Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é achegar ao alumnado aos coñecementos, habilidades e destrezas precisas para construír o concepto de calidade na educación e a súa relación tanto coa xestión da mesma, como coa cuestión da innovación; a fin de potenciar o desenvolvemento das competencias necesarias para o traballo neste ámbito, no marco da Mención Cualificadora “Dirección e Xestión de Centros”.
Para acadar este obxectivo e desenvolver as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propóñense os seguintes obxectivos específicos:
1. Facer unha aproximación á delimitación de calidade no ámbito da educación.
2. Descubrir diferentes modelos de calidade, facendo fincapé naqueles que afectan directamente ao ámbito educativo.
3. Coñecer os organismos implicados na avaliación de centros educativos, así como as súas funcións.
4. Comprender os procesos que implican para un centro a implantación dun sistema de xestión da calidade.
5. Coñecer os procedementos e as canles a seguir na avaliación de centros ou servizos educativos.
6. Coñecer distintas técnicas e instrumentos para a recollida de información nos procesos avaliadores dos centros educativos.
7. Saber detectar as debilidades e fortalezas no proceso de avaliación dun centro educativo.
8. Comprender a calidade na formación a fin de poder deseñar propostas de mellora que impliquen a toda a comunidade educativa.
9. Coñecer os procedementos para deseñar e levar a cabo un plan de avaliación de la calidade nunha institución educativa.
10. Descubrir as relacións entre calidade e innovación educativa.
11. Coñecer distintos proxectos de innovación educativa que se están levando a cabo nos centros de la Comunidade Autónoma Galega.
12. Xoñecer os mecanismos de xestión do clima e mediación de conflitos do centro.
Na materia traballarase sobre os seguintes contidos:
- O concepto de calidade no ámbito da educación.
- Xestión da calidade educativa.
- A institucionalización dos procesos avaliadores.
- O concepto de innovación educativa no marco da calidade: deseño de propostas de mellora e proxectos de innovación.
- Calidade e proxectos estratéxicos.
-Xestión do clima e dos recursos humanos do centro.
-A elaboración colectiva das normas de convivencia.
-Mediación e resolución de conflitos nos centros educativos.
-Análise e tratamiento de conductas disruptivas.
Bibliografía básica
- Carbonell, J. (2015). Pedagogías del Siglo XXI. Alternativas para la innovación educativa. Ed.: Octaedro. Barcelona.
- Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. Barcelona: Graó.
- INCE (2002). Sistema estatal de indicadores de la Educación 2002. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Bibliografía complementaria
- Abadía Tirado, J. y Pola Maseda, A. (2009). Guía para la implantación de un sistema de gestión de la calidad UNE-EN ISO 9001 en la Administración Pública Local. Madrid: AENOR.
- Adell Ruiz de León, E. y García García, M.S. (2010). Gestión de calidad en la educación dentro de las Administraciones Públicas. Melilla: GEEPP.
- Camisón, C., Cruz, S. y González, T. (2006). Gestión de la calidad: conceptos, enfoques, modelos y sistemas. Madrid: Pearson Prentice Hall.
- CECE, Club Gestión de Calidad (1997). Guía de Autoevaluación. Centros educativos o formados no universitarios. Modelo Europeo de Calidad Total en la Gestión. Madrid: ITE. CECE.
- Cuatrecasas, LL. (2010). Gestión integral de la calidad: implantación, control y certificación. Barcelona: Profit.
- Estruch Tobella, J. (2002). Dirección profesional y calidad educativa. Barcelona: Cisspraxis.
- Estruch Tobella, J. (2008). Dirección escolar, corporativismo y profesionalidad, o de cómo un proyecto autogestionario acabó deborado por la inercia funcionarial. En Mariano Fernández Enguita y Eduardo Terrent Lalana (Coords.), Repensando la organización escolar. Madrid: Akal, pp. 171-203.
- Feito Alonso, R. (2011). Los retos de la participación escolar: elección, control y gestión de los centros educativos. Madrid: Morata .
- González Ramírez, T. (2000). Evaluación y gestión de la calidad educativa: un enfoque metodológico. Archidona (Málaga): Aljibe.
- González Soto, A.P. (2011). Evaluación para la mejora de los centros docentes: construcción del conocimiento. Las Rozas: Wolters Kluwer Educación.
- Jabaloyes Vivas, J., Carot Sierra, J.M. y Carrión García, A. (2010). Introducción a la gestión de la calidad. Universidad Politécnica de Valencia. Departamento de Estadística e Investigación Operativa Aplicadas.
- Mills, D. (2003). Manual de auditoría de la calidad. Barcelona: Gestión.
- Murgatroyd, S. y Morgan, C. (2002). La gestión de la calidad total en el centro docente. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
- Pérez Alonso-Geta, P.M. (2009). Creatividad e innovación: una destreza adquirible. Teoría de la Educación, 21(1), 179-198.
- Pérez Juste R. y otros (2000). Hacia una Educación de Calidad. Madrid: Narcea.
- Pérez Juste, R. (Coord.) (2005 b). Calidad en educación, calidad de la educación. Documentos para una concepción integral e integrada. Madrid: Asociación Española para la Calidad.
Revistas
- Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS. http://www.cuadernosdepedagogia.com/
- Organización y Gestión Educativa. Feae. http://www.oge.net/
- Revista Galega de Educación. Consellería de Cultura e Educación.
- Revista Innovación Educativa. USC. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que xs estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que xs estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que xs estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto
especializado como non especializado.
COMPETENCIAS XERAIS
X10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre xs estudantes.
X12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e xs seus/súas profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E17 - Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria.
E18 - Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
E19 - Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación.
E67 - Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer no centro.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A configuración dos novos graos destaca a importancia do papel do alumnado como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Neste senso, no desenvolvemento da materia combinaranse sesións de carácter teórico-conceptual con sesións de carácter práctico-interactivo, tal e como se explica a continuación:
Aulas expositivas, dirixiranse ao o traballo co alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual.
Aulas interactivas, desenvolveranse discusións en grupo e postas en común de diferentes temas ou obxectos de traballo, -clips, documentais, textos, prácticas...-.
Traballo autónomo fora da aula, dirixido á realización de traballos individuais e/ou de grupo, segundo o caso, que reforcen o desenvolvemento teórico-práctico da materia; empregando a plataforma Teams, o correo electrónico, ou ben o espazo propio de traballo para a materia, habilitado no Campus Virtual.
*As actividades de traballo autónomo recolleranse nun cartafol individual que se entregará ao final do cuatrimestre, se ben poderá pedirse unha revisión de seguimento deste. Ao longo da materia iranse concretando as tarefas específicas a realizar e os contidos que deben formar parte do mesmo.
*Os traballos do alumnado, tanto os individuais como os de grupo, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación desx alumnx na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
O alumnado repetidor, ou non presentado, avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
A avaliación terá un carácter integral, continuo e formativo, abranguendo todas as actividades individuais e de grupo propostas; realizarase tomando en consideración os seguintes aspectos:
Alumnado asistente:
> Asistencia ás distintas sesións da materia.
Será requisito imprescindible para proceder á avaliación contar coa asistencia a un total mínimo do 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas.
> Participación activa nas sesións, tanto expositivas como interactivas, ademais da elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas propostas, -foros, tarefas...-.
Asistencia e participación suporán un 10% da cualificación final.
> Elaboración do cartafol.
Isto suporá un 40% da cualificación final.
> Unha proba individual final sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia.
Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento. Isto suporá un 40% da cualificación final.
- Presentacións orais suporá un 10% da calificación final.
Alumnado con exención de docencia, dispensa ou non asistente (por acumulación de máis dun 20% de faltas non xustificadas):
> Elaboración dun cartafol individual onde se recollan:
- resumos e reflexións dos contidos de natureza teórico-conceptual esenciais da materia; extraídos dos textos e lecturas que se indicarán ao comezo da materia.
- as actividades de carácter práctico, dispoñibles no Campus Virtual e especificamente dirixidas a este alumnado.
Isto suporá un 40% da cualificación final.
> Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia.
Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
Isto suporá un 60% da cualificación final.
*Para superar a materia, tanto o alumnado asistente como non asistente, deberá acadar unhas puntuacións mínimas en todos os elementos considerados dentro da avaliación.
*O alumnado repetidor deberá acollerse ás mesmas condicións que o alumnado asistente, ou ben ás condicións do non asistente no caso de concesión de dispensa, exención de docencia ou acumulación de máis dun 20% de faltas non xustificadas.
*Para a recuperación da materia, tanto o alumnado asistente como non asistente, deberá superar un exame individual que consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
*Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dxs estudantes e de revisión de cualificacións.
Ao tratarse dunha materia de 4,5 créditos ECTS, correspóndenlle 112,5 horas de traballo do alumnado, distribuídas do seguinte xeito:
> Horas de actividade presencial: 38,25.
- Aulas expositivas: 18
- Aulas interactivas: 18.
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 2,25.
> Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 74,25.
Esta materia enmarcada na Mención Cualificadora “Dirección e Xestión de Centros” está directamente relacionada con outras como Organización e Xestión do Centro Escolar, así como Deseño, Desenvolvemento e Innovación Curricular. De aí que se aborden diferentes elementos relacionados tanto coa calidade como coa innovación educativa, desde unha perspectiva crítica pero globilizadora.
O desenvolvemento do programa precisará así unha obrigatoria flexibilidade que permita atender á situación do alumnado, as súas necesidades, coñecementos, características e evolución durante o semestre, así como ás circunstancias que poidan suceder no propio transcurso da materia.
Considerando estas cuestións, a fin de potenciar unha actitude no alumnado de compromiso coa busca de coñecementos e coa mellora continua, establécense unha serie de recomendacións para o aproveitamento desta:
- Asistencia regular as aulas expositivas e interactivas, así como a participación nas mesmas e a realización das tarefas propostas, tanto para os tempos de clase presencial como para os momentos de traballo autónomo.
- Ética, responsabilidade e compromiso á hora de afrontar o estudo e máis as actividades propostas.
- Contacto e comunicación coa docente, sobre todo en casos de dúbidas ou preocupacións (sobre todo no caso do alumnado de dispensa ou exención de docencia), mais tamén se son pertinentes suxestións ou peticións.
- Dominio das competencias dixitais básicas (manexo básico do ordenador e programas de edición de texto, deseño de presentacións, etc.).
- Realización de actividades complementarias que poidan recomendarse desde a materia, ou ben coñecerse a través das propostas da Facultade, ou doutras Facultades, organismos formativos, etc.
- Consulta de publicacións e revistas especializadas en educación.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos entregados presencialmente, individuais ou de grupo, que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións
Maria Carmen Gomez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 28 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 28 |
06.06.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |