Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e manexar os símbolos gráficos dos elementos da música coa finalidade de comprender e aplicar os coñecementos teórico-prácticos da música: lecto-escritura musical, coordinación rítmica (corporal e instrumentos escolares), expresión vocal, expresión corporal e percepción auditiva.
- Coñecer e comprender as bases da educación musical na educación infantil valorando esta linguaxe no desenvolvemento integral dos nenos.
- Elaborar propostas didácticas tomando como base o currículo da expresión musical na educación infantil, analizando e empregando estratexias e recursos didácticos apropiados a esta etapa educativa.
- Demostrar interese, iniciativa e responsabilidade nas diferentes actividades que se desenvolvan.
- Elaborar os traballos que se especifiquen con rigor científico e didáctico, coidando a coherencia interna e a organización.
- Coñecer, manexar e utilizar aplicacións musicais TIC.
- Acadar e acreditar, por parte do alumnado, competencia en lingua castelá, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
- Contidos básicos da linguaxe musical: teoría e práctica.
- A música na educación infantil. O currículo, fundamentos psicopedagógicos, recursos e propostas didácticas.
- Aplicacións musicais TIC.
Bibliografía básica
- Alsina, P., Díaz, M., Giráldez, A. (2008). La música en la escuela infantil (0-6). Editorial Graó.
- Cremades, R. (2017). Desarrollo de la expresión musical en educación infantil. Colección Didáctica y Desarrollo. Ediciones Paraninfo Universidad.
- Díaz, M., Riaño, G. (2011). Fundamentos musicales y didácticos en educación musical. Santander: Universidad de Cantabria
Bibliografía complementaria
– Díaz, M., Giráldez, A. (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Barcelona, Graó.
– Giráldez, A. (2005): Internet y educación musical, Barcelona, Graó.
– Glover, J. (2004). Niños compositores: de 4 a 14 años. Barcelona: Graó.
– MEC (2006): Real Decreto 1630/2006, por el que se establecen las enseñanzas mínimas del segundo ciclo de Educación
Infantil, B.O.E. 04/01/07
– Pascual, P. (2006). Didáctica de la música para Educación infantil. Madrid: Pearson
– Ruiz, E. (2011). Expresión musical en la educación infantil. Orientaciones didácticas. Madrid: Editorial CCS
– Swanwick, K. (1991): Música, pensamiento y educación, Madrid, Morata.
– Tafuri, J. (2006). ¿Se nace musical? Como promover las actitudes musicales de los niños. Barcelona: Graó.
– Torres, L. (2010). Las TIC en el aula de educación musical. Sevilla: Mad
– Willems, E. (2001): El oído musical. La preparación auditiva del niño, Barcelona, Piados Educador.
Revistas
– Eufonía. Revista de Didáctica de la Música. Desde 1996. Barcelona, Graó.
– Léeme. Revista electrónica europea de música en la educación.
– Música y Educación. Revista de Pedagogía Musical, desde 1988. Madrid, Musicalis
– International Journal of Music Education. Revista de educación musical.
Específicas:
E. 54. Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
E. 55. Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E. 56. Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motrices, o debuxo e a creatividade.
E. 57. Analizar as linguaxes audiovisuales e as súas implicaciones educativas.
Xenerais: G1, G6, G8, G11.
Básicas: B1, B2, B3, B4.
Transversales: T1, T3.
As competencias pódense consultar no seguinte enlace:Memoria do Título Grao en Mestre/a de Educación Infantil:
https://assets.usc.gal/sites/default/files/plan/2021-09/Mestre%20Ed_Inf…
Sesións expositivas: onde se desenvolverán contidos conceptuais alternando a exposición con actividades interactivas na realización de exercicios prácticos. Nestas sesións desenvolveranse fundamentalmente os contidos básicos da linguaxe musical.
Sesións interactivas: onde se desenvolverán contidos procedimentales a través de actividades progresivas utilizando todos os recursos didácticos necesarios para unha mellor comprensión dos contidos da materia. Ademais propoñeranse actividades para realizar en pequenos grupos de traballo.
Aula virtual: utilizarase para a incorporación de materiais en distintos formatos, para o intercambio de reflexións, comentarios e realización de probas musicais tipo test.
As tutorías poderán realizarse parcialmente de forma virtual.
Poderíanse realizar saídas didácticas ao Centro de Artesanía e Deseño de Lugo e ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela para coñecer o folclore musical de Galicia.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de castelán. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua castelá a docencia da materia (expositiva, interactiva e tutorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa banda, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas tutorías, tanto como en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto si son síncronas como asíncronas.
A avaliación da materia será realizada de forma continua formativa (sen proba final).
a) Participación na aula: 15% da nota final. Tomarase en consideración a participación nas actividades presenciais, prácticas con música e saídas didácticas. Control de asistencia con folla de firmas.
b) Probas teóricas e prácticas: 65%
c) Informes escritos: 20%
FRAUDE: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
- O ALUMNADO QUE AGARRACHES A MENOS DO 80% non obterá puntuación do apartado de Participación na aula.
- SEGUNDA OPORTUNIDADE: O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade (período ordinario) ten unha segunda oportunidade no mes de xullo.
- O ALUMNADO REPETIDOR deberá porse en contacto co docente (empregando o horario de tutorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso co fin de acordar un plan personalizado de traballo.
- O ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE. Deberá porse en contacto co docente (empregando o horario de tutorías) dentro das dúas primeiras semanas de curso co fin de acordar o seu plan de traballo específico.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de castelán), as e os estudantes normalmente presentarán en castelán tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en castelán.
Seguindo as instrucións recibidas do Reitorado e a Facultade, a distribución dos 6 ECTS será desta materia é a seguinte:
- Horas expositivas: 24
- Horas interactivas: 24
- Horas de tutoría: 3
- Número total de horas presenciais: 51
- Horas de traballo do estudante: 99
- Número total de horas de dedicación á materia: 150
- Asistencia e participación nas clases.
- Estudo regular da materia.
- Tratar de resolver as dúbidas e as dificultades que xurdan desde un primeiro momento nas propias clases ou nas horas de tutorías.
- Entrega de traballos e/ou actividades expostas polo profesorado dentro dos prazos indicados.
- Utilizar os recursos da propia Facultade para a ampliación dos propios coñecementos.
- Os traballos individuais e/ou grupales deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na convocatoria correspondente. Un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias salvo que se programe de forma coordinada.
- Responsabilidade ambiental:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios
Imprimir a dobre cara en calidade de aforro de tinta.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/tutorías) é un proceso privado, entendéndose privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudiantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC.
Mª Angeles Lopez De La Calle Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Laura Lopez Carretero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Correo electrónico
- laura.lopez.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Aula de Música |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Música |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de Música |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Música |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Música |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Música |
29.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Música |
24.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Música |