Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En sintonía coas competencias, co temario que se propón e co plan de traballo que se suxire, formúlanse de maneira xeral e específica os seguintes obxectivos.
O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é dar ao estudantado nocións fundamentais sobre a política e lexislación educativas.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
* Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais da política e lexislación educativas en relación co entendemento e interpretación dos problemas do campo disciplinar.
* Análise teórica-comprensiva dos modelos político-legais da educación coa finalidade de entender e comprender as metodoloxías e técnicas de traballo en investigación ata a actualidade.
* Coñecemento e interpretación das implicacións entre Política e Lexislación Educativa, analizando criticamente a natureza, a funcionalidade e a plasmación das políticas educativas, con atención á consideración de distintos espazos e sociedades.
* Potenciar o desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, ante o modelo político legal no ámbito educativo.
Conforme ás competencias, aos obxectivos sinalados e ao establecido na ficha da materia no plan de estudos, os principais contidos configúranse nos bloques temáticos seguintes:
PARTE TEÓRICA
1.- Tema Introdutorio: Educación, dereitos e liberdades.
2.- Análise conceptual: Política e política educativa. Natureza e fins da política educativa. As decisións políticas.
3.- Política educativa e sistema educativo. Ámbitos de decisión política. A participación social na educación.
4.- A dimensión espacial da política educativa. O sentido da transnacionalidade. Do local ao global.
5.- A lexislación e organización político-administrativa do Estado Español e a Comunidade Autónoma de Galicia: A descentralización administrativa e a transferencia de competencias.
PARTE PRÁCTICA.
6.- Marco legal do Sistema Educativo Español.
7.- Educación e organizacións sociais, culturais, políticas, sindicais, empresariais, profesionais, relixiosas…
a) BÁSICA
Ander-Egg, E. (1982). Ideología, política y trabajo social. Humanitas.
Gramsci, A. (2009). La política y el estado moderno. Público.
Touriñán, J. M., e Rodríguez, A. (1993). Conocimiento de la educación, decisiones pedagógicas y decisiones de política educativa. Revista Interuniversitaria de Teoría de la Educación, 5, 33-58.
b) COMPLEMENTARIA
AA. VV. (1985). Condicionamientos sociopolíticos de la educación. CEAC.
Aldeguer Cerdá, B. et al. (2015). Fundamentos de la ciencia política y de la administración. Tecnos.
Althusser, L. (1975). Ideología y aparatos ideológicos del Estado. Barcelona.
Apple, M. W. (1996). El conocimiento oficial. La educación democrática en una era conservadora. Paidós.
Ardoino, J. (1980). Perspectiva política de la educación. Madrid.
Beck, U. (1998). ¿Qué es la globalización? Falacias del globalismo, respuestas a la globalización. Paidós.
Bensaid, D. (2010). Cambiar el mundo. Público.
Carbonell, J. (2019). La educación es política. Octaedro.
Colom, A. J. (2000). Desarrollo sostenible y educación para el desarrollo. Octaedro.
Coombs, P. H. (1985). La crisis mundial de la educación. Perspectivas actuales. Santillana.
Chomsky, N. (2007). Estados fallidos. El abuso del poder y el ataque a la democracia. Ediciones B.
D’Hainaut, L. (1988). Los sistemas educativos: análisis y regulaciones. Narcea.
de Puelles, M. (2004). Elementos de política de la educación. UNED.
de Puelles, M. (2006). Problemas actuales de política educativa. Morata.
Delors, J. (Dir.) (1996). La educación encierra un tesoro. Santillana/UNESCO.
Fernández, J. M. (1999). Manual de política y legislación educativa. Síntesis.
Foces, J. A. (2017). Política y educación en el Estado autonómico. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
Fullat O. (1994). Política de la educación. CEAC.
George, S. (2009). El pensamiento secuestrado. Público.
Gómez Jiménez, J. A. (1992). Administración educativa: manual de administración de la educación. Hespérides.
Naya, L. M. (Coord.). (2005). La Educación y los derechos humanos. Erein.
Ramonet, I. (2010). La catástrofe perfecta. Crisis de siglo y refundación del porvenirPúblico.
Tedesco, J. C. (1995). Un nuevo pacto educativo. Anaya.
Thoreau, H. (2008). Desobediencia civil y otros escritos. Tecnos.
Touriñán, J. M. (2008). Educación en valores, sociedad civil y desarrollo cívico. Netbiblo.
Touriñán, J. M. (2012). Desarrollo cívico, sentido intercultural de la educación y convivencia cualificada y específicada. Netbiblo.
Vallés, J. M. (2014). Ciencia política: un manual. Ariel
https://eurydice.eacea.ec.europa.eu/ (páxina da rede europea de información educativa).
https://www.bancomundial.org/es/home (páxina do Banco Mundial na que se fai referencia a estatísticas educativas).
https://oei.int/ (páxina da Organización de Estados Iberoamericanos na que se recollen a maioría dos sistemas educativos dos países americanos).
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html (páxina do Ministerio de Educación, FP e Deporte)
www.ibe.unesco.org (páxina da Oficina Internacional de Educación).
www.oecd.org (páxina da OCDE, Organización para el Desenvolvemento e a Cooperación Económica).
http://seec.com.es (páxina da Sociedade Española de Educación Comparada).
www.un.org (páxina da O.N.U.).
www.unesco.org ou www.unesco.org/education (páxina da UNESCO onde aparece información e datos sobre a educación en diferentes partes do mundo).
https://www.unicef.es/
As competencias que debe desenvolver o alumnado nesta materia, e ás que se adecúan os contidos e o plan de traballo, aparecen na correspondente ficha elaborada para a aprobación da implantación da titulación na Universidade de Santiago de Compostela. Son as seguintes:
a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CB1. Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, indlúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
CG2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3. Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía as mesmas.
CG8. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
CT3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
b) Competencias específicas da materia:
1.- Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que conforman as realidades educativas.
2.- Analizar e comprender a complexidade estrutural da decisión política.
3.- Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
4.- Asesorar a persoas e/ou grupos nos procesos educativos e formativos.
5.- Valorar o papel do/a pedagogo/a no emprego da política e lexislacións educativas.
- O plan de estudos no que se inxire a materia corresponde ó nivel universitario. Os/as alumnos/as cursaron no sistema formal os niveis de ensino primario e secundario; por conseguinte, cabe dicir que o/a alumno/a do ensino universitario posúe as destrezas intelectuais necesarias para entender mensaxes verbais ou escritos de elaboración intelectual complexa. A materia ten unha linguaxe técnica que require estudo detallado.
- En toda disciplina as actividades poden ser diversas. As actividades de grupo grande (clases expositivas) deben corresponderse coa presentación de información, mentres que as actividades interactivas e a orientación individualizada (titorías obrigatorias) dirixiranse, fundamentalmente, ó reforzo das aprendizaxes e ó descubrimento do sentido persoal do tema explicado.
- Polo tanto, a actividade a realizar polo estudantado é, fundamentalmente, de tres tipos: A primeira centrarase no estudo dos temas da parte teórica do temario do programa, que serán explicados, fundamentalmente, nas clases expositivas, pero tamén nas clases interactivas. A segunda, na realización dun traballo (prácticas) individual ou en grupo (máximo 3/4 alumnos/as) sobre algún aspecto dos temas da parte práctica do temario do programa, previa consulta co profesorado. A terceira, na realización das prácticas de aula que se propoñan e desenvolvan nas clase interactivas.
- Tanto os contidos da parte teórica como os documentos de apoio para as sesións interactivas e os traballos a realizar polo alumnado (e a súa entrega), poderán atoparse no Campus Virtual da materia.
- A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores das exposicións na clase.
- Os contidos que conforman a parte teórica da materia serán elaborados e presentados basicamente, aínda que non exclusivamente, nas clases expositivas. O profesorado centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
- O estudantado, pola súa banda, coa oportuna orientación do profesorado nas clases interactivas, afondará en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na clase expositiva e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
- Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
- O anterior require unha asistencia regular e unha participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso coa finalidade de alcanzar as competencias e os obxectivos marcados. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica do grupo nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titorías. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal debe preceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario da materia, por medio dos cales se poderán acadar os obxectivos formulados, o que se fará patente a través das oportunas probas de control. A asistencia regular implica acudir ao 80% das clases expositivas, interactivas e titorías obrigatorias programadas ao longo do cuadrimestre.
- A valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do que se trata de comprobar o nivel de logro das competencias e dos obxectivos marcados. Neste sentido, en correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, os obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
- Haberá unha proba que deberá facilitar a identificación do nivel de logro dos obxectivos relacionados cos contidos do programa. Esta proba terá un valor mínimo do 50% na nota final. Será necesario tela superada (acadar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10) para aprobar a materia, pero superar esta proba non implica aprobar a materia. Coa intención de axustar o temario aprendido ao temario explicado nun tempo concreto, as preguntas da proba centraranse nos aspectos máis comúns das aprendizaxes realizadas polos/as estudantes nos obxectivos básicos da materia.
- O traballo (monográfico) a facer por todos/as os/as alumnos/as matriculados/as na materia terá un valor máximo na nota final do 30%, sempre que se teña unha puntuación superior a 5 puntos dun máximo de 10. Este traballo deberá entregarse nun día que se fixará ó inicio das actividades docentes. Como o traballo ten que ser exposto na clase polo alumno/a ou grupo de alumnos/as que o realizaran, a temática deberá ter o visto bo do profesor para evitar repeticións ou reiteracións. A puntuación do traballo dependerá do informe a entregar (2/3 da puntuación do traballo) e da exposición a realizar (1/3 da puntuación do traballo). En ningún caso se aceptarán traballos dos que o profesorado non teña constancia por escrito da súa realización. As datas de entrega dos traballos serán establecidas de mutuo acordo entre os alumnos e o profesorado.
- As prácticas de aula terán un valor máximo do 20% na cualificación final, sempre que se teña unha puntuación superior de 5 puntos dun máximo de 10. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que serán individuais e en grupo, e da asistencia e participación activa nas clases.
- Para superar a materia é necesario ter aprobado tanto a parte práctica (traballo e prácticas de aula) como a parte teórica (exame). Isto débese a que en cada unha destas partes adquírense destrezas, habilidades, actitudes e coñecementos diferentes aínda que complementarios.
a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
b) Os traballos individuais ou en grupo dos/as estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá a aplicación da normativa específica da USC, o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
- Os alumnos e alumnas con exención oficial de docencia e/ou dispensa de asistencia deberán axustarse á normativa aprobada na Facultade (ver páxina web do centro) e aos seguintes criterios específicos da materia:
a) Elaborar un monográfico nas mesmas condicións que o alumnado de avaliación continua.
b) Facer un traballo similar ás prácticas de aula que terán que entregar o día do exame.
c) Realizar o día do exame unha proba específica de Exención de Docencia, que estará composta polo mesmo exame que o resto do alumnado e dunha ou varias cuestións referidas ao monográfico ou ao traballo de prácticas.
- Todos os/as estudantes teñen dereito a revisar o exame, o traballo e as prácticas de clase co profesorado.
- Este programa será válido para as convocatorias de xaneiro e xullo de 2025.
- A asistencia ao 80% das sesións expositivas e interactivas (agás nos casos de exención ou dispensa) será requisito para poder presentarse ao exame e entregar os traballos. Este requisito é aplicable para as dúas oportunidades de avaliación.
Partindo de que o estudo debe ser continuo, o tempo que o alumnado lle debe dedicar sitúase ao redor dunhas 60 horas ao longo do cuadrimestre.
A realización do traballo e das prácticas de clase podería equivaler a unhas 40 horas.
A esta dedicación ao estudo e o traballo haberá que engadirlle as 50 horas correspondentes á asistencia ás clases expositivas, ás clases interactivas e ás titorías obrigatorias, así como as horas dedicadas ás probas de avaliación.
Os alumnos constituirán os grupos, o que notificarán ó profesorado por escrito, no prazo establecido especificamente. Cada grupo poderá informar ó profesorado para o desenvolvemento e seguimento dos traballos, nos horarios de despacho e nos tempos de actividade práctica na clase.
Os elementos que configuran o estudo desta disciplina non poden ser tratados como se estiveran illados, independentemente das estruturas -humanas, físicas ou sociais- de que forman parte, senón dun xeito integrado. A política e lexislación educativa ten que ter en conta as cuestións que pertencen aos ámbitos político, administrativo, económico, sociolóxico e legal, xa que a educación do conxunto dos cidadáns ten lugar en contextos específicos caracterizados por rasgos políticos, económicos, culturais e valores sociais condicionantes e interrelacionados entre si.
Ás achegas da presente disciplina deberanse sumar as propias ofrecidas por outras materias impartidas na titulación, como poden ser: “Políticas socioeducativas e dereitos humanos”; “Teoría da Educación”; “Economía da Educación”; “Antropoloxía da Educación”; “Educación e Sociedade en Galicia”; “Socioloxía da Educación”; “Pedagoxía Social”; “Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade”; “Historia da Educación”; “Pedagoxía Intercultural”; “Organización de Centros Educativos”; “Educación Comparada”; “Pedagoxía Laboral” ou “Formación e recursos humanos”.
O que se persigue nesta materia, é que o alumnado saiba interpretar ó final de curso a realidade educativa nas súas dimensións fundamentais; que desenvolva a razón e o sentido crítico ó estudar a actividade escolar e outros procesos educativos; que saiba intervir pedagoxicamente sobre esa realidade e ter claro cal é o seu papel como pedagogo/a no emprego da política e a lexislación educativas.
A materia ten unha linguaxe propia que ten que ser dominada. A consulta de índices de diversos libros que tratan o mesmo tema, as lecturas complementarias orientadas, a dedicación dun tempo específico á identificación dos campos semánticos, son os reforzadores do traballo diario.
A búsqueda, guiada polo profesor, de datos sobre os indicadores a analizar no informe e nas prácticas de clase que teñen que realizar os alumnos, individualmente ou en grupo.
No curso das primeiras sesións da actividade académica daranse precisións operativas complementarias. Así mesmo estableceranse os prazos e as datas para a entrega do traballo monográfico e as prácticas.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Preferiblemente, os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, a través da aula virtual.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Antonio Rodriguez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813764
- Correo electrónico
- antonio.rodriguez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Igor Mella Núñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 (Fo - Oj) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fi) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (Ok - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |