorna xeral e competitiva
3. Análise de recursos e capacidades
4. Estratexia competitiva
5. Direccións de desenvolvemento e estratexia corporativa
6. Innovación e estratexia de innovación
7. Modelos de negocio innovadores
BÁSICA:
-GUERRAS MARTÍN, Luís A. y NAVAS LÓPEZ, José E. (2023): Fundamentos de dirección estratégica de la empresa (3ª edición). Editorial Civitas.
-GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2022): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (6ª edición revisada) Ed. Civitas.
-SCHILLING, M.A. (2023): Strategic management of technological innovation. (7ª Edición) Ed. McGraw Hill.
-SCHILLING, M.A. (2008): Dirección estratégica de la innovación tecnológica. (2ª edición) Ed. McGraw Hill.
-THOMSON, A.; PETERAF, M.; GAMBLE, J.; STRICKLAND III, A. (2023). Administración Estratégica. (23 edición).Ed. McGraw Hill.
COMPLEMENTARIA:
- FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2005): Estrategia de innovación. Ed. Thomson.
- GRANT,Robert M. (2006): Dirección Estratégica. Conceptos, Técnicas y Aplicaciones. Editorial Civitas.
- GRANT, R.M. (2014): Dirección Estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
- FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2005): Estrategia de innovación. Ed. Thomson.
-JOHNSON, Gerry; SCHOLES, Kevan y WHITTINGTON, Richard (2010): Fundamentos de estrategia. Madrid: Pearson Educación.
- JOHNSON, G.; WHITTINGTON, R.; SCHOLES, K.; ANGWIN, D.; REGNER, P. (2017): Exploring strategy. Text and cases. (11th edition) Ed. Pearson.
- TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2018): Managing innovation: integrating technological, market and organizational change. (6th ed.) Ed. Wiley.Competencias básicas y generales
C2. Identificar conceptos fundamentais de economía dixital e o seu impacto na organización de empresas.
C8. Utilizar as habilidades adquiridas no grao para identificar problemas e desenvolver solucións efectivas na xestión empresarial.
C12. Manexar técnicas de elaboración de informes e presentacións tecnolóxicas e de xestión en distintos formatos e medios.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD5. Manexar a comunicación oral e escrita de forma precisa e clara para transmitir coñecementos, metodoloxías, información, resultados, problemas e solucións.
CP8. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións nas distintas áreas funcionais
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas.
As sesións dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao estudante nos contidos dos temas que conforman o programa, destacando e debatendo sobre os aspectos máis relevantes e as relacións destes coa contorna actual.
As sesións interactivas basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á participación do estudantado mediante a análise, debate en grupo e presentación oral de resultados.
Algúns temas abordaranse de forma máis específica mediante conferencias de distintos profesionais, vídeos ilustrativos e a través das prácticas de campo (exemplos da contorna empresarial).
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudante (realización e participación na análise de casos, debate e comentario de lecturas artigos ou noticias de prensa, visualización e comentario de vídeos, presentación oral e escrita de memoria resumen de traballos propostos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos etc.)/ etc.).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudante que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
Primeira oportunidade ordinaria:
A) Avaliación continua (50%):
- Estudo de casos (seguimento en clases expositivas e interactivas, entregas etc.)/ etc.): 15%
- Presentación oral e análise de casos (casos, traballos etc.): 25%
- Outros traballos (conferencias, debates, etc): 10%
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C2, C12, HD2, HD3, HD5 CP8
B) Exame final de contidos (50%):
Proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Incluirá preguntas obxectivas (test) e preguntas de desenvolvemento/razoamento.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: C2, C8, CP9
A proba final terá carácter presencial.
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións. Se o estudante non alcanza a porcentaxe mínima de actividades a entregar/presentar (75% do total), a nota que figurará en actas será a alcanzada na avaliación continua, non se agregará a nota do exame. Se o estudante non alcanza a nota mínima no exame (2,5 sobre 5), a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba, non se agregará a avaliación continua. Se o estudante non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua
Segunda oportunidade:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
O estudantado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia según a normativa vixente, será avaliado cun exame final que suporá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Materia de 4,5 créditos
Docencia teórica 14 horas
Docencia interactiva seminario 22 horas
Titorización en grupo reducido 2 horas
Traballo persoal do estudante 71,5 horas
Lectura do material depositado no campus virtual.
Begoña Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:45-17:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
14.01.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
12.06.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |