Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o alumnado adquira un marco referencial teórico-práctico que lle permita deseñar propostas de ensino-aprendizaxe axeitadas para o ensino da Física e da Química na Educación Primaria en Galicia.
- Formular obxectivos relativos aos distintos tipos de contidos susceptibles de ser avaliados.
- Aplicar diferentes criterios para a selección e secuenciación de contidos.
- Actualizar e analizar contidos de Física e Química, asociados ao coñecemento das ciencias da natureza, obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
- Identificar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas.
- Seleccionar e utilizar diferentes fenómenos, acontecementos ou obxectos do ámbito como recursos e como motivación para o traballo na aula.
- Formular problemas para traballar na clase, relativos aos bloques de contidos analizados.
- Analizar materiais curriculares, textos e proxectos, e realizar propostas de modificación para o seu uso na clase.
- Deseñar actividades de aprendizaxe que teñan en conta os problemas que se presentan nas clases de ciencias en Educación Primaria, nas que se integren destrezas e técnicas relacionadas co traballo no laboratorio.
Parte Expositiva:
1- As Ciencias Experimentais. Natureza e estrutura da Ciencia. Principios básicos e leis fundamentais das Ciencias Físicas e Químicas.
2- As ciencias Físicas e Químicas no currículo oficial de Educación Primaria. Contribución á adquisición das competencias clave. Os bloques de contido no currículo de Educación Primaria.
3- Ensino e a aprendizaxe da Física e Química. Dificultades de aprendizaxe, estratexias de instrución e estratexias de avaliación.
4- Análise de modelos de ensino. Análise e deseño de propostas didácticas.
5- Recursos para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria: libros, proxectos, museos e industrias, medio natural e urbano, o laboratorio, as TIC.
Parte Interactiva:
- As clases interactivas (24 h) distribuiranse en sesións de laboratorio de 1.5 horas de duración cada unha. Realizaranse actividades experimentais, de lapis e papel, análise e lectura crítica de textos, etc., sobre contidos traballados nas clases expositivas, ou como complemento dos mesmos. Prevese a posibilidade de desenvolver unha práctica de campo compartida con outras materias do curso na perspectiva dunha actividade interdisciplinar.
Bibliografía básica:
- Cañal de León P. (coord.) (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria Colección: Didáctica y Desarrollo. Madrid: Paraninfo.
- Pujol, R. M. (2003). Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis.
- Sanmartí, N. (2007). 10 ideas clave: evaluar para aprender. Barcelona: Graó.
Bibliografía complementaria:
- Arends, R.I. (2007), Aprender a Enseñar. México: McGraw-Hill.
- Carmen, L. Del. (1996). El análisis y secuenciación de los contenidos educativos. Barcelona:ICE/Horsori.
- Claxton, G.(1994). Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela. Madrid:Visor.
- Chalmers, A. F. (2010). ¿Qué es esa cosa llamada Ciencia?: Una valoración de la Naturaleza y el Estatuto de la Ciencia y sus Métodos. Madrid: Siglo XXI.
- Charpak, G. e Lena, P. (2006). Los Niños y la Ciencia: La aventura de la mano en la masa. Madrid: Siglo XXI Editores.
- Driver, R., Guesne, E.,Tiberghien, A. (1989). Ideas Científicas en la Infancia y en la Adolescencia. Madrid: MEC.
- Friedl, A. E. (2006). Enseñar Ciencias a los Niños. Barcelona: Gedisa.
- Garrido, J.M., Perales, F.J., Galdón, M.(2007). Ciencia para Educadores. Madrid: Pearson.
- Izquierdo, M.(coord). (2012). Química en Infantil y Primaria: una nueva mirada. Barcelona: Graó.
- Lahera, J. e Forteza, A. (2003). Ciencias Físicas en Primaria y Secundaria: modelo y ejemplificaciones. Madrid: CCS.
- Osborne, R. e Freyberg, P. (1995). El Aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de las ideas de los alumnos. Madrid:Narcea.
- Pozo, J. I. e Gómez Crespo, M. A. (1998). Aprender y enseñar ciencia. Madrid: Morata.
- Tejada, J., Chudnovsky, E. y Punset, E. (2008). El Templo de la Ciencia: Los Científicos y sus Creencias. Barcelona: Destino.
- Textos de Física e Química
- Revistas: Adaxe, Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín das Ciencias (ENCIGA), Cuadernos de Pedagogía, Enseñanza de las Ciencias, Eureka.
Competencias Xerais
G.1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G.8.- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G.9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G.10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G.11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias Específicas
E.25.- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Física e Química).
E.26.- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
E.27.- Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
E.28.- Valorar as ciencias como un feito cultural.
E.29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E.30.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Competencias Básicas
B.1.- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5.- Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza
A docencia das clases expositivas e interactivas será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse de forma presencial ou a través de correo electrónico.
Garantirase a accesibilidade á bibliografía básica.
Metodoloxía utilizada nas clases expositivas:
A explicación do profesor convértese nun dos elementos que se integran no proceso de construción de coñecementos dos estudantes, adquirindo relevancia o traballo do alumnado.
O profesor adquire o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula. As actividades, deseñadas e proporcionadas polo profesor, realizaranse en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase. Serán de varios tipos:
-Análise das concepcións feitas explícitas polos estudantes, sobre os problemas de ensino e aprendizaxe das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
-Actualización e análises dos contidos das Ciencias Físicas e Químicas, asociadas ao coñecemento das ciencias da natureza, obxecto de aprendizaxe na Educación Primaria.
-Análises de diferentes modelos didácticos, estratexias de intervención en ciencias e estratexias de avaliación, axeitadas á Educación Primaria.
-Análise de recursos e técnicas didácticas en ciencias, axeitadas á Educación Primaria.
-Análise e deseño de propostas didácticas para o ensino das Ciencias Físicas e Químicas na Educación Primaria.
Metodoloxía utilizada nas clases interactivas de laboratorio:
A metodoloxía utilizada nas actividades de laboratorio, que se realizarán en pequeno grupo, inclúe catro fases:
1. Espertarase o interese e a curiosidade dos estudantes, axudándoos a facer explícito e a clarificar o que pensan, ante unha situación problemática.
2. Animaráselles a probar as súas ideas e a recoñecer o significado do que percibiron e de como o interpretaron. Se lles informará sobre as ideas clave e sobre os modelos da ciencia escolar, ensinándoos a utilizalos como fundamento das súas percepcións e das súas explicacións.
3. Realizarase a análise didáctica da actividade realizada. É dicir: cales son as intencións educativas, as posibles dificultades de aprendizaxe, a análise dos contidos obxecto de aprendizaxe e a elaboración dos criterios de avaliación que se consideran máis axeitados. Preténdese que os estudantes integren os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e no laboratorio.
4. Animaráselles a que reflexionen e busquen información, para relacionar o aprendido con outros feitos, situacións, acontecementos e experiencias adquiridas na vida cotiá.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
O sistema de avaliación e condicións para superar a materia son os detallados nos seguintes parágrafos. A avaliación continua formativa (Parte 1, 50%) combinarase cunha proba final individual de carácter presencial (Parte 2, 50%), coas contribucións que se indican para cada apartado (a-d).
-Sistema de avaliación ordinaria da materia:
Parte 1:
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen nas sesións expositivas e interactivas (tanto na aula como no laboratorio). A asistencia a clase é obrigatoria por normativa da USC. Para obter cualificación neste apartado, o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións.
b. Traballos escritos: Elaboración de informes grupais relacionados co temario e proposta didáctica grupal sobre algún dos contidos do currículo de Educación Primaria para Ciencias da natureza.
c. Presentacións orais: exposición dos traballos escritos.
Parte 2:
d. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
Parte 1:
- Apartado a: 10%
- Apartado b: 30%
- Apartado c: 10%
Parte 2:
- Apartado d: 50%
- Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia:
Debido ao enfoque práctico da materia, o alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia e se matricula por primeira vez na materia deberá asistir igualmente ás sesións interactivas, xa que son imprescindibles para desenvolver as competencias da materia, especialmente as B3 e B4, as cales se desenvolverán a través do traballo na aula. Para iso é preciso poñerse en contacto coa docente durante as dúas primeiras semanas do cuadrimestre para concretar ditas sesións e o plan de traballo alternativo. O alumnado de dispensa de asistencia realizará a mesma proba final (parte 2) que o resto do alumnado.
O sistema de avaliación para o alumnado con dispensa será o seguinte:
Parte 1. Avaliación continua
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen nas sesións interactivas. Para obter cualificación neste apartado, o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións.
b. Traballos escritos: Elaboración de informes individuais (ou grupais), resolución de actividades individuais relacionadas co temario que se programarán a través do campus virtual e proposta didáctica individual sobre algún dos contidos do currículo de Educación Primaria para Ciencias da natureza.
c. Presentacións orais: exposición dos traballos escritos.
Parte 2:
d. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das sesións expositivas e interactivas.
Contribución de cada un dos sistemas de avaliación á cualificación final:
Parte 1:
- Apartado a: 10%
- Apartado b: 30%
- Apartado c: 10%
Parte 2:
- Apartado d: 50%
- Alumnado de segunda convocatoria e posteriores: poderá acollerse á modalidade de avaliación ordinaria, sendo obrigatorio a asistencia ao 80% das sesións, ou poderá acordar coa docente un plan de traballo a seguir para superar a materia. En calquera caso realizará a mesma proba final (Parte 2, apartado d) que o resto do alumnado, coa mesma porcentaxe de contribución na nota final da materia (50%). O alumnado deberá contactar coa profesora en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre coa fin de comunicarlle a opción pola que opta, decisión que quedará rexistrada por escrito debidamente asinada por ambas partes (docente e alumno ou alumna). O alumnado de segunda convocatoria e posteriores que non contacte coa profesora dentro deste período será avaliado da mesma forma que o alumnado de primeira convocatoria.
CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA:
Para obter puntuación na parte 1 da materia será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das clases. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado a de asistencia. As faltas de asistencia inxustificadas e recorrentes nas sesións interactivas de laboratorio, imprescindibles para o desenvolvemento das competencias da materia, dará lugar á perda da puntuación da parte 1 de avaliación continua.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 45% (4.5 sobre 10) na Parte 2 (apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación da parte 1 ( apartados a, b e c ). Para sumar a nota da parte 1 á parte 2 (proba final individual) é necesario superar os tres apartados da parte 1.
O alumnado que asiste entre o 80 e o 50% das sesións non terá puntuación no apartado a mais si poderá presentar os traballos escritos.
O alumnado que asiste a menos do 50% das sesións non terá puntuación na parte 1, polo que a nota será a acadada na parte 2, que ao representar este o 50% do total non será superior a un 5.
Segunda oportunidade: a avaliación da materia é continua e a participación nas clases é obrigatoria por normativa da USC, por tanto na 2ª oportunidade o alumnado só terá dereito a realizar a proba final (parte 2). A porcentaxe de contribución da proba final (apartado d) na nota final da materia será a mesma que na primeira oportunidade. Na segunda oportunidade da primeira convocatoria terase en conta a cualificación da parte 1 só para o alumnado que asistira como mínimo ao 80% das sesións e teña aprobados os tres apartados da parte 1.
Os estudantes que non se presenten á Parte 2, serán cualificados como “Non presentado”.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de xeito coordinado.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas.
Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Os traballos serán entregados en formato dixital a través do Campus Virtual. Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos. Deberase:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:
O alumnado con necesidades educativas especiais deberá falar co/a docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o informe emitido polo SEPIU, co fin de adaptar o plan de avaliación ás súas necesidades.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ines Mosquera Bargiela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821057
- Correo electrónico
- ines.mosquera.bargiela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
04.07.2025 09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |