Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia "Teoloxía Católica e a súa Pedagoxía", con 6 ECTS e de carácter optativo, está construída sobre a programación do módulo Pedagoxía e didáctica da relixión católica, a cuarta das catro materias (24 créditos ECTS) esixidas para a obtención do título DECA (Declaración Eclesiástica de Competencia Académica) de Infantil e Primaria, que capacita academicamente para exercer de profesores no Ensino Relixioso Escolar (ERE), na Educación Infantil e Primaria.
Como nesta Facultade, das catro materias que conforman a DECA se oferta tan só unha, incorpóranse aos temas propios do módulo outros contidos de modo introdutorio ou complementario, que se refiren aos tres módulos restantes, de xeito que se poida ofertar ao alumnado dos Graos unha aproximación xeral á teoloxía católica e unha primeira capacitación para a docencia da ERE.
Obxectivos concretos desta materia son:
1. Capacitar ao futuro docente de ensino relixioso escolar nos graos de Educación Infantil e Primaria, para que contribúan, coas aprendizaxes esenciais da relixión e moral católica, á consecución dos obxectivos xerais destas etapas educativas e a formación integral do alumnado.
2. Valorar a importancia e universalidade do feito relixioso nas diferentes tradicións relixiosas, para descubrir a orixinalidade e especificidade da mensaxe cristiá.
3. Promover a lectura e o manexo dos textos bíblicos, a súa intencionalidade relixiosa segundo os xéneros literarios, contextos, personaxes e relatos de alcance antropolóxico, como fonte básica da formación do docente de relixión católica.
4. Resaltar a importancia da Historia da Salvación para axudar á comprensión da revelación progresiva de Dios que culmina en Xesucristo, Palabra encarnada e vivida na Igrexa.
5. Posibilitar o descubrimento, a contemplación, a interpretación e o goce das diversas manifestacións culturais do cristianismo en contextos diversos.
6. Favorecer unha síntese actualizada dos contidos da fe cristiá, como eixo fundamental do desenvolvemento do currículo de relixión.
7. Fomentar o diálogo da fe coa cultura, a razón e con outros saberes, como dimensión esencial da evanxelización e do ensino relixioso escolar.
8. Profundar na dimensión moral da persoa á luz da mensaxe cristiá co fin de expor a educación en valores cívicos e éticos e das virtudes desde a perspectiva cristiá.
9. Recoñecer o ensino relixioso escolar como unha área curricular no conxunto da actividade educativa da escola e no marco normativo vixente.
10. Formar pedagóxica e didacticamente para a implantación do currículo de Relixión católica e a súa programación en Educación Infantil e Educación Primaria en coherencia coa identidade e misión do docente de Relixión.
[Descritor: A dimensión relixiosa da persoa. A relixión cristiá no contexto das grandes relixións da humanidade. Diálogo interrelixioso. Noción de revelación cristiá. Introdución á cultura bíblica, ao manexo e lectura da Biblia e ao descubrimento da súa mensaxe relixiosa, humana e social. Xesucristo, centro da vida cristiá. Xesús de Nazaret, o Cristo. Fontes históricas: os evanxeos e claves básicas da súa lectura crente. O Reino de Deus. Palabras e feitos de Xesús, a súa relación co Pai e co Espírito. Significado teolóxico da morte e resurrección de Xesucristo dende as primeiras comunidades cristiás. A Igrexa, comunidade dos seguidores de Xesucristo. Sacramentos e moral cristiá. A súa presenza na historia e a cultura e as súas aportacións ao ben común. Bases para unha pedagoxía e didáctica do ERE a partires do currículo de área].
TEMA 0 ou MARCO: INTRODUCCIÓN AO SENTIDO RELIXIOSO
1. Unha proposta metodolóxica para introducirnos ao sentido relixioso
1.1. Tres premisas: realismo, razonabilidade, moralidade
1.2. O sentido relixioso: punto de partida e natureza
1.3. Actitudes non razoables e as súas consecuencias
1.4. ¿Como se espertan as preguntas últimas? Itinerario do sentido relixioso?
2. O cristianismo e o diálogo coa cultura
2.1. Diálogo interrelixioso e diálogo intercultural
2.2. Raíces cristiás da civilización occidental
2.3. A secularización da cultura, o ateísmo, o agnosticismo, a indiferenza relixiosa e o rexurdimento das sectas
3. Relixión e vida pública na sociedade democrática
TEMA 1. IDENTIDADE E NATUREZA DO ENSINO DA RELIXIÓN COMO ÁREA CURRICULAR
1. Características, finalidades e fundamentos do ERE
2. Psicopedagoxía dos nenos e nenas de 3 a 12 anos
3. Intelixencia espiritual, interioridade e experiencia relixiosa
4. Lexislación sobre o ERE no sistema educativo
TEMA 2. O ERE: “QUE” E “COMO” ENSINAR NA ÁREA DE RELIXIÓN
1. ¿Por qué ensinar?
2. Orixinalidade da pedagoxía da relixión na escola
2.1. A revelación: características e pedagoxía divina
2.2. Especificidade e complementariedade con outras formas de educar a fe
3. Contribucións educativas do ERE en liña coas finalidades propias da escola
4. Currículo da área de Relixión Católica en Educación Infantil e Primaria
5. Como ensinar na área de relixión
5.1. Claves de programación e contextualización no PEC
5.2. Programación didáctica: competencias específicas e saberes básicos
5.3. Orientacións metodolóxicas e situacións de aprendizaxe
5.4. Avaliación dos aprendizaxes.
6. O profesorado de Relixión Católica
6.1. Lexislación
6.2. Identidade e misión: contribución á formación integral do alumnado.
6.3. Perfil profesional e perfil eclesial do profesor de ERE
TEMA 3: A BIBLIA E XESUCRISTO
1. Iniciación ao coñecemento da Biblia
1.1. A Sagrada Escritura, Palabra de Deus en palabras humanas: estrutura, libros, orixe e formación do AT e do NT
1.2. Como fala e que di a Biblia: xéneros literarios e interpretación, crítica textual, inspiración, canonicidade e eclesialidade
2. Xesucristo, cumplimento da historia da salvación
2.1. Fontes de acceso á figura de Xesús de Nazaret e lectura histórica da vida de Xesús
2.2. O Reino de Deus: a mensaxe de Xesús
2.3. Morte e resurrección de Xesús
TEMA 4. A IGREXA, OS SACRAMENTOS, A MORAL
1. A permanencia de Xesucristo na historia: a Igrexa
1.1. Presenza do Espírito e comezo da Igrexa
1.2. Xesús nas orixes da Igrexa
1.3. As primeiras comunidades: Xerusalén, Antioquía, Roma
1.4. A Igrexa nas súas imaxes e nas súas notas
1.6. ¿Quen compoñen a Igrexa?
2. A celebración litúrxica da vida da Igrexa e o compromiso cristiá
2.1. Dimensión antropolóxica e sociolóxica da vida e da fe
2.2. A oración e a celebración comunitaria da fe
2.3. Tempos litúrxicos e festividades cristiás
2.4. Os sacramentos:
2.4.1. Sacramentos “in genere”
2.4.2. Os sacramentos da iniciación cristiá, da curación e de servizo
3. A dimensión moral da experiencia cristiá
3.1. Fundamentación bíblica da ética cristiá
3.2. A educación moral como clave da formación da personalidade
3.3. Principios e valores do ensino moral da Igrexa:
3.3.1. Dignidade humana e dereitos humanos
3.3.2. Paz, xustiza e relación entre os pobos
3.3.3. Ecoloxía integral e fraternidade
3.3.4. Respecto, tolerancia e cooperación
Para as sesións interactivas desenvolveremos temas monográficos, transversais á materia ou relacionados cos contidos das expositivas. Tamén podemos ocuparnos de temas propostos polo alumnado, segundo as posibilidades da programación. Algúns exemplos destes anos: o desexo, a soidade, a liberdade, a certeza moral, o sentimento, a amizade, o amor, fe-ciencia, a literatura fantástica, etc.
[Nota: Os contidos da materia foron actualizados segundo o programa oficial para a DECA de Infantil e Primara proposto pola Conferencia Episcopal Española (setembro 2022)]
1. Fontes da reflexión teolóxica
a) Biblia
Sagrada Biblia. Versión oficial de la Conferencia Episcopal Española, BAC, Madrid 2012.
La Biblia Didáctica, S.M., Madrid 2009.
YouCat Biblia. Biblia joven de la Iglesia Católica, Ediciones Encuentro, Madrid 2017.
b) Catecismos
Catecismo de la Iglesia Católica, Coeditores Litúrgicos, Madrid 1992.
YouCat. Catecismo joven de la Iglesia Católica, Ediciones Encuentro, Madrid 2011.
c) Currículo do ERE (2022)
BOE 150 del 24 de junio de 2022: Resolución de 21 de junio de 2022, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se publican los currículos de las enseñanzas de religión católica correspondientes a Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato.
2. Bibliografía básica
a) Principal
BRAVO, J. L., (Dir.), Teología Católica y su Pedagogía, IITD, Madrid 2014.
GONZÁLEZ CARVAJAL SANTABÁRBARA, L., Esta es nuestra fe. Teología para quienes no leen teología, Sal Terrae, Bilbao24 2021.
GIUSSANI, L., El sentido religioso. Curso básico de cristianismo, Ediciones Encuentro, Madrid 2007.
b) Outros libros básicos
Convén familiarizarse cos libros de texto de Relixión de Educación Infantil e Primaria, coñecendo as distintas propostas editoriais, que se están a elaborar agora mesmo tendo en conta a información xa facilitada pola CEE a propósito do novo currículo.
CABRERO UGARTE, A., Aprender a enseñar religión. Didáctica de la Religión en Educación Infantil y Educación Primaria. Grado de Magisterio, Palabra, Madrid 2015.
DOMINGUEZ PRIETO, X. M., El profesor cristiano: identidad y misión, PPC, Madrid 2012.
ESTEBAN GARCÉS, C. — PRIETO CHAPARRO, R., Alumnos competentes en religión, propuestas para la programación básica, PPC, Madrid 2015.
GÓMEZ SIERRA, M. E., Didáctica de la Religión, PPC, Madrid 2011.
TSCHIRCH, R. Dios para niños, Sal Terrae, Santander 1986.
3. Bibliografía complementaria
ARTACHO, R., La enseñanza escolar de la religión, PCC, Madrid, 1989.
—————, Enseñar competencias sobre la religión. Hacia un currículum de religión por competencias, DDB, Bilbao, 2009.
ÁVILA, A., Para conocer la psicología de la religión, Verbo Divino, Estella 2003.
BENITEZ GRANDE-CABALLERO, L., Actividades y recursos para educar en valores, PPC, Madrid 2016;
BESINGER, A., No mentir a los niños acerca de Dios, Sal Terrae, Santander 2002.
BURÓN OREJAS, J., Psicología y conciencia moral, Sal Terrae, Santander 2010.
CALVO CUBILLO, Q., Educación de la conciencia, PPC, Madrid 2010.
—————, Moral para Marta, PPC, Madrid 1998.
ESTEBAN GARCÉS, C., Didáctica del área de religión, Ediciones San Pío X, Madrid, 1998.
GROM, B., Psicología de la religión, Herder, Barcelona 1994.
HERRANZ YBARRA, P., Psicología evolutiva I. Vol 2: Desarrollo social, Uned, 2002.
MAIMÍ PONS, P., Pedagogía de la fe, Ediciones San Pío X, Madrid 1998.
OSER, F., El origen de Dios en el niño, PCC, Madrid, 1996.
SESBOÜÉ, B., Creer. Invitación a la fe católica para las mujeres y hombres del siglo XXI, San Pablo, Madrid, 2000.
TORRALBA ROSELLÓ, F., ¿Ah sí? ¿Cómo hablar de Dios a los niños? Editorial Claret, Barcelona 2010.
—————, La revolución ética, PPC, Madrid 2016.
—————, El civismo planetario explicado a mis hijos, PPC, Madrid 2005.
VÁZQUEZ CARBALLO, J. M., Trinidad y sociedad. Implicaciones éticas y sociales en la teología trinitaria de L. Boff, Estudios Trinitarios, Salamanca 2008.
4. Web
· www.conferenciaepiscopal.es/comisiones/educacion-y-cultura/
· www.auladereli.es
1. Básicas e xerais
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do entorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e as diversidade de accións que comprenden o seu funcionamento. Desenvolver as funcións de titoría e orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo ás singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente debe irse perfeccionando e adaptando aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
CB1. Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha forma profesional, e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos ea resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa area de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
2. Transversais
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
3. Específicas
E32. Coñecer o currículo escolar das ciencias sociais.
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica dos pobos.
4. Outras competencias propias da materia
1. Adquirir conciencia do papel do profesor de Relixión como enviado da Igrexa para introducir o Evanxeo no corazón da cultura.
2. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura.
3. Alcanzar capacidade para situar o ERE no conxunto da actividade educativa da escola.
4. Coñecer sistematicamente a psicoloxía evolutiva infantil de 3 a 6 anos especialmente no relativo á capacidade da transcendencia.
5. Desenvolver o talante, o carisma e a creatividade necesarios para o ERE.
6. Posuír habilidade pedagóxica para aplicación do currículo nos niveis educativos de infantil e primaria.
7. Capacitarse para a busca de recursos e para a aplicación e a utilización dos métodos e instrumentos axeitados ó ERE dos contidos teolóxicos en infantil e primaria.
8. Coñecer o conxunto do currículo de relixión: bloques relativos ós contidos, ós criterios de avaliación e ós estándares de aprendizaxe.
A materia desenvolverase como resultado da combinación de actividades de gran grupo (sesións expositivas), actividades en grupo mediano (seminarios interactivos) e actividades en pequeno grupo e individuais.
A asistencia e participación na aula son obrigatorias para os alumnos matriculados na materia. Os contidos, debidamente presentados no Campus Virtual segundo a programación, desenvolveranse nas sesións expositivas, combinando a explicación co debate participativo e as actividades de grupo, a análise de textos ou materiais audiovisuais e a toma en consideración das cuestións propostas polos alumnos. O profesor verificará a asistencia e a participación nas actividades e nos debates do xeito que considere mais práctico, fomentando as relacións interpersoais.
Nas sesións interactivas abordaranse temas transversais á materia ou derivados dos núcleos temáticos do itinerario das sesións expositivas, dando preferencia -en función da composición dos grupos- ao debate, ás intervencións e reflexións críticas e ao traballo colaborativo. O alumnado pode propoñer temas para a súa consideración nas sesións interactivas, que se abordarán segundo as posibilidades e a evolución do curso.
As titorías poden desenvolverse presencialmente, nos horarios e despacho asignados, ou parcialmente de modo virtual, preferentemente por correo electrónico, chat do Campus Virtual, videoconferencia ou teléfono.
Como criterios de avaliación utilizaranse as seguintes porcentaxes:
· Avaliación continua: Asistencia e participación na aula, probas, tarefas e traballos en grupo: 50% (cinco puntos). Pode repartirse así:
- Asistencia, participación na aula, traballos en grupo: 10% (ata un punto).
- Probas puntuais, tarefas, presentacións orais: 40% (catro puntos).
· Actividade de síntese final: 50% (cinco puntos).
A avaliación será continua, por tanto, nun 50% como mínimo, e combinará a cualificación das actividades propostas de xeito presencial e non presencial cunha proba final. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para ter dereito a avaliación é imprescindible asistir ó tanto por cen esixido pola Facultade ás clases presenciais da materia. A este respecto a valoración e dispensa da asistencia a clase estará en conformidade cos Estatutos da USC e conforme á Instrucción nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre os criterios de dispensa a asistencia a clase en determinadas circunstancias.
O alumnado con dispensa da asistencia á clase acordará co profesor durante o curso a maneira de seguir o desenvolvemento da materia e, facendo uso tamén das titorías, preparará a avaliación da materia por medio da realización das tarefas e traballos/informes escritos que se acordarán para todos os casos.
Outras situacións (alumnado repetidor ou que precise dunha segunda convocatoria) serán xestionados de modo similar: tendo como punto de partida o programa da materia e os contidos presentados, e atendendo á peculiaridade de cada situación, establecerase de común acordo co alumnado afectado a mellor maneira de avaliar a materia. No caso da segunda convocatoria, conservarán todo o seu valor para a cualificación o traballo realizado durante o curso, referíndose a convocatoria só a proba de síntese final.
O alumnado deberá participar nas actividades realizadas de modo persoal ou en pequenos grupos aplicando un aprendizaxe cooperativo coa fin de mellorar a motivación por aprender.
Nelas, o alumnado traballará textos propostos mediante o modelo de análise de textos ou realizará probas de investigación sobre aspectos específicos que se poden ser, segundo os casos, obxecto de exposición ante o profesor e ante o grupo, dependendo do tipo de actividade. Todo isto coa fin de que o alumnado aplique os coñecementos adquiridos, desenvolva as actividades pedagóxicas axeitadas ao currículo de Educación Infantil e Primaria, forxando así a creatividade.
As titorías académicas presenciais en forma de reunións co profesor, permiten guiar, orientar e supervisar as actividades académicas propostas e o aproveitamento nas cuestións teóricas básicas.
A correspondencia da distribución dos 6 créditos ECTS é a seguinte: 1 crédito ECTS equivale a 10 horas de clase e un total de 25 horas de traballo do alumnado.
Seguindo a programación e as indicacións actualizadas constantemente no Campus Virtual, o alumnado ten a posibilidade de completar o estudo da materia sen dificultade, con prazos razoables na presentación das tarefas e no desenvolvemento dos contidos. Faise decisivo, polo mesmo, que o Campus sexa ferramenta de uso constante por parte do alumnado.
1. Responsabilidade ambiental
Aínda que se favorece prioritariamente o formato dixital, en relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia e se entregasen en papel, hai que ter en conta as seguintes indicacións:
· Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
· Sempre que sexa posible, empregar encadernación sen residuos plásticos.
· Economizar o papel no posible (impresión, separacións, anexos prescindibles...)
2. Outras observacións
• Perspectiva de xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
• Ferramentas tecnolóxicas: Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai e das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
• Dispositivos electrónicos: Os dispositivos electrónicos (móbil, ordenador, tablet...) teñen sentido na aula só como instrumentos de traballo. O alumnado responsabilizase das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado dos mesmos.
• Protección de datos:
o Terase en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendendo como privado o proceso de comunicación e intercambio entre o docente e o alumnado matriculado na materia.
o Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
3. Información sobre o Título DECA
Esta materia constitue só unha cuarta parte da formación esixida actualmente para a DECA (Declaración Eclesiástica de Competencia Académica) de Teoloxía que capacita para impartir clases de relixión en Infantil e Primaria. A DECA pode ser completada con posterioridade a través das diversas ofertas existentes, tendo en conta que o cursado na Facultade se valida como un dos catro módulos previstos nos requisitos da DECA.
Mais información en: https://www.conferenciaepiscopal.es/deca/
David Varela Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821064
- Correo electrónico
- david.varela.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 29 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 29 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 21 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |