Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A finalidade da materia é proporcionar as chaves necesarias para vivenciar un modelo de Formación de Profesorado basado en proxectos-proceso de aprendizaxe, desde unha concepción artística da educación e desde un concepto concreto de Educación Artística. Os contidos fúndense cos modos de actuar, o relativo á arte co campo da educación artística, sin perder de vista que se persigue un modelo de formación que desperte o interese e o coñecemento do arte contemporáneo e que á vez axude, aos fututos profesores a valorar o papel da arte na educación (e fora dela), e a deseñar e reconsiderar a súa práctica.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisiónde Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego, polo que o alumnado deberá acadar e demostrar a competencia en lingua galega tal e como queda reflectido nos obxectivos de dito proxecto.
Metodoloxía de proxectos en Educación Artística
Deseño de proxectos: Principios de deseño, modos de actuación, estrutura y recursos
1. Profundizar nas grandes temáticas iniciadas na materia: Educación Visual e Plástica I: Contextos e Metodoloxía Artística
• A arte como contexto,
- Coñecer e analizar o proceso creativo dos artistas e das principais escolas e movementos de arte contemporánea.
• A Educación como contexto
- A Educación Artística na escola. Orientacións interdisciplinarias e contemporáneas.
Análise dos contidos da expresión plástica no currículo de educación primaria.
• Eu como contexto.
O obxectivo deste bloque é coñecer os preconceptos que existen tanto sobre a arte como a educación artística. Indagar en que medida estes preconceptos foron construídos socialmente ou a partir dunha educación artística previa, observar os seus problemas (xerarquías, ausencia de imaxinario persoal) e propor modelos alternativos.
2. Ampliar os grandes núcleos nos que se move a arte e a educación:
A identidade: O eu e os outros (O “Outro” como contexto: Procesos e proxectos educativos que poñan en valor a diversidade e a diferencia.)
O contexto no que nos movemos : - O contexto do alumnado como proxecto. Profundizar no contexto sociocultural (arquitectura, patrimonio, identidade, ...) como motor de procesos e proxectos artísticos respectuosos coa diversidade e a diferencia.
O entorno, o espazo da arte na natureza.
3. Coñecer e vivenciar metodoloxías baseadas en proxectos artísticos e interdisciplinares, entendendo a Educación Artística como ferramenta fundamental para cuestionar e reflexionar sobre a realidade social, educativa e cultural. Analizaranse, entre outros os seguintes aspectos:
Preconceptos en torno á arte e a educación: Revisión de experiencias previas.
Desvinculación dos estereotipos en torno a arte e a educación.
Construción do pensamento crítico. Glosario de termos: proceso, proxecto, ficha, manualidades, educación artística, creatividade, imaxinación, imaxinario, orixinalidade, etc.
Técnicas e materiais plásticos e visuais: composición, cor, debuxo, pintura, collage, volume, construción, modelado, fotografía e vídeo.
O imaxinario individual e colectivo.
Observación do entorno como espazo para a integración arte-escola: Distintos ámbitos para a expresión plástica na escola: a aula, o patio, a paisaxe, a tradición, etc.
1. Bibliografía Básica:
Blanco, V., Cidrás, S., Modia, R. (2019). Aprender a través da arte. Cara a unha escola imaxinada. Pontevedra: Kalandraka
Dewey, J. (2020). Experiencia e educación. Pontevedra: Kalandraka
Freinet, C. (2019). As técnicas Freinet da escola moderna. Pontevedra: Kalandraka
2. Bibliografía complementaria:
2a. Metodoloxías:
Abelleira, A., Abelleira, I. (2017). Os fíos de infantil. Vigo: Editorial Galaxia
Goodman, M. (2018). Children Draw. A Guide to Why, When and How Children Make Art. London:Reaktion Books
Kent, C., Steward, J. (2019). Observar Conectar Celebrar. Las enseñanzas sobre creatividad de Sister Corita. Barcelona: Gustavo Gili
Malaguzzi, L. (2005). Los cien lenguajes de la infancia, Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat
2b. Teoría educativa:
Eisner, E. W. (2004). El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Barcelona: Paidós.
Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Barcelona: Paidós.
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008). Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Vecchi, V. (2013) Arte y creatividad en Reggio Emilia, Madrid: Morata
Vigotski, L. (2016). A imaxinación e a expresión artística na infancia. Pontevedra: Kalandraka
-Coñecer o currículo escolar da educación artística, en sus aspectos plástico e audiovisual.
-Realizar itinerarios de formación con relación á arte para iniciar unha auténtica experiencia artística.
-Propoñer como referencia esencial da educación artística o coñecemento da arte contemporánea.
-Encontrar e utilizar métodos e estratexias coherentes coa práctica artística contemporánea.
-Que coñezan a arte e as obras de arte, que sexan capaces de reaccionar ante as propiedades estéticas dos obxectos (artísticos ou comúns) e de crear formas con valor estético.
-Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS EN RELACIÓN Á MEMORIA VERIFICADA DO TÍTULO
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educativa de
función docente e de promoción da educación democrática para a cidadanía activa
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e a
conxunto de coñecementos didácticos arredor dos respectivos procedementos de ensinanza e aprendizaxe
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma con respecto ao coñecemento, aos valores e ás institucións sociais públicas e privadas
G10 - Reflexionar sobre as prácticas da aula para innovar e mellorar o traballo docente. Adquirir hábitos e habilidades para
aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o alumnado
G11 - Coñecer e aplicar as tecnoloxías da información e da comunicación nas aulas. Discernir selectivamente
información audiovisual que contribúa á aprendizaxe, á educación cívica e á riqueza cultural
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e teña o
competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro
a súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético
CB5 - Que os estudantes desenvolveron aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
E55 - Coñecer o currículo escolar das ensinanzas artísticas, nos seus aspectos plásticos, audiovisuais e musicais
E57 - Desenvolver e avaliar os contidos do currículo utilizando os recursos didácticos axeitados e promover as competencias
correspondentes no alumnado
A materia consta de 6 créditos ECTS, na que a teoría e a práctica están totalmente interrelacionadas por entender a docencia como un proceso artístico.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para isto combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
As premisas básicas a nivel metodolóxico desta materia son: o deseño de propostas educativas baseadas nos procesos-proxcto de aprendizaxe, entendendo a Educación Artística como ferramenta fundamental no desenvolvemento de contidos interdisciplinares, e partindo dunha pedagoxía colectiva e colaborativa, rizomática e plural.
Organízase en proxectos-proceso de Aprendizaxe Artístico e de Educación Artística como obxecto de estudo. En relación aos proxectos de Aprendizaxe artístico, traballaranse, establecendo pontes entre a Arte Contemporánea e a Educación Artística, os seguintes aspectos:
• perceptivo e produtivo, centrados na observación e creación de formas bidimensionais e tridimensionais
• aspecto cultural: valorar, apreciar e coñecer a arte, centrándose na actual para establecer pontes entre a Arte Contemporánea e a Educación Artística.
• aspecto crítico - reflexivo, que relaciona os dous aspectos anteriores a través de estratexias de apreciación e reflexión artística como o debate, a crítica e o análise.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado polaComisiónde Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia(expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas
A avaliación será continua, formativa e cualitativa e a través do Deseño e posta en práctica de proxectos de aprendizaxe artístico, ademais da valoración reflexiva e crítica. Empregarase o portafolio como instrumento de formación e avaliación.
Aspectos a ter en conta:
a. Observación da participación na aula. Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada na aula. Contará desde un 5 ata un 15% da cualificación da asignatura. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado.
b. Portafolios. Un portafolios é a colección de evidencias de todo tipo que permiten ao docente e ao alumno reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe. É unha forma de avaliar principalmente os procesos. O alumnado deberá realizar un portafolios que recolla todas as producións desenvolvidas no curso. Este suporá entre un 40 e un 50% da cualificación da asignatura.
c. Informes e outras producións: recollen e amplían as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións que se derivan da análise realizada. Durante o curso, cada alumna/o deberá presentar a súa produción resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado da asignatura dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase entre un 30 e un 40% da cualificación da asignatura.
d. Presentacións orais. Contarán entre un 5 e un 15% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
Aparte das indicacións concretas sobre avaliación que se sinalen oportunamente, son criterios principais para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1. A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de E. Primaria.
2. A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
3. A iniciativa na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos, …)
4. Ademais, contará o grao de experimentación, descubrimento e uso de distintas posibilidades cos materiais: técnicas bi e tridimensionais, a información e documentación utilizada e a riqueza de reflexións persoais. Tamén contará que cada traballo sexa unha búsqueda nova; os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación nese proceso creativo.
Para a recuperación da materia se presentarán de novo os proxectos non superados, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou repetición, realizadas no transcurso das entrevistas e reflexións compartidas sobre os mesmos.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1. IMPORTANTE Avaliación do alumnado dispensa (exención de asistencia a clases expositivas). Este alumnado deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente de clase para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación. En todo caso, tal e como se especifica tamén no apartado de observacións, todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
2. Avaliación do alumnado cunha asistencia entre o 50% e o 80% ás actividades presenciais. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d, porque, para puntuar no a, cómpre unha asistencia mínima do 80%. Poderá presentar a súa produción escrita e realizar presentacións orais.
3. Alumnado que só asiste a menos do 50%. Este alumnado só poderá obter puntuación nos apartados b, c, d. Dada a natureza da asignatura, unha asistencia tan limitada inflúe na adquisición das competencias, polo que este alumnado deberá demostrar axeitadamente o seu dominio das mesmas nunha proba práctica.
4. O alumnado que non supera a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentarse ao exame final. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentarse á proba final pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
5. Alumnado repetidor. Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 9 deste programa sobre recomendacións.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da asignatura para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da asignatura mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da asignatura e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da asignatura.
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Educación Visual e Plástica II: Procesos e Proxectos Artísticos son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. Concretando, todo o alumnado matriculado debe desenvolver integramente as actividades das clases interactivas.
Outras Observacións:
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Estella Leticia Freire Perez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- estela.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula de Plástica |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula de Plástica |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula de Plástica |
28.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |