Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Lograr a adquisición do vocabulario técnico da materia.
2. Acadar a capacidade básica de planificación e valoración dunha investigación educativa.
3. Diferenciar os criterios de uso e elección de distintos métodos de investigación, técnicas de recollida e de análise cuantitativo e cualitativo de datos.
4. Coñecer a codificación, análise e interpretación de datos por medios informáticos.
5. Aplicar os coñecementos metodolóxicos a situacións prácticas de investigación educativa.
Tema 1. A investigación científica en educación.
Tema 2. Métodos de investigación cuantitativa e cualitativa en educación.
2.1. Métodos de investigación cuantitativa
2.2. Métodos de investigación cualitativa
Tema 3. Técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa en educación.
3.1. Técnicas de investigación cuantitativa
3.2. Técnicas de investigación cualitativa
Tema 4. Análise inferencial de datos en educación.
4.1. Conceptos básicos
4.2. Probas paramétricas
4.3. Probas non paramétricas
Tema 5. Análise de datos cualitativos en educación.
Tema 6. Informes de investigación educativa: elaboración, interpretación e valoración.
Bibliografía básica
Bisquerra, R. (Coord.). (2004). Metodología de la investigación educativa. La Muralla.
López-Roldán, P., e Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Universitat Autònoma de Barcelona. Dipòsit Digital de Documents. https://ddd.uab.cat/record/129382
Mosteiro, M.ª J., e Porto, A. (2018). Análisis inferencial de datos con IBM SPSS Statistics. Andavira.
Tourón, J. (Ed.), Lizasoain, L., López, E., e Navarro-Asencio, E. (2023). Análisis de Datos y Medida en Educación. Unir Editorial
Bibliografía complementaria
Bardon, L. (2000). Análisis de contenido. Akal.
Gil Pascual, J.A. (2000). Estadística e informática (SPSS) en la investigación descriptiva e inferencial. UNED.
Gil Pascual, J.A. (2016). Técnicas e instrumentos para la recogida de información. UNED.
Hammersley, M., e Atkinson, P. (1994). Etnografía: Métodos de investigación. Paidós.
McMillan, J.H., e Schumacher, S. (2005). Investigación educativa. Pearson.
Nieto Martín, S. (2010). Principios, métodos y técnicas de investigación educativa. Dykinson.
Pérez Juste, R., García Llamas,J.L., Gil Pascual, J.A., e Galán Gónzalez, A. (2009). Estadística aplicada a la educación. Pearson.
Pérez Serrano, G. (1994). Investigación cualitativa. Retos e interrogantes. Tomos I y II. La Muralla.
Ruíz-Maya Pérez, L. (1991). Metodología estadística para el análisis de datos cualitativos. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Simons, H. (2011). El estudio de casos: teoría y práctica. Morata.
Tejedor, F. J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. La Muralla.
Tejedor, F. J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. La Muralla.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. La Muralla.
Revistas
Revista de Investigación Educativa: https://revistas.um.es/rie
Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa: https://revistaseug.ugr.es/index.php/RELIEVE
Páxinas web
Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagógica (AIDIPE): https:// https://aidipe.org/index.php
European Educational Research Association (EERA): http://www.eera-ecer.de/
Titorial Estilo APA 7ª Edición: http:// https://apastyle.apa.org/
Básicas e Xerais:
CB1- Que as/os estudantes teñan demostrado poseer e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2-Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional das/os pedagogas/os, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG8-Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respeto aos principios deontolóxicos aos que remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
Transversais:
CT4 -Involucrarse na resolución de problemas.
Específicas:
CE1.2 -Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as situacións e os programas educativos.
CE1.5-Identificar problemas educativos e indagar sobre eles para posibilitar propostas de mellora na práctica educativa.
Óptase por un proceso metodolóxico que ten en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
Nas clases expositivas trataranse os aspectos nucleares de cada tema, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos implicados coa fin de lograr unha integración dos contidos e dos aspectos estruturais que conforman a materia. No horario das sesións interactivas, o alumnado individualmente e/ou en grupo realizará actividades prácticas obrigatorias, de afianzamento dos contidos presentados nas clases expositivas e de número variable en función do tema. As actividades propostas terán en conta as necesidades do alumnado e o ritmo de desenvolvemento da materia así como á coordinación coas materias do semestre.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria para o seguimento da materia de forma accesible (documentos, videotitoriais...) ao mesmo tempo que disporá de probas de autoavaliación para fomentar a aprendizaxe autónoma.
A avaliación será continua e final, e constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
- Actividades prácticas: suporán o 50% da cualificación final. As actividades obxecto de avaliación, de número variable, serán individuais, e realizaranse nas sesións interactivas de cada grupo.
- Proba final: proba obxectiva de tipo test, de carácter presencial, que terá un peso do 50% na cualificación final e na que o alumnado será avaliado de todo o traballado na materia. A proba, de 30 minutos de duración, constará de 25 preguntas tipo test de 4 alternativas de resposta, á que se aplicará un factor de corrección.
A cualificación final será o resultado de sumar as cualificacións obtidas en todas as actividades de avaliación, neste caso, a suma do resultado da actividade individual (50%) e da proba final (50%). Para superar a materia na primeira oportunidade, terá que presentarse no prazo estipulado todas as actividades obxecto de avaliación e obter unha puntuación mínima de 2,5 na proba final.
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado unicamente pola proba final que terá un peso do 100% na avaliación e as mesmas características que na primeira oportunidade.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para a avaliación (e non puntúa), salvo nos casos de alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase.
O alumnado que teña concedida exención de docencia nas clases expositivas deberá poñerse en contacto co profesorado da materia unha vez comunicada dita concesión para concretar unha titoría e acordar o plan de traballo a desenvolver para a superación da materia. Para este alumnado o seguimento da materia levarase a cabo a través do campus virtual e de titorías programadas. O sistema da avaliación será o mesmo que para o alumnado asistente. O alumnado repetidor seguirá o mesmo sistema de avaliación que o alumnado ordinario.
Os traballos das/os estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na corrrespondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tal e como se recolle na Memoria de verificación da titulación de Grao, a distribución da carga de traballo conforme aos créditos ECTS para cada tipo de actividade é a seguinte:
Actividades Presencias (Total de horas presenciais: 50h.):
- Clases Expositivas (presentación, explicación de temas): 26h.
- Prácticas de laboratorio: 16h.
- Revisión de informe: 4h.
- Titorías de traballo de curso: 2h.
- Avaliación 2h.
Traballo persoal do alumnado (Total de horas de traballo persoal: 100h.):
- Lectura de materiais: 30h.
- Elaboración de informe: 15h.
- Exercicios prácticos: 20h.
- Estudo: 35h.
- Recoméndase ao alumnado o estudo regular da materia e a asistencia a titorias para solventar as dúbidas que se lle presenten.
- Na realización das actividades prácticas seguiranse as normas APA- Publication Manual of the American Psychological Association (APA), 7ª edición.
-Asistencia a Clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O alumnado con dispensa de asistencia a clase (Instrución núm.1/2007, da Secretaria Xeral da USC) deberá poñerse en contacto co profesorado para concretar o sistema de titorizacion e avaliación.
-Responsabilidade Medioambiental: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de Xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Maria Porto Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813839
- Correo electrónico
- anamaria.porto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Josefa Mosteiro Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 (Q - Z) | Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE TECNOLOGÍA |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (Fernández C - Ma) | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A -Z) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 (A - Fernández B) | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (Me - P) | Galego | AULA 8 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE TECNOLOGÍA |
17.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A -Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A -Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |