Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo central é que o alumnado adquira un marco referencial teórico-práctico que lle permita deseñar e desenvolver estratexias didácticas axeitadas para o ensino da Educación Ambiental na Educación Infantil e Primaria en Galicia.
Os obxectivos específicos son:
- Construír unha conceptualización básica da Educación Ambiental e dos seus obxectivos básicos, tendo en conta a idea e principios de sostibilidade como unha cuestión fundamental;
- Aplicar a metodoloxía de resolución de problemas a problemas ambientais concretos e próximos.
- Analizar as dificultades acerca da integración da Educación Ambiental no ensino básico
- Deseñar e promover estratexias didácticas cara a devandita integración.
Parte expositiva:
Tema 1.- Introdución a Educación Ambiental
1.1.- A Educación Ambiental: a súa orixe e breve revisión histórica
1.2.- Conceptualización básica da educación ambiental: funcións e obxectivos
Tema 2.- A Educación Ambiental: revisión de aspectos concretos
2.1.- A alfabetización ecolóxica
2.2.- O funcionamento dos ecosistemas: a terra como ecosistema.
2.3.- Os problemas Ambientais. Problemas Sociais.
2.4.- O Desenvolvemento sostible: conceptualización e principios
Tema 3.- Desenvolvemento da Educación Ambiental no ámbito escolar.
3.1.- A educación ambiental e o seu desenvolvemento práctico: revisión de aspectos metodolóxicos.
3.2.- A Transversalidade e a Educación Ambiental como dimensión transversal no currículo.
3.3.- Articulación da Educación Ambiental cos obxectivos curriculares da Educación Infantil e Primaria.
3.4.- Enfoques metodolóxicos para o deseño de actividades e proxectos de Educación Ambiental.
Parte interativa
- Desenvolveranse as correspondentes sesións de laboratorio e/ou interativas, coa posibilidade dunha saida de campo. No caso de docencia virtual, non se fará a saída de campo e as sesións interactivas faranse en base a actividades plantexadas telematicamente.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.-
- ASKASIBAR, I. e outros. (2006). La sostenibilidad, un compromiso de la escuela. Barcelona:Graó
- PEACOCK, A. (2006). Alfabetización ecológica en educación primaria. Madrid:Morata.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA.-
- CARIDE, J. et al. (1991). Educación Ambiental. Realidades y perspectivas, Santiago de Compostela:Tórculo.
- De BLAS, P. et al. (1991). Respuesta educativa a la crisis ambiental. Madrid:MEC.
-GARCÍA GANDOY,J.A. e LÓPEZ RODRIGUEZ, R. (2004). A Ecoauditoría Escolar. Santiago de Compostela:Xunta de Galicia.
- GIORDAN, A. e SOUCHON, Ch. (1995). La Educación Ambiental. Guía Práctica. Sevilla:Díada.
- HART, R. A. (2001). La participación de los niños en el desarrollo sostenible. Barcelona:UNICEF- PAU educación.
- JIMÉNEZ, J. R. et al. (coord.: CANO, Mª. I.) (1992). Orientaciones didácticas para la Educación Ambiental en Educación Infantil (Programa ALDEA de E.A.), Sevilla:Junta de Andalucía.
- LÓPEZ RODRÍGUEZ, R. (2002). La integración de la educación ambiental en el diseño curricular. Un estudio longitudinal en educación Primaria (Tesis Doctoral), Ed. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago,
- LÓPEZ RODRIGUEZ, R. e GARCÍA GANDOY, J.A. (2004). A Axenda 21 Escolar Galega. Santiago de Compostela: Ed. Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia,.
- LÓPEZ RODRIGUEZ, R.; TABOADA IGLESIAS, J.L. e LÓPEZ ALVÁREZ, N. (2008). Impacto ambiental en centros da USC. Santiago de Compostela:Ed. Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Infantil:
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.7.- Coñecer as implicaciones educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G10.- Actuar como orientador de padres y madres en relación con la educación familiar en el periodo 0-6 y dominar habilidades sociales en el trato y relación con la familia de cada estudiante y con el conjunto de las familias.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promoverlo nos estudantes.
G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
.
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Primaria:
G1.- Conocer las áreas curriculares de la Educación Primaria, la relación interdisciplinar entre ellas, los criterios de evaluación y el cuerpo de conocimientos didácticos en torno a los procedimientos de enseñanza y aprendizaje respectivos.
G2.- Diseñar, planificar y evaluar procesos de enseñanza y aprendizaje, tanto individualmente como en colaboración con otros docentes y profesionales del centro.
G4.- Diseñar y regular espacios de aprendizaje en contextos de diversidad y que atiendan a la igualdad de género, a la equidad y al respeto a los derechos humanos que conformen los valores de la formación ciudadana.
G7.- Colaborar con los distintos sectores de la comunidad educativa y del entorno social. Asumir la dimensión educadora de la función docente y fomentar la educación democrática para una ciudadanía activa.
G10.- Reflexionar sobre las prácticas de aula para innovar y mejorar la labor docente. Adquirir hábitos y destrezas para el aprendizaje autónomo y cooperativo y promoverlo entre los estudiantes.
G11.- Conocer y aplicar en las aulas las tecnologías de la información y de la comunicación. Discernir selectivamente la información audiovisual que contribuya a los aprendizajes, a la formación cívica y a la riqueza cultural.
G12.- Comprender la función, las posibilidades y los límites de la educación en la sociedad actual y las competencias fundamentales que afectan a los colegios de educación primaria y a sus profesionales. Conocer modelos de mejora de la calidad con aplicación a los centros educativos.
Competencias Específicas:
1.- Identificar e comprender o impacto da actividade humana no ambiente; e coñecer e valorar a importancia da Educación Ambiental para avanzar cara a modelos sostenibles.
2.- Coñecer os contidos básicos que faría falta ensinar en relación coa educación ambiental en educación Infantil e comprender a súa singularidade epistemológica e a súa especificidad didáctica
3.- Construír unha conceptualización básica da Educación Ambiental, tendo en conta a idea e principios de sostenibilidad
4.- Detectar ou formular problemas ambientais reais ou simulados, e afrontar o seu abordaje desde propostas metodológicas dunha resolución dos mesmos compatible coa sostenibilidad
5.- Deseñar propostas didácticas de educación ambiental que permitan a súa integración curricular de xeito transversal na educación Infantil, tendo en conta as dificultades existentes
6.- Ser capaces de localizar, analizar e sintetizar información relevante tanto en torno a problemáticas ambientais, como achega de información teórica, metodológica e de boas prácticas, relacionada con Educación Ambiental; e de expoñer resultados e conclusións.
Competencias Básicas:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B.5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversales USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado; de modo que a explicación do profesorado convértese nun elemento importante que se integra no proceso de construción de coñecementos dos estudantes.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. As actividades realizaranse preferentementemente en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Na medida do posible usarase a aula virtual como ferramenta de comunicación.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase, tendo en conta as particularidades establecidas por mor da nova normalidade.
Na avaliación terase en conta:
a.- Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio, ou nas saídas de campo (5 %).
b.- Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido), así como sobre as actividades realizadas nas sesións interativas (40 %).
c.- Presentacións orais na aula (15 %).
d.- Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interativa (40 %).
Os apartados a, b e c consideranse do tipo "avaliación continua".
Condicións para superar a materia:
1. A cualificación acadada nos apartados a), b) e c) terase en conta na segunda oportunidade ou seguintes de avaliación, segundo o considere o docente.
2. Asistencia:
-Asistencia entre 50-80%: non terá puntuación no apartado a), pero podería presentar traballos e as exposicións, se a/o docente o considera pertinente.
-Asistencia inferior ao 50%: non terá puntuación nos apartados a), b) e c).
3. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
4. O alumnado de 2º convocatoria e posteriores deberá falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
5. O alumnado con dispensa de asistencia deberá falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre ou na mesma semana da solicitude da dispensa, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
6. O alumnado con diversidade funcional deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o xustificante oportuno, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisisón de cualificacións.
-Os alumnos repetidores seguirán o mesmo sistema de avaliación que os alumnos que cursan a materia por primeira vez.
Esta é unha materia de 4,5 ECTS (112,5 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 18 horas expositivas, 18 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 73,5 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 26 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 33,5 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais (se as houbese), revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 14 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase ou a participación telemática e activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Virginia Aznar Cuadrado
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821027
- Correo electrónico
- virginia.aznar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Ines Mosquera Bargiela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821057
- Correo electrónico
- ines.mosquera.bargiela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
21.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |