Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. XERAIS
a. Que o alumnado, futuro docente de Educación Infantil, adquira os coñecementos básicos sobre o proceso de adquisición e aprendizaxe da(s) lingua(s) da comunidade (con especial atención aos contextos orais).
b. Que o alumnado sexa capaz de aplicar eses coñecementos á observación e actuación sobre as habilidades comunicativas dos nenos dentro da aula de Educación Infantil.
2. COÑECEMENTOS (saber)
a. Aproximarse aos conceptos fundamentais manexados no campo da lingüística e da didáctica da lingua.
b. Interpretar as diferentes teorías sobre a adquisición da linguaxe e recoñecer os seus fundamentos teóricos e metodolóxicos.
c. Describir o desenvolvemento da habilidade lingüística nos primeiros anos de vida do/a neno/a e distinguir diferentes etapas.
d. Coñecer os obxectivos fixados polo marco lexislativo vixente no ciclo de educación infantil.
e. Identificar as principais técnicas didácticas destinadas ao desenvolvemento da lingua oral.
f. Coñecer bibliografía especializada que permita afondar nalgúns dos temas tratados.
g. Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
3. PROCEDEMENTOS (saber facer)
a. Valorar de xeito preciso mostras de fala oral.
b. Identificar na realidade a manifestación de certos trastornos comunicativos.
c. Aplicar técnicas didácticas para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas.
d. Deseñar actividades e materiais axeitados á idade do alumnado e ás características da aula.
e. Poder buscar recursos bibliográficos axeitados para afondar e reforzar os coñecementos obtidos na aula.
4. ACTITUDES (saber ser)
a. Estar sensibilizado/a coa variabilidade interindividual no proceso de adquisición e aprendizaxe de linguas.
b. Concienciarse das singularidades que encerra un contexto educativo plurilingüe.
c. Reflexionar sobre a importancia das interaccións no desenvolvemento das habilidades comunicativas do/a neno/a.
d. Ser consciente da transcendencia da lingua como instrumento de aprendizaxe en diversas áreas de coñecemento.
e. Percibir a necesidade dunha formación continua que permita afrontar e adaptarse ás esixencias da ensinanza da lingua no ciclo de educación infantil.
Bloque I. Lingüística e aprendizaxe da lingua oral
a. A comunicación e a lingua oral. Principios básicos das ciencias da linguaxe e da comunicación: a natureza biolóxica e a natureza social da linguaxe. Observación da variación interidiomática e intraidiomática na oralidade: o fomento de actitudes favorables cara á esa variación no ensino.
b. A adquisición e a aprendizaxe da lingua oral: o desenvolvemento da habilidade lingüística. Teorías explicativas e avances recentes. O proceso de adquisición da(s) lingua(s) por parte do/a neno/a: fases e estadios evolutivos.
c. O desenvolvemento da lingua oral nun contexto bilingüe. Aspectos fonolóxicos, gramaticais, léxicos e pragmáticos.
Bloque II. Didáctica da lingua oral
a. O curriculum da lingua no ciclo de educación infantil. O marco lexislativo vixente. A presenza da lingua nos obxectivos xerais. Os contidos fixados para a área de comunicación e representación. O impulso do modelo plurilingüe.
b. A lingua oral na aula de educación infantil. As destrezas comunicativas na aula. A presenza de distintas variedades da lingua. As competencias lingüísticas, sociolingüísticas, discursivas e funcionais nas actividades de educación infantil.
c. A comunicación non verbal na aula de educación infantil. A presenza e o alcance da comunicación non verbal na aula. Elementos da comunicación non verbal. A lingua corporal e xestual na aula de educación infantil.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ALEMÁN GÓMEZ, N. et al. (2006). “Instrucciones para la evaluación”. Evaluación de la comunicación y del lenguaje (ECOL). Gobierno de Navarra.
ÁLVAREZ SERRANO, M. A. et al. (2010). Diseño y elaboración de materiales para el desarrollo de las habilidades lingüísticas en educación infantil. Monsálvez.
CANO, P. e FERNÁNDEZ, I. (2018). “La cinésica y otros aspectos de la comunicación no verbal en la Educación Infantil: una mirada al marco curricular y a la práctica en el aula”. I Congreso Mundial de Educación. A Coruña (febrero de 2018).
DOHERTY-SNEDDON, G. (2009). El lenguaje no verbal de los niños. Lumen.
GONZÁLEZ PIÑEIRO, M., GUILLÉN DÍAZ, C. e VEZ, J. M. (2010). Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural. Síntesis.
GRUPO CRIT (2009). Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Edinumen.
PÉREZ PEREIRA, M. (2008). Adquisición da lingua. En Fernández Rei, E. e Regueira, J.L. Perspectivas sobre a oralidade (pp. 169-186). Consello da Cultura Galega.
RIVAS, R. M. e TABOADA, E. M. (2004). Adquisición y desarrollo del lenguaje en la etapa infantil. En Bermúdez, M. P. e Bermúdez, A. M. Manual de psicología infantil: aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica (pp. 121-158). Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
APARICI AZNAR, M. e IGUALADA, A. (2018). El desarrollo del lenguaje y la comunicación en la infancia. Editorial UOC.
BIGAS, M. e CORREIG, M. (eds.) (2008). Didáctica de la lengua en la educación infantil. Síntesis.
BROWN, H.D. (2001). Teaching by Principles. An Interactive Approach to Language Pedagogy. Pearson Education.
CENOZ IRAGUI, J. (2016). El concepto de competencia comunicativa. En Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua/lengua extranjera. SGEL.
CORTINA PÉREZ, B. e ANDÚGAR SOTO, A. (2020). Aprendiendo inglés en Educación Infantil: Un relato de practicas innovadoras. Revista de Estudios Socioeducativos 8, 217-234.
ENRÍQUEZ MARTÍNEZ, I. (2017). Del discurso a la gramática en el habla infantil. Arco/Libros.
FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (coord.) (2011). Lingüística de corpus y adquisición de la lengua. Arco/Libros.
FERNÁNDEZ PÉREZ, M. e LORENZO HERRERA, L. (2023). Datos y desarrollo de la lengua. Las gramáticas emergentes. Arco/Libros.
GALLEGO ORTEGA, J. L. (2019). Nuevo manual de logopedia escolar. Los problemas de comunicación y lenguaje en el niño. Aljibe.
GONZALO-BILBAO FERNÁNDEZ, P. I. (1996). Plan de Actividades para la Estimulación del Lenguaje II. En Estimulación del lenguaje oral en Educación Infantil. Eusko Jaurlaritza.
GOODLUCK, H. (2020). Language acquisition by children: a linguistic introduction. Edinburgh University Press.
JARA, C., MOËNNE-LOCCOZ, C. e PEÑA, M. (2022). Electroencefalografía y seguimiento de mirada: Dos técnicas para evaluar la adquisición de la lengua materna en niños pequeños. Revista signos, 55 (110), 902-927.
LÓPEZ-ORNAT, S. (2011). La adquisición del lenguaje, un resumen en 2011. Revista de Investigación en Logopedia, 1(1), 1-11.
MARISCAL ALTARES, S. e GALLO VALDIVIESO M. P. (2014). Adquisición del lenguaje. Síntesis.
PÉREZ, M. (2014). Desarrollo del lenguaje. En Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (comps.) Desarrollo psicológico y educación 1. Psicología evolutiva (pp. 227-256). Alianza.
VILLALOBOS PEDROZA, L.C. (2022). La melodía del habla dirigida a niños y la adquisición de la lengua materna. Punto CUNORTE, 1 (14), 104-132.
XERAIS
G6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito, e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
ESPECÍFICAS
E42. Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E43. Favorecer as capacidades de fala e de escritura.
E44. Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E46. Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
E49. Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
BÁSICAS
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
TRANSVERSAIS
T2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 Competencia informacional.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto nas clases coma nas titorías (oralmente e por escrito).
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan unha maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición das profesoras e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos etc., de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas etc., ademais das propias do módulo e da materia.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, comentario e debate de documentos, así como á preparación da exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público); tamén se fomentará tanto a aprendizaxe autónoma coma o traballo cooperativo.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre as profesoras e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida, polo tanto, avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, a nivel oral e escrito), o alumnado normalmente presentará en galego tanto as súas exposicións orais coma os traballos escritos da materia. Paralelamente, as súas intervencións en galego serán valoradas no apartado “participación e implicación”.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN
-----Peso máximo na cualificación: 5%
-----Obxecto de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas, prestando especial atención ao grao de pertinencia e motivación das intervencións e á propiedade e corrección da súa expresión e argumentación.
-----Instrumentos de avaliación: ficha na que se rexistra a asistencia e a observación do profesor.
-----Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia asidua, a boa actitude e disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente e con interese nas mesmas, para obter a puntuación máxima global do apartado. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado A.
B. PRESENTACIÓNS ORAIS
-----Peso máximo na cualificación: 5%
-----Obxecto da avaliación: Forma: dicción (articulación, entoación, etc. ), fluidez verbal, presentación ordenada dos contidos, competencia comunicativa. Contido: pertinencia do tema e das fontes consultadas para a materia, relacións con outros contidos, argumentación axeitada, claridade nas conclusións.
-----Instrumentos de avaliación: exposicións orais nas sesións interactivas.
-----Orientacións para a avaliación: non só se valorará a calidade do traballo exposto senón tamén a calidade formal da exposición.
C. INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS
-----Peso máximo na cualificación: 40%
-----Obxecto da avaliación: Forma: propiedade e corrección expresivas, riqueza léxica, relación contido-forma, cohesión textual, etc. Contido: pertinencia do tema para a materia, enfoque do mesmo, fontes consultadas, orixinalidade e creatividade, argumentación e coherencia etc.
-----Instrumentos de avaliación: traballos, informes etc., é dicir, toda a produción escrita (individual ou grupal).
-----Orientacións para a avaliación: ao longo do semestre, o alumnado deberá ir presentando paulatinamente a súa produción escrita resultado dos pequenos traballos (individuais ou grupais) realizados nas sesións presenciais e mellorados ou ampliados nas horas non presenciais. A suma de todos eses pequenos traballos constituirá o portafolios da materia. O profesorado poderá recoller traballos entregados fóra de prazo sempre que haxa unha razón que xustifique o atraso na entrega. Nestas situacións, para evitar agravios comparativos cos compañeiros que si cumpriron os prazos, o traballo será cualificado de 0 a 7 puntos.
D. PROBAS FINAIS
-----Peso máximo na cualificación: 50%
-----Obxecto da avaliación: comprensión dos contidos básicos das sesións expositivas e interactivas.
-----Instrumento de avaliación: exame escrito.
-----Orientacións para a avaliación: todo o alumnado matriculado deberá superar un exame final sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas na data fixada pola secretaría do centro.
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán tres:
-- a. Conservación das cualificacións obtidas ao longo do curso nos apartados A (participación e implicación) e B (presentacións orais) ou, no seu defecto, realización dunha proba oral na que se avaliarán as competencias recollidas neste programa. Puntuación máxima: 1 punto.
-- b. Informes e outras producións escritas. Se o alumnado entregou os traballos durante o curso, esta cualificación conservarase para a avaliación do mes de xullo. Puntuación máxima: 4 puntos.
-- c. Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas. Puntuación máxima: 5 puntos.
3. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA TANTO NA PRIMEIRA COMA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
-- a. Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2,5 puntos de 5).
-- b. Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A (participación e implicación), B (presentacións orais), C (informes e outras producións escritas) e D (probas finais).
4. ALUMNADO REPETIDOR
Cursará a materia con normalidade e avaliarase seguindo as indicacións previas.
Tan só a imposibilidade de asistir motivada polo solapamento horario entre materias lle permitirá afrontar unicamente unha proba final, que constará de tres partes que nos permitan constatar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións do curso.
1. Nunha primeira parte presentaranse unha serie de preguntas tipo test cuxo valor será o 50% da cualificación final da materia.
2. Nunha segunda parte formularanse dúas preguntas de desenvolvemento: haberá unha pregunta referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. Esta segunda parte constituirá o 40% da cualificación da materia (20% por cada pregunta).
3. E nunha terceira parte realizaranse dúas preguntas orais, unha referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. O seu valor será o 10% da cualificación final.
5. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Este alumnado deberá realizar na data fixada o exame da materia. Independentemente de que sexa a primeira ou a segunda oportunidade, este exame constará sempre de tres partes que nos permitan constatar a adquisición dos coñecementos e das competencias desenvolvidas nas distintas sesións do curso.
1. Nunha primeira parte presentaranse unha serie de preguntas tipo test cuxo valor será o 50% da cualificación final da materia.
2. Nunha segunda parte formularanse dúas preguntas de desenvolvemento: haberá unha pregunta referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. Esta segunda parte constituirá o 40% da cualificación da materia (20% por cada pregunta).
3. E nunha terceira parte realizaranse dúas preguntas orais, unha referida ao bloque de Lingüística e outra ao bloque de Didáctica da Lingua. O seu valor será o 10% da cualificación final.
6. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ás profesoras, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE
Á parte das indicacións específicas sobre avaliación que se indiquen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
-----1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de Educación Infantil.
-----2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das ta refas previstas para as actividades presenciais.
-----3. O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da materia e a capacidade para relacionalos co ensino e aprendizaxe das linguas.
-----4. A habilidade para integralos no saber do/da alumno/a, futuro docente de Educación Infantil.
-----5. A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
-----6. A calidade da actividade preparatoria autónoma (informes, traballos…) que inclúe, ademais do contido, a presentación pulcra e ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
-----7. A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas.
8. MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións": https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…
Como consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique a esta materia un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das indicacións recollidas no apartado dedicado ao sistema de avaliación da aprendizaxe, véxase tamén o apartado seguinte sobre recomendacións para o estudo da materia.
-- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
-- Atender as orientacións específicas das profesoras canto a temporalización, realización de informes, manexo de fontes e recursos, metodoloxía de traballo…
-- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non deixar a preparación da materia para o final de curso.
-- Utilizar fontes para o estudo da materia (especialmente algún dicionario ou léxico de lingüística e ensino de linguas) e consultalas tanto para aprender coma para afianzar conceptos.
-- Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, pídese ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
-- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula coma nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
-- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais (Correo electrónico coa extensión rai.usc, Campus Virtual, Microsoft Office 365...), así como outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
-- Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado: enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao uso como instrumento de traballo, seguindo as indicacións das docentes. O alumnado é responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Adóptase a normativa da USC a este respecto: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Montserrat Souto Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 27 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 27 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 27 |
03.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 23 |