Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pertence ao módulo “Organización do espazo escolar, materiais e habilidades docentes”. Xunto a outras xa cursadas no primeiro ano do grao (Didáctica e Profesión Docente) e algunhas máis que serán cursadas neste curso (Proxectos de innovación, Organización e xestión da aula, Observación, Escola Inclusiva, Uso das TIC) constitúen un bloque formativo que se complementa e está orientado a sentar firmemente as bases didácticas e curriculares da formación das e dos futuros Mestres/as de Educación Infantil. Así pois, o noso traballo deste ano basearase nas aprendizaxes das materias anteriores do bloque para continuar co proceso global da formación en Didáctica e Currículo.
Os obxectivos que pretendemos acadar, atendendo ás competencias no marco da materia Deseño e desenvolvemento curricular son os seguintes:
1. Entender os fundamentos e principios das teorías curriculares e a súa aplicación aos procesos de ensino-aprendizaxe, afondando nas bases teóricas e epistemolóxicas do ámbito do deseño e desenvolvemento curricular.
2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
3. Coñecer a normativa que rexe o currículo na Educación Infantil e interpretar as súas implicacións na práctica docente.
4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores de formación cidadá.
5. Analizar o desenvolvemento curricular como un espazo de colaboración entre Mestres/as, familias e comunidade local, asumindo a dimensión educativa da función docente e fomentando a educación democrática para unha cidadanía activa.
6. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente.
7. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
Os contidos que se traballarán na materia son os seguintes:
1. O concepto de currículo e o seu sentido na Escola Infantil.
2. O currículo Oficial e os currículos institucionais. Modelos curriculares.
3. O currículo da Educación Infantil en Galicia.
4. Currículo, desenvolvemento e aprendizaxe infantil. Como aprenden os nenos e as nenas.
5. Currículo e ambientes de aprendizaxe. Contextos de aprendizaxe para neno/as pequenos.
6. Currículo e saberes básicos na Educación Infantil. As intelixencias múltiples.
7. Currículo e metodoloxías de aprendizaxe na Educación Infantil. Xogo e aprendizaxe.
8. Currículo e avaliación das aprendizaxes e do traballo feito na aula. A documentación.
9. O currículo como proxecto formativo. A planificación curricular contextualizada.
BÁSICA
Bermejo, B. e Ballesteros, C. (2014). Manual de didáctica general para maestros de Educación Infantil y de Primaria. Pirámide.
Dans Álvarez de Sotomayor, I. e Varela Portela, C. (2022). La programación didáctica. Elementos básicos. Editorial Universitas.
Escamilla González, A. (2015). Proyectos Para Desarrollar Inteligencias Múltiples y Competencias Clave. Graó.
Zabalza Beraza, M.A. (2016). Diseño y desarrollo curricular. Narcea.
COMPLEMENTARIA
Abelleira,A. e Abelleira,I. (2019). Os fíos de Infantil. Galaxia.
Abelleira,A. e Abelleira,I. (2019). O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián. Galaxia.
Antón, M. (2008). Planificar la etapa 0-6. Graó.
Blanchard, M. e Muzás, M. (2016). Los proyectos de aprendizaje. Narcea.
Borghi, Q. (2005). Los talleres en Educación Infantil. Espacios de crecimiento. Graò.
Fortunato, A. (2006). La educación de los niños como proyecto de la comunidad. Octaedro.
Gardner, H. (2001). La inteligencia reformulada: Las inteligencias múltiples en el siglo XXI. Paidós.
Goldschmied, E. e Jackson, S. (2000). La Educación Infantil de 0 a 3 años. Morata.
Gómez Hurtado, I. e García Prieto, F.J. (2021). Manual de didáctica general para la diversidad. Piramide.
Imbernón, F. (2017). Ser docente en una sociedad compleja. Graó
Majem, T. e Odena, P. (2007). Descubrir jugando. Octaedro.
Marina, J.A. (2011). El cerebro infantil: la gran oportunidad. Ariel.
Vergara, J.J. (2016). Aprendo porque quiero. El Aprendizaje Basado en Proyectos paso a paso. SM.
Willis, A. e Ricciuti, H. (2000). Orientaciones para la escuela infantil de cero a dos años. Morata.
Zabalza, M.A. et al. (2008). La calidad en la Educación Infantil. Narcea.
Zabalza, M.A. (2008). Didáctica de la Educación Infantil. Narcea.
Algunhas revistas de interese
- Aula de Infantil
- Cuadernos de Pedagogía
- Infancia
- Reladei
- Revista Galega de Educación
Como pode constatarse na Memoria do grao as competencias que o documento xeral da titulación sinala están, todas elas, relacionadas directa ou indirectamente coa nosa materia. No noso caso, as que nos afectan dun xeito máis claro son as seguintes:
COMPETENCIAS XERAIS
G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6, no contexto familiar, social e escolar
G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto aos dereitos humanos.
G4. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5. Reflectir en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos outros. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e as derivacións éticas e legais do seu uso nos procesos de observación.
G8- Coñecer os fundamentos da dietética e hixiene infantil. Coñecer os fundamentos da atención temperá e as bases e actuacións que permiten comprender mellor os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G9- Coñecer a organización das escolas de Educación Infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir a idea de que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G.11. Reflectir sobre as prácticas de aula a partir da observación sistemática e da análise dos datos. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB.1. Que as/os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB.2. Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB.3. Que as/os estudantes teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB.4. Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como no especializado.
CB.5. Que as/os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun algo grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 – Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.19.Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E.20.Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no entorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ó progreso armónico e integral dos estudantes.
E.21.Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E.22.Atender ás necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
O desenvolvemento desta materia implica a realización de clases expositivas a todo o grupo, nas que se presentarán cuestións relevantes correspondentes aos temas que figuran no contido do programa. Nestas clases tamén se presentarán fontes bibliográficas e documentais para o seu estudo polo alumnado.
Nas clases interactivas realizaranse diversas actividades grupais cun carácter práctico e aplicativo. Entre elas especialmente inclúense a análise de diversos documentos, así como de experiencias, incidentes, programacións, casos e vídeos.
Recoméndase a asistencia presencial ás titorías.
O campus virtual será a principal ferramenta para a entrega de actividades, feedback das mesmas e depósito de documentación complementaria ás sesión.
As actividades en gran grupo pretenden que o alumnado adquira unha visión global das áreas do currículo da educación infantil, así como unha análise das tarefas da profesión docente en canto á formación para comprender, planificar, desenvolver e valorar a práctica docente. Este tipo de actividades permite tamén analizar cales son os elementos básicos presentes na práctica da docencia, así como desenvolver pequenas investigacións sobre as prácticas docentes e elaborar proxectos de mellora destas.
As actividades de grupo mediano axudan ao desenvolvemento das competencias anteriores, así como a reflexionar sobre a práctica docente, analizar e comprender os procesos de ensinanza e aprendizaxe das distintas áreas curriculares, aplicar os coñecementos adquiridos a diferentes situacións mediante o estudo de casos e a elaboración de proxectos e estudar as distintas tarefas de ensino-aprendizaxe que se desenvolven ou poden desenvolverse na aula. Favorecen tamén o desenvolvemento de competencias referidas á procura de informacións, así como á interpretación de datos e á transmisión de informacións. Supoñen que o alumnado sexa capaz de comprender os procesos educativos da aula, os sistemas de comunicación, as funcións que desempeñan e o coñecemento e a utilización de metodoloxías de investigación sobre a práctica docente.
As actividades en pequeno grupo responden ao desenvolvemento das competencias citadas así como á promoción do traballo colaborativo.
O traballo individual do alumnado favorece a adquisición de informacións, a lectura e comentario crítico de textos, a reflexión sobre as lecturas realizadas e sobre os problemas que poden presentarse na aula, así como a valoración do esforzo, a constancia e tamén o coñecemento e a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación. Tamén desenvolven a capacidade de analizar as condicións nas que se desenvolve a profesión docente, cales son as posibilidades e cales as limitacións ou dificultades coas que os profesionais atópanse no desenvolvemento do seu traballo profesional.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Tomando como referencia obxectivos, competencias e contidos do programa así como a preparación inicial do alumnado, a avaliación proxectarase tanto no desenvolvemento teórico como nas actividades interactivas.
Considérase fundamental o uso da avaliación continua, que se complementará cunha proba final obligatoria para o alumnado. Os contidos desenvolvidos nas clases expositivas serán avaliados a través dunha proba específica.
Os alumnos/as realizarán traballos en equipo en torno ás actividades desenvolvidas nas clases interactivas. Estes traballos serán obxecto de seguemento polas profesoras.
Para poder superar a materia será imprescindible entregar todas as tarefas dentro do prazo.
Deste xeito, as porcentaxes concretas serán:
A. Prácticas e participación na aula 20%
B. Proba específica 40%
C. Traballo en pequenos grupos 30%
D. Presentación oral de traballos 10%
Deseño e desenvolvemento curricular é unha materia presencial. Por iso é obligatoria a asistencia ás súas clases expositivas e interactivas.
Ao alumnado que teña concedida a exención ou dispensa de asistencia propoñeráselle un plan alternativo de traballo e avaliación que abarque o conxunto de obxectivos e contidos da asignatura. Para este alumnado os traballos individuais suporán o 40% da cualificación final e a proba final o 60%.
O alumnado que se atope nesta situación debe poñerse en contacto coa docente nun plazo máximo de 15 días dende a publicación da resolución.
A avaliación da 2ª oportunidade gardará aquelas partes superadas na primeira, tendo, únicamente, que presentarse a aquelas probas non superadas.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria. A efectos de avaliación un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na “Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tendo en conta que “Deseño e desenvolvemento curricular” comprende un espacio de 6 ECTS, se realiza a seguinte distribución temporal:
-Clases expositivas: 20 horas
-Clases interactivas: 20 horas
-Titorías e avaliación: 10 horas-
-Total actividades presenciais: 50 horas
Traballo persoal do alumno:
-Estudio e elaboración de informes: 80 horas
-Titorías e avaliación: 20 horas
-Total traballo persoal: 100horas.
Os estudantes que cursen esta asignatura terán que realizar unha lectura atenta e crítica dos textos suxeridos pola profesora para acceder aos conceptos propios da disciplina e a súas aplicacións prácticas. Tamén é conveniente que participen activamente nas tarefas propostas nas clases expositivas e interactivas.
- Responsabilidade medioambiental: Os traballos persoais ou grupais débense subir á aula virtual en cada tarefa proposta. En caso de non ser posible, recomendase o seguinte:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Cristina Varela Portela
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813837
- Correo electrónico
- cristina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Milena Villar Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- milena.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Fu - M) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fr) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (N - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |