Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia pretende contribuír á formación do alumnado nas competencias vinculadas á avaliación de programas. Así, buscará favorecer a consecución dos seguintes obxectivos:
- Identificar as ideas e os enfoques básicos que caracterizan os procesos de avaliación de programas.
- Coñecer os fundamentos teóricos e os procedementos prácticos empregados na avaliación de programas.
- Analizar os sistemas específicos que se empregan na actualidade na avaliación de programas.
- Coñecer e empregar terminoloxía e fontes de información útiles e válidas, de cara a favorecer un mellor fundamento deste ámbito profesional.
- Deseñar e aplicar propostas de avaliación de programas.
1. Marco teórico e conceptual da avaliación de programas educativos.
2. A calidade na educación. Dilemas sobre os estándares da avaliación de programas.
3. O deseño da avaliación de programas. A avaliación como proceso.
4. Diagnóstico de necesidades educativas.
5. Metodoloxía, técnicas e instrumentos de avaliación de programas educativos.
6. Elaboración de informes de avaliación e difusión de resultados.
Bibliografía básica
Matas Terrón, A. (2020). Evaluación de programas socioeducativos. Comares.
Martínez Mediano, C. (2017). Evaluación de programas: modelos y procedimientos. [Recurso electrónico]. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Pérez Juste, R. (2014). Evaluación de programas educativos. (3ª edic.). La Muralla.
Yarbrough, D.B., Shula, L.M., Hopson, R.K. e Caruthers, F.A. (2010). The Program Evaluation Standards: A guide for evaluators and evaluation users (3rd. ed). Corwin Press.
Bibliografía complementaria
Dans, I. (2022). “Evaluación de los proyectos de innovación y propuestas de mejora”. En Marín Marín, J.A. y Pino Juste, M. (2022). Innovación Educativa para una educación transformadora. Dykinson.
Gairín, J. (2010). La evaluación del impacto en programas de formación. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 8(5), 20-43.
Kirkpatrick, D. L. (2004). Evaluación de acciones formativas. Gestión 2000.
Pérez Juste, R. (1999). Hacia una educación de calidad. Narcea.
Pérez Juste, R. (2000). La evaluación de programas educativos: Conceptos básicos, planteamientos generales y problemática. Revista de Investigación Educativa, 18(2),261-287. https://revistas.um.es/rie/article/view/121001
Pino Juste, M. (2017). Diseño y evaluación de programas educativos en el ámbito social: Actividad física y dramaterapia. Alianza Editorial.
Rebollo, A. (1993). Modelos de evaluación: concepto y tipos. En M. P. Colás y A. Rebollo (Coords.), Evaluación de programas: una guía práctica (pp. 33-54). Kronos.
Stake, R. (2006). Evaluación comprensiva y evaluación basada en estándares. Graó.
Sobrado, L. M. (2008). Avaliación da calidade e innovación dos centros educativos. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Stufflebeam, D. L. e Shinkfield, A.J. (1993). Evaluación sistemática. Guía teórica y práctica. Paidós-MEC.
Stufflebeam, D. L. e Shinkfield, A. J. (2007). Evaluation theory, models, & applications. Jossey-Bass.
Tejada Fernández, J. (2004). Evaluación de programas. Módulo VI: Investigación e innovación formativa. https://www.carcheles.es/export/sites/default/galerias/galeriaDescargas…
Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa (RELIEVE): https://revistaseug.ugr.es/index.php/RELIEVE/index
Revista Iberoamericana de Evaluación Educativa: https://revistas.uam.es/riee
Instituto Nacional de Evaluación Educativa: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/inee/portada.html
COMPETENCIAS XERAIS
2X. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desenvolve o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3X. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
4X. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
6X. Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, aplicación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
7X. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E1.5. Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
E3.4. Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e da formación.
E4.3. Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas pedagóxicas.
A metodoloxía de ensinanza combinará:
- Sesións expositivas por parte das docentes sobre os contidos fundamentais de cada unidade temática nas que se procurará a participación activa do alumnado a través da reflexión e o debate.
- Sesións interactivas nas que o alumnado, a través do traballo en equipo, se implicará na resolución de diferentes actividades e supostos prácticos coa supervisión e apoio das docentes.
O traballo nas sesións presenciais debe complementarse, necesariamente, co traballo autónomo por parte do alumnado fóra da aula.
Para o desenvolvemento da materia contémplase o uso do campus virtual da USC para o acceso a documentación e información de interese para o alumnado, para a entrega de tarefas e como espazo de comunicación.
A USC é unha Universidade presencial, así que a asistencia ás sesións de aula é obrigatoria. Porén, nos casos contemplados na normativa da Facultade, poderase solicitar exención oficial ou dispensa de docencia. O alumnado con exención de docencia debe presentarse ao profesorado ao inicio da materia para coordinar co mesmo o plan de traballo e seguimento.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, actividades de innovación dentro de proxectos (ApS, Etwinning, etc.) ou unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación da materia terá en conta os seguintes aspectos:
- Actividades e traballos realizados grupalmente no marco das sesións interactivas (50%). Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.
- Realización dunha proba individual tipo test sobre o contido da materia (50%) na data establecida no calendario oficial.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter entregados e realizados en prazo os traballos así como superar cada unha das partes (prácticas e proba individual).
Seguirase a instrucción 1/2017 sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. O alumnado con exención oficial de docencia ou dispensa deberá poñerse en contacto coas docentes a principio de curso, onde se lle explicará o proceso de seguimento da materia. Na avaliación deste alumnado teranse en conta as prácticas (50%), semellnates ás do resto de alumnado, e a proba individual tipo test sobre o contido da materia (50%). Para obter unha valoración positiva da materia será preciso superar ambas partes.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na avaliación da segunda oportunidade terá unicamente que presentarse ás partes non superadas.
Os/as alumnos/as que non superaran a materia en convocatorias anteriores serán avaliados/as atendendo aos criterios que se establezan en cada curso académico.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 horas de traballo. Estas distribúense do seguinte xeito:
Horas de actividade presencial: 50 horas.
- Sesións expositivas: 20 horas.
- Sesións interactivas: 20 horas.
- Actividades de titoría e avaliación: 10 horas.
Horas de traballo do alumnado: 100 horas.
- Estudo: 30 horas.
- Realización de actividades prácticas: 50 horas.
- Titorías e avaliación: 20 horas.
- A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e forma das actividades que se propoñan.
- Contar con coñecementos de informática a nivel básico.
- Desenvolver un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
- É moi importante realizar un traballo continuado todas as semanas, xa que a materia está formulada de tal forma que a realización dunhas actividades precisa de ter realizadas as anteriores.
- Amosar, tanto nas intervencións en aula como nas actividades, unha actitude ética e de compromiso.
- Titorías: recoméndase ao alumnado que faga uso das titorías presenciais sempre e cando teña algunha dúbida ou cuestión pertinente.
- Consulta frecuente da Aula Virtual.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo USC, @rai.usc.es.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: campus virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- O ensino-aprendizaxe, aulas e titorías, é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o alumando matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos, https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Sempre que sexa posible e excepto que se dea outra indicación, entregaranse a través da Aula Virtual.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe inclusiva e non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nas actividades académicas propostas. Pódese obter información ao respecto no enlace:
https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Isabel Dans Alvarez De Sotomayor
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813829
- Correo electrónico
- isabel.dans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Garcia Antelo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Gon - Z) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Gom) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |