Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar as claves necesarias para vivenciar un modelo de Formación de Profesorado baseado en Proxectos-Proceso de Aprendizaxe, desde unha concepción artística da educación e desde un concepto concreto de Educación Artística baseado en autores como Agra, Eisner ou Gardner.
Fusionar os contidos cos modos de actuar e as diferentes accións de aprendizaxe que se propoñen sen perder de vista que se busca un modelo de formación que promova o interese e coñecemento das estratexias artísticas contemporáneas e que axude as/os estudantes a valorar o papel da arte na educación (e na vida) e a deseñar e reconsiderar a súa práctica.
Partindo dos bloques temáticos iniciados na materia EPV I: Contextos e Metodoloxía Artística afondar, a través de Proxectos, no coñecemento do feito artístico en xeral e o contemporáneo en particular e na educación artística como obxecto de estudo (metodoloxía, recursos, avaliación, procedementos…).
A materia percorre aqueles lugares nos que a creación artística, a educación e xa que logo a vida, se moven: identidade – contexto – contorna, onde se inscriben todos os proxectos:
- A identidade: O eu e os outros. Procesos e proxectos educativos que poñan en valor a diversidade e a diferenza.
- O contexto: O contexto do alumnado como proxecto e como motor de procesos e proxectos artísticos respectuosos coa diversidade e a diferenza.
- A contorna: O espazo da arte na natureza para ver outros xeitos de facer arte e ao mesmo tempo como a través das artes podemos mellorar a educación estética e medioambiental.
Na materialización dos proxectos teranse en conta:
- A utilización de distintos materiais, técnicas e procedementos artísticos e visuais
- O uso dos diferentes recursos (textos, vídeos...)
- As accións participativas a través de diferentes canles e linguaxes.
- Outras fontes axeitadas a cada proxecto buscadas de xeito autónomo.
- A presentación dos proxectos en diferentes soportes e, sempre que sexa posible, a exposición dos mesmos no gran grupo.
Bibliografía Báscia:
-Acaso López-Bosch, M., Megías, C. (2017). Art Thinking. Cómo el arte puede transformar la educación. Paidós Educación
-Acaso López-Bosch, M. [et al.]. (2011) Didáctica de las artes y la cultura visual, Tres Cantos, Akal
-Blanco, V.; Vidrás, S. (2019) Educar a través da arte. Cara unha escola imaxinada. Kalandraka Editora.
-Eisner, E. W. (1995). Educar la visión artística. Paidós Educación
Bibliografía Complementaria
-Acaso, M. (2009) La educación artística no son manualidades. Nuevas prácticas en la enseñanza de las artes y la cultura visual. Cátedra
-Caja, J. (et al.). (2005). Menús de educación visual y plástica. Siete propuestas para desarrollar en el aula. Graó
-Graeme Chalmers, F. (2003). Arte, educación y diversidad cultural. Paidós.
-Dewey, J. (2008/1934) El arte como experiencia. Paidós.
-Efland, A. D., Freedman, K. e Stuhr, P. (2003). La educación en el arte posmoderno. Paidós.
-Eisner, E. W. (2004) El arte y la creación de la mente: el papel de las artes visuales en la transformación de la conciencia. Paidós.
-Fontal, O., Gómez, C. e Pérez, S. (2015) Didáctica de las artes visuales en la infancia. Paraninfo
-Jiménez, L., Aguirre, I., Gouvêa, L. (coords.). (2009) Educación, cultura y ciudadanía. Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura, OEI, Servicio de Publicaciones.
-Marín Viadel, R. (Coord.) (2003) Didáctica de la Educación Artística. Pearson Educación.
-Matthews, J. (2002) El Arte de la infancia y la adolescencia: la construcción del significado. Paidós.
-Parsons, M. J. (2002) Cómo entendemos el arte: una perspectiva cognitivo-evolutiva de la experiencia estética. Paidós.
Competencias Xerais
CB2- Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5- Que os e as estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
X1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de evaluación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
X7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do entorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
X8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
X10- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre o alumnado.
X11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a
información audiovisual que contribúe ás aprendizaxes, a formación cívica e a riqueza cultural
Competencias Transversais
X11- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
Competencias Específicas
E55- Coñecer o currículo escolar da educación artística, nos aspectos plástico e audiovisual.
E57- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes no alumnado.
Metodoloxía da ensinanza
A materia consta de 6 créditos ECTS, nos que a teoría e a práctica están totalmente interrelacionadas por entender a docencia como un proceso artístico. Premisas metodolóxicas:
- Partirase do coñecemento e bagaxe do alumno ou alumna e da aprendizaxe por descubrimento.
- Proposta baseada en proxectos-procesos de aprendizaxe artística que integran a teoría e a práctica.
- Ensinar/aprender como unha forma de arte colaborativa.
- Percibir e producir obxectos artísticos bidimensionais, tridimensionais e audiovisuais.
- Afondar nos aspectos cultural e crítico-reflexivo a través de estratexias de apreciación e reflexión, a partir das diferentes referencias artísticas e dos proxectos que se vaian realizando.
Aula virtual: os foros e tarefas virtuais así como o uso doutras canles da USC serán obrigatorios e complemenrios para o seguimiento da materia e a continuidade dos debates e proxectos iniciados na aula.
Avaliación:
A avaliación será continua, formativa e cualitativa. Terase en conta:
a. Observación da participación na clase. Avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades propostas. Contará desde un 5 ata un 15% da cualificación da asignatura. A asistencia ao 80% (como mínimo) das sesións é obrigatoria.
b. Proxectos. A nota final deste apartado extráese da media de todos os realizados. En cada proxecto inclúense aspectos como a implicación persoal, o rigor do tratado, a procura de solucións diferentes, os informes presentados, a fundamentación usada, a posible posta en práctica…. Puntuación máxima global: entre 45 e 55% da cualificación da materia.
c. Informes e outras producións así como participación nas canles virtuais (reflexións críticas, foros de debate, tarefas…) entre 5 e 15% da cualificación.
d. Exposición dos traballos ao grupo. Contará desde un 5 ata un 15% da cualificación da asignatura. O alumnado deberá realizar como mínimo unha presentación oral na que demostrará o dominio das competencias adquiridas.
A data límite de entrega dos proxectos será o día e a hora fixadas no calendario oficial de exames.
- Dispensa de asistencia: non se contempla para esta materia por ter grupos interactivos de laboratorio (CLIL) e unha metodoloxía na que a teoría e a práctica están interrelacionadas.
- Exención de docencia: ver apartado observacións.
- Segunda convocatoria de xullo: ver apartado observacións.
- Alumnado repetidor: ver apartado de observacións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndelle ao alumno/a un total de 150 horas de traballo que se distribúen do seguinte xeito:
- Horas de actividade de clase: 51 horas distribuídas en actividades expositivas en gran grupo, actividades interactivas e actividades de titoría e supervisión programadas.
- Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula/clase: 99 horas
Ademais das indicacións que se vaian facendo, é fundamental no que se refire á avaliación do rendemento académico do alumnado, a actitude aberta para aprender novos contidos e incorporalos á formación como futuro docente.
Ter unha participación activa e crítica en relación cos contidos do programa, a súa posta en marcha e a realización puntual das tarefas previstas nas actividades presenciais.
A iniciativa na actividade preparatoria autónoma (informes, traballos…)
O grao de experimentación, descubrimento e uso de distintas posibilidades cos materiais: técnicas bidimensionais, tridimensionais, audiovisual, a información e documentación utilizada, a riqueza de reflexións persoais, así como que cada traballo sexa unha procura nova.
Os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación nese proceso creativo.
Para a recuperación da materia (ver apartado observacións).
Asistencia a clase: o Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e as alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia.
Segunda convocatoria: o alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
a) Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentar novamente os traballos cas melloras que se lle indiquen. Neste caso mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
b) Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, debe presentar todos os traballos cas correspondentes indicacións que se lle fagan pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
Exención de docencia: só se concedrá a exención de docencia para as clases expositivas. O alumnado deberá poñerse en contacto co/a profesor/a nos primeiros quince días do semestre (ou desde que se produza a causa sobrevida) para concretar o plan de traballo persoal. Como norma xeral, deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías -fixaranse 3 titorías nas que se lle darán indicacións para adaptar a materia á semipresencialidade- e a plataforma virtual para un desenvolvemento axeitado da mesma, así como a súa superación.
A porcentaxe dos apartados será a seguinte:
a. Desde un 5 ata un 7,5% da cualificación da asignatura.
b. Entre 45 e 55% da cualificación da materia.
c. Entre un 5 e 15% da cualificación da asignatura.
d. Desde un 5 ata un 7,5% da cualificación da asignatura.
O alumnado con exención de docencia deberá presentar un traballo obrigatorio complementaria sobre a lectura dun dos libros da bibliografía. (Desde un 5 ata un 15%)
Alumnado repetidor: Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos quince primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cristina Trigo Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812024
- Correo electrónico
- cristina.trigo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Sergio Clavero Ibañez De Garayo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812026
- Correo electrónico
- sergio.clavero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_07 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
15:30-17:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 3º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |