Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Identificar e valorar as consecuencias educativas dos cambios no acceso, distribución e construción do coñecemento no contexto social, económico e político contemporáneo.
-Comprender a necesidade das novas alfabetizacións e o desenvolvemento da competencia dixital crítica nas propostas educativas.
-Analizar o rol do/a pedagogo/a nas propostas de e-learning nos diferentes niveis de ensino.
-Construír un marco teórico que posibilite o deseño e avaliación de materiais e programas formativos con diferentes tecnoloxías dixitais.
-Analizar criticamente diferentes propostas de innovación con tecnoloxías dixitais en propostas formativas, valorando a súa pertinencia, enfoques e perspectivas.
1. Tecnoloxía e educación.
1.1. Cambios na concepción do coñecemento e nos seus modos de acceso e construción.
1.2. A sociedade da información e o coñecemento e a educación
1.3. Capitalismo de datos e intelixencia artificial. Retos educativos
1.4. Mass media, misoxinia e feminismos.
2. Equidade dixital e cidadanía dixital crítica
2.1. Competencia dixital crítica e novas alfabetizacións.
2.2. Niveis de fendadixital y fenda dixital de xénero.
2.3. Competencia digital Docente. Diferentes enfoques e perspectivas
3. Ecoloxías da aprendizaxe dixital.
3.1. Redes sociais e contornas persoais de aprendizaxe (LMS, PLE...).
3.2. Ciberfeminismos.
4. E-learning.
4.1. Concepto, historia e evolución.
4.2. Criterios pedagóxicos e bases teóricas para o seu desenvolvemento.
4.3. Diferenzas con Ensino Remoto de Emerxencia.
4.4. Metodoloxías e Avaliación en propostas en liña.
4.5. Criterios de calidade.
4.6. O rol do/a pedagogo/a como asesor/a de propostas formativas e-learning.
4.7. Pedagoxía feminista crítica e e-learning.
Bibliografía Básica
Dron J. y Anderson, T. (2023) Pedagogical Paradigms in Open and Distance Education. In O. Zawacki-Richter, I. Jung (eds.), Handbook of Open, Distance and Digital Education, https://doi.org/10.1007/978-981-19-2080-6_9
Emejulu, A, y McGregor, C. (2016) Hacia una ciudadanía digital radical en la educación. Digital. Critical Studies in Education. 10.1080 /17508487.2016.1234494.
Knox, J. (2019) ¿Qué significa lo 'postdigital' para la educación? Tres perspectivas críticas sobre lo digital, con implicaciones para la investigación y la práctica educativa. Postdigital Ciencia y Educación, 1, 357–370.
Perdomo Reyes, I. (2016) Género y tecnologías. Ciberfeminismos y construcción de la tecnocultura actual. Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología y Sociedad, 11(31), 171-193.
Ragnedda, M. (2020) Enhacing Digital Equity: Connecting the Digital Underclass. Palgrave Macmillan
Tipán Renjifo, DM. (2021). El portafolio digital síncrono interactivo. Revista Andina de Educación, 4(1),83-89. https://doi.org/10.32719/26312816.2020.4.1.10
Von Prümmer, CH. (2023): ODDE and Gender. In O. Zawacki-Richter, I. Jung (eds.), Handbook of Open, Distance and Digital Education. https://doi.org/10.1007/978-981-19-2080-6_9
Bibliografía complementaria
Barberà-Gregori, E. y Suárez-Guerrero, C. (2021). Evaluación de la educación digital y digitalización de la evaluación. RIED. Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 24(2), 33-40. https://doi.org/10.5944/ried.24.2.30289
Castañeda, L. y Adell, J. (2013). Entornos personales de aprendizaje. Claves para el ecosistema educativo en red. Alcoy Marfil. https://www.um.es/ple/libro/
Dabbagh, N., Castaneda, L. (2020). The PLE as a framework for developing agency in lifelong learning. Education Tech Research Dev, 68, 3041–3055. https://doi-org.ezbusc.usc.gal/10.1007/s11423-020-09831-z
España Naveira, P., Cruz Lorite, I. M., Cebrián Robles, D., Cabello Garrido, A., España Ramos, E., González García, F. J., & Blanco López, Á. (2023). Enfoque de cartografía de controversias para abordar cuestiones socialmente vivas desde la enseñanza de la ciencia y la tecnología. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 20(3). https://doi.org/10.25267/Rev_Eureka_ensen_divulg_cienc.2023.v20.i3.3101
Espinoza Freira, E. E. (2018). El tutor en los entornos virtuales de aprendizaje. Universidad y Sociedad, 10(1), 201-210. http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S2218-3620201800…
García Peñalvo, F.J. y Seoane Pardo, A.M. (2015). Una revisión actualizada del concepto de eLearning. Décimo Aniversario. Education in the Knowledge Society, 16(1), 119. https://doi.org/10.14201/eks2015161119144
Gros Salvat, B., & Cano García, E. (2021). Procesos de feedback para fomentar la autorregulación con soporte tecnológico en la educación superior: Revisión sistemática. RIED-Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 24(2), 107–125. https://doi.org/10.5944/ried.24.2.28886
González-Sanmamed, M., Muñoz-Carril, PC., y Santos-Caamaño, FJ. (2019) Componentes clave de las ecologías de aprendizaje: un INFORME de evaluación Delphi. British Journal of Edutational Technology.
Sangrá, A., et.al. (2020). Decálogo para la mejora De la Docencia online propuestas para eDucar en contextos presenciales Discontinuos. Editorial UOC
a) Competencias Xerais da titulación ás que contribúe a materia
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
b) Competencias transversais
CT1 - Expresarse y comunicarse haciendo uso de diferentes códigos y recursos (lingüísticos, materiales y tecnológicos)
c) Competencias específicas da materia
CE2.1 - Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades presenciais, semipresenciales e virtuais
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos
CE3.5 - Coordinar intervencións educativas con outra profesionais
CE4.1 - Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensino-aprendizaxe e medios e recursos educativos e formativos
CE5.3 - Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da información a Comunicación nos procesos educativos e
formativos
c) Competencias transversais
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais
CT3. Desenvolver unha actitude auto-crítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan
Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partir dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que o estudantado aprenda a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual.
A proposta está baseada en dous principios:
1. A participación dos alumnos en todas as etapas do proceso estimulando o traballo autónomo e independiente.
2. A necesidade dunha estreita relación teoría-práctica.
Estos principios concrétanse nos seguintes puntos que se desenvolverán no curso 2023-2024:
- A combinación de experiencias individuais e grupais. Tanto nas sesións interactivas como nas expositivas plantease a participación do alumnado.
- A combinación de ensinanza presencial e en liña.
- TRABALLO GRUPAL: Elaboración dun traballo de investigación sobre a base do enfoque de controversia e un proxecto de formación en liña no que establecer correlación con outras materias do plan de estudio que aborden a problemática do deseño de plans de formación. Este traballo será grupal e desenvolto de forma autónoma polo alumnado con apoio nas sesións interactivas da materia.
- Empregarán unha Contorna Persoal de Aprendizaxe (EPA), ademáis das ferramentas que proporciona a USC.
- TRABALLO INDIVIDUAL: O traballo no contexto do EPA, combina as ferramentas de comunicación da contorna virtual con materiais que o profesorado elaborou para a aprendizaxe dunha parte dos contidos da materia. O alumnado deberá participar en foros, blogs, microbloging etc., e realizar traballos previamente asignados. O que redundará na conformación do portafolio persoal onde é posible visualizar os coñecementos que os/as estudantes chegaron a construír e evidenciar. Este traballo iníciase nas sesións interactivas e o alumnado culmínao de forma autónoma fose de clase.
- SESIÓNS INTERACTIVAS: Nelas trabállanse os contidos xa abordados nas expositivas en situacións e experiencias que posibiliten o procesamento da información e a mellor comprensión dos conceptos. As actividades interactivas mobilizarán a conexión das sesións expositivas coa experiencia individual e situada, a través da reflexión grupal e a construción individual do portafolios. As actividades interactivas mobilizarán a conexión dás sesións expositivas coa experiencia individual e situada, a través dá reflexión grupal e a construción individual do portafolio. Durante as últimas 6 sesións o alumnado traballará especificamente sobre o proxecto coa guía e orientación do profesorado. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e ou ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
- SESIÓNS EXPOSITIVAS: Consisten na abordaxe teórica dos conceptos fundamentais do programa. O alumnado lerá textos, escoitará as exposicións do profesorado, observará vídeos, etc; en base ao cal realizará algún traballo en pequenos grupos de reelaboración dos contidos, ou de sínteses destes.
Dentre as modalidades de avaliación posibles na USC, segundo normativa, a materia rexerase por un sistema de avaliación continua, de carácter formativo, excedida na utilización de diferentes procedementos de valoración da actividade do alumnado ó longo do curso. A avaliación estará presente de forma constante durante todo o proceso, coa participación de alumnado e profesorado. Utilizaránse diversas estratexias que permitan a realización de modificacións durante o proceso.
Realizarase avaliación diagnóstica, de proceso e avaliación final:
- Avaliación diagnóstica: utilizaráse instrumentos baseados na observación das actividades de iniciación con guía. Sen peso na cualificación final.
- Avaliación de proceso: Realízase unha avaliación do portafolio do alumnado na metade do proceso mediante unha rúbrica presentada o primeiro día de clase.
- Avaliación final: Realízase de forma sumativa aplicando novamente a rúbrica ao portafolio de cada alumno/a. E a valoración do traballo grupal a través dunha segunda rúbrica específica. Ambas rúbricas serán públicas para o alumnado dende o primeiro día de clase.
A calificación final será produto da suma ponderada das seguintes actividades:
1. A participación do alumnado en todas e cada unha das tarefas implicadas no seguimento continuo da materia: estudo dos materiais que fundamentan o traballo na aula; análise de diferentes materiais, etc. Tamén a súa participación nas actividades na aula (preguntas e suxestións) e o seguimento continuo das clases asumindo as tarefas propostas (10%).
2. O traballo grupal (40%).
3. O portafolios no que recompilará os traballos realizados e as reflexións do proceso de aprendizaxe construída. A avaliación de proceso ten por obxectivo identificar os aspectos débiles de cada un e orientar ao alumnado para a mellora. A puntuación establecida para este traballo é do 50% da nota final, do cal, o 20% corresponde á avaliación de proceso e o 30% á sumativa.
Para aprobar a materia a cualificación mínima é de 3 nunha escala de 5 tanto no portafolios como no traballo grupal.
A asistencia á materia supervisarase tanto nas clases expositivas como interactivas, sendo un requisito preceptivo para a superación da materia nunha porcentaxe mínima dun 80%. As inasistencias deberán ser xustificadas. O alumnado que non pode vir a clase debe solicitar exención no órgano correspondente. Esta materia ten clases de laboratorio polo que a exención outórgase só as clases expositivas. Séguese a instrución núm. 1/2017, da secretaria xeral da USC.
O alumnado con exención de docencia ás clases expositivas, deberá realizar actividades complementarias específicas polo que deberá contactarse co profesorado durante a primeira semana de clase. Por iso, deberá poñerse en contacto co profesorado durante a primeira semana de clase para concretar o tipo de tarefa a realizar e a súa periodicidade.
Na segunda oportunidade de xullo, o alumnado deberá cubrir aqueles aspectos da avaliación final (portafolios e proxecto) que faltaron ou que tiveron valoración negativa na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos/as estudantes e de revisión das cualificacións.
Enténdese que o alumnado realiza un traballo independente de estudo en paralelo ao desenvolvemento das clases para: busca e lectura de textos recomendados e complementarios; achegas aos foros da materia; realización dos traballos prácticos asignados; elaboración do portafolios de aprendizaxe. A proposta de traballo foi deseñada para 112 horas de dedicación persoal e autónoma e 48 horas de traballo presencial na aula, un total de 150 horas, de acordo co establecido na memoria de Grao de Pedagoxía.
Debido á secuenciación do traballo individual-grupal e a proposta de avaliación de proceso, recoméndase que o alumnado leve os traballos ao día. O que significa que é necesaria a continuidade semanal no estudo. O alumnado repetidor deberá cumplir co todas as actividades e normas establecidas para o conxunto matriculado nell curso
1-Responsabilidade Ambiental:
En relación cos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
-Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregaranse grapas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
2-Perspectiva de Xénero:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados.
3- Normativa de protección de datos:
Respecto á normativa de protección de datos terase en conta a proposta da universidade como figuran na seguinte ligazón: hgps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html. Ademais, incídese en que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o alumnado matriculado na materia. Polo tanto, hai obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
4- Utilización do teléfono móbil na aula: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que se poidan derivar dun emprego non adecuado del".
5- É obrigatorio o uso de correo electrónico institucional para calquera comunicación no marco da disciplina.
Adriana Gewerc Barujel
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813785
- Correo electrónico
- adriana.gewerc [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Inés Ramos Trasar
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- inesramos.trasar [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
16:30-18:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESO DE DATOS |
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |