Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia baséase en suscitar nas alumnas e alumnos a capacidade para ver, escoitar, sentir e expresar a realidade que nos envolve, estimulando o seu pensamento crítico, a súa vontade para crear e gozar coas súas propias creacións e accións e que estas cualidades saiban utilizalas no seu traballo como profesores e profesoras de nenos e nenas. Nas clases teóricas ou expositivas realízase unha síntese actualizada do coñecemento e, nas prácticas ou expositivas, o alumnado debe aplicar o seu coñecemento ao comentario de imaxes, obras artísticas, espazos da natureza e urbanos, paisaxes, edificios e obxectos naturais.
O traballo en equipo contribúe a poñer en práctica os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e a ter en conta os puntos de vista dos demais que, sen dúbida, enriquecen reciprocamente ás persoas; ao tempo, contribúe a comprender que o coñecemento é unha construción colectiva e en constante evolución.
O expresado anteriormente refórzase na aula virtual da materia, que é onde o alumnado ten a posibilidade de debater en foros temáticos e, sobre todo, recibir información complementaria. Tanto para a competencia G2 como para a G4, que promoven e fomentan unha perspectiva integradora e globalizada das aprendizaxes e saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia, o coñecemento da función da arte na educación infantil é un elemento que esperta nas educadoras e educadores habilidades para promover actividades de ensino-aprendizaxe de moi alto valor formativo.
Estas aprendizaxes non só implican elementos cognitivos e emocionais, senón que apuntan ao eixo central de calquera proceso educativo: o desenvolvemento dos elementos volitivos que permiten a unha persoa actuar no mundo real dunha maneira creadora; a chegar a facer coas súas mans e as súas accións o que pensan e descobren e, por tanto, ensinan a comportarse e a viviren liberdade.
En consecuencia, con todo isto, o alumnado será capaz nesta materia de:
a) Percibir o valor educativo das obras de arte, dos textos literarios, dos obxectos usuais e correntes, do material de refugallo e dos elementos da natureza.
b) Desenvolver actividades con nenas e nenos pequenos que impliquen o uso dos sentidos en relación con actividades de creación e expresión.
c) Saber desenvolver coas nenas e nenos pequenos accións que poñan en marcha a súa enerxía creadora en relación co mundo no que están crecendo.
d) Coñecer recursos que poidan empregar na aula para potenciar os sentimentos estéticos no seu alumnado.
e) Deseñar proxectos e actividades relacionados co desenvolvemento de sentimentos estéticos para levar adiante en escolas infantís.
f) Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega/castelá, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
1.- Pedagoxía e Estética: relacións teóricas, conceptuais e prácticas.
2.- A función das artes na educación. Sentidos e sentimentos estéticos: riqueza educativa. A arte no pensamento educativo contemporáneo.
3.- Arte e educación infantil. A arte e o desenvolvemento dos sentimentos estéticos na conformación da educación das persoas.
4.- Técnicas e estratexias para o desenvolvemento da creatividade.
5.- Recursos para potenciar os sentimentos estéticos na educación infantil.
Libros básicos de referencia:
Gardner, H. (2005). Arte,mente, cerebro. Una aproximación cognitiva a la creatividad. Barcelona. Paidós.
Abelleira, Á. & Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil, Galaxia, Vigo.
Hoyuelos, A.(2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Barcelona, Octaedro.
Bibliografía complementaria:
Aguirre, I. (2000). Teorías y prácticas en educación artística: ideas para una educación pragmatística de la experiencia estética. Pamplona: Universidad Pública de Navarra.
Colomer, T. (2007). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis.
Cossío, M. B. (2010). El maestro, la escuela y el material de enseñanza y otros escritos. Madrid: Biblioteca Nueva.
Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente. El papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona. Paidós.
Gardner, H. (1994). Educación artística y desarrollo humano. Barcelona, Paidós.
Greene, M. (2005). Liberar la imaginación: ensayos sobre educación, arte y cambio social. Barcelona: Graó.
Llort Llopart, V. (2005). Ensayos de estética comparada. El diálogo entre las artes: reflexiones alrededor de música, literatura y pintura. Barcelona: Tizona.
Mendoza, A. & Cerrillo, C. (coords.) (2003). Intertextos: aspectos sobre la recepción del discurso artístico. Cuenca: Ed.Universidad de Castilla-La Mancha.
Miralles, D. E. (2009 ). El arte de la Educación Infantil: educar desde el amor y el respeto. Madrid: Narcea.
Moreu, A. C. & Vilanou, C. (2000). L'altre, un referent de la pedagogia estètica. Barcelona: Publicacions Universitat de Barcelona
Moreu, A. C. & Vilanou, C. (2001). Signes, símbols i mites en la pedagogia estètica. Barcelona: Publicacions Universitat de Barcelona.
Moreu, A. C.& Salinas, H. A.: Expresión, creación. Barcelona: Publicacions Universitat de Barcelona.
Parsons, M. J. (2002). Cómo entendemos el arte: una perspectiva evolutiva de la experiencia estética. Barcelona: Paidós.
Venegas, A. (2002). Las Artes plásticas en la educación artística y estética infantil. México: Paidós.
Competencias xerais:
G2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G4.- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
Tanto para a competencia G2 como para a G4, que promoven e fomentan unha perspectiva integradora e globalizada das aprendizaxes e saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia, o coñecemento da función da arte na educación infantil é un elemento que esperta nos educadores e educadoras habilidades para promover nas nenas e nenosaprendizaxes de moi alto valor formativo.
Para lograr estas metas os alumnos e alumnas terán que transformar estas competencias básicas competencias operativas.
En canto á competencia G2, o alumnado deberá amosar:
2.1.- Que sabe descubrir as dimensións estéticas da actividade infantil e fomentalas utilizando recursos con material de refugallo.
2.2.- Que é capaz de redactar un proxecto razoado dunha actividade destinada a nenos pequenos a partir dun motivo artístico.
2.3.- Que é capaz de utilizar un elemento estético para traballar distintas dimensións da formación dun neno ou nena.
En canto á competencia G4:
4.1.- Que sabe describir e analizar o valor educativo dunha obra de arte.
4.2.- Que sabe utilizar a actividade artística de nenos e nenas como un elemento de cooperación e diálogo.
4.3.- Que sabe describir, analizar e comentar a actividade que desenvolven os nenos e nenas desde a dimensión dos sentimentos estéticos.
No Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) sinálase que esta materia se ocupa,essencialmente, da seguinte competencia básica:
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
A Universidade de Santiago de Compostela establece que esta materia fará especial fincapé na seguinte competencia transversal:
T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Ademais, cada estudante debe amosar que domina, nalgunha dimensión, as seguintes competencias complementarias:
EC.30 Saber descubrir as dimensións estéticas da actividade infantil.
EC.31 Redactar proxectos dunha actividade destinada a nenos pequenos a partir dun motivo artístico.
EC.32 Coñecer as utilidades dun obxecto estético na educación dos nenos.
EC.33 Describir e analizar o valor educativo dunha obra de arte.
EC.34 Utilizar a actividade artística dos nenos como un elemento de cooperación e diálogo.
EC.35. Saber describir, analizar e comentar a actividade que desenvolven os nenos desde a dimensión dos sentimentos estéticos
A materia baséase en suscitar nos alumnos e alumnas a capacidade para ver, escoitar e sentir e expresar a realidade que nos envolve, estimulando o seu pensamento crítico, a súa vontade para crear e gozar coas súas propias creacións e accións e que estas cualidades saiban utilizalas no seu traballo como profesores e profesoras de crianzas pequenas. Nas clases expositivas realízase unha síntese actualizada do coñecemento, e nas prácticas o alumnado debe aplicar o seu coñecemento ao comentario perspicaz e crítica de textos, imaxes visuais, paisaxes, esculturas, edificios e obxectos naturais.
O traballo en equipo axuda a pór en práctica os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e a ter en conta os puntos de vista dos demais que, sen dúbida, enriquecen reciprocamente ás persoas; ao tempo contribúen a comprender que o coñecemento é unha construción colectiva. Estes aspectos reforzaranse na aula virtual da materia onde os alumnos e alumnas teñen a posibilidade de debater en foros temáticos e recibir máis información.
Como actividade docente de ensino-aprendizaxe fundamental, para a materia realizaranse saídas guiadas a espazos senlleiros de aprendizaxe e institucións da contorna lucense: museos, escolas, espazos naturais...
Esta materia e o profesorado participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego/castelán. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega/castelá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ser ofrecidos noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
.
A avaliación é continua e escalar, tratando de atender e enriquecer as competencias requeridas no programa. Para obter unha cualificación positiva será necesario entregar e superar os traballos no prazo establecido así como superar as probas ou exercicios propostos.
As alumnas e alumnos teñen a obriga de asistir a clase e participar nas actividades propostas e executar os exercicios que o profesorado lle indique na aula, conforme ás previsións deste programa. É preciso que o alumnado se implique nas sesións de clases e asista ao 80% como mínimo das sesións presenciais, asistencia que non será puntuable, segundo a normative vixente (expositivas, interactivas e titorías).
A nota da cualificación provirá de:
- Traballo individual fóra da aula e exposicións en aula: 30%.
- Traballo dentro e fóra da aula e exposicións en equipo: 30%,
- O exercicio ou proba final presencial, escrita:40%.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e elaborados especificamente para esta materia, agás os traballos de carácter transversal ou interdisciplinario que poideran ser acordados con outras materias. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático na materia.
O alumnado que non acade unha cualificación positiva na primeira oportunidade en convocatoria de maio terá que preparar os traballos, e ou aquelas partes da proba final, que o profesorado lle indique para a segunda oportunidade en convocatoria do mes de xullo. A recuperación prestará especial atención ás competencias que necesitan ser reforzadas na súa formación.
- Dispensa de asistencia a clase
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia ás sesións presenciais, seguindo as Instrucións da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia avaliaráselle mediante a realización dunha proba única na data oficial establecida, de forma presencial.
A dispensa de asistencia deberá ser acreditada e comunicada ao profesor nos cinco días inmediatamente posteriores ao comezo das sesións da materia, mediante copia escaneada do documento pertinente -a través do correo electrónico oficial do profesor ou profesora que conste na Web da USC-. Do contrario, a persoa que ante o profesorado non acredite, en tempo e forma, a súa condición de alumno ou alumna con dispensa concedida non será considerado con tal condición durante o desenvolvemento da materia.
A proba de avaliación do alumnado non asistente consistirá nun:
- Exame de desenvolvemento (preguntas abertas), no que se esixirán respostas complexas e reflexivas que relacionen os diversos contidos traballados. Realizarase de forma presencial, escrito.
Valoración numérica da proba única: 100%
CONVOCATORIAS POSTERIORES
As condicións de avaliación expresadas neste documento manteranse vixentes por unha convocatoria para a convocatoria de segunda oportunidade. O alumnado repetidor aterase ao establecido no programa para o de primeira oportunidade e convocatoria.
En caso de discrepancias ou desacordo nunha cualificación ou reclamación, o profesorado aterase ao establecido pola propia Universidade, especialmente no referido á Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A aprendizaxe das competencias desenvólvese nas sesións expositivas e interactivas. Nestas últimas conxugaranse exercicios (comentarios de texto, análise de obxectos artísticos e paisaxes...).
As prácticas de campo teñen como obxectivo realizar estudos do valor estético de contornas naturais, de museos, edificios singulares, esculturas ao aire libre, lugares de xogo, etc. (en consonancia coas competencias 2.1, 2.3 e 4.1). Ademais, o alumnado poderá realizar consultas nas sesión de titoría, sobre as prácticas ou calquera outra cuestión sobre a materia.
Na descrición do traballo autónomo do alumnado dáselle importancia a que sexa capaz de expresar o seu pensamento por escrito, conforme aos exercicios de aula que se lle esixan, o traballo en equipo e o exame final; así como á lectura dos textos recomendados en cada tema. Faranse, tamén, exercicios de procuras telemáticas, especialmente en relación coa competencia 4.1; preparación de debates en clase, especialmente en relación coas competencias 4.1 e 4.3. Recoméndase que o estudo autónomo individual en todas as súas facetas ocupe 35 horas (en sesións de hora e media á semana).
No que respecta a coñecementos previos, axuda ter costume de visitar exposicións e museos, análise de obras de arte, lectura de poesía e narracións descritivas, observar atentamente a natureza e fundamentalmente ter conciencia da dimensión que a arte ten no desenvolvemento intelectual e anímico dos nenos pequenos. As alumnas e alumnos deben ter desenvolta a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e ter desenvoltura na procura de información por medios telemáticos.
É unha materia que debe estudarse a cotío, e con traballo en equipo. Os estudantes deben usar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo que están a desenvolver.
Esta materia desenvolverase parcialmente a través da aula virtual da USC-virtual.
É necesario que todos os alumnos e alumnas estean dados de alta na mesma, tanto para entregar traballos, participar en foros, titorías ou realización de probas, así como ter acceso ao material de contidos que está a súa disposición nesa aula.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non sexista publi cado WEB USC.pdf
Xesus Ferreiro Nuñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821071
- Correo electrónico
- xesus.ferreiro.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 27 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 27 |
20.05.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
20.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |