Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Electromagnetismo
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
I. Saber aplicar os conocementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
II. Afacerse a manexar a bibliografía e os recursos informáticos, e a expoñer con claridade os resultados.
III. Entender e manexar os principios básicos, método matemático e terminoloxía da Electrodinámica clásica. Conocer as súas limitaciós.
IV. Interrelacionar a Electrodinámica clásica e as demáis disciplinas da Física, destacando os principios unificadores.
V. Saber da importancia da Electrodinámica Clásica na vida corrente e a súa aportación ó desenrolo tecnológico.
Con respecto á materia Electrodinámica, o alumno:
-Demostrará que sabe aplicar os conocementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
-Afarase a manexar a bibliografía e os recursos informáticos e a expoñer con claridade os resultados obtidos.
-Entenderá e manexará os principios básicos, método matemático e terminoloxía da Electrodinámica clásica e conocerá ás súas limitaciós.
-Saberá interrelacionar a Electrodinámica clásica e as demáis disciplinas da Física, destacando os principios unificadores.
-Conocerá a importancia da Electrodinámica Clásica na vida corrente a a súa aportación ó desenrolo tecnolóxico.
I. Propagación de ondas electromagneticas
- Teoremas de conservación da enerxía, o momento lineal e o momento angular electromagnéticos.
- Ondas electromagnéticas. Ondas planas. Ondas esféricas.
- Ondas guiadas e confinadas.
II. Radiación
- Campo electromagnético de sistemas de fontes estendidos. Desenrolo multipolar.
- Campo electromagnético de fontes puntuales. Radiación de partículas cargadas.
- Potenciales electromagnéticos.
III. Electromagnetismo e Relatividade
- Formulación tensorial do Electromagnetismo. Transformación dos campos.
- Dinámica e radiación de partículas cargadas.
Bibliografía básica
- Jackson, J. D., "Classical Electrodynamics", John Wiley, 1998.
- Griffiths, D. J., "Introduction to Electrodynamics", Prentice Hall, 1999.
- Zangwill, A., "Modern Electrodynamics", Cambridge University Press, 2012.
Bibliografía complementaria
- Panofsky, W.K.H and Phillips, M., “Classical Electricity and Magnetism”, Addison-Wesley, 1977.
- Stratton, J.A, “Electromagnetic Theory”, Mc Graww-Hill, 1941.
- Ohanian, H.C,, "Classical Electrodynamics", Allyn and Bacon, 1988.
- Woodhouse, N. M. J., "Special Relativity", Springer, 2003.
- Lim Yung-kuo, "Problems and solutions on Electromagnetism", World Scientific, 2005.
- Lightman, A.P., Problem Book in Relativity and Gravitation", Princeton University Press, 1975.
- Apuntes da asignatura, publicadosna aula virtual.
- Material docente adicional feito polos profesores.
CB2. Que os estudiantes sepan aplicar os seus conocementos ó seu traballo ou vocación dunha maneira profesional que que teñan as capacidades que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3: Que os estudiantes teñan a capacidade de asociar e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) pra emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudiantes poidan transmitir información, ideas, problemas e soluciós a un público especializado ou non especializado.
CG1. Dominar e entender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas pólas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2. Ter a capacidade de asociar e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusiós e emitir informes razonados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros espacios que requiran o uso de conocementos da Física.
CG3. Aplicar os conocementos teórico-prácticos aprendidos e a capacidade de análisis e abstracción na definición e planteamento de problemas e na busca das súas soluciós en entornos tanto académicos como profesionales.
CT1. Adquirir capacidade de análisis e síntesis.
CT2. Ter capacidade de organización e planificación.
CT5. Desenrolar o razonamento crítico.
CE1. Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, identificando na súa estructura lóxica o seu fundamento experimental e os fenómenos físicos que póden ser descritos por medio delas.
CE2. Ser capaz de manexar claramente os órdenes de magnitude e facer estimaciós adecuadas a fin de dar unha clara percepción de situaciós que sendo físicamente diferentes presenten agunha analoxía, permitindo o uso de soluciós conocidas a problemas novos.
CE5. Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo del, e facer as aproximaciós requeridas pra reducir o problema a un nivel manexable. Demostrar ter pensamento crítico pra construir modelos físicos.
CE6. Entender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis usados na Física.
CE8. Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, e calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación no desenrolo técnico de proxectos.
A actividade expositiva da asignatura consistirá en clases de pizarra de teoría e exemplos de aplicación, usando na exposición o cañón electrónico e a pizarra pra desenrolos auxiliares e aclaraciós. Obviaranse en grande medida os desenrolos matemáticos, remitindo ó alumno á bibliografía e apuntes publicados na aula virtual. A actividade interactiva basarase na solución polos alumnos de problemas previamante propostos, coa axuda do profesor cando cumpra, procurando un desenrolo áxil da clase e calificando a participación de cada alumno.
Recoméndase a elección dun representante do curso ou de cada grupo de clase.
Haberá un examen final obligatorio, con partes teórica e aplicada, esixindo nesta explicar os conceptos teóricos que se aplican. A falta desta xustificación poderá motivar a non calificación do exercicio ou parte del. Cada parte calificarase por separado, esixindo o aprobado unha nota mínima de 3 (sobre 10) en cada unha. Nos casos en que que a nota da evaluación continua supere á nota do examen final, fará media poderada con ela, sendo un 75% o peso do examen e un 25% o da evaluación continua. Nos demáis casos o Profesor poderáa ter en conta na calificación final, pero sin que a nota final resulte menor ca a do examen.
O direito á evaluación continua estará condicionado á asistencia habitual á clase, entendida como non máis de 8 ausencias inxustificadas ó longo do curso.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O tempo de traballo correspondente ós 4.5 créditos da asignatura distribúese como sigue:
-Tempo presencial: 42 horas.
-Tutorías: 3 horas.
-Tempo de traballo persoal: 67.5 horas.
A comprensión desta materia esixe dominar os contidos previos de Electromagnetismo, e ademáis unha preparación matemática sólida, sobre todo en Teoría de campos e Álxebra tensorial. Unha formación matemática deficiente suporá unha dificultade, cando non imposibilidade, pra entender os desenrolos das clases expositivas.
Alfonso Fondado Fondado
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814017
- Correo electrónico
- a.fondado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Castro Paredes
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814022
- Correo electrónico
- franciscojavier.castro.paredes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Magna |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 0 |
14.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
14.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
14.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
14.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |