Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Achegar unha visión xeral da importancia e das posibilidades das Actividades Motrices e Recreativas na Natureza como unha parte integrante das actividades físicas, tanto no contexto educativo como no recreativo e deportivo.
• Preparar ao alumnado dunha forma teórica e práctica nas actividades físico deportivas no medio natural e a súa aplicación nos diferentes ámbitos de intervención.
• Contribuír a través das Actividades Motrices e Recreativas na Natureza e a educación ambiental á concienciación do alumnado sobre a importancia do coñecemento e conservación da natureza e o seu uso racional nos diferentes ámbitos de aplicación.
• Inculcar no futuro profesional una mentalidade da seguridade básica para a planificación e desenvolvemento óptimo de calquera intervención no medio natural.
• Capacitar ao alumnado para desenvolver programas de Actividades Motrices e Recreativas na Natureza.
• Transmitir a inquietude cara a formación continua e investigación nas Actividades Motrices e Recreativas na Natureza
BLOQUE TEMÁTICO I: FUNDAMENTOS DAS ACTIVIDADES MOTRICES E RECREATIVAS NA NATUREZA.
Tema 1. Conceptualización e introdución ás actividades motrices e recreativas no medio natural.
Tema 2. Características das actividades motrices e recreativas no medio natural. As dinámicas de grupos.
Tema 3. Fundamentos pedagóxicos das actividades motrices e recreativas no medio natural. Consideracións didácticas
BLOQUE TEMÁTICO II. XOGOS, ACTIVIDADES E DEPORTES MOTRICES E RECREATIVOS NA NATUREZA E A SÚA DIDÁCTICA.
Tema 4. Técnicas e procedementos para a orientación no medio natural.
Tema 5. O desprazamento e a permanencia no medio natural.
Tema 6. Actividades recreativas na natureza.
BLOQUE TEMÁTICO III. ASPECTOS PREVENTIVOS E DE SEGURIDADE NA PRÁCTICA DE ACTIVIDADES MOTRICES E RECREATIVAS NO MEDIO NATURAL.
Tema 7. A importancia dos primeiros auxilios na formación do profesional da educación, a educación física e o deporte.
Tema 8. O soporte vital básico e a cadea de supervivencia.
Tema 9. Obstrución de vía aérea e manobra de Hemlich
Tema 10. Traslados e inmobilizacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Navarro, R., Basanta, S. y Álvarez, M. (2014). Actividades Motrices e Recreativas no Medio Natural. Manual para a Educación
Primaria. Lugo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Basanta-Camiño, S., Navaro-Patón, R., Otero-Urtaza, E., Arias-García, A. (2014). Las actividades físicas en la naturaleza: desde fines utilitarios hasta lugar de ocio y educación. Perspectiva histórica. En X Congreso Internacional de Ciencias del Deporte y la Educación Física.
Brotherton, L. (2013). Manual de orientación. Barcelona: Paidotribo.
Casterad, J., Guillén, R. y Lapetra, S. (1995). Una propuesta Curricular de Actividades Físicas en la Naturaleza para la Educación Primaria. Actas del II Congreso nacional de EF de Facultades de Educación y XII de E.U. de Magisterio. Zaragoza y Jaca. 153-158.
Colorado, J. (2000): Trekking. Tu primer viaje a otro mundo. Grandes Espacios, 45, pp. 26-34
Colorado, J. (2001): Montañismo y trekking, Desnivel, Madrid.
Consellería De Cultura, Comunicación Social Y Turismo. Decreto 116/1999, de 23 de abril, por el que se regula la actuación de las empresas turismo activo. Doga 6/5/99.
Elziere, C.(1999): Caminar por la montaña, Desnivel, Madrid
Fernández-Basadre, R., Herrera-Vidal Núñez, J. I., Navarro-Patón, R. (2015). Las TIC como recurso en la didáctica de la educación física escolar. Propuesta práctica para la educación Primaria. EmasF, 6(35): 58-69
Garcia, J.L.; Navarro, R. (2011): Primeros auxilios para el camino. En Preparación Psicofisiológica para largas marchas. Re-corriendo el Camino de Santiago (pp 155-168). Miami. EEUU. Interamerican Academy of Applied Cognitive Neuroscience.
Garcia, J.L.; Navarro, R.; Bores, A. Y Barcala, R. (2011): Conceptos básicos sobre anatomía de actividad física y el deporte. En Arufe, V.; Lera, A.;Varela, L.; Fraguela, R. (Eds.). La mención de Educación Física el Grado en Educación Primaria. (pp 201- 246). La coruña. Sportis formación deportiva.
Garcia, J.L.; Oleagordia, A.; Agrasar, C.; Sanmartin, M.; Martinez, P. Y Barcala, R. (2003): Primeros Auxilios y conceptos básicos de Anatomía y Fisiología. A Coruña: Xaniño Editorial
García, Martínez, Parra, Quintana y Rovira (2005). Actividad Física en el medio natural para Primaria y Secundaria. Editorial Wanceulen.
Gilbertson, K., Bates, T., Ewert, A., & McLaughlin, T. (2006). Outdoor education: Methods and strategies. Human Kinetics.
Guillén, R.; Lapetra, S.; Casterad, J.; (2000). Actividades en la naturaleza. Editorial Inde. Barcelona.
López-Felpeto Beres, R.; Navarro-Patón, R.; Basanta-Camiño, S. (2015). Formación y actitud del profesorado de educación física en educación Primaria con respecto a los primeros auxilios en la provincia de Lugo. Trances, 7(1):91-112.
McNeill, C., Cory-Wright, J., & Renfrew, T. (2006). Carreras de orientación. Guía de aprendizaje. Barcelona: Paidotribo.
Melendo, J. A., Arbonés, N., Cancer, L., Maza, P. y Lampre, F. (2014). Manual de técnicas de montaña e interpretación de la naturaleza. Barcelona: Paidotribo.
Redmond, K., Foran, A., y Dwyer, S. (2010). Quality lesson plans for outdoor education. Human kinetics.
Stremba, B. (2009). Teaching adventure education theory: Best practices. Human Kinetics.
Wagstaff, M., & Attarian, A. (2009). Technical skills for adventure programming: A curriculum guide. Human Kinetics.
etc.
Competencias xerais
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G7. Colaborar cos diferentes sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G9. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
Competencias específicas
E58. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a Educación Física.
E59. Coñecer o currículo escolar da Educación Física.
E60. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola.
Competencias básicas
B.2.Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Tendo en conta as características da materia é necesario desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combinaranse as sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións de laboratorio centradas na aplicación práctica dos coñecementos. As actividades iniciais estarán orientadas a obter información que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes significativas. A metodoloxía docente empregada nas actividades formativas porá máis énfases na aprendizaxe autónoma e significativo do alumno, sen esquecerse que a aprendizaxe é un proceso dependente do ensino. A metodoloxía será activa, colaborativa e participativa axudando ao estudante a recompilar e organizar a información, a formar e construír conceptos, a construír e verificar hipóteses partindo das súas indagacións, a expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outro. En definitiva, estáselle ensinando de xeito activo, colaborativa e participativa a “aprender a aprender”.
Tanto a metodoloxía como todas as actividades enunciadas están, en maior ou menor medida, relacionadas con todas as competencias enunciadas. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo. Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados en formato impreso, a través da guía docente, ou a través da plataforma virtual da USC.
Ademais, e para unha mellor comprensión da materia e a súa implicación na formación integral do alumnado, realizaranse saídas de campo para realizar prácticas.
Por último, resulta necesario contemplar os seguintes aspectos en canto á metodoloxía:
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial.
- As titorías poderán realizarse de maneira presencial, virtual (Microsoft Teams), ou mediante correo electrónico. Para as dúas primeiras opcións, será necesario solicitude previa por parte do alumnado, e posterior confirmación por parte do profesor responsable da materia.
- Contémplase o uso das plataformas tecnolóxicas institucionais (correo electrónico, aula virtual da materia e Microsoft Teams) como recursos para a difusión dos materiais, realización e/ou entrega de tarefas e, en xeral, facilitar a comunicación e un mellor aproveitamento da materia.
A avaliación atenderá aos seguintes apartados:
1) Asistencia e participación nas sesións expositivas e interactivas (30% da nota final):
Segundo indica a normativa da USC, é condición necesaria para superar as materias a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais da materia; polo tanto, non cumprir este requisito suporá a non superación da materia na primeira oportunidade.
Para acadar cualificación neste apartado o alumnado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das sesións e implicarse activamente nelas.
A asistencia controlarase mediante listaxe de control.
2) Informes escritos e outras producións (20% da nota final):
Consistirá na realización de varios traballos sobre as competencias que se indican no programa e dos que pode requirirse tanto a elaboración grupal como a presentación oral.
Esta porcentaxe estará repartida en dous traballos (10% cada un):
A. Deseño dunha actividade educativa no medio natural, a aplicar no marco organizativo dunha actividade complementaria ou extraescolar, para un grupo-clase de Primaria de libre elección. Este traballo realizarase en grupo.
B. Seguridade nas actividades motrices e recreativas na natureza dende o contexto escolar. Aspectos organizativos a ter en conta.
3) Probas específicas (50% da nota final):
Esta porcentaxe estará repartida en dúas partes:
A. Proba escrita obxectiva (Exame: 20% da nota final):
O exame constará de preguntas tipo test de resposta múltiple onde só unha opción será a correcta.
A data do exame será publicada no calendario oficial de exames da páxina web da facultade, tanto para a primeira oportunidade como para a segunda.
Aquelas persoas que na primeira oportunidade suspendan o exame e/ou a materia, poderán presentarse á segunda oportunidade.
Para superar esta parte deberase alcanzar unha nota mínima dun 5 no exame final.
Cabe a posibilidade de que esta proba se realice na aula de informática mediante cuestionario no campus virtual.
B. Realización de tarefas reais ou simuladas (Deseño, dirección e desenvolvemento dunha sesión práctica: 30% da nota final):
O alumnado deberá dirixir unha sesión en grupo na natureza atendendo aos obxectivos previamente establecidos (expostos na folla de aprobación da sesión).
Proporcionaranse os detalles concretos dos criterios da avaliación na guía docente que se facilitará ao comezo do curso.
Outras aclaracións sobre a AVALIACIÓN:
Para aprobar a materia na primeira oportunidade será preciso:
- Asistir un mínimo do 80% a tódalas sesións.
- Obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) en cada un dos diferentes apartados da avaliación e na cualificación global.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade pode facelo nunha 2ª. Nesta, os apartados 1) e 3B) non poderán ser subsanados, xa que se corresponden coa avaliación continua da materia.. A cualificación obtida nos apartados 1) e 3B) da avaliación manteranse con respecto aos resultados obtidos no período ordinario, polo que soamente se poderán subsanar os apartados 2) e 3A) da avaliación (traballos e exame = 40% do total).
Para a superación da materia, terase en conta o explicado no apartado Outras aclaracións sobre a AVALIACIÓN anteriormente expostas.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) poderá:
- Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario dende inicios do semestre e, neste caso, acadará novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación.
- Optar por non participar da actividade ordinaria da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, tendo que presentarse de novo á proba específica.
Todo o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) nas primeiras semanas de semestre, para concretar o seguimento da materia.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Ó alumnado con dispensa de asistencia aplicaráselle a “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias” e deberá contactar co docente na mesma semana na que se solicita para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Seguirase este mesmo criterio co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación estea xustificada.
De maneira xeral (aínda que non definitiva, dependendo de cada caso), o alumnado que presente a dispensa de asistencia certificada e non poida asistir a ningunha sesión interactiva e expositiva, terá uns criterios de avaliación diferentes:
- 30% Traballo da sesión.
- 30% Traballo de seguridade.
- 10% A defensa e presentación de ámbolos dous traballos.
- 30% Exame final.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O alumnado con algunha diversidade funcional e que requira de adaptacións ou apoio para seguir o desenvolvemento normal da materia deberá acudir ao Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU), e, inmediatamente despois, falar co docente para concretar o seu plan de traballo na materia e, de ser preciso, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
.Actividades presenciais
- Clases expositivas, debates, prácticas en gran grupo e avaliación: (Total horas: 18)
- Actividades grupo mediano e prácticas específicas: (Total horas: 18)
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: (Total horas: 2,5)
Tempo de estudo e de traballo persoal
- Actividades en gran grupo: 25 horas.
- Actividades en grupo mediano: 36 horas.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: 13 horas.
- Ler a guía docente proporcionada ó principio do curso. Consultar o que non se entenda.
- Coñecer os obxectivos, contidos, metodoloxía, modalidades de avaliación (requisitos, traballos, actividades, exames...) e cualificación (porcentaxes) da materia.
- Anotar as datas de entrega dos traballos e exame.
- Entregar todos os documentos solicitados polo docente no prazo indicado, revisando a súa caligrafía, ortografía e gramática.
- Participar de forma activa, construtiva e constante. A asistencia por si mesma non produce aprendizaxe.
- Consultar o campus virtual diariamente.
- Utilizar as titorías académicas para resolver dúbidas durante o proceso.
A USC é unha universidade presencial, polo que é preceptiva a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula. As adaptacións desta norma xeral ós casos específicos exporase na guía docente da materia, pero sempre buscarase garantir a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.
En tales circunstancias, o alumnado non asistente habitual deberá respectar as datas establecidas de entrega de traballos, sendo tamén recomendable que manteña contacto co docente a través das titorías para asegurar o adecuado progreso na materia e a superación dos obxectivos de aprendizaxe.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Por necesidades de docencia o presente programa poderá ser modificado antes do comezo da impartición da materia, comunicando ditas modificacións ao alumnado por medio da guía docente que se lles proporcionará.
Marcos Mecias Calvo
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821074
- Correo electrónico
- marcos.mecias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 27 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 27 |
27.05.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |