Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Familiarizarse cos avances da investigación e a innovación educativa na ensinanza das ciencias sociais na educación infantil
- Analizar criticamente o currículo da Educación Infantil e o lugar que ocupan as ciencias sociais.
- Desenvolver aspectos clave do ensino e aprendizaxe do espazo xeográfico e o sentido de lugar na educación infantil.
- Desenvolver aspectos clave do ensino e aprendizaxe do tempo histórico e a construción da identidade na educación infantil.
- Desenvolver aspectos clave do ensino e aprendizaxe do mundo social e a cidadanía democrática na educación infantil.
- Coñecer e analizar estratexias e recursos utilizados na ensinanza das ciencias sociais na educación infantil.
- Elaborar e avaliar propostas de ensinanza sobre os contidos sociais na educación infantil.
Unidade 1. As ciencias sociais na educación infantil. Currículo, investigación e innovación educativa.
- As ciencias sociais e o seu lugar nos sistemas educativos
- As ciencias sociais no currículo de educación infantil
- A selección de contidos sociais na educación infantil
- Investigación e innovación educativa nas ciencias sociais na educación infantil
Unidade 2. O espazo e a súa aprendizaxe na educación infantil
- Os nenos e a compresión do espazo
- Ensinar o espazo na educación infantil
- O sentido de lugar e educación baseada no lugar
- A educación na paisaxe na educación infantil. O Proxectoterra
Unidade 3. O tempo histórico e a súa aprendizaxe na educación infantil
- Os nenos e a comprensión do tempo histórico
- A ensinanza do tempo histórico na educación infantil
- Historia, patrimonio e identidade na educación infantil
- As saídas escolares na educación infantil: a cidade, os museos e o patrimonio
Unidade 4. O mundo social e a súa aprendizaxe na educación infantil.
- A construción das nocións sociais: economía, sociedade, política, cultura
- As familias e o seu tratamento educativo
- As nocións económicas e o desenvolvemento sostible
- Os nenos como cidadáns. Os dereitos dos nenos e a cidadanía democrática
Unidade 5. A aprendizaxe baseada en proxectos no ámbito das ciencias sociais
- A aprendizaxe baseada en proxectos na educación infantil
- Os proxectos no ámbito das ciencias sociais
- Deseño e desenvolvemento de proxectos de ciencias sociais
BÁSICA:
- FELIU, M.; JIMÉNEZ, L. (Coords.) (2015). Ciencias sociales y educación infantil (3-6). Graó.
- RIVERO, M. P. (coord.) (2011). Didáctica de las ciencias sociales para educación infantil: Mira Editores
COMPLEMENTARIA
- ARANDA, A. M. (2016). Didáctica de las Ciencias Sociales en Educación Infantil. Síntesis.
- AUSTIN, R. (coord.) (2009). Deja que el mundo exterior entre en el aula. Morata
- BEANE, J. A. (2005). La integración del currículum: el diseño del núcleo de la educación democrática. Morata
- BENEJAM, P. y otros (2002): Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos. Graó
- BONILLA, A. L.; GUASCH, Y. (coords) (2018): Entorno, sociedad y cultura en Educación Infantil. Fundamentos, propuestas y aplicaciones. Pirámide.
- COOPER, H. (2002) Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. MEC/Morata.
- CUENCA, J. M. (2006): La enseñanza del medio en la educación infantil. Universidad de Huelva
- EGAN, K. (1991): La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. Morata.
- HERNÁNDEZ, F., VENTURA, M. (2005): La organización del currículum por proyectos de trabajo. Graó.
- LECANTE, F. (2003). L´espace et le temps avec les 3-4 ans. Ntahan
- MINDES, G. (2006). Teaching Young Children Social Studies. Rowman & Littlefield
- PUIG, M.; RODRÍGUEZ, F. (coords.) (2018). La enseñanza del entorno en Educación Infantil : proyectos y rincones. Pirámide.
- SEEFELDT, C.; CASTLE, SH.; FALCONER, R. (2014). Social Sudies for the Preschool/Primary Child. Pearson.
- TONDA, E. M. (2001). La Didáctica de las ciencias sociales en la formación del profesorado de educación infantil. Universidad de Alicante
- TONUCCI, F. (2015): A cidade dos nenos. Kalandraka.
- VARELA, B. e FERRO, L. (2007). Ciencia sociales en el nivel inicial. Andamios para futuros/as ciudadanos/as. Colihue.
- WOOD, L. & HOLDEN, C. (2007). Ensenyar Història als mes petits [edición inglesa, 1995]. Zenobita.
Revistas:
- Aula de Infantil. https://www.grao.com/revistas/revista-aula-infantil/
- Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. https://www.grao.com/revistas/revista-iber/
- RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil. https://revistas.usc.gal/index.php/reladei
- Revista Galega de Educación. https://rge.gal/
- Young Children. https://www.naeyc.org/resources/pubs/yc
Sitios web:
http://www.didactica-ciencias-sociales.org/
http://projectapproach.org/
https://promiseofplace.org/
https://pz.harvard.edu/projects/children-are-citizens
https://innovarteinfantil.wordpress.com/
XERAIS
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atenden ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
ESPECÍFICAS:
E.33. Coñecer os fundamentos científicos, sociolóxicos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.37. Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
E.39. Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible.
E.40. Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos educativos adecuados.
E.41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e da comunicación.
BÁSICAS:
B.1. Que os estudantes teñan probado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes poidan aplicar o seu coñecemento ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúen as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Partindo de principios construtivistas e das teorías críticas da educación, o traballo cotián da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións do profesor, o traballo individual e en pequenos grupos dos estudantes e a posta en común no grupo Clase. Todo isto seguindo unha estratexia de resolución de problemas na que o coñecemento teórico e práctico debe mobilizarse para dar respostas a situacións de ensino.
As sesións expositivas (en gran grupo) estarán destinadas a realizar presentacións da información básica por parte do profesor, debates e discusións previamente preparados, proxeccións audiovisuais, saídas ao campo ou á localidade, presentacións orais dos estudantes e as actividades de avaliación grupal. Entre as actividades de gran grupo, realizarase unha ou máis prácticas de campo (segundo as dispoñibilidades orzamentarias) nas que se desenvolverán técnicas de observación, recollida de información, indagación e/ou intervención, á vez que se promoven as relacións persoais e o traballo cooperativo.
As sesións interactivas (en grupos medianos) destinaranse á lectura e discusión de textos, preparación de informes, presentacións orais, debates, traballo con computadores, etc. Serán realizadas ao redor de 15 sesións interactivas con cada grupo mediano.
As sesións de titorías (grupos pequenos e individuais) destinaranse a prestar axudas na realización de tarefas, presentar sínteses de lecturas, presentar informes de avance dos traballos de grupo, analizar e discutir textos, resolver dúbidas persoais, etc.
A materia empregará as posibilidades que ofrece o Campus Virtual da USC para dar acceso á información da materia, poñer a disposición do alumnado o material que se analizará nas sesións interactivas e establecer todo tipo de comunicacións.
A avaliación da materia non se limita a avaliar os resultados da aprendizaxe dos estudantes; ocuparase tamén do proceso de ensino e do nivel de satisfacción dos estudantes, coa finalidade de introducir melloras e innovacións.
Usarase unha serie de instrumentos para obter información sobre o desenvolvemento da materia: cuestionario inicial sobre as expectativas e intereses dos estudantes, opinións do alumnado sobre o plan xeral e as distintas actividades, cuestionario final ao alumnado para valorar o nivel de satisfacción, observacións do profesor na aula, etc.
A avaliación realizarase tendo en conta tres compoñentes:
a) Asistencia e participación nas actividades de aula. É obrigatoria a asistencia ás aulas, e o alumno deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. A asistencia e participación terá un peso do 20% na cualificación final. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro.
b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais dos estudantes. Terán un peso do 50% na cualificación final.
c) Proba final. Terá un peso do 30% na cualificación final. O alumno deberá obter neste proba (apartado c) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non se contabilizará na cualificación final da materia.
EXENCIÓN DE DOCENCIA
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase, o alumnado que dispoña de exención de docencia deberá acordar un plan de traballo específico co profesor, que incluirá:
- Un programa de lecturas e actividades a realizar con prazo de entrega dos traballos indicados (40% da cualificación final)
- Un calendario de reunións (un mínimo de catro) de titorización para realizar o seguimento e avaliación das tarefas encargadas (20% da cualificación final)
- A realización dunha proba escrita sobre os contidos das unidades do programa da materia (40% da cualificación final).
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado de Segunda Oportunidade será avaliado tendo en conta dous elementos:
a) Informes, traballos e producións escritas correspondentes ás sesións interactivas da materia que figuran na Aula Virtual da materia: 50% da cualificación. Poderase conservar a cualificación desta parte se foi superada na Primeira oportunidade.
b) Proba escrita: 50% da cualificación.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser empregadas polo alumnado do seguinte modo:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas.
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supor o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non se poderá usar para varias materias, agás que se programe de forma coordinada.
Recoméndase aos alumnos que realicen e sigan, baixo unha supervisión do profesor e desde o inicio do semestre, un plan de lecturas e traballo. Non é aconsellable resolver a materia nas últimas semanas do semestre nin presentar traballos que non fosen orientados e supervisados polo profesor.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
UTILIZACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo
O ensino-aprendizaxe (aulas / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o uso da conta rai así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Jose Angel Armas Castro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812013
- Correo electrónico
- xose.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Leticia Lopez Mondejar
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (N - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - E) + Dobre Grao 5º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (F - M) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |