Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Comprender o fenómeno da interculturalidade no mundo actual, delimitando axeitadamente esquemas conceptuais e metodoloxías de estudo.
2.- Xustificar a necesidade dun enfoque intercultural na educación, cara á intervención pedagóxica que permita acadar actitudes e destrezas de natureza intercultural.
3.- Coñecer e valorar os principais temas que debe abordar un proxecto de educación intercultural dentro e fóra do sistema educativo, prestando especial atención ao desenvolvemento de competencias interculturais.
4.- Estudar estratexias de intervención pedagóxica a prol da interculturalidade, procurando o deseño de novas técnicas en función de suxeitos e contextos.
- Concepto e modelos de desenvolvemento da pedagoxía intercultural.
- A Pedagoxía Intercultural como ámbito de desenvolvemento teórico e práctico da Educación
- Pedagoxía Intercultural e Currículo.
- A Pedagoxía Intercultural na formación e o desenvolvemento de profesionais.
- A Pedagoxía Intercultural e os Proxectos sociocomunitarios.
- A xestión escolar e social da diversidade cultural. Técnicas e métodos.
- A mediación social intercultural.
- Competencias interculturais.
- Deseño e avaliación de programas en pedagoxía intercultural.
Bibliografía Básica:
Díaz-Aguado, M. J. (2003). Educación intercultural y aprendizaje cooperativo. Pirámide.
Essomba, M.A. (2008). La gestión de la diversidad cultural en la escuela (10 ideas clave). Graó.
Santos Rego, M.A; Lorenzo, M. e Miguez, G. (2022). Fondos de conocimiento familiar e intervención educativa. Comprender las circunstancias sociohistóricas de los estudiantes. Narcea
Santos Rego, M. A., e Lorenzo, M. (Eds.). (2012). Estudios de Pedagogía Intercultural. Octaedro.
Bibliografia Complementaria:
Abdallah-Pretceille, M. (2001). La educación intercultural. Idea Books.
Aguado, M. T. (2003). Pedagogía intercultural. McGraw-Hill.
Alcalá del Olmo, M. J. (2004). Educación intercultural. Tendencias e iniciativas de la UE. Universidad Pontificia de Salamanca.
Coelho, E. (2006). Enseñar y aprender en escuelas multiculturales. Una aproximación integrada. ICE/UB-Horsori.
Escarbajal, A. (2015). Comunidades interculturales y democráticas. Narcea.
Fermoso, P. (Ed.). (1992). Educación intercultural: la Europa sin fronteras. Narcea.
García, J. A., y Goenechea, C. (2009). Educación Intercultural. Análisis de la situación y propuestas de mejora. Wolters Kluwer.
Jordán, J. A. (1994). La escuela multicultural. Un reto para el profesorado. Paidós.
Llevot Calvet, N. (Ed.). (2006). La educación intercultural: discursos y prácticas. Universitat de Lleida.
Martos, J. J., Trapassi, L., García, F., y Borrero, V. M. (Eds.). (2011). Diálogos interculturales: lengua, literatura y sociedad. Anthropos.
Nash, M., y Marre, D. (Eds.). (2001). Multiculturalismos y género. Un estudio interdisciplinar. Ediciones Bellaterra.
Sabariego, M. (2002). El desafío de la educación intercultural. Desclée de Brouwer.
Santos Rego, M. A. (Dir.). (2012). Inmigración y administración local. La gestión socioeducativa. Netbiblo.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2013). Cosmopolitismo y educación. Aprender y trabajar en un mundo sin fronteras. Brief.
Santos Rego, M. A., e Lorenzo, M. (2003). Inmigración e acción educativa en Galicia. Edicións Xerais de Galicia.
Santos Rego, M. A., e Lorenzo, M. (2007). Universidade e sociedade civil en Galicia. Edicións Xerais de Galicia.
Santos Rego, M. A., e Lorenzo, M. (2009). Educación para a cidadanía e os profesores. Edicións Xerais de Galicia.
Santos Rego, M. A., Sotelino, A., e Lorenzo, M. (2015). Aprendizaje-servicio y misión cívica de la universidad. Una propuesta de desarrollo. Octaedro.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2015). El poder de la familia en la educación. Síntesis.
Competencias básicas/xerais:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG8 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
Competencias transversais:
CT6 - Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
Desde unha base expositiva centrada na presentación e explicación dos eixos temáticos, a metodoloxía derivará nun plan de acción participativo e cooperativo, con prácticas de aula ou seminarios relacionados cos distintos temas. Os traballos, individuais e grupais, e mesmo as prácticas interactivas, poderán adaptarse segundo intereses coincidentes cos da materia e mesmo coas posibilidades de mellor implicación na análise dunha cuestión suxerente.
Faremos uso do Campus Virtual da USC para manter informado ao alumnado en relación ao desenvolvemento da materia, asi como para aloxar documentación que resulte pertinente.
Tamén se plantexarán saídas de campo ou visitas a centros de especial interese en relación ao contido da materia, tales como Concellos, Centros de ensino, Asociacións, Centros Cívicos... Ditas saídas computaran no marco das sesións interactivas da materia, e serán organizadas en función da desenvolvemento do cuadrimestre e da posibilidade de financiamento das mesmas.
Asemade, poderase participar na realización dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo. Tal experiencia implicará a un grupo de estudantes en función das prazas dispoñibles, que serán eximidos de parte da docencia práctica da materia en función do seu compromiso coa devandita experiencia.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
1. Recensión de dous libros (10%) segundo a programación de aula que se estableza. As recensións serán elaboradas na mesma aula, seguindo as pautas docentes.
2. Entrega dun cartafol, onde se deben incluir as práticas de aula, xunto cunha reflexión sobre a actividade desenvolvida e unha certa crítica persoal ao abeiro dos temas tratados (20%).
3. Realización dunha Proba Final (70%) consistente na resposta a preguntas breves, a modo de “proba obxectiva”, que poderá ser complementada con análises temáticas. Na proba non se penalizarán os erros. Establécese un mínimo de Acertos en función do número de preguntas (exemplo: sobre 30 items precisaríanse 21 Acertos para acadar a suficiencia; e sobre 35 precisarianse 26 acertos). Para conseguir unha cualificación de “Sobresaínte” ou “Matrícula” é necesario amosar bo nivel nas Recensións, nas práticas de seminario (sesións interactivas), e mesmo na elaboración e presentación do Portafolio da Materia
4. IMPORTANTE: Para poder superar a materia é imprescindible entregar todas as tarefas sinaladas (recensións + portafolio + proba final) en tempo e forma.
5. A participación activa e o traballo en equipo serán considerados a efectos avaliativos. Nembargantes, para superar a asignatura será imprescindible ter acadada unha valoración de “suficiente” na proba final.
6. O presente programa será válido, a todos os efectos, para o alumnado coa materia pendente.
7. Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención ou dispensa de docencia, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, agás no que atinxe á realización do cartafol, que será substituído pola realización dun traballo monográfico, acordado co profesorado da materia nas tres primeiras semanas despois do comezo das clases.
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas Presenciais:
Teóricas: 25
Prácticas: 25
Horas Non Presenciais:
Traballo en Equipo: 12
Busca e análise de información: 12
Estudar para exame final: 35
Horas de avaliación: 1.5
Total volume de traballo: 110.5 horas
Porcentaxes:
-Proba final: 70%
-Recensións: 10%
-Portafolio: 20%
*Non se computará recensión nin portafolio se non se supera a proba final de avaliación.
*Non se poderá ter a materia superada sen ter entregado todas as actividades requeridas no programa.
- Lectura dalgún libro de enfoque xeral sobre educación e pedagoxía intercultural.
- Fixarse no sentido e significado dos termos e conceptos principais (asimilación, aculturación, aprendizaxe cooperativa, inclusión, integración, interculturalidade, multiculturalismo, etc.).
- Atender ás semellanzas e diferenzas entre os distintos modelos de análise sobre a multi/interculturalidade.
- Explicar a pertinencia das técnicas de intervención pedagóxica en distintas situacións.
- Buscar deseños curriculares de orientación intercultural.
- Fixar indicadores para a avaliación de programas educativos interculturais.
- Explorar a demanda de competencias interculturais no desenvolvemento educativo e no mundo do traballo.
- Coñecer técnicas de aprendizaxe cooperativa especialmente axeitadas para o desenvolvemento dunha pedagoxía intercultural.
- É moi recomendable a asistencia e participación na clase.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC (Instrucción 1/2017), os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
ALGÚNS ENDEREZOS ELECTRÓNICOS:
Grupo de Investigación ESCULCA da USC (www.usc.es/esculca)
Rede de Inmigración, Educación e Sociedade (RIES) (www.redries.es)
International Association for Intercultural Education (www.iaie.org)
International Association for the Study of Cooperation in Education (IASCE)
National Association for Multicultural Education (www.necme.org)(www.nameorg.org)
AFS Intercultura:info-spain—afs.org (www.afs-intercultura.org)
European Federation of Intercultural Learning: http://efil.org
Red de Escuelas Interculturales: www.escuelasinterculturales.eu
CNICE: www.cnice.mecd.es/recursos2/atencion_diversidad/03_03.htm
http://www.ateiamerica.com/pages/vid6_1info-htm
www.solidaridadgalicia.org
www.mec.es/educa/intercultural/index.htlm
www.fbofill.org
www.sosracismo.org
www.fundacionatman.org
www.intercultural.nl
http://www.crit.uji.es/
www.culturamigrante.org
www.fundaciondirecta.org
www.aera.net
www.fundación-sm.com
www.pluralismoyconvivencia.es
http://www.educacionsinfronteras.org
http://www.alboan.org
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
1. Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
2. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
3. Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
4. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
5. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Miguel Angel Santos Rego
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813755
- Correo electrónico
- miguelangel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Sotelino Losada
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diana Priegue Caamaño
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Kateline De Jesus Brito Tavares
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- kateline.brito [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
David Alvarez Caneda
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- david.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
01.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |