Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nunha primeira parte preténdese que o alumno coñeza extensións tecnicamente máis sofisticadas dos temas que estudou en cursos anteriores de Mecánica I e II. Nunha segunda parte farase unha introdución ao tratamento xeral dos medios continuos.
Resultados de aprendizaxe
Con respecto á materia Mecánica Clásica III, o alumno demostrará:
· Ter competencia para resolver problemas mecánicos mediante o formalismo canónico.
· Saberá obter solucións aproximadas aos problemas non resolubles analiticamente.
· Saberá analizar a estabilidade dun sistema fronte a perturbacións.
· Coñecerá o formalismo xeral de descrición de medios continuos.
· Saberá resolver problemas de medios continuos.
Parte A
Tema 1. Mecánica Hamiltoniana
Tema 2. Sistemas Dinámicos
Parte B
Tema 3. Mecánica de Medios Continuos
Tema 4. Mecánica de Fluídos
Bibliografía básica:
PARTE A:
• Goldstein, H., Poole, C.e Safko, J., Classical Mechanics, terceira edición, Addison-Wesley, 2001.
• Gregory, R.D., Classical Mechanics, Cambridge University Press, 2006.
• Greiner, W., Classical Mechanics. Systems of Particles and Hamiltonian Dynamics, Springer, 2010.
• Scheck, F., Mechanics, Springer, 2010.
• Lemos, N.A., Analytical Mechanics, Cambridge University Press, 2018.
• Arnold, V.I., Mathematical Methods of Classical Mechanics, Springer-Verlag, 1989.
• Torok, J.S., Analytical Mechanics with Introduction to Dynamical Systems, Wiley & Sons, 2000.
• Upadhyaya, J.C., Classical Mechanics, Himalaya Publishing House, Second edition, 2014.
• Jose, J.V. e Saletan, E.J., Classical Dynamics: A contemporary approach, CUP, 1998.
• Simmons, F., Ecuaciones diferenciales, con aplicaciones y notas históricas, McGraw-Hill, 1972.
PARTE B:
• I.G. Currie, Fundamental mechanics of fluids, Mc. Graw-Hill, New York 1974,
• G. E. Mase, Mecánica del Medio Contínuo, Mc. Graw Hill, México, 1970
• G.E. Vekstein, Physics of Continuous Media. Adam Hilger.
• D.J. Acheson, Elementary Fluid Dynamics. Oxford.
• Frank M. White, Mecánica de Fluidos, McGrawHill, Madrid 2004,
Recursos na rede:
• Aranda, P., Apuntes de Ecuaciones diferenciales I, Universidad Complutense de Madrid, 2009. http://jacobi.fis.ucm.es/pparanda/EDNpdf/apEDI9.pdf.
• Mas, J., Mecánica Teórica, Notas de Javier Mas, Departamento de Física de Partículas, USC, 2018. Dispoñible na Aula Virtual.
• Widget de WolframAlpha para debuxar diagramas de fase: https://www.wolframalpha.com/widgets/view.jsp?id=9298fea31cf266903b3df7…
• Aula Virtual: Apuntes elaborados polos profesores, boletíns de problemas, solucións de problemas, exames de cursos anteriores, etc.
• Aula Virtual: Enlaces a recursos online
BÁSICAS E XENERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG1 - Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
TRANSVERSAIS:
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT5 – Desenvolver o razoamento crítico.
ESPECÍFICAS:
CE1 - Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles.
CE2 - Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analogía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE6 - Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comunmente utilizados en Física
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos
Activarase un curso na plataforma Moodle do Campus Virtual, no que se cargará información de interese para os estudantes, así como diversos materiais docentes.
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Título de Grao en Física da USC. A docencia será presencial e está programada en clases teóricas (24 horas), prácticas en grupo reducido (18 horas) e titorías en grupos moi reducidos (3 horas).
Nas clases teóricas e prácticas presentaranse os contidos básicos da materia e resolveranse algúns exercicios.
Os contidos e problemas máis avanzados serán propostos ao estudante para o seu traballo persoal contando co apoio das horas de titoría.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requirirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
A cualificación dos alumnos consta de dúas partes:
• Un exame final presencial que se realizará nas datas oficiais fixadas polo centro, con cualificación NE, que suporá o 60% da nota final.
• A avaliación continua, con cualificación EC, suporá o 40% da nota final e consistirá en
asistir e participar activamente nas clases e titorías, así como entregar exercicios, controis, traballos, etc.
A cualificación final (NF) obterase como a máxima entre a nota do exame final e a que resulta de promediar a nota de avaliación continua EC coa nota obtida no exame final NE mediante a fórmula NF= Máx (NE, EC*0.4 + NE*0.6) sempre e cando NE sexa maior ou igual a 3.5. En caso de que NE sexa menor que 3.5, usarase esta como nota final. Isto aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade.
A avaliación continua é válida durante o curso académico, non se conserva para cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
24 horas de clases expositivas presenciais ou telemáticas.
18 horas de clases interactivas presenciais ou telemáticas.
3 horas de titorías presenciais ou telemáticas.
Como indicación xeral, na Memoria do Título de Grao en Física da USC estímase o traballo persoal do alumno en 50 horas, sen contar a docencia presencial ou telemática, e a escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos en 17.5 horas. Total 67.5 horas.
Asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas. Aproveitamento das titorías.
Ter superadas as materias Mecánica Clásica I e II, así como Métodos Matemáticos I-V.
Jose Manuel Sanchez De Santos
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813980
- Correo electrónico
- josemanuel.sanchez.desantos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Carlos Alberto Salgado Lopez
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814088
- Correo electrónico
- carlos.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Sergio Barrera Cabodevila
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- sergio.barrera.cabodevila [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Victor López Pardo
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- victorlopez.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
19.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
19.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
19.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |