Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Achegarse á arte como un continuo proceso de investigación que analiza tanto a nosa percepción da realidade como a forma de aproximarnos a ela.
Coñecer a arte dende a práctica (facer) e reflexionar sobre as súas posibilidades como modelo para a educación e a súa importancia no currículo escolar.
Analizar os conceptos ao redor das manifestacións plásticas e visuais para incorporar un vocabulario que permita acadar e defender un criterio propio.
Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística contemporánea e ante o ensino da expresión plástica na escola.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Podemos dividir os contidos en 3 apartados. Estes apartados están interrelacionados e non se presentan de forma illada se non que fan referencia aos diferentes contextos (culturais e vivenciais) que se van traballar ao longo do curso.
CONTEXTO 1: Arte.
- Revisión das distintas concepcións da arte no Século XX e XXI: Vangardas Históricas, Bauhaus, Postmodernidade, etc.
- Coñecer e analizar o proceso creativo dos artistas e das principais escolas e movementos de arte contemporánea.
- Incorporar un pensamento crítico e reflexivo cara a arte e as súas producións. Análise comparada de diferentes estilos
CONTEXTO 2: Educación
- A Educación Artística na escola. Orientacións interdisciplinarias e contemporáneas:
A primeira metade do Século XX: o descubrimento da arte infantil.
A segunda metade do Século XX: dende a autoexpresión creativa á Educación Artística como disciplina.
A investigación baseada nas artes (IBA) e o xiro á narrativa na educación artística.
- Análise dos contidos da expresión plástica no currículo de educación primaria.
CONTEXTO 3: O “eu” como contexto.
- Preconceptos en torno á arte e a educación: Revisión de experiencias previas.
- Desvinculación dos estereotipos en torno a arte e a educación.
- Construción do pensamento crítico. Glosario de termos: proceso, proxecto, ficha, manualidades, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade, etc.
- Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, collage, volume, construción, modelado, fotografía e vídeo.
- O imaxinario individual e colectivo.
- Observación do entorno como espazo para a integración arte-escola: Distintos ámbitos para a expresión plástica na escola: a aula, o patio, a paisaxe, a tradición, etc.
- O portafolios como ferramenta de recollida de documentación e proceso.
1. Bibliografía Básica:
Blanco, V., Cidrás, S., Modia, R. (2019). Aprender a través da arte. Cara a unha escola imaxinada. Pontevedra: Kalandraka
Dewey, J. (2020). Experiencia e educación. Pontevedra: Kalandraka
Freinet, C. (2019). As técnicas Freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
2. Bibliografía complementaria:
2a. Metodoloxías artísticas:
Dubovik, A. Cippittelli, A. (2019). Construçao e construtividade: materiais naturais e artificiais nos jogos de construção. Phorte Editora
Goodman, M. (2018). Children Draw. A Guide to Why, When and How Children Make Art. London:Reaktion Books
Kent, C., Steward, J. (2019). Observar Conectar Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. Barcelona: Gustavo Gili
2b. Teoría educativa:
Atkinson, D. (2018). Art, Disobedience and Ethics. The Adventure of Pedagogy. London: Palgrave Macmillan
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona: Paidós.
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Vigotski, L. (2016). A imaxinación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandraka
Xerais: G.1, G.7, G.8, G.10, G.11
Específicas: E.54, E.55, E.56
Básicas: B.2, B.3, B.5
Transversais: T.2, T.3
Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fóra do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
1. A avaliación será continua, tendo en conta os seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas actividades de clase
- Realización dun cartafol no que se recollan tódalas propostas realizadas nas clases expositivas e interactivas (ou tarefas subidas ao campus virtual no escenario 3). Cada proposta vai acompañada da súa correspondente reflexión e documentación.
- Realización dun proxecto que incorpore e desenvolva a idea de proceso. Esta actividade realizarase individualmente.
2. A valoración de cada un destes elementos para a cualificación final será a seguinte:
A. Participación e implicación na aula 15%
B. Probas específicas: 40%
C. Informes escritos e outras producións: 40%
D. Presentacións orais: 5%
3. Para ser avaliados, todos os traballos e actividades que se soliciten ao alumnado deberán ser entregados no tempo e forma indicados polos profesores.
4. Cualificación mínima: Para obter a cualificación de aprobado, un alumno/a deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións).
5. Asistencia:
A asistencia ás sesións interactivas e expositivas é OBRIGATORIA. Controlarase a asistencia nas sesións interactivas, expositivas e nas titorías. O alumnado con 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais), non será cualificado no apartado A (participación na aula). Para recibir cualificación neste apartado, alén de asistir a un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse activamente nas actividades que se soliciten a nivel individual así como as que se realicen nas sesións presenciais. Estas actividades, consideradas como un control de asistencia, non son recuperables.
O alumnado que, polas razóns que sexa, non acade un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais, presentándose unicamente a unha proba final que, recordamos só ten un valor máximo dun 40%.
5.3. Alumnado con exención de docencia
IMPORTANTE: a exención de docencia só cubre as clases expositivas, as clases interactivas son clases de Laboratorio, e polo tanto a súa asistencia é obrigatoria.
Para subsanar a non asistencia ás clases expositivas, o alumnado que teña exención de docencia, deberá poñerse en contacto co profesor durante os primeiros 30 días comezado o curso para organizar un plan de traballo para poder avaliar esa parte.
Do mesmo xeito que o alumnado asistente, o alumnado con exención de docencia que, polas razóns que sexa, non asista a un mínimo do 80% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais, presentándose unicamente únaa proba final que, lembramos só ten un valor máximo dun 40%.
6. Recuperación da materia
Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesión presenciais (escenario 1 e 2) ou ten entregadas as tarefas en tempo e forma (escenario 3) e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse unicamente á proba final en xullo neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
No caso de que un alumno/a suspenda a materia na convocatoria de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos terá que entregar o cartafol e os informes escritos, nas mesmas condicións que se establecen no apartado anterior para o alumnado non asistente con exención de docencia. No caso de alumnos que decidan repetir a materia asistindo novamente a clase e implicándose en todas as actividades que se realicen no período ordinario, a avaliación será considerada dentro da casuística ordinaria.
7. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
8. En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 h de traballo do alumno. Estas horas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 51h
Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
Actividades interactivas: 24 h
Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 h
Horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas
Total: 150 horas
Na guía docente da materia figura unha descrición máis detallada das actividades coa correspondente asignación de horas e distribución temporal no cuadrimestre.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da materia para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da materia e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia.
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
Outras Observacións:
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Vicente Blanco Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821030
- Correo electrónico
- vicente.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula de Plástica |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de Plástica |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de Plástica |
Mércores | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Plástica |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo CLE_02 | Galego | Aula de Plástica |
10.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
19.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |