Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVO XERAL:
Perséguese que os alumnos adquiran un nivel de coñecementos teóricos e experimentais básicos en Química, así coma a súa relación ca Física. Trátase de coñecer o impacto da Química na Física e viceversa. Comprender a importancia da aplicación dos coñecementos da Física nesta rama afín de coñecemento e do campo de aplicación na investigación tanto na súa faceta teórica coma aplicada.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Familiarizar ó alumno cs conceptos básicos da Química, tales coma aspectos fundamentais de termodinámica clásica, de equilibrio químico e de enlace químico, que serán de gran utilidade para materias de cursos posteriores do grao.
Que o alumno comprenda o papel da Química dentro do panorama científico actual.
Perséguese que o alumno se familiarice cos temas dos que se ocupa a Química, así coma cos métodos desenvolvidos por esta rama da ciencia para dar solución ós problemas ós que se enfronta.
Coñecer a aplicación das leis da Química a casos particulares, así coma a súas limitacións.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE:
Búscase que os alumnos adquiran un nivel de coñecementos teóricos e experimentais básicos en Química, así como da súa relación coa Física. Trátase de coñecer o impacto da Química na Física e viceversa. Comprender a importancia da aplicación dos coñecementos da Física nesta rama afín de coñecemento e do campo de aplicación na investigación tanto na súa faceta teórica como aplicada.
O alumno demostrará:
Familiarizarse cos conceptos básicos da Química, tales como aspectos fundamentais de termodinámica clásica, de equilibrio químico e de ligazón química, que serán de gran utilidade para materias de cursos posteriores do grao.
Comprender o papel da Química dentro do panorama científico actual.
Familiarizarse cos temas dos que se ocupa a Química, así como cos métodos desenvolvidos por esta rama da ciencia para dar solución aos problemas aos que se enfronta.
Coñecer a aplicación das leis da Química a casos particulares, así como as súas limitacións.
Os temas que se van tratar nas clases expositivas e interactivas son os seguintes:
TEMA 1. PROPIEDADES DA MATERIA:
Introducción ós problemas dos que se ocupa a química: materia e transformacións.
Átomo, elementos químicos: Táboa periódica. O concepto de Mol e o número de Avogadro. Utilización práctica do concepto de mol. Compostos químicos: formulación e nomenclatura. Propiedades periódicas: Tamaño, Ionización electrónica, afinidade electrónica.
Formulación.
TEMA 2: ESTRUCTURA ATÓMICA:
Interpretación e representación dos orbitais. Átomos polielectrónicos: configuración electrónica.
TEMA 3: ENLACE QUÍMICO:
Estruturas de Lewis. Formas das moléculas. Enerxías de enlace. Hibridación. Teoría de orbitais moleculares.
Líquidos, sólidos e forzas intermoleculares (funcións potencial de interacción).
TEMA 4. AS REACCIÓNS QUÍMICAS:
Reaccións en disolución, cálculo de concentracións, reactivo limitante. Reaccións ácido-base, de precipitación, redox. Axuste de reaccións redox.
TEMA 5. FUNDAMENTOS DO EQUILIBRIO QUÍMICO:
Constantes de equilibrio químico. Ley de Le Chatelier. Criterios de espontaneidade (Entropía, Entalpía e Energía de Gibbs). Coeficientes de actividade.
TEMA 6. EQUILIBRIO QUÍMICO EN DISOLUCIÓN:
Teorías de Arrhenius e Bronsted-Lowry. Escala de pH. Ácidos/bases fortes/débiles. Ións como ácidos/bases. Ácidos e bases de Lewis. Efectos sobre o equilibrio ácido-base: ión común, disolucións reguladoras, neutralización e curvas de valoración.
Constante do produto de solubilidade. Precipitación.
TEMA 7. ELECTROQUÍMICA:
Potenciais de eletrodo, potenciais estándar e potenciais de célula
Ecuación de Nerst. Pilas, baterías e células de combustible. Electrólise. Corrosión.
TEMA 8. QUÍMICA ORGÁNICA:
Introdución ós compostos orgánicos e as súas estruturas. Alcanos, alquenos e alquinos.
Hidrocarburos aromáticos. Alcoles, fenoles e éteres. Aldehídos y cetonas. Ácidos carboxílicos, ésteres, amidas e aminas.
Polímeros
A distribución dos contidos dos temas nas distintas modalidades de clases presenciais (expositivas, titorías e interactivas: pizarra e prácticas de laboratorio) comunicaranse ó alumno ó principio do curso.
Para facilitar o seguimento das clases polos alumnos, utilizarase como libro de texto:
R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette, Química General, Pearson Educación, 10ª Edición 2011. Este libro dispón dunha axuda en rede moi completa.
Ademais recomendase a consulta doutros libros de química xeral:
- R. Chang, Química, McGraw Hill, 10ª Edición, 2010.
- P. W. Atkins, L. Jones, Principios de Química, Editorial Médica Panamericana, 5ª Edición, 2010.
- M. A. Domínguez Reboiras, Química: La ciencia básica, Thomson Editores, 2006.
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
TRANSVERSAIS
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
ESPECÍFICAS
CE2 - Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que fisicamente diferentes, mostren algunha analogía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos
Os contidos da materia impartiranse nunha serie de clases expositivas, interactivas y de titorías:
AS CLASES EXPOSITIVAS impartiranse ó grupo completo e nelas daranse a coñecer ó alumno contidos fundamentais da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o programa e os obxectivos principais do mesmo. Ò final de cada tema farase un breve resumo dos conceptos mais relevantes e proporanse novos obxectivos que permitirán interrelacionar contidos xa estudados cos do resto da materia e outras materias afíns. Durante a exposición de contidos proporanse problemas que exemplifiquen os conceptos desenvolvidos. Para facilitar o seguemento por parte dos alumnos destas clases expositivas daráselles o material docente necesario na aula virtual do curso.
AS CLASES INTERACTIVAS impartiranse en grupo reducido e distribúense do xeito seguinte:
-Clases de pizarra. Estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións que clarifiquen os contidos desenvolvidos nas clases expositivas. Ó principio do cuadrimestre darase ó alumno unha relación de problemas/cuestións co obxectivo de que intente a súa resolución previa ás clases.
-Prácticas de laboratorio. Faranse 2 prácticas de dúas horas de duración cada unha, en laboratorios da Facultade de Química. O profesor entregará ós alumnos un guión de cada unha das prácticas ó principio do curso, de forma que os alumnos teñan tempo de preparar os conceptos teóricos e realizar os cálculos necesarios para levalas a cabo antes de chegar ó laboratorio. Os obxectivos que se perseguen con estas clases prácticas son (i) que o alumno fixe conceptos teóricos aprendidos nas clases expositivas e seminarios; (ii) que o alumno se familiarice co el material de laboratorio e cos problemas prácticos que surxen ól planificar e desenvolver un experimento.
AS CLASES DE TITORÍAS impartiranse en grupos moi reducidos. As horas de titorías adicaranse á resolución de exercicios un pouco máis complexos que os que se fan nas clases interactivas, onde o alumno teña que relacionar diferentes conceptos manexados durante o curso. Pretendese tamén mediante estas titorías facer un seguimento individualizado da aprendizaxe da materia.
O alumno disporá das titorías convencionais para resolver dúbidas que surxan durante o estudio. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requerirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
O sistema de avaliación basease na formación continua do alumno. Valorarase o traballo diario do alumno e para esto farase un seguimento do mesmo. As dimensións avaliadas expoñense a continuación:
- Asistencia ás clases expositivas, interactivas, titorías e prácticas.
- Participación activa nas clases interactivas de pizarra (resolución dos problemas propostos nos boletíns, discusión dos resultados, etc…)
- A exposición e discusión dos temas propostos para as clases de titorías.
- Realizar dos test que se propoñan na aula
O cómputo destas actividades de avaliación continua na calificación final será do 40% (nota EC). Ademais os alumnos realizarán un exame ( ben ordinario, realizado a finais de maio,ou ben extraordinario, realizado en xullo) que computará o 60% restante da calificación final (nota EX). Establecese unha puntuación mínima neste exame dun 3,5 sobre 10 para poder realizar a media ca nota da avaliación continua.
A calificación do alumno non será inferior a do exame final, nin a obtida ponderada coa avaliación, polo tanto:
A nota final será a mais alta de:
a) Nota EX
b) 0,6 × nota EX + 0,4 × nota EC
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Cada alumno debe axustar o tempo de estudio segundo a dificultade que atope na comprensión dos conceptos que se explican na asignatura.
Á materia de Química do Grao de Física correspóndenlle en total 6 créditos ECTS. A distribución de créditos segundo os distintos tipos de clases e a equivalencia en horas de traballo do alumno recóllense na seguinte táboa:
ACTIVIDADE.........HORAS PRESENCIAIS......FACTOR.......HORAS TRABALLO.....HORAS TOTAIS
Clases expositivas..............32...........................1,5.................48.........................80
Clases interactivas..............20...........................1,5................30.........................50
Titorías..............................4............................2,0..................8..........................12
Laboratorio.........................4............................1,0..................4...........................8
TOTAL...............................60................................................90........................150
Os alumnos deberían ter feito un curso de química no último curso do bacharelato.
Recoméndase que os alumnos realicen todas as actividades programadas para a avaliación continua. O traballo diario do alumno axudaralle a consolidar mellor os coñecementos, a adquirir destreza na resolución de problemas e a desenvolver as capacidades de síntese dos aspectos máis importantes dos temas preparados por eles mesmos. Ademais, as probas de autoavaliación serán de grande utilidade para que o alumno identifique que conceptos ten claros e cales non. Tamén lle axudarán a adquirir habilidade na resolución de cuestións e problemas a partir dos seus coñecementos teóricos da materia.
A materia impartirase en castelán/galego.
Jesus Rodriguez Otero
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814436
- Correo electrónico
- r.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pedro Rodriguez Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814307
- Correo electrónico
- pedro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rafael Enrique Ramos Amigo
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- r.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Massimo Lazzari
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815723
- Correo electrónico
- massimo.lazzari [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 130 |
30.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
30.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
30.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
30.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
30.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
30.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
30.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |