Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber)
-Entender o obxecto e finalidades da educación
-Entender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento
-Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensino aprendizaxe.
-Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensino-aprendizaxe nos entornos educativos e os factores que os influen.
Procedimentais (saber facer):
-Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
-Utilizar o coñecemento propio da materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
-Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
-Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensino aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Actitudinais (saber ser):
-Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa frente os problemas psicoeducativos
-Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na súa profesión.
-Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conducta profesional posterior.
Bloque 1: Introducción a Psicoloxía da Educación.
1.Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque 2: Aprender na escola infantil. Modelos e teorías da aprendizaxe
2. Modelos de aprendizaxe conductual e cognitivo social.
3. Teorías cognitivas da aprendizaxe
4. Teoría sociocultural.
Bloque 3: Variables e procesos intrapersoais implicados na aprendizaxe do alumno de Educación Infantil:
5. Variables cognitivas: intelixencia, aptitudes e estratexias; a creatividade e a educación.
6. Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima. A interacción entre os procesos cognitivos e motivacionais.
Bloque 4: Variables interpersoais:
7: As interaccións no proceso de ensino aprendizaxe.
BASICA:
-Coll C., Palacios, J. y Marchesi, A. (comps.) (2007). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar. Alianza..
-González Pérez, J. y Criado del Pozo, M.J. (2009). Psicología de la Educación para una enseñanza práctica. CCS
-Rodríguez Sánchez S. (coord.) (2015). Psicología de la Educación. Grado de Educación Infantil y Primaria. Pirámide.
-Sampascual, G. (2001). Psicología de la educación. UNED
COMPLEMENTARIA
-Beltrán, J y Bueno, A. (eds.) (1995). Psicología de la Educación. Marcombo.
-Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. y Santiuste, V. (1987). Psicología de la Educación. EUDEMA
-Coll, C. (coord.) (1998). Psicología de la educación. Edhasa
-González González E. y Bueno Alvarez, J.A. (coords.) (2004). Psicología de la educación y el desarrollo en la edad escolar. CCS.
-González Pienda, J.; González Cabanach, R.; Núñez, J.C. y Valle, A. (coord.) (2002). Manual de Psicología de la Educación. Pirámide
-Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. Trillas
-Martín Bravo, C. (coord.) (1999). Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Valladolid. Ambito.
-Mirás, F.; Salvador, M, y Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Grupo Editorial Universitario
-Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. Trillas
-Sprinthall, N. A,; Sprinthall, R.C Oja, S.N. (1996). Psicología de la Educación. Una aproximación desde el desarrollo. McGrawHill.
-Trianes, M.V. y Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Pirámide
-Valle, A. y González Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
-Woolfolk, A. (2010). Psicología educativa. Pearson.
Xerais:
-G2.Promover e facilitar as aprendizaxes na 1º infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das distintas dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
- G$. Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
-G9.Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de acción que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercico da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose ós cambios científicos, pedagóxicos e sociais ó longo da vida.
-G11.Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a función docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Específicas:
-E1.Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6 no contexto familiar, social e escolar
-E5..Saber promover a adquisición de hábitos en col da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
-E6.Coñecer a dimensión pedagóxica da intervención cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzó individual.
Básicas:
-B2.Que os estudantes sepan aplicar coñecementos o seu traballo ou vocación de unha maneira profesional e posean as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e difusión de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-B3.Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incluan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
-B4.Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
-B5.Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Transversais.
-T2.Coñecemento instrumental de lingua galega
-T3.Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación
A metodolóxía a empregar conxuga o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, potenciando o traballo autónomo do estudiante; os produtos requeridos serán entregados, ben de maneira prsencial nas distintas clases ou a través da aula virtual. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para promover a significatividade das aprendizajes. Os materiais empregados nelas estarán a disposición do alumnado nos servicios de reprografía e/ou na aula virtual.
As actividades que se realizarán nos seminarios irán dirixidas a profundizar en conceptos e procedementos concretos introducidos teóricamente con anterioridade nas clases expositivas. Con elas preténdese que o alumnado adquira dominio no manexo das diferentes fontes de información, realice traballos cooperativos, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construir significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requeridas e os materiais necesarios serán presentados o alumnado nas correspondentes sesións de clase e na guía da materia.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos centraránse na resolución de problemas e dúbidas e no seguimento no proceso de elaboración de traballos.
A avaliación do curso realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado seguinte:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados na materia; é necesario superar esta proba para ter en conta o resto de criterios de avaliación.
-20% da cualificación procederá da valoracións de informes escritos, presentacións orais e doutras actividades realizadas en grupos cooperativos. Será preciso ter entregadas en prazo un mínimo dun 80% das tarefas solicitadas.
-20% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula e as aportacións individuais de carácter obrigatorio. Será preciso ter entregadas en prazo un mínimo dun 80% das tarefas solicitadas.
-10% da cualificación corresponderá a achegas libres dos estudantes, traballos voluntarios titorizados, informes de lectura de libros, asistencia a actividades prácticas; terán carácter optativo e voluntario.
A non realización do exame ou do 80% das actividades demandadas suporá unha cualificación de Non Presentado; se tan só se supera, ben o exame, ben a parte correspondente a traballos grupais e achegas individuais, a cualificación será de Suspenso, co valor numérico mais próximo a 5 obtido nun ou outro apartado da avaliación. Os estudantes que non cumpran os requisitos de asistencia, aqueles coa materia pendente en convocatorias anteriores e os que presenten exención de docencia deberán realizar unha proba global que avaliará tanto os coñecementos teórico-conceptuais como práctico-aplicados, acadando unha porcentaxe do 100&. A convocatoria de segunda oportunidade seguirá os mesmos requisitos.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada
A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuidas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades grupais en seminarios, estudos de casos, guías e orientación de traballos e titorías, así como a realización dunha proba-examen de 2 horas.
Estímase que o alumnado deberá adicar unhas 99 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, búsqueda de información e análise de documentos; en torno a 45 adicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, búsqueda de información complementaria ou preparación de presentacións orais e unhas 19 para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Dado o carácter básico da asignatura e a súa ubicación no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; asímesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma.
ASISTENCIA A CLASE:O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES:
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
INDICACIONS DE RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Evitar tapas de plástico e outros envoltorios externos innecesarios, recoméndase o emprego de grampas, impresión a duas caras en calidade "aforro de tinta", sen folios en branco como separadores de apartados.
PERSPECTIVA DE XENERO:
Potenciarase o uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo de clase coma nas tarefas a realizar.
EMPREGO DE FERRAMENTAS TECNOLOXICAS INSTITUCIONAIS:
E obrigatorio o emprego da conta de correo rai. así como das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
PROTECCIÓN DE DATOS:
Seguirase a normativa da USC ao respecto: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
NORMATIVA DE AVALIACION:
Dado que a avaliación da materia require de realización de exame, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
EMPREGO DO MOBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso del teléfono móbil na aula ó emprego como instrumento de traballo. O alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas derivadas dun uso inadecuado.
PRIVACIDADE DAS COMUNICACIÓNS DENTRO DO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Tendo en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (titorías e clases) é un proceso privado, enténdese como tal toda comunicación e intercambio entre o docente e o alumnado matriculado na materia.
Maria Teresa Sánchez Castaño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- mariateresa.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
23.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |