Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos propostos na materia son:
1. Coñecer os grandes ámbitos temáticos das ciencias sociais, así como a súa proxección didáctica na Área de Coñecemento do Medio Social e Cultural.
2. Adquirir coñecementos críticos, reflexionar sobre o seu papel no ensino e desenvolver capacidades na ensinanza e aprendizaxe das ciencias socias.
3. Analizar e interpretar a distintas escalas espaciais a diversidade paisaxística natural e cultural, cuestionando, dende o paradigma dos dereitos humanos, o desigual reparto da riqueza e as situacións de discriminación de calquera índole.
4. Analizar problemas sociais relevantes dende o eido local ao internacional, formulando propostas didácticas axustadas á realidade actual.
5. Coñecer os aportes da educación patrimonial e establecer estratexias didácticas para xerar procesos de apropiación patrimonial, que dende unha perspectiva universal, permitan valorar dun xeito holístico os posibles bens patrimoniais de Galicia.
6. Habituarse ao emprego didáctico das TIC como ferramentas estratéxicas, tanto para a procura e tratamento de información, como para proporcionar contextos de empatía e implicación coas cuestións sociais relevantes.
7. Saber empregar métodos e técnicas de traballo propios das ciencias sociais, dende un paradigma didáctico que suma implicación emocional e coñecemento científico. Neste contexto son fundamentais ás saídas de campo e o traballo coas fontes básicas para o estudo das CC.SS., dando lugar, tanto a debates argumentados como á comprensión e crítica de textos, materiais gráficos e audiovisuais. Todo isto debe contribuír á elaboración de traballos grupais e individuais orientados á práctica profesional.
8. Un compendio destes obxectivos podería resumirse en catro retos que asume esta materia: desenvolvemento do pensamento crítico, do pensamento creativo, da capacidade de cooperación e de comunicación.
Contidos xerais
Na Memoria de Grao da USC contémplanse os seguintes contidos xerais para ao materia Ensino das Ciencias Sociais II:
• Currículo de Ciencias Sociais na educación primaria: elementos e desenvolvemento.
• Estudantes de educación primaria e dificultades da aprendizaxe das ciencias sociais.
• Materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais.
• Organización dos contidos
Os contidos da materia organízanse en catro bloques temáticos. Neles, dende unha perspectiva crítica, aténdese nos bloques 1 e 2 á análise do currículo, á reflexión sobre a aprendizaxe das ciencias sociais e o valor do pensamento histórico na educación primaria. O que se concreta nos dous seguintes bloques. Nestes, cada proposta serve de contexto para a utilización de materiais e recursos básicos propios desta área de coñecemento.
1. O papel das ciencias sociais no currículo de educación primaria: unha reflexión sobre contidos, competencias e actuacións interdisciplinarias. Tempo e espazo como fundamentos do coñecemento social.
2. O pensamento histórico como reto educativo.
3. Unha didáctica crítica das ciencias sociais baseada no pensamento crítico e o traballo con problemas socialmente relevantes.
a) Cuestións problemáticas herdadas do pasado: Guerra, fame, enfermidade e desigualdade versus liberdade, igualdade e fraternidade.
b) Cuestións problemáticas propias do presente: A crise ecolóxica e o cambio climático
c) Cuestións problemáticas con perspectiva de futuro: infotecnoloxía e biotecnoloxía. Unha especulación baseada no coñecemento do pasado e do presente. Traballar o pensamento creativo a través do saber científico e a implicación ética.
4. Deseño de actuacións didácticas: unha práctica de acción cooperativa.
a) A necesidade de interesar e conmocionar: do local ao global.
b) Actualización científica, interdisciplinariedade e pasado, presente, futuro como dimensión educativa
c) Conciencia social e actitudes cívicas.
d) Difundir o aprendido.
Ca fin de que sexan realmente de utilidade, as referencias que se citan a continuación están moi aquilatadas tanto na súa cantidade como en que sexan lecturas realmente atractivas e enriquecedoras máis aló do contexto da materia. Algunhas serán utilizadas na dinámica das aulas. Pódense atopar doadamente na rede e, no caso dalgúns libros, nas bibliotecas da USC.
a) Bibliografía básica:
Rodríguez Lestegás, F., Macía Arce, X.C., Armas Quintá, F.X. (2020). De los contenidos a las competencias. Aprender transversalmente a través del conocimiento social. Innovación educativa, 20, (41-56).
Santisteban Fernández, A. (2019). La enseñanza de las ciencias sociales a partir de problemas sociales o temas controvertidos: estado de la cuestión y resultados de una investigación. El Futuro del Pasado, 10, (57-79).
Soria López, G. M. (2015). El Pensamiento histórico en la educación primaria: estudio de casos a partir de narraciones históricas. Enseñanza de las ciencias sociales: revista de investigación, 14, (83-95).
b) Bibliografía complementaria:
Assadourian, E. (Dir.) (2017). Educación Ecosocial: Cómo Educar Frente a la Crisis Ecológica. Icaria.
Blom, P. (2019). El motín de la naturaleza. Anagrama.
Graeber, D., Wengrow, D. (2022) El amanecer de todo. Una nueva historia de la humanidad. Ariel.
Harari, Y. N. (2014). Sapiens. De animales a dioses: Una breve historia de la humanidad. Debate.
Harari, Y. N. (2016). Homo Deus: Breve historia del mañana. Debate.
Higgs, J. (2016). Historia alternativa del siglo XX. Más extraño de lo que cabe imaginar. Taurus.
Hortas, M.J., Días, A. y de Alba, N. (Eds.) (2019) Enseñar y aprender didáctica de las Ciencias Sociales: la formación del profesorado desde una perspectiva sociocrítica. EIPL.
Martín Gordillo, M. (2016). La ciencia, el futuro y las aulas: algunas propuestas didácticas sobre prospectiva. Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología y Sociedad, 11(33), (113-142).
Ocampo Ospina, L.F. y Valencia Carvajal, S. (2019). Los problemas sociales relevantes: enfoque interdisciplinar para la enseñanza integrada de las ciencias sociales. REIDICS, 4, (60-75).
Riechmann, J. (2004). Gente que no quiere viajar a Marte. Ensayos sobre ecología, ética y autolimitación. Catarata.
Romero Sánchez, G. y García Luque, A. (2016). Las Ciencias Sociales en el currículum. Estructura, análisis y práctica. En A. Liceras y G. Romero (Coords.) (2016) Didáctica de las ciencias sociales. Fundamentos, contextos y propuestas (47-71). Pirámide.
Como se indica no marco normativo da materia, débense desenvolver as seguintes competencias:
Básicas (CB)
CB1. Que o alumnado teña demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que o alumnado poda transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais (CX)
X1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinaria entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
X4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
X7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
X8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais, públicas e privadas.
X10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entro o alumnado.
X11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Transversais (T)
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional
Específicas (E)
E32. Coñecer o currículo escolar das ciencias sociais.
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
Consideracións xerais
Non se establece unha estrita fenda entre sesións interactivas e expositivas. Apóstase por unha capilaridade: o temario tende a desenvolverse a partir dunha sesión interactiva ou, se é posible, mediante unha saída de campo de día completo na que se descubre unha realidade determinada (ver observacións). O que posibilita unha reflexión social con implicacións didácticas. Preténdese así, dar máis relevancia ás sesións expositivas, introducidas mediante preguntas que propicien a dúbida e o diálogo. As actividades presenciais non teñen o cometido de proporcionar contidos ou materiais para ser reproducidos nunha proba escrita, senón ofrecer un espazo de reflexión e argumentación sobre o valor das aprendizaxes adquiridas de cara á competencia profesional do profesorado en formación (ver avaliación).
Ademais da comunicación persoal, establecerase un contacto a través do campus virtual ou correo USC, tanto para a entrega de tarefas como para deixar constancia de avisos ou determinados envíos de documentos.
Sesións interactivas
Actividades en grupo medio. Facilitan a mellor participación do alumnado. Destacan dous aspectos: 1) Favorecen breves saídas de campo na contorna. 2) Benefician a aprendizaxe autónoma e cooperativa, afrontando en grupos reducidos a elaboración de deseños de actuacións didácticas. Neste proceso o docente actúa como guía e o grupo medio como masa crítica ante a que se expoñen os deseños realizados
Sesións expositivas
Actividades en gran grupo. Foméntase a participación inicial do alumnado. Nun contexto de diálogo, preséntanse conceptos e significados de cada Unidade Temática, sempre orientados á práctica docente. A exposición de contidos acompáñase preferentemente de apoio audiovisual ou dunha abundante proxección de fotografías pensadas para o tema a tratar. Tamén se incorpora a saída de campo e na medida do posible pedirase a participación de alumnado ou profesorado en activo que poda expoñer actuacións reais nas aulas de primaria e os seus resultados.
Titorías
Actividades en grupo reducido. Co obxectivo principal de continuar, guiar e estimular o traballo cooperativo desenvolto nas interactivas. Pero tamén para orientar un proceso reflexivo individual sobre a experiencia na materia e o desenvolvemento de competencias no alumnado.
Actividades en grupo reducido (non presenciais)
Son fundamentais as reunións para desenvolver os traballos cooperativos. O que require: distribución de tarefas de indagación no medio ou documentación; organización da estrutura dos traballos; redacción final coherente; preparación das estratexias de presentación na aula.
Actividades individuais (non presenciais)
En relación coas sesións presenciais: levar a cabo actuacións concretas de indagación na contorna ou con determinados materiais e ler criticamente os artigos que se solicitan.
En relación co proceso de avaliación: tomar asiduamente nota das reflexións propias derivadas das sesións presenciais e elaborar e presentar escritos de carácter voluntario ou obrigatorio, argumentados e con coherencia narrativa.
En relación coa formación autónoma: ler a bibliografía recomendada en cada tema ou solicitar novas referencias e interesarse en comprender a contorna física e social mediante un coñecemento crítico.
A avaliación da materia non debe limitarse a significar os resultados da aprendizaxe. Tamén debe ocuparse do proceso de ensino e do nivel de satisfacción do alumnado, coa finalidade de introducir melloras e innovacións que redunden na calidade da propia materia.
Na posibilidade de que existan casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico de estudantes e de revisión de cualificacións.
As prácticas de campo non terán un proceso avaliativo independente. O alumnado poderá integrar estas aprendizaxes nos traballos que conforman o proceso avaliativo.
Esta materia réxese por un modelo de avaliación continua que terá en conta o seguinte:
É imprescindible a presencia activa do alumnado ao longo do proceso. A falta de implicación - non asistir sen xustificación a un mínimo do 80% das sesións programadas ou non presentar as actividades demandadas – poderá implicar unha rebaixa porcentual na cualificación final ou a total exclusión do proceso avaliativo. Deberase superar a materia mediante probas específicas que se determinarán no seu momento.
O proceso avaliativo contempla a suma de:
O simple feito de asistir ás sesións programadas non será recoñecido como mérito. A participación activa e crítica de carácter voluntario constituirá un 20 % da nota final. As canles establecidas serán: 1) a actuación individual e espontánea mediante intervención oral nas dinámicas da aula (5%) 2) aportacións individuais ou colectivas sobre propostas derivadas do traballo na aula (15%).
Traballo individual: Terá un peso do 35% na cualificación final. O alumnado deberá abordar por escrito unha reflexión sobre a materia ou en relación con algunha das temáticas tratada nas sesións expositivas. Estará encamiñado a demostrar a comprensión crítica e a resolución de problemas didácticos.
Traballo en grupo: Terá un peso dun 45% na cualificación final. Encamiñado ao deseño dunha actuación didáctica acorde co sentido da materia (nas sesións interactivas). Os grupos contarán coa guía do profesor. Deben levarse a cabo de forma totalmente cooperativa. Quen non colabore co grupo será apartado e terá que acadar ese 45% nunha proba específica.
No caso do alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia seguirase tamén o modelo de avaliación continua adaptado ás singularidades de cada caso:
Exención de docencia ás clases expositivas: Terá que abordar un traballo individual baseado nunha reflexión crítica con implicacións didácticas dalgunhas das lecturas recomendadas no programa (40% da cualificación) e, de ser necesario compensar con algunha aportación o 15% provinte da participación voluntaria.
Exención de docencia a todas as sesións ou dispensa de asistencia: Poderán acollerse á integración nun grupo para a realización do traballo cooperativo (45 % da nota). Se o prefiren poderán abordar este traballo de xeito individual (50%). Dependendo da opción o traballo individual suporá un 55% ou un 50% da cualificación restante. Seguirase a mesma dinámica que no caso do alumnado exento das clases expositivas.
O alumnado que deba superar a avaliación na segunda oportunidade manterá as mesmas condicións. Debendo superar as ponderacións naquelas tarefas que supuxeron o suspenso na primeira oportunidade. O alumnado non presentado na primeira oportunidade e, polo tanto, sen porcentaxes doutros traballos fará unha proba específica individual cun valor de 100%.
No caso de ter que recorrer a novas convocatorias, continuará o mesmo sistema, pero será preciso tratar o tema previamente, e de forma individualizada, entre o alumnado afectado e o profesorado.
150 horas totais: 51 presenciais e 99 de traballo autónomo.
Actividades en grupo expositivo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo
Actividades en grupo interactivo: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
É recomendable que o traballo realizado na aula se complemente con experiencias externas. Non só en forma de necesarias lecturas, senón tamén nunha observación e indagación na contorna, que permita ao alumnado unha participación activa e fundamentada na aula.
É moi importante atender ás seguintes cuestións:
A aula é un lugar de respecto polo coñecemento e a reflexión e entre as persoas que están nela. As actitudes reiterativas que leven a unha mala dinámica poden implicar a imposibilidade de continuar no sistema de avaliación continua e, polo tanto, só poder superar a materia mediante a proba escrita individual, que, neste caso, suporía o 100% da cualificación. Esta medida enténdese que será innecesaria, dado que a madurez do alumnado evitará chegar a estas situacións.
Nesta materia tense moi en conta a interacción alumnado-profesorado promovendo unha metodoloxía que se afaste dos modelos memoristico-reprodutivos e nos acerque a posicións críticas e transformadoras.
En coherencia co punto anterior e coas propias temáticas que se tratarán na materia, aléntase ás actitudes cívicas que denoten unha responsabilidade medioambiental. Deste xeito, eliminarase calquera entrega de material en formatos físicos.
Tamén caberá adoptar unha perspectiva de xénero eliminando as formas da linguaxe non inclusivas. En relación coa perspectiva de xénero, pódese consultar o enlace https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
O día a día desta materia quere ser tamén unha experiencia de liberdade e respecto. Será benvida calquera crítica argumentada que redunde nunha mellora da propia materia ou na creación dun clima de confianza mutua na aula.
Todo o alumnado afectado de calquera problema que o incapacite para a participación regular na materia, debe falar con total confianza co profesorado na procura da súa mellor integración.
Considéranse de grande importancia as prácticas de campo. A materia contempla a posibilidade de realizar unha saída de campo de día completo. Debido á distribución da materia en quendas de mañá e tarde e o alto número de alumnado que implica, as saídas serán independentes, tendo en conta, ademais a fraxilidade dalgún dos espazos naturais a visitar..
Nas saídas búscase a colaboración con outros membros do profesorado, tanto da propia Facultade como doutras, na procura dunha experiencia interdisciplinaria, moi pertinente, especialmente no caso da formación do profesorado de primaria.
Esta materia impártese en lingua galega e aléntase a que os traballos realizados polo alumnado utilicen este idioma. Decisión que fica xustificada, non só polo recoñecemento do galego como lingua na que oficialmente se imparte a materia de ciencias sociais, senón principalmente porque é un xeito máis de contribuír a manter unha lingua viva, nun contexto de valoración da diversidade cultural que enriquece ao xénero humano.
Lémbrase que existe a obrigatoriedade do uso da conta de correo Rai e do emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais. En aras do respecto á aula como espazo privado e tendo en conta a normativa de protección de datos, de obrigado cumprimento, non se poden gravar as clases, polo que se espera do alumnado un uso axeitado dos teléfonos móbiles ou calquera medio de reprodución de imaxes ou voz.
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Andres Dominguez Almansa
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- andres.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Leticia Lopez Mondejar
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 (Gon - Ll) + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 3º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 (Ro - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Ce) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ce) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 3º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 (Lo - Ri) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Ci - Gom) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 (Ci - Gom) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 (Gon - Ll) + Dobre Grao 3º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_04 (Lo - Ri) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 (Ro - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
17.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |