Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é dar ó alumno nocións fundamentais sobre a organización e administración dos recursos humanos.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
* Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais dos recursos humanos nas organizacións sociais e laborais en relación co exercicio e xestión das mesmas.
* Análise teórica-comprensiva dos modelos de organización e recursos humanos ata a actualidade.
* Desenvolvemento da capacidade de análise e conciencia crítica respecto dos círculos de calidade e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
* Potenciar o desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, ante o modelo de calidade total no ámbito educativo.
Conforme ós obxectivos sinalados, os principais contidos que configuran os bloques temáticos desta materia son os seguintes:
I. O concepto de organización e recursos humanos. Que son as organizacións. A estrutura, eixe crítico da organización. Organización base cero. O comportamento organizacional.
II. Modelos de organización de recursos humanos. A participación do persoal. Responsabilidades mutuas. A dirección participativa. Novos enfoques de xestión dos recursos humanos. Métodos da xestión dos recursos humanos.
III. Círculos de calidade. A avaliación de rendemento. O proceso de avaliación do rendemento: medición do rendemento e xestión do rendemento.
IV. Calidade total na actualidade. A cultura da calidade total e a súa definición. A xestión da calidade aplicada a educación. A calidade total como reto educativo.
V. O coaching en educación. O coaching educativo e a súa aplicación. O coach e as súas técnicas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Escalera, G. (2017): La organización empresarial y sus RRHH. UNED-Ediasa
Palom, F. J., e Tort, L. (1991). Management en organizaciones al servicio del progreso humano. Espasa-Calpe.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez, M. (1998). El liderazgo de la calidad total. Editorial Escuela Española.
Bayón, F. (2002). Organizaciones y recursos humanos. Síntesis.
Boadi i Grau, J. (2001). Capital humano; 52 casos prácticas: manual de supuestos prácticos sobre recursos humanos y procesos organizacionales. Granica.
Butteriss, M. (2001). Reinventando recursos humano: cambiando los roles para crear la organización de alto rendimiento. Gestión 2000.
Cardona, P. (2002). Las claves del talento: la influencia del liderazgo en el desarrollo del capital humano. Empresa Activa.
Colom, A., e Sarramona, J. (1997). Estrategías de formación en la empresa. Narcea.
Fernández, J. (2002). Dirigir y motivar equipos. Ariel.
Fernández, M., e Sánchez, J. C. (1997). Eficacia organizacional. Concepto, desarrollo y evaluación. Díaz de Santos.
Fernández, A. (2000). Organización y gestión de empresas. Servicio de publicaciones de la Universidad da Coruña.
Ferreiro De Babot, P., e Alcázar García, M. (2002). Gobierno de personas en las empresas. Ariel.
Fullan, M. (2002). Liderar en una cultura de cambio. Octaedro.
Fundación de las Cajas de Ahorros (2000). Capital humano y bienestar económico. Fundación Caja de Ahorro.
Gairín. J., e Castro, D. (2020). El Contexto organizativo como espacio de intervención. Síntesis Editorial.
Gómez Mejía,L. (2008) Gestión de recursos humanos. Pearson-Prentice Hall.
Hesselbein, F. et al. (2012). La Organización del futuro. EditorIal Deusto-Planeta.
Jamardo, B. (2003). Cómo dirigir con eficacia equipos multiculturales. Índice, 24, 41-42.
López Cabarcos, A. (2001). La importancia de la motivación en la gestión empresarial. Alta Dirección, 218, 275-281.
Lorenzo et al. (2005). La geografía del capital humano en España: niveles educativos de los municipios, provincias y comunidades autónomas. Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas.
Marañón, E. (2003). Una reflexión necesaria del empresario de hoy: la formación de los recursos humanos como factor estratégico para la flexibiidad empresarial. Balance, Mercantil y Empresarial, 36, 8-11.
Palom, F. J. (1987). Círculos de calidad. Teoría y práctica. Marcombo.
Pereda, S. (2001). Técnicas de gestión de recursos humanos por competencias. Centro de Estudios Ramón Areces.
Pineda, P. (Coord.) (2002). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel.
Pizzorusso, A. (2001). Las generaciones de derechos. Anuario Iberoamericano de Justicia Constitucional, 5. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
Quintanilla, I. (2002). Empresas y personas: gestión del conocimiento y capital humano. Díaz de Santos.
Ramonet, I. (2002). Mundo S.A., Voces contra la globalización. Ediciones la Tempestad.
Salgado, J. F. (1997). Comportamiento organizacional. Escuela de Negocios Caixavigo.
Sánchez Pérez, J. (2001). Procesos básicos de gestión de recursos humanos. Servicio de publicaciones de la Universidad de Cádiz.
Sarramona, J. (2002). La formación continua laboral. Biblioteca Nueva.
Tomàs, M. (2011). El conflicto y la comunicación organizacional en los centros de formación. Editorial Academia Española
Valero, A., Fernández, J., e Mateo, M. (2002). Casos de recursos humanos y relaciones laborales. Pirámide.
Vázquez, G. (2001). Educación y calidad de vida. Ministerio de Educación
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e
aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios
e recursos adecuados.
CG6 - Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento,
deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros
profesionais
CT6 - Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das
realidades afectadas pola súa práctica
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE6.2 - Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais dispoñibles
Os contidos que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ó grupo de clase pola profesora e os alumnos. A profesora centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
O alumnado pola súa banda, coa oportuna orientación das profesoras, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo ós soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva sobre a erudición que poida acadarse na materia.
Durante o cuadrimestre realizaranse, entre outras, as seguintes actividades:
OBRIGATORIAS
a) Asistencia regular e participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica grupal na clase. Sendo así, a participación require o estudio, que como tarefa persoal a de proceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ó dominio dos contidos que integran o temario da materia, por medio dos cales se poderán acadar os obxectivos formulados, o que se farán patente a través das oportunas probas de control.
b) Canda o estudio e a asistencia e participación nas actividades de aula, cada alumno individualmente e cada equipo de traballo terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas dos documentos que se entreguen na aula e responder ás preguntas que se formulen, salientando os aspectos máis importantes.
c) Elaboración dun traballo monográfico acerca dalgún epígrafe do temario ou dalgún problema específico con el relacionado. A profesora facilitara as orientacións bibliográficas oportunas e supervisará a execución do traballo en cada unha das súas etapas. As monografías serán executadas en grupos de 3-4 alumnos. Trala súa conclusión difundiranse polo medio sinalado.
Notas
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Concédeselle moita importancia ó desenvolvemento de bos hábitos de traballo e estudio, á utilización correcta do vocabulario e linguaxe pedagóxicas, á participación activa nos debates de clase, ó traballo feito a conciencia, á capacidade investigadora e creativa dos alumnos e alumnas ó estudiar los procesos educativos da escola, á reflexión que produce o seu estudio, á análise do seu papel como futuro profesor. Todas estas consideracións primarán sobre outras na avaliación final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía cos obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das aportacións nas sesións de clases teóricas e prácticas que se programen e nos traballos opcionais que voluntariamente presenten.
No se aceptará ningún traballo do que nos se teña constancia de elaboración e seguimento.
Haberá unha proba escrita: 20%.
As prácticas de aula: 10%
Traballo monográfico: 40%
Lecturas obrigatorias: 30%
Sempre que a asistencia sexa igual ou superior ao 80% das sesións.
a) Para obter unha avaliación positiva no tema, será necesario ter realizado e entregado a tempo todas as actividades de avaliación especificadas.
b) O traballo individual ou grupal do estudantado debe ser orixinal. Calquera traballo copiado suporá a suspensión da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
c) Para fins de avaliación, o mesmo traballo non pode utilizarse para varias materias, excepto nas actividades programadas de maneira coordinada.
d) A proba final, en relación coa avaliación continua é complementaria
e) Repetidores, exención e dispensa realizarán unha proba única co valor do 100% preparada a través das referencias documentais básicas que están ao seu dispor na aula virtual e recollidas no programa.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Enténdese que o estudio debe ser continuo o que podería equivaler a un 40% do tempo dedicado á materia.
En canto á realización dos traballos podería equivaler ó 80% dos créditos prácticos
Asistencia regular ás clases.
- Estudo dos documentos entregados e da bibliografía fundamental recomendada.
- Participación e discusión activa nos foros establecidos.
- Estudo regular da materia
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que conten referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesibles na páxina
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
- A necesidade de atende ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Nas primeiras sesións de clase atendendo a calendarización de realización e entrega de traballos por semestre establecéranse as datas límite para a recollida de:
- traballos monográficos
- lecturas
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Esther Olveira Olveira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María González Blanco
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- maria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
02.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |