Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia relaciónanse con aqueles elementos que desde un enfoque pedagóxico son importantes para comprender a relación entre a educación e o mundo laboral. Nesta liña, formúlanse como obxectivos da materia os seguintes:
1. Coñecemento do sistema conceptual da Pedagoxía Laboral.
2. Estudo da evolución, concepto e funcións da Pedagoxía Laboral.
3. Estudo da relación entre o mundo do traballo e a educación.
4. Análise dos tres subsistemas de formación laboral.
5. Análise dos modelos pedagóxicos orientados á formación continua na empresa.
1. Historia, conceptos e obxectivos da Pedagoxía Laboral.
2. Os paradigmas da formación laboral.
3. A formación laboral en España.
4. Educación, traballo e empresa.
4. Análise das necesidades de formación nas organizacións laborais.
5. A planificación da formación e o seus elementos clave.
6. Avaliación da formación nas organizacións laborais.
7. Inclusión social e laboral: a empregabilidade como desafío.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bernal, A., Fernández-Salinero, C., e Pineda, P. (2019). Formación continua. Síntesis.
Colom, A., Sarramona, J., e Vázquez, G. (1994). Estrategias de formación en la empresa. Narcea. https://bit.ly/3JT78uj
Pineda, P. (Coord.). (2002). Pedagogía laboral. Ariel. https://bit.ly/4bhe0y0
Pineda, P. (Coord.). (2002). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel. https://bit.ly/3wjqBkZ
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bilderback, S. L., & Miller, G. J. (2023). Importance of employee development programs in business. Journal of Management Development, 42(4), 327-336. https://doi.org/10.1108/JMD-03-2022-0054
Espazo Coop. (2023). A intercooperación en dez claves. O selo das cooperativas. https://espazo.coop/wp-content/uploads/2023/10/guia-interccoperacion_es…
Fernández-Salinero, C. (1999). El diseño de un plan de formación como estrategia de desarrollo empresarial: estructura, instrumentos y técnicas. Revista Complutense de Educación, 10(1), 181-242.
Fernández-Salinero, C., e De la Riva, B. (2016). La Pedagogía Laboral como especialidad profesional en el siglo XXI. Revista Española de Pedagogía, 74(265), 559-577.
García-Álvarez, J., Vázquez-Rodríguez, A., Quiroga-Carrillo, A., & Priegue-Caamaño, D. (2023). Transversal competencies for employability in university graduates: a systematic review from the employers’ perspective. Education Sciences, 12(3), 1-37. https://doi.org/10.3390/educsci12030204
Han, B. J. (2024). La sociedad del cansancio. Herder.
Morales, M., e Fernández-Salinero, C. (2023). Economía de la Educación y Pedagogía Laboral: nuevos contextos de reflexión y actuación. Teoría de la Educación, 35(1), 207-224. https://doi.org/10.14201/teri.28833
Laloux, F. (2017). Reiventar las organizaciones. Arpa.
Pérez, M. L., Palmero, C., de la Torre, T., Luis, M. I., e Jiménez, A. (2023). Desafíos de la Pedagogía Laboral hoy. Diseño de un Plan de Formación para una empresa maderera. Contextos educativos, 32(2023), 389-402. https://doi.org/10.18172/CON
Quiles-Piñar, L., e Rekalde-Rodríguez, I. (2021). Los y las pedagogas en el contexto empresarial: una aproximación a través de la literatura científica. Contextos educativos, 27 (2021), 183-204. http://doi.org/10.18172/con.4505
Sánchez, P. J. (2014). El papel de la pedagogia en la formación empresarial. Cuestiones Pedagógicas, 23, 85-104. http://hdl.handle.net/11441/36251
Senge, P. (2012). La quinta disciplina: el arte y la práctica de la organización abierta al aprendizaje. Granica.
Salvá, F. (1994). Reflexiones en torno a la conceptualización de la Pedagogía Laboral. Bordón, 46(3), 283-292.
Sole, F., e Mirabet, M. (1994). Cómo confeccionar un plan de formación en una empresa. La Llar del Llibre.
Sung, S. Y., & Choi, J. N. (2014). Do organizations spend wisely on employees? Effects of training and development investiments on learning and innovation in organizations. Journal of Organizational Behavior, 35(3), 393-412. https://doi.org/10.1002/job.1897
Vázquez-Rodríguez, A., García-Álvarez, J., e Lorenzo Moledo, M. (2023). ¿Qué hacer ante el riesgo de una “generación perdida”? Juventud y empleo en una era de incertidumbre. Estudios Sobre Educación, 44, 81-107. https://doi.org/10.15581/004.44.004
Wilson, J. B. (1998). Cómo diseñar un programa de formación que impacte los resultados. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces.
PÁXINAS WEB: fundae.es/forga.gal/ceoe.es/cepyme.es/cepes.es/espazo.coop.es/ccoo.gal/ugtgalicia.org/cig.gal
De acordo coa Memoria de Verificación do Título, as competencias que debe desenvolver o estudantado na materia son as seguintes:
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os e as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos na súa área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sóese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT5 - Implicarse activamente na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE2.3 - Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos e das profesionais e dos recursos formativos.
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
CE3.4 - Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e a formación.
CE6.3 - Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
CE6.4 - Orientar no deseño de proxectos profesionais.
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do estudantado nos contidos da materia. Para isto, introducirase aos e ás estudantes nos distintos temas a partires fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo individual, en grupo e cooperativo, tendo o estudantado un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Foro de debate na aula sobre temáticas vencelladas coa Pedagoxía Laboral.
- Traballo cooperativo e individual con materiais que serán entregados previamente en diversos soportes (prácticas de aula).
- Traballo de grupo sobre contidos vencellados coas organizacións laborais.
- Elaboración e adaptación de recursos en formato dixital.
- Na medida das posibilidades, xestionarase unha práctica de campo a través da visita nalgunha organización laboral ou a participación de algún ou algunha profesional da formación laboral no cuadrimestre.
O estudantado con exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia debe poñerse en contacto coa docente nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo.
A profesora empregará a aula virtual da USC para informar e colgar os materiais de estudo e traballo.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DAS APRENDIZAXES
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma integrada e holística. Todas as actividades formuladas na programación docente teñen un carácter obrigatorio:
- Realización dunha proba obxectiva individual sobre os contidos da materia ao finalizar o cuadrimestre (40%).
- Traballo en grupo sobre os contidos da materia: traballo sobre temáticas emerxentes na Pedagoxía Laboral, análise de experiencias e boas prácticas de organizacións laborais na Pedagoxía Laboral ou análise con profesionais sobre os retos da Pedagoxía Laboral e, en todas as modalidades de traballo, deseño de propostas de formación para as organizacións laborais (25%).
- Exposición do traballo en grupo mediante a creación dun contido dixital-audiovisual, que estará dispoñible na aula virtual da materia (15%): avaliación da docente (10%) e coavaliación do grupo-clase (5%).
- Portafolios individual das prácticas realizadas nas clases interactivas (derivadas da aprendizaxe cooperativa na aula) e da reflexión en termos de aprendizaxes e competencias desenvolvidas polo/a estudante en relación coa materia e co Grao en Pedagoxía (20%).
Para superar a materia é preciso ter superadas todas as actividades contempladas na cualificación da materia. O anterior implica ter, como mínimo, unha cualificación de aprobado en cada unha delas.
No marco da materia, tamén poderán incluirse unha ou dúas actividades voluntarias, que poderán implicar unha puntuación extra na avaliación, caso das seguintes: recensión dun libro, informes da participación en xornadas, cursos de interese para a materia, entre outros. Estas actividades voluntarias supoñerán, como máximo, un punto extra na cualificación final. No marco da mesma convocatoria, para a segunda oportunidade gardaranse aquelas actividades dispostas cunha cualificación, como mínimo, de aprobado.
ASISTENCIA A CLASE:
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Neste caso, a asistencia é preceptiva para superar a materia, sendo necesario acudir, como mínimo, ao 80% das sesións. O estudantado que se ausente ao 20% ou máis das sesións expositivas ou interactivas sen causa xustificada non poderá presentarse ao exame en primeira oportunidade. De acordo co artigo 2 do citado Regulamento, o profesorado pasará unha listaxe de sinaturas tanto nas sesións expositivas como nas interactivas co fin de levar un control de asistencia ás aulas. Con anterioridade á realización do exame publicarase unha listaxe do estudantado que cumpra este requisito para poder examinarse. No caso de non cumprir co criterio de asistencia, na segunda oportunidade, no marco das actividades recollidas na programación docente, o estudantado deberá compensar a súa ausencia ás sesións de clase cun traballo acordado previamente coa docente.
As faltas de asistencia só poderán ser xustificadas cando se enmarquen nalgunha das causas establecidas no artigo 3.2. do citado Regulamento.
DISPENSA DE ASISTENCIA E EXENCIÓN DE DOCENCIA:
A principio de curso, os/as estudantes poderán solicitar, atendendo ao procedemento establecido, a dispensa de asistencia a clase cando se atopen nalgunha das situacións indicadas no artigo 9.3 do Regulamento de asistencia a clase (Consello de Goberno, 25 de novembro de 2024). O estudantado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia será avaliado nas mesmas condicións que o resto de estudantes, pero o traballo grupal será substituído por un traballo individual que deberá acordarse co profesorado nas primeiras semanas de clase e a exposición substituirase só pola creación do contido dixital que estará dispoñible para todo o estudantado na aula virtual da materia.
Do mesmo xeito, poderá solicitarse a exención de docencia atendendo ao indicado no procedemento acordado na Xunta de Facultade. O estudantado ao que se lle concedese a exención de docencia será avaliado nas mesmas condicións que o resto de estudantes e estará suxeito ás mesmas porcentaxes de asistencia ás sesións interactivas.
Aqueles/as estudantes que se atopen nalgunha destas dúas circunstancias (dispensa ou exención) deberán informar da súa situación nas primeiras semanas de clase e concertar unha titoría co equipo docente.
ESTUDANTES MATRICULADOS/AS POR SEGUNDA OU MÁIS VECES NA MATERIA (art. 6 do Regulamento de asistencia as clases -25 de novembro de 2024):
Os e as estudantes matriculados/as por segunda ou máis veces na materia seguirán o programa establecido nos mesmos termos que o resto de estudantes. Polo tanto, será obrigatoria a asistencia a clase segundo o anteriormente indicado e será necesario entregar en tempo e forma e superar todas as actividades da materia.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE TRABALLOS, EXERCICIOS OU PROBAS:
Atendendo á Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017, a realización fraudulenta de algún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará o suspenso da materia na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a.
Polo tanto, todos os traballos deberán ser orixinais, tendo que reelaborar/reinterpretar as ideas extraídas doutros/as autores/as e citar debidamente as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. A detección de plaxio en calquera dos traballos suporá o suspenso da materia. É importante lembrar que, a efectos avaliativos, tamén se considerará plaxio a reutilización dun traballo elaborado para outra materia, con excepción de que se programasen de forma coordinada.
Ademais, aqueles traballos que demostren un uso fraudulento de calquera tipo de intelixencia artificial (IA) serán suspendidos na oportunidade correspondente. Isto inclúe calquera actividade que amose unha porcentaxe de texto xerado por IA, xa sexa total ou parcial, sen a debida autoría ou achega intelectual do/a estudante. Lémbrase que as IAs deben ser empregadas limitándose como apoio, fonte de ideas na elaboración do contido, ou naquelas tarefas indicadas polo profesorado que requiren dun uso da IA de xeito crítico, pero nunca para a redacción íntegra de traballos.
Clases expositivas: presentación, explicación de temas aula: 30
Estudio e traballo do/a estudante: 30
Prácticas de seminario: análise de textos Seminario-Laboratorio: 8
Prácticas de seminario: estudio de casos Seminario-Laboratorio: 10
Realización en grupo dun proxecto de formación: 30
Titorías de traballo de curso (presenciais, individuais e en grupo): 5
Visitas a organizacións laborais/conferencias. Realización dun informe de grupo: 15
Avaliación aula: 2
Participación en xornadas, obradoiros específicos e outros eventos externos significativos para a materia: 5
a) Asistencia ás clases de maneira obrigatoria.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica a profesora.
c) Ler os apuntamentos cada día e expoñer as dúbidas á profesora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude reflexiva ao redor da materia, e construír os piares dun corpo de coñecementos sobre o campo sociolaboral e educativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas e nas actividades programadas para a cualificación da materia.
f) Ter unha actitude respectuosa e solidaria na aula e colaborar cos/coas compañeiros/as en todas as actividades grupais e cooperativas vencelladas cos contidos da materia.
ASISTENCIA A CLASE
A asistencia as aulas axustarase ao disposto no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 (pode consultarse na seguinte ligazón: https://hdl.handle.net/10347/38041). Considerando que a asistencia é preceptiva nesta materia (apartado 2.c do artigo 1 do Regulamento), o profesorado recorda os beneficios que fornece a asistencia a clase: mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupo e individuais, aprendizaxe continua, interacción directa con outras e outros estudantes, posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa, entre outros.
CORREOS ELECTRÓNICOS, USO DA AULA VIRTUAL E EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico estudantado-profesorado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). Os e as estudantes deben establecer as medidas que lles permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
Os traballos realizados polos e polas estudantes deben entregarse, de xeito exclusivo, a través da aula virtual.
É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.apastyle.org
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón: https://bit.ly/4b9JJRB
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos . Esta normativa debe cumprirse no traballo habitual nas aulas (non compartir o material empregado polo profesorado ou no respecto ao uso do móbil ou doutros dispositivos dixitais só para aquelas tarefas académicas indicadas polo profesorado), ademais de aplicarse aos traballos grupais e individuais establecidos na materia (consentimento informado nas entrevistas, entre outros).
Ana Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
03.12.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
25.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |