Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Xerais
a. Formar ao futuro docente na diversidade de expresións da creación visual nas diferentes disciplinas
b. Capacidade de xerar liñas de acción propias dentro da creación plástica para atender a diversidade e a diferencia dos seus futuros alumnos.
2. coñecementos (saber)
a. Achegarse á arte como un continuo proceso de investigación que analiza tanto a nosa percepción da realidade como a forma de aproximarnos a ela.
b. Analizar os conceptos ao redor das manifestacións plásticas e visuais para incorporar un vocabulario que permita acadar e defender un criterio propio
c. Identificar unha serie de problemáticas ao redor da educación artística: estereotipos, imaxinarios e representación simbólica, determinismo discursivo, hábitos reprodutivos, etc.
3. Procedementos (saber facer)
a. Coñecer a arte dende a práctica e reflexionar sobre as súas posibilidades como modelo para a educación e a súa importancia no currículo escolar.
b. Analizar casos e modelos educativos que promovan un enfoque produtivo da educación artística.
c. Potenciar o uso de diferentes técnicas (experimentación, proceso) e a súa documentación.
4. Actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade de expresións e producións plásticas e visuais.
b. Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística contemporánea e ante o ensino da expresión plástica na escola.
Podemos dividir os contidos en 3 bloques. Estes bloques están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.
BLOQUE 1: A Arte como contexto.
Coñecer e analizar o proceso creativo dos artistas e das principais escolas e movementos de arte contemporánea.
Incorporar un pensamento crítico e reflexivo cara a arte e as súas producións. Análise comparada de diferentes estilos.
BLOQUE 2: A Educación artística como contexto
A Educación Artística na escola. Orientacións interdisciplinarias e contemporáneas.
Análise dos contidos da expresión plástica no currículo de educación infantil.
BLOQUE 3: O “Eu” como contexto.
O obxectivo deste bloque é coñecer os preconceptos que existen tanto sobre a arte como a educación artística. Indagar en que medida estes preconceptos foron construídos socialmente ou a partir dunha educación artística previa, observar os seus problemas (xerarquías, ausencia de imaxinario persoal) e propor modelos alternativos.
Preconceptos en torno á arte e a educación: Revisión de experiencias previas.
Desvinculación dos estereotipos en torno a arte e a educación.
Construción do pensamento crítico. Glosario de termos: proceso, proxecto, ficha, manualidades, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade, etc.
Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, collage, volume, construción, modelado, fotografía e vídeo.
O imaxinario individual e colectivo.
Observación do entorno como espazo para a integración arte-escola: Distintos ámbitos para a expresión plástica na escola: a aula, o patio, a paisaxe, a tradición, etc.
O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso
DESGLOSE DE CONTIDOS
Conceptuais: Procurarase formar ao alumnado na diversidade da realidade local (o contexto dos seus futuros alumnos) fronte a imposición dos diferentes modelos reprodutivos establecidos na escola ou nos medios de comunicación e a cultura de masas.
Procedementais: Destrezas para desenvolver unha actitude reflexiva e critica ante a súa realidade sociocultural e a dos outros. Destrezas para planificar, executar, documentar e expoñer un proxecto.
Actitudinais: Contidos relativos á valoración da diversidade cultural, social, e individual.
BASICA:
Acaso, M. et alt. (2011) Didáctica de las artes y la cultura visual. Akal
Balada, M. / Juanola, R. (1987) La educación visual en la escuela. Paidós.
Blanco, V. / Cidrás, S. (2019) Educar a través da arte cara a unha escola imaxinada. Kalandraka
COMPLEMENTARIA:
Arnheim, R. (2001) Arte y percepción visual. Alianza
Blanco, V. / Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Galaxia
Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Paidós
Dondis,D.A. (2002) La sintaxis de la imagen. Gustavo Gili
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente. Paidós.
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Paidós.
Fontal, O. (2015). Didáctica de las artes visuales en la infancia. Paraninfo.
Lowenfeld, V. (2008) Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa. Síntesis
Machón, A (2009) Los dibujos de los niños. Cátedra.
Marin Viadel, R. (2003) Didáctica de la Educación Artística. Pearson Educación.
Competencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
G7 Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
G12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos..
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias transversais
T3 Coñecemento instrumental das TIC
Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso, combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
A aula virtual, e todas as ferramentas da mesma, serán o medio para compartir aqueles materiais e documentos dixitais, así como para a entrega das distintas tarefas dixitais obrigatorias.
Se os orzamentos o permiten, realizaranse saídas didácticas ou experiencias de ApS. Poderase planificar algunha tarefa de carácter interdisciplinar en coordinación co profesorado doutras materias.
A avaliación basearase nos seguintes aspectos:
1. Realización individual dun portfolio artístico (Libro de artista) 45% G.1, G.2, G.7, G.11, G.12 E.53, E.55, E.56, E.57, E.58 B.1, B.3 T.3
2. Realización dun proxecto educativo 40% G.1, G.2, G.7, G.11, G.12 E.53, E.55, E.56, E.57, E.58 B.1, B.3 T.3
3. Participación activa nas tarefas de clase 15% G.1, G.2, G.7, G.11, G.12 E.53, E.55, E.56, E.57, E.58 B.1, B.3 T.3
Terase en conta:
a. Avaliarase positivamente a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades propostas na aula.
b. Na realización do Libro de artista e no proxecto valoraranse aspectos como a creatividade, a estética, a implicación persoal, o rigor do proceso, o resultado, a procura de solucións diferentes, os informes presentados e a fundamentación empregada. No proxecto, ademais, terase en conta a posible posta en práctica.
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A asistencia a clase: d) no terá ningunha valoración.
Adaptación para os estudantes con dispensa o exención de docencia:
1. Realización individual dun portfolio artístico (Libro de Artista) 45%
2. Realización dun proxecto educativo 40%
3. Proba teórico-práctica final 15%
Convocatoria de xullo:
Os estudantes que non superen a materia na convocatoria común, terán que presentar novamente o Libro de artista e o proxecto educativo, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co/a docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas da convocatoria de xuño.
Alumnado repetidor:
Realización dunha proba teórico-práctica o día e a hora fixados no calendario oficial de exames.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio.
Coñecementos das bases da linguaxe visual e plástica.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non confiar a preparación da asignatura para o final de curso
ESTUDANTADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
Deberán seguir os seguintes pasos:
- Concertar co profesorado da materia unha titoría presencial que terá lugar, necesariamente, nas primeiras semanas do cuatrimestre.
- Presentar o Libro de artista e o proxecto docente o día do exame
- Realizar unha proba teórico-práctica o día do exame final
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Non empregar GOMAEVA
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
OUTRAS RECOMENDACIÓNS:
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Teams, etc).
• Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Carmen Franco Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812015
- Correo electrónico
- carmen.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angeles Diaz Seoane
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- angeles.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 06 - PLÁSTICA |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_06 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 06 - PLÁSTICA |
19.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
30.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |